Universidade Iaguelónica de Cracovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Universidade Iaguelónica")
Fundación da Academia de Cracovia, pintura alegórica de Jan Matejko. No centro a Raíña Santa Eduvigis de Polonia, á súa esquerda o seu esposo, Ladislao Iaguellón de Polonia e Lituania e á súa dereita seu tío Casimiro o Grande de Polonia, (morto tempo atrás).
Facha do Collegium Novum, Universidade Iaguelónica, na Zona Vella de Cracovia.
Castelo Przegorzały, (tamén Villa Rotunda), Instituto de Estudos Europeos da Universidade Iaguelónica.

A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición do ranking Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que seguiu constante por séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.

Na actualidade, con 41.086 estudantes (2004) e 3.407 cientistas, é unha das universidades europeas máis importantes. Tamén conta cun Centro de Estudos Galegos baixo a dirección da doutora Maria Filipowicz-Rudek.

Biblioteca[editar | editar a fonte]

A Biblioteca da Universidade Iaguelónica (Biblioteka Jagiellońska) é unha das maiores do país, con cerca de 5,5 millóns de exemplares. Ela posue unha grande colección de manuscritos medievais, por exemplo De Revolutionibus de Copérnico ou Codex de Balthasar Behem.

Tamén reúne a literatura prohibida (chamada drugi obieg ou samizdat) do período do goberno comunista (1945-1989).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade Iaguelónica de Cracovia