Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo17

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Tes razón Xabier. O caso é que como o vía tan claro tirei polo camiño rápido, que non sempre é o correcto. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 08:39, 13 de agosto de 2010 (UTC)

Gracies pol sofitu con Seresco[editar a fonte]

Munches gracies pol sofitu col lliu del mi artículu Seresco. Creo que, por una temporada, voi a quedame con xeres más pequeñes que paez que entovía toi mui verde.

Un abrazu --Rub Cp 13:12, 13 de agosto de 2010 (UTC)

Grazas, intentareino facer eu.--Cheluco 12:45, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Boa noite, meu; Mira, na sección de datos da túa páxina de usuario estás a poñer 2009, no canto de 2010. Outra cousa; poderías explicar o cambio de criterio para a profundidade? Nos parciais de hai dous anos aparecía vinte e pico, e agora 18, e non lembro a que se debera o cambio de criterio.
Por certo, bo traballo co dos equipos de preferente! Se cadra anímome a ir tirar fotos cando comece a tempada. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:39, 16 de agosto de 2010 (UTC)

Iguando l'astículu SERESCO[editar a fonte]

Tuve retayando lo que me dixiste de l'artículu y trabayando n'otros artículos más pequeños pa ameyorar el mi perfil d'editor. Voi güeyar lo de les referencies....¿Si daqué nun tá publicao na Rede tengo de referencialo como si fuese un artículu de papel? Perdona les molesties y gracies --Rub Cp 10:08, 17 de agosto de 2010 (UTC)

The Fox and the Hound[editar a fonte]

O artigo creuse hoxe mesmo polo teimudo usuario, que non esquece nunca que pode da-la vara na Galipedia. --Alberte Si, dígame? 22:40, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Matrimonio entre persoas do mesmo sexo[editar a fonte]

Ola, Xabier. Estou editando o artigo Matrimonio entre persoas do mesmo sexo, intentando completalo, e vexo especialmente difícil recabar información sobre os/as Partnerships británicos que, se non ando errado, equivalerían ao que aquí son as parellas de feito. Como vexo na túa folla de servizos que estás bastante familiarizado co país e co idioma, importaríache botarlle unha ollada e arranxar/completar o que vexas arranxable/completable? Graciñas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:19, 19 de agosto de 2010 (UTC)

artigo sobre futbolista[editar a fonte]

Ola, Xabier; como vai?
Non sei se che coincidiu ler este artigo en Xornal.com sobre Paulino Costas, un ex-futbolista vigués de 73 anos; anímaste a facerlle un artigo?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:07, 23 de agosto de 2010 (UTC)

RE: Roto[editar a fonte]

Non, ho. Ti dime a "sección" na que queres publicar o artigo e ves o sinxelo que é. --Toliño Fala aquí comigo 14:47, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Deixa, xa está. Publicáralo na sección "Monicreques atrapados". Corrixido. --Toliño Fala aquí comigo 14:55, 30 de agosto de 2010 (UTC)

RE: Nomes[editar a fonte]

Algo me cheiraba eu ó respecto pero non sabía moi ben cómo facer porque podía confundirse co militar. ¿Traslado a páxina a Alfoso Armada (escritor) como fixeron na wp castelá?. Saúdos, --Elisardojm 23:31, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Ah, non, xa non hai que facer nada que xa o amañáchedes vós todo...:). Perdón polo lapsus e graciñas, saúdos, --Elisardojm 23:36, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Como navegar en galego[editar a fonte]

Xabier, a ver se podes botarnos unha man a Toliño e a min nesta páxina Axuda:Como navegar en galego. Cómpre facela o máis completo posíbel. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:30, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Jorge Cao[editar a fonte]

Ola, Xabier. Deixeiche unha pregunta en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Galician bagpipers - Aires da terra.jpg. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:50, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

O de que "non é moi correcto" penso que é unha opinión persoal túa. A miña edición paréceme correctísima e explicada no cadro resumo.

O artigo di clara e imperativamente "Véxase tamén" > "Ligazóns externas... O que non atopa a referencia é porque non a quer atopar.

Outra cousa é que a frase pode ser válida para a páxina web de Colección Caixanova pero ten pouco de enciclopédica e o que precisa non é referenciala, senón eliminala ou cambiar a redacción, ou dicir Colección Caixanova di que.... Anímote a que fagas algún tipo de mellora no artigo nese senso. Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 06:57, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Estilos nos lugares[editar a fonte]

Pois eu estou xustamente facendo o contrario. Teño que dicir que empecei facendo coma ti, poñendo unicamente as caixas de lugares e parroquias. Pero despois vin que Prevert iniciou un "lavado de cara" en todas as parroquias e lugares e propuxo (xa non está o artigo, creo que o borrou) un formato para unificar todos os lugares e todas as parroquias que é o que dende fai un ano eu estou seguindo. Este formato paréceme moito máis efectivo, pois permite separar mellor os contidos, sobre todo cando se lle engade ao artigo da parroquia ou lugar algún contido fora da situación e poboación que é o pouco que teñen case todos. --Xas (conversa) 22:45, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Podes atopar o traballo que te mencionaba de Prevert sobre os lugares e parroquias en Usuario:Prevert/atención#Galicia. Creo algo do que alí hai podería servir para ir perfilando a estrutura común das parroquias e lugares que se propón no Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011. De todos xeitos serve para indicar ata onde se levou a cabo esa primeira revisión das parroquias e lugares. Cando teña algo máis de tempo irei apuntando cousas no Wikiproxecto, que me parece ben importante. Parabéns pola iniciativa. Saúdos. --Xas (conversa) 20:58, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Entón a categoría Abadin, ¿é só para as parroquias e lugares?. Porque entón nas categorías de concellos de provincias faltan concellos (que seguramente estarán na súa cat. de parroquias), e iso é o que estaba revisando. Si queres remato eu de revisar iso da forma que me digas. Saúdos e perdon polo 'choque' :), --Elisardojm (conversa) 09:17, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Vale, non te preocupes por nada que xa o vou mirando eu.--Elisardojm (conversa) 09:33, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Wikiproxecto:Concellos 2011[editar a fonte]

Olla para Conversa Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Estrutura Concellos, é máis ou menos urxente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:41, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Ola, Xabier. Non entendo moi ben por que desfixeches a miña edición en Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Seguimento Concellos. Eu marquei todos os concellos porque xa están todos nas súas categorías correspondentes. Certo é que faltan por recategorizar a meirande parte das parroquias e os lugares, pero supoño que iso haberá que marcalo en Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Seguimento Parroquias e Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Seguimento Lugares cando existan. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Realmente tanto me ten, eu preguntábache por medo a estar metendo a zoca. O que eu fixen foi recategorizar todos os concellos na categoría da súa provincia e na do propio concello. Agora o que estou facendo e recategorizar todas as parroquias na categoría do concello ao que pertencen e na categoría parroquias de Galicia. Logo metereime cos lugares, pero cando remate coas parroquias. Se ti cres que o traballo vai quedando claro con esa táboa, por min de acordo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:59, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Xa que estamos falando do imperativo categórico: que sentido ten que haxa nalgúns artigos unha liña que di <!--Categorías ocultas-->? Eu non vexo que oculte nada. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:23, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Exemplos: Vilaseco, San Cristovo de Cea, Alón, Santa Comba. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:39, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Si, pero en Vilaseco, San Cristovo de Cea a liña en cuestión está antes dunha das dúas categorías, e queda oculta a segunda, mentres que en Alón, Santa Comba está sobre as dúas, pero igualmente queda oculta a segunda. Bueno, o que eu quería saber é si teño que conservala ou non, pero vou supoñer que si. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:47, 31 de outubro de 2010 (UTC)

RE: Nomes dos artigos[editar a fonte]

Moitas grazas, Xabier. Aínda que o proxecto sexa altruista sempre é un pracer que che recoñezan o labor. En canto ao que me dis o tomo en conta, pero si é certo que moitos dos nomes dos xogadores de fútbol que intento arquivar aquí son xente que eran coñecida simplemente polo apelido, ou polo nome incluso, polo que normalemente fago a entrada co nome completo, crendo que è a mellor opción. Terei en conta a apreciaciòn e irei adaptando; todo sexa polo bo andar da nosa wikipedia. Un saúdo irmandiño. --Krisko 01:32, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Debate Categorías[editar a fonte]

Boas Xavier. Unha vez que xa somos 5 os que estamos de acordo, basicamente, en que os artigos que dean lugar a outros artigos do mesmo nivel teñen que categorizarse na categoría homónima (Abadín en categoría:Abadín), creo que é tempo de que repases a conversa que temos na Taberna e fagas un resumo, con exemplos, para pasalo á política de Categorías, xa non sei se con votación oficial ou non. Facelo con votación oficial daría outro rango á proposta resultante, aínda que retrase a solución outros 15 días. O que estiven vendo é que tódolos concellos que miro xa teñen categoría homónima ¡Ánimo que ti vales moito! Pedro --Lameiro (conversa) 08:38, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Insertar unha ligazón[editar a fonte]

Perdoa Xavier , o que pasou foi que intentaba poñer na páxina do Axuntamento do San Amaro , unha ligazón a un blog meu :http://www.blogoteca.com/santilopez/index.php , da misma maneira que o fixo " Arredor de Lambrica " Un cordial saudo

RE: Foto da Pasionaria[editar a fonte]

Non te preocupes, Xabier, fai o que teñas que facer. O meu problema coas fotos na Galipedia sempre será eterno. Neste caso como non sabía como coller a foto doutra wikipedia, o que fixen foi subila de novo. En fin. Grazas. Un saúdo. --Lara 23:10, 16 de novembro de 2010 (UTC)

El Imparcial[editar a fonte]

Non alcanzo a ve-lo interese enciclopédico dun artigo sobre un restaurante de Bos Aires no que semella quwe non pasou nada especial. Tampouco entendo que se categorice como Empresas galegas por moi galegos que sexan os propietarios. E boto en falta referencias. Sinto ben discrepar co que fixeches, Xavier. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:10, 25 de novembro de 2010 (UTC)

  • Jo... Xavier. Tiña que prever que terías argumentos de abondo e razóns de peso. Chapeau e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:06, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Imaxe de Serrano[editar a fonte]

Ola, Xabier. Non teño datos concretos, subina facendo catro contas elementais que, se cadra, son un pouco aventuradas: a foto de Serrano representa a un home duns 50 anos, polo que puido ser feita non máis tarde de 1890, así que non é doado que o fotógrafo vivise ata máis tarde de 1940. Se cres que hai que borrala márcaa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:25, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Estatística[editar a fonte]

Xabier, fai o favor, crea estas subpáxinas que a min me axuden a vos ter controlados no tocante á estatística. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis. User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Beninho/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Beninho/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.[1] Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:23, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Refírome a que crees o contador por meses e os artigos máis editados para que sexan visíbeis nas estatísticas. Faise de maneira doada, creando unhas subpáxinas. Non ten ciencia. Está explicado na páxina que che mando (tarda en cargar). Se aínda non me expliquei abondo, dime e sigo detallando. A min éme moi útil á hora de analizar patróns de edición, que é un choio que me gusta, como xa verías. [2] [3]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:01, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Jesús Gil Gil[editar a fonte]

Ola, Xabier! Creaches o artigo Jesús Gil Gil sen contido ningún, só co modelo defaultsort. Foi un fallo ou hai algunha razón que se me escapa? Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 17:47, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non hai de que! :) --Paradanta (Cóntame) 17:53, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola. Quitaches á categoría Personalidades da ONU de Personalidades da política, e non entendo o cambio. Os cargos da ONU son nomeamentos políticos, que exercen a súa actividade nunha insititución política. Ademáis, ao quitala daí sen metela noutra categoría, quédanos un colectivo de persoas que non penden da categoría común a todas, Personalidades. Se non en Personalidades da política, si que habería que buscar outro colectivo no que meter esa categoría. --Iago dime 18:27, 9 de marzo de 2011 (UTC)

O problema que lle vexo é que agora hai un grupo de xente que non está encadrada en ningunha das subcategorías que xurden de Personalidades. Se por exemplo tivéramos Personalidades das organizacións internacionais metíamolo aí e punto (anque o certo é que só estaríamos pospoñendo o mesmo problema; esa outra, onde iría?). Se ben nesta ou outras organizacións internacionais hai cargos técnicos e políticos, sendo unha institución nétamente política, coido que é preferible metelos a todos no mesmo saco, sen perxuízo de posteriores subcategorías (Asistentes técnicos de institucións políticas, por exemplo). Por outra banda, se pensas que estarían mellor noutra categoría, seguramente haxa algunha máis acaída que agora non se me ocorre. O importante é que, por unha via ou outra, chegue á categoría raíz Personalidades. Isto lémbrame a unha conversa que tivera cno Esteavoei hai uns anos, sobre se a CNT, que propón a superación do Estado, debería ou non pender de Institucións políticas. Deixo aquí a ligazón, por se lle queres botar unha ollada. Saúdos. --Iago dime 22:18, 9 de marzo de 2011 (UTC)
Seguramente é a mellor solución. Para ver cómo fan noutras wikis, estiven mirando como fixeron nas wk.en e wk.es, e non me convence como o fixeron. Saúdos. --Iago dime 07:39, 10 de marzo de 2011 (UTC)

Complexo intermareal Umia-O Grove[editar a fonte]

No fondo tes razón, e o título máis acaído debería ser simplemente Complexo Intermareal Umia-O Grove. E que o tículo completo redirixa a este abreviado. Non o fixen así porque ... xa non sei por que, a verdade. Correxireino, aquí e no Modelo:Espazos protexidos, onde xa estaba abreviado e fun eu quen o ampliou. Queda en discusión de "Intermareal" vai con maiúsculas (como creo eu) ou con minúsculas (como estaba no Modelo). Pedro --Lameiro (conversa) 20:21, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Foto da AELG[editar a fonte]

Xabier: Boa noite, son Ramiro Torres. Quería aclarar como facer coas fotos que proveñen do Arquivo da AELG para evitar posíbeis problemas. Como debería colocalas? Mil grazas por adiantado. Ramiro Torres 01:35, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Fotos AELG, consulta exemplo[editar a fonte]

Ola, Xabier. Neste caso (non o subín ainda, e non o vou facer até que me digades), como o vedes (coa mención expresa da AELG que aparece abaixo): Foto Frías Conde? Ramiro Torres 10:13, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Ou tamén estoutro. Aparece a autoría allea á AELG e a mesma mención expresa na parte de abaixo: Fototeca AELG Gabriel G. Esteves. Ramiro Torres 10:17, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Tamén hai esta posibilidade: Fototeca Araceli Herrero. Ramiro Torres 12:23, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Ramon Aller[editar a fonte]

Pois tes toda a razón do mundo en que hai dúbidas sobre desa foto. O que pasa é que xa non sei de ónde a quitei co cal non podo achegar máis información para que poda ser mantida. A verdade é que esa foto xa fai moito tempo que a subín e daquela non tiña os coñecementos que teño agora sobre as licencias e as imaxes de Commons así que é posible que se me fora a man con ela. Grazas por amañar o meu erro e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:59, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Dúbidas sobre interwikis[editar a fonte]

Ola, Acandals, :),

Recibín hai un cacho o teu correo. E como unha das cousas que me preguntas é polo xeito de facer consultas, xa me paso aquí para explicarcho. Para facer preguntas a calquera usuario da wikipedia, podes deixalas na súa páxina de conversa (neste momento estás na túa páxina de conversa — se escribes na miña, a próxima vez que entre na wiki verei un aviso como o que viches ti). Iso é para o 90% das dúbidas que poidas ter agora. Cando atopes problemas máis grandes habería que deixalos noutras páxinas onde moita xente recibe aviso ao mesmo tempo, pero non hai que preocuparse por iso. Ademais, cando se fala dos contidos dun determinado artigo, débense deixar na páxina de conversa do artigo. A razón é que as dúbidas que nos deixamos —e as respostas que nos damos— poden aproveitar a máis xente. Moitas grazas! --Acandals 19:23, 29 de marzo de 2011 (UTC)Acandals

Polo demais, a túa cuestión vai sobre interwikis, é dicir, as ligazóns a outras linguas. O xeito máis fácil é copiar os interwikis (iw) doutra lingua, p.ex., inglés. Vas ao artigo en inglés, dáslle a editar, e aí xa tes unha boa indicación de como funciona (colócanse ao final do artigo). Creo que agora máis ou menos entendo o que é interwikis, alomenos para un número reducido de linguas, pero se hai un artigo que está traducido, por exemplo a 80 línguas, entre elas non está o galego, e eu quero traducilo, para que a ligazón ó galego apareza nas 80 linguas, teño que ir engadíndoo unha por unha?

Ademais, e dado que estás facendo unha tradución, indícoche outra cousa. Debaixo do campo de edición tes un campo que pon "Resumo:". Iso está indicado para comentar os cambios que fas. Non é obrigatorio, pero axuda os demais usuarios a saber qué estás facendo. O que si é obrigatorio é que sinales que a versión esa que estás facendo é unha tradución do artigo en:Netapp da wikipedia en inglés. O resumo é un bo sitio para indicalo, pero tamén podes facelo na páxina de conversa do artigo. En relación á tradución, teño que facelo sempre? quero dicir, é complexo saber onde empeza a tradución e onde comeza un artigo novo. Se traduces un artigo de 100 palabras pero posteriormente engades 300 palabras máis a parte das 100 traducidas. Neste caso tamén hai que sinalar que é unha tradución? --Acandals 19:23, 29 de marzo de 2011 (UTC)Acandals

Unha última cousa: cando deixes mensaxes en páxinas de conversa, lembra sempre de asinalas. :) —cuarto botón pola esquerda na barra de botóns—. E máis nada. Calquera axuda que necesites, non dubides en darme un aviso. Saudiños --Xabier Cid Talk, please 13:39, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Moitas grazas[editar a fonte]

Moitas grazas polos consellos, un saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Cordal (conversacontribucións)

Modelo 3.0[editar a fonte]

Ola! Si que temos o modelo 3.0: Modelo:Cc-by-sa-3.0. É o que veño empregando eu nas últimas imaxes. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 12:36, 31 de marzo de 2011 (UTC)

Fusión de "Lingüista"[editar a fonte]

Vin o que fixo Atobar e a mensaxe que lle deixaches. Persoalmente eu tampouco considero que sexa apropiada a fusión: o texto anterior que había en "Lingüista" non tiña nada que ver co de "Lingüística". Coido que as fusións de historiais deben considerarse cando hai dous artigos que falan do mesmo, e neste caso non son iguais. En calquera caso, quizais sexa unha apreciación miña. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:30, 2 de abril de 2011 (UTC)

Eu tampouco penso que fora necesaria a fusión nese caso. O contido do artigo era de borrado, segundo as políticas de non ter artigos que son meras listaxes, que non aportan nada novo ó que xa fan as categorías. No canto de eliminarse redireccionouse cara a Lingüística que e o mais util, Máis nada--. HombreDHojalata.conversa 11:11, 2 de abril de 2011 (UTC)
Actuei coa mesma idea que che expón aquí mesmo Toliño, Xabier. Como di HombreDHojalata, e tal como figura na páxina de conversa, quedou como redirección ao ser un caso claro de listaxe prescindíbel que perfectamente pode dar eses datos dunha mellor maneira usando as categorías. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 2 de abril de 2011 (UTC)

Corrupción[editar a fonte]

Xabier, levas razón, pero é que aínda non me deches tempo. O que sucede é ben simple: dentro de nada vou subir un texto a un blog e cando teño tempo procuro poñerlle hipervínculos aos artigos da Galipedia. Neste caso, coincide con abuso sexual, estes personaxes, Palma de Mallorca etc. Estou agora cunha chea de fiestras abertas no Firefox. Se mes dás vinte minutos ou media hora, termino de aquelar eses e outros contidos. Por certo, coincidiu que eran do PP, pero é iso, coincidencia. Se chegan a ser do Bloque, de UPD, dos socialistas ou de Equo, o mesmiño. A cousa é que quería deixar o cabezallo mínimo para despois darlle cera, ou que lla desen outros. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:39, 5 de abril de 2011 (UTC)

  • Discrepo na relevancia de Javier Rodrigo de Santos. Creo que a ten. De feito non teño ningunha dúbida da relevancia enciclopédica que ten. --Atobar (conversa comigo) 00:41, 5 de abril de 2011 (UTC)

Xabier, este é un dos artigos que é obrigado adecentar. Anímaste a darlle forma ti? --Atobar (conversa comigo) 12:34, 6 de abril de 2011 (UTC)

Mensaxe para Lameiro e/ou XabierCid
Boas, esa paxina de conversa ten modificaciòns de duas IP, e unha, polo mesnos esta dentro do que di Lameiro. Quixen usar o "sen sinatura", pero non dou chegado a nada, e por demais non estou no tema do artigo. A ver si vos podedes darlle un formato correcto a paxina. Saùdos Elvira (conversa comigo) 15:40, 21 de maio de 2011 (UTC)

2.000.000[editar a fonte]

Onde o miraches ti, Xabier? Agora mesmo estou algo espeso. --Atobar (conversa comigo) 18:03, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Eu tamén pensei nes fórmula. Non che sei doutra mellor. Tiveches en conta o activado de mostrar bots? --Atobar (conversa comigo) 18:22, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Camiseta[editar a fonte]

Boas, só quería comentarche que teño a túa camiseta na casa, ¿virás por aquí de vacas este verán?. É que ti píllasme un pouco a desmán... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:13, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Pois case mellor a ver si nos podemos ver en setembro, nunha pequena xuntanza e ó mesmo tempo aproveitamos para falar do que se nos ocorrra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:13, 8 de xuño de 2011 (UTC)
Boas, fixen unha proposta na taberna para montar un galencontro, si che parece ben pasa por alí para comentar o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:16, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Por favor, confirma, ou non, na taberna que poderías ir ó Galencontro o 17 de setembro. Estamos tentando organizar unha boa pero para iso necesitamos quórum!. :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:24, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Paréceme ben, así estarían clasificados territorialmente e xeográficamente. --Imxavitooh 11:36, 8 de xuño de 2011 (UTC)

Novacaixagalicia[editar a fonte]

Ola Xabier! Quería animarte a actualizar os artigos de Novacaixagalicia e os relativos ao proceso de bancarización que se está a producir (José María Castellano...). A verdade é que non estou moi ao loro do asunto, por iso pido axuda, e pensei que era un tema de actualidade que che podía interesar. Anímaste? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:41, 16 de xuño de 2011 (UTC)

NCG Banco[editar a fonte]

Ola, Xabier. Introducín outra perspectiva sobre a historia do proceso de bancarización que deu orixe a NCG Banco que crin precisa para lle garantir unha maior pluralidade ao artigo. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 09:06, 17 de xuño de 2011 (UTC)

Discrepo rotundamente. O que ti chamas feitos son, en realidade, unha opinión. Un feito verídico é que as caixas culminaron un proceso de bancarización. Outro feito referenciado é a súa excesiva exposición á burbulla inmobiliaria. Pero non está referenciada a relación causa-efecto entre eles. Xa que logo, tamén entra dentro do terreo da opinión.
Tamén é discutible é que unha nova dun xornal, moi probablemente escrita por alguén sen preparación específica no eido da economía prevaleza sobre a opinión dun catedrático de Economía. No caso de que a citada relación causa-efecto aparecese reflectida no artigo, cousa que, insisto, non o está, o xornalista escribiría a través da opinión mantida por outro "experto". Se non hai unha referencia sólida e, por que non dicilo, científica, que demostre ningunha das dúas opinións, por que rexeitar unha e manter a outra? Por unha simple cuestión aritmética? Douscentos oitenta cidadáns condenaron a Sócrates fronte a douscentos vinte que se opuxeron, e non por iso os primeiros tiñan razón...
Tamén discrepo en como reorganizaches o artigo. O lector terá a impresión de que a primeira idea é a boa e que a segunda corresponde soamente a unha "pataleta" dun crítico; non están en igualdade de condicións ambos os dous puntos de vista. Por iso, voume atrever a desfacer a túa edición. Se, lexitimamente, non estás de acordo, penso que o mellor será expoñer a cuestión na páxina de conversa do artigo e que a comunidade decida.
Un saúdo.--Paradanta (Cóntame) 15:11, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Andazo de síndrome hemolítico-urémica de 2011[editar a fonte]

Boas Xabier. Déixame facer dúas observacións. Unha é de tipo lingüístico: debería ser "hemolítica", en feminino, como corresponde a síndrome. Outra é de categorización: foi unha intoxicación alimentaria na que os posibles contaxios entre enfermos son cousa secundaria respecto á verdadeira orixe: colis presentes nalgún alimento (eu non me atrevo a dicir que fose a soia, visto o visto). Non é, daquela, unha epidemia, entendida como unha enfermidade transmisible desde enfermos a individuos sanos. No noso artigo epidemia diferenciámola do andazo, que calificamos de epidemia benigna. Non creo que se poida calificar de benigno este caso, con 50 mortos entre 2.000-3.000 enfermos. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:51, 27 de xuño de 2011 (UTC)

  • ¿Podo suxerir abrocho hemolítico..., abrocho epidémico hemolítico... ou abrocho da síndrome hemolítica...? Pedro --Lameiro (conversa) 20:58, 27 de xuño de 2011 (UTC)
    • Eu dicíao seguindo o que me parecía a lóxica, pero tes razón: na Ortografía da lingua galega, de Begoña González Rei, fala do uso do guión nas palabas compostas e engade: "No tocante á flexión nominal, o primeiro termo da palabra semicomposta é invariable, e o segundo concorda en xénero e número co substantivo ao que modifica" (px. 404). E dá, entre outros exemplos, música galego-cubana e lección teórico-práctica. Perdoa que me metese en camisa de once varas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:42, 27 de xuño de 2011 (UTC)
      • Por se queres máis información: Aquí os datos actualizados a hoxe, 27. E Aquí unha serie de informes sucesivos, ata o pasado día 11, dun portal vasco sobre saúde serio e rigoroso. Se atopase algo máis xa cho direi. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Ligazóns interlingüísticas tamén nas categorías[editar a fonte]

Xabier, cando crees unha categoría nova non esquezas meterlle algunha iw para que a partires de aí traballen os bots.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 20:01, 29 de agosto de 2011 (UTC)

Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons[editar a fonte]

Ola, como andamos?

Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.

Contamos contigo.

Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 19:28, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Xabier, grazas por participares na votación.
Segundo o historial da túa conta de usuario, tes escasa experiencia cargando ficheiros en Commons e o último foi fai tres anos. Déixame suxerirte que probes a subir algunha foto á Galipedia e algunha outra a Wikimedia Commons, tal como están actualmente configurados, para, comparares e, se cadra, facer novas valoración persoais sobre cal dos dous sistemas é máis "amable".
Xa me contarás.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 09:45, 20 de setembro de 2011 (UTC)

Festa en Arzúa[editar a fonte]

Ía retiralo eu, pero atopei varias páxinas do propio concello que falan desa festa. [4] --Atobar (conversa comigo) 19:33, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Oe esta mellor. [5] --Atobar (conversa comigo) 19:34, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Dorribo, Nupel e relacionados[editar a fonte]

Era ben facerlles artigo, e ti os deste tipo crávalos. Anímaste? --Atobar (conversa comigo) 15:06, 10 de outubro de 2011 (UTC)

Eu referíame a facer un artigo dos laboratorios, as empresas de Dorribo, Dorribo como personaxe público e outros que a min me escapan. Do caso xudicial xa haberá tempo, porque efectivamente este non parece o momento. Se hai que priorizar, daquela diríache que comeces polo de Jorge Dorribo, que seguro trae visitas no futuro inmediato. Será interesante saber, sobre feitos, a traxectoria deste tipo. E a ti dáseche fabulosamente fedellar na rede en busca de datos biográficos do persoal. Convencido? --Atobar (conversa comigo) 15:14, 10 de outubro de 2011 (UTC)
Quedou fabuloso o artigo. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 23:34, 30 de novembro de 2011 (UTC)

En checo / en lingua checa[editar a fonte]

Xabier, porque a categoría é literatura en lingua chinesa pero despois non é literatura en lingua checa senón en checo? --Atobar (conversa comigo) 21:10, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Centrémolo en lingua eslovaca vs eslovaco. Comecemos por aí Sobre o outro, sen ánimo ningún de que comecemos ti e mais eu unha discusión, sen ningunha dúbida a Literatura galega é a feita en galego. Remítome ao desmantelamento da mentira 20 que aparece na escolma das 55 mentiras en lingua galega que quitou ProLingua, e ao caso alí citado de Hertha Müller, pero hai milleiros e milleiros. Pero insisto: non saiamos do chinés/lingua chinesa, polo momento. --Atobar (conversa comigo) 21:26, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Oíches, Xabier, un autor pode pertencer a dous ou máis sistemas literarios. Ao que imos: ponte co checo-lingua checa, que o estás a facer moi ben e da gusto ver o teu nome tan repetido nos cambios recentes. --Atobar (conversa comigo) 21:34, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Seguro que che acabo por dar a razón, pero por canseira e por teimudo mais non por convencemento. Só por fastidiar, non fai falla que me respondas: o que fai Marta Rivera de la Cruz é literatura galega? --Atobar (conversa comigo) 21:41, 17 de outubro de 2011 (UTC)
  • Antes que entremos ao xogo dos círculos estatais, máis me interesa xogar coa baralla onde García Márquez pertence á Literatura hispanoamericana e Ameixeiras á Literatura europea. Aí seguro que estamos de acordo. --Atobar (conversa comigo) 22:07, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Daquela, se falamos de literatura hispanoamericana (e que o facemos é un feito: eu recordo quitar unha notaza en Literatura de vanguardia histórica hispanoamericana), podemos e debemos falar tamén de Ameixeiras como un autor de Latinoeuropa, Europa Sur ou de que? Todas estas clasificacións son entes abstractos -moi válidas, ollo, e moi do gusto do mercado- pero con rigor académico, que é o que aquí prima ou debería primar, debemos falar de literatura galega (a feita en galego, non a feita en Galicia), lit. española (a feita e español ou castelán, que pode ou non facerse en España), de lit. galesa (a feita en lingua galesa, dentro ou fóra de Gales) etcétera etcétera. Pero como dixemos que non entrabamos nisto, morra aquí o conto (por hoxe). Segue a a categorizar, meu, que eu hei de seguir un anaco dándolles formato aos artigos. --Atobar (conversa comigo) 22:17, 17 de outubro de 2011 (UTC)
E ti non cres que responderme unha pregunta con outra é máis de galego que de escocés? --Atobar (conversa comigo) 22:22, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Move, move. Choio tes ben del por diante. --Atobar (conversa comigo) 22:34, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Boas Xabier ! Xa fai tempo ! Olla a páxina de conversa e consulta unha historia da literatura francesa, na lingua que queiras. Mui contenta de verte por acá. --Elvira (conversa comigo) 22:08, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Categorizar co HotCat[editar a fonte]

Eu souben hai un par de semanas do HotCat a través de HombreDHojalata, e paréceme utilísimo. Próbao. Pódelo activar nas preferencias de edición que tes como usuario. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Bueno, compañeiro: aí quedas co teu xoguete novo de categorización inmediata. Marcho para a cama. Hoxe ninguén pode dicir que non traballamos -e discutimos-. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 00:51, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Diario de Ana Frank[editar a fonte]

Boas!, mira, acabo de ver que moviches o artigo ó título orixinal pero atopei unha edición en galego, ¿non haberá que deixar o título do artigo como Diario de Ana Frank sen redirixir?. ¿E haberá que mover Anne Frank a Ana Frank?. É que nisto dos títulos non ando moito ó loro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:04, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Si, é tarde de máis, a ver se non me estou liando eu :). Eu falaba só do libro que polo que vin na ligazón esa que che puxen está traducido como Diario de Ana Frank (na ligazón sae a portada do libro con ese título). E o outro que che comentaba era sobre o nome da autora, o nome orixinal máis coñecido é Anne Frank pero na ficha da ligazón que che puxen pon: Texto: Ana Frank, ¿haberá que renomear tamén o nome do artigo da escritora?, isto xa non o teño tan claro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:30, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Carlos Linneo[editar a fonte]

Boas outra vez :). Que resulta que ía facer unha redirección de Carlos Linneo a Linneo pero ó tentar crear a páxina poñía que xa a borraras ti :), ¿non se pode crear?. Eu ía facer a redirección porque atopei ese nome na Gran Enciclopedia Gallega... Xa hai moitas redireccións de Linneo pero esa non está... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:51, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Perdón confundinme no nome, atopeino na Gran Enciclopedia Galega que está en galego... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:51, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Hehe... esa é unha tradución da anterior que deixa moito que desexar. Na EGU, por exemplo está Carl von Linné. Pero ben, nese caso non é só cuestión de fontes, senón de principios sobre se traducir ou non os nomes dos non-galegos: Jules Verne, Carl von Linné... etc. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23:55, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Entón, ¿que hai que facer?, ¿borramos Alberto Durero, Alberto II de Mónaco, Alberto de Mónaco, Alberte II de Mónaco (este non é unha redireción, ó mellor habería que trasladalo?), Alfonso de Albuquerque, etc.? Penso que este criterio das redireccións debería poñerse de forma clara na convención de nomes, ¿ou xa está noutro lado?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:23, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Claro, o criterio está claro para ti, para min non por iso preguntaba :D. O que non fala a convención de nomes é de que redirecións se poden facer. Por exemplo, ¿que parte da política da apoio a crear a redireción Ana Frank ou Alfonso de Albuquerque?, non a vexo..., ¿non haberá que engadirlle algo ó respecto? E gracias por encargarte de Durero :), o que pasa é que penso que haberá moitos máis coma ese e non van ser doados de atopar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:00, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Moi ben, pois entón déixame que me encarge eu agora de Ana e de Alberto :). De tódolos xeitos sigo pensando que habería que poñer algo sobre as redireccións válidas nesa política para que quede clara, e sobretodo para que cando eu me esqueza e a vaia mirar de novo xa o teña alí apuntado... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:23, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Nacionalismo periférico[editar a fonte]

Queda pendente de discutírmolo no Comarca54, Xabier. --Atobar (conversa comigo) 22:00, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Faslle o artigo? [6] --Atobar (conversa comigo) 21:53, 28 de outubro de 2011 (UTC)

O artigo chama por ti, Xabier. Poste a pasar datos? --Atobar (conversa comigo) 00:18, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Xabier, estiven o outro día co Senín, e contoume que entrar en postos de confianza política entrou co tripartito, despois continuou coa chegada do PP e novamente volveu ocupar postos de confianza co bipartito, co cal pór o de cos gobernos do PP non parece unha afirmación aló moi correcta. A ver se lle podes dar unha revisada ao seu artigo. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 14:31, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Velaí o problema, porque na rede hai pouquísima cousa. A ver se dou atopado algo por aí. --Atobar (conversa comigo) 14:57, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Artigos novos[editar a fonte]

Boa noite, Xabier! Só quería agradecerche o traballón que estás a facer coa creación dos artigos de deputados e deputadas elixidos para esta lexislatura. Fetén! Como dixo Guardiola, 'eres el puto amo'!! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:47, 28 de novembro de 2011 (UTC)

lópez calo[editar a fonte]

Boas Xabier, xa sei que o artigo que creei era unha copia case literal, o fixen rapidiño para deixar algo feito e adaptalo despois con outras fontes, adoito facelo así, mais para a próxima adaptarei o texto dende un principio para que non haxa problemas. Ata logo, que vaia ben. Piquitoconversa 20:30, 1 de decembro do 2011

Apelidos medievais[editar a fonte]

Boas Xabier: Deixeite en Conversa:Ateneo Eumés Fernán Martís as miñas razóns para non borrar esa páxina. Mais o motivo desta conversa é outro, o dos apelidos medievais. Dos fillos de Roi Freire de Andrade, dous levan o seu apelido (Freire), son Xoán Freire de Andrade e Nuno Freire de Andrade; e outros dous non o levan: Fernán Pérez de Andrade (Pérez ou Peres) e Lopo Núñez de Montenegro (Núñez ou Nunes). Penso que estaba ben como o redactara, non é certo que Fernán Pérez de Andrade leve o mesmo apelido que Roi (ou Rui) Freire de Andrade. Se che parece poñémolo así. Canto ao nome de Fernán Martís, non estou seguro pero creo que o único documento onde se nomea é na Crónica troiana, e alí el mesmo faise chamar Fernâ Martiis. Saúdos e parabéns polo teu traballo.--Xosé Antonio (fálame sempre) 00:41, 3 de decembro de 2011 (UTC)

Xa pensara en borrar esa parte do artigo, simplemente ilustraba a anarquía que había naquela época cos apelidos, pero é perfectamente suprimíbel. Como opinas o mesmo vouno facer. Saúdos--Xosé Antonio (fálame sempre) 10:48, 3 de decembro de 2011 (UTC)

wikixogo[editar a fonte]

Cando o demo non ten que faser... ¡Es grande, Xabier! tómate un café cando chegues a 12 puntos. Pedro --Lameiro (conversa) 01:05, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Vaia personaxe! Si que es grande, si. --Atobar (conversa comigo) 01:25, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Apetéceches crealo agora que a cousa xa está máis clara que durante os primeiros meses e na rede hai información abonda? --Atobar (conversa comigo) 00:05, 9 de decembro de 2011 (UTC)

Coalición Radical Europea?[editar a fonte]

Xa o vin, por iso non te respondín, pero o dato figura na web do Parlamento Europeo! (se pos en [7] busca apelidos:POSADA Legislatura:4ª, que foi de onde o collín. Saúdos e grazas. --Xas (conversa) 16:39, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Datos hemeroteca[editar a fonte]

Ola Xabier. Saberíasme dicir como podo aportar referencias consultadas na hemeroteca de La Voz de Galicia (que eu podo consultar ó ser subscritor) na edición de artigos. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 19:44, 14 de decembro de 2011 (UTC)

  • Si nun artigo eu quero facer unha achega atopada na hemeroteca, como podo facer referencia a dita achega se ningún administrador pode consultala?--PepedoCouto (dimo aquí) 20:12, 14 de decembro de 2011 (UTC)
  • Grazas e ata outra.--PepedoCouto (dimo aquí) 20:22, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Resultados oficiais das pasadas eleccións[editar a fonte]

Boas noites Xavier. Ti que entendes disto, bota un vistazo á Conversa:Eleccións Xerais 2011 en España‎. O comentario que fago sobre C-XXI é sen acritú ningunha :). Na sección sobre os resultados poño a referencia ó BOE no que se publican (do 10.12.2011). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:14, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Eleccións Xerais[editar a fonte]

A ver, Xavier. Outro problema. Ademais dos votos e escanos dun e doutro partido, o PP foi en coalición con Extremadura Unida (6 escanos), co Partido Aragonés (8 votos) e con UPN (2 escanos); e o PSOE foi como PSOE-Sociaistas de Cataluña, que sacou 14 escanos. Estes 16 escanos (e mailos votos que sexan) dunha parte e os 14 da outra ¿deben sumarse ós resultados do PP e do PSOE, respectivamente? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 21 de decembro de 2011 (UTC)

E estou tratando de desfacelo e non me deixa. Como fago? --Conversa con Tiberio 22:33, 11 de xaneiro de 2012 (UTC) ¡¡Graciñas!!

Borrados[editar a fonte]

Ola Xabier!! Vin que marcaches como lixo a entrada dun usuario anónimo de Justus von Liebig. Retirei o teu marcador porque polo que lin de pasada parece que foi unha personalidade importante. O que fixen foi engadir un marcador de en progreso e engadir o nome, data e lugar de nacemento e morte e moi escuetamente o que fixo para ser coñecido (dúas liñas), co fin de que outro usuario con máis idea ca min o poda ir completando. Ás veces penso que marcamos para borrar cando poderiamos facer cousas así con temas que realmente son interesantes, certo que ás veces son vandalismo (unha vez na desamortización de Mendizábal me encontrei con que só dicia "isto mola moito"), mais neste caso realmente o que dicía era real (moi breve, eso si) e habería que amplialo. Un saúdo Piquitoconversa 18:19, 12 de xaneiro de 2012

Sucesos de Vitoria[editar a fonte]

Anímaste? [8] Por certo, o artigo de Fraga ten algunhas, poucas, frases que non me parecen todo o neutrais que deberan ser. Avisa cando acabes, que quero relelo cando estea listo. Un saúdo e parabéns por ese olimpismo 2012. --Atobar (conversa comigo) 23:11, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Mañá póñome a fraguear. E se cadra até me poño cos sucesos vitorianos. --Atobar (conversa comigo) 23:21, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Proposta de cambio de perfil[editar a fonte]

Xabier, como sabes, temos tres burócratas e deles dous pouco activos actualmente. Non é unha carga de traballo excesiva en volume e sería bo para o proxecto contar con alguén máis. Ten que ser alguén con experiencia, suficientes coñecementos técnicos e dominio lingüístico e penso que es a persoa indicada. Quería preguntarche se, de aprobalo a comunidade, aceptarías o perfil.--. HombreDHojalata.conversa 15:20, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

Bueno. Iso non é o problema. Habería un proceso de elección como administrador primeiro e logo como burócrata, pero para iso (obviously) preciso de saber se aceptarías. --. HombreDHojalata.conversa 17:00, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
Perdoar de meterme : apoio un máximo e alegrome moita da recuperación si faise, o que desexo.--Elvira (fálame) 22:02, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Media de edicións por artigo[editar a fonte]

Boas rapás!, mira, falando con Atobar sobre o tema de chegar ós 100.000 artigos e sobre o tema de manter dalgún xeito a calidade do proxecto, comentou que había que vixiar a media de edicións por páxina. Atopei unha forma de calcular ese número de forma automática (13.035016050725, {{#expr:{{NÚMERODEEDICIÓNS}}/{{NÚMERODEPÁXINAS}}*1000}}) e o que quería saber agora era ¿que media de edicións por artigo "debemos" ter?. É dicir, ¿a partir de qué media de edicións teremos que votar o freno na creación de artigos novos para poñernos a revisar o que levamos feito?, ¿se baixamos de 13,15, de 13,16 ou de 13,20?. ¿Hai algún sitio onde haxa un historial destas medidas para calcular unha especie de media?. Hai que coller unha cifra con tino, que non quede baixa para que non se resinta a calidade pero tamén que non quede demasiado alta para que non poña atrancos á creación de artigos... A ver se me expliquei ben... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:23, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)

Medir a calidade eu penso que é imposible, temos datos e índices de calidade pero máis non podemos acadar. A miña idea de atopar un índice de calidade medible era para ter un control do crecemento para o proxecto dos 100 mil artigos, penso que poden acadarse os dous obxectivos se a comunidade está dacordo con eles e sobretodo, se conseguimos máis editores, pero ese é outro problema que xa tratarei :).
O que precisaba era coñecer como calcular a profundidade cos datos que temos das palabras máxicas, como fixen para a media de edicións, ¿como se calcula este dato?. Logo xa me buscarei a vida para tentar atopar unha fórmula automática.
Por outra banda estou dacordo contigo en que cada un vai ó que lle interesa pero eu estou falando de organizar un proxecto, e se á comunidade lle interesa poñerse con el tiraríamos para adiante. A idea é fixar o número de artigos mensuais a acadar mantendo o nivel de calidade que dixeches ti, ter unha profundidade de 18, facendo dous maratóns os días 8 de cada mes, se non acadamos os artigos dese mes sería unha maratón de creación e logo se non temos a profundidade marcada faríamos tamén un maratón de edicións ata acadar as cifras que nos propomos. Para facer iso estaba buscando unha fórmula para que a profundidade poda calcularse de forma automática para que poda aparecer nos avisos de comezo da páxina coma o que puxemos para acadar os 80.000 artigos.
En resumo: ¿cal é a fórmula para calcular a profundidade? :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:08, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)
Mecacho! :), boeno, vou ver se podo facer algo con ela..., graciñas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Xabier: parabéns polo nomeamento. Galipedistas: parabéns polo nomeamento de Xabier. Hoxe é un bo día para gardar na memoria. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:36, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

digo igual que Lameiro .... un bo día para gardar na memoria. Saúdos --Elvira (fálame) 18:09, 5 de febreiro de 2012 (UTC)
Onte non sabía que poñer porque Lameiro xa o puxo tan ben..., e hoxe como teño que facerche outro comentario non podo facelo sen felicitarte antes así que: parabéns!!! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:40, 6 de febreiro de 2012 (UTC)