Conversa:Ateneo Eumés Fernán Martís

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que é un grave erro eliminar a páxina porque é o nome oficial da Asociación como se pode comprobar no copyright da páxina web do Ateneo, e en innumerábeis sitios da web. É verdade que aparece o nome Fernán Martíns nunha ocasión que eu vira, máis por un erro que por vontade.

Ademais o nome do personaxe aparece no manuscrito da Crónica Troiana como Fernâ Martiis. Certamente podería derivar en Martíns ou Martís. A favor da segunda opción, que non desbota a primeira, está o feito de existiren documentos coetáneos onde se nomean a persoeiros de nomes Martís, Martiis ou Martiz. Véxanse as páxinas 8-13 deste artigo da revista do propio Ateneo.

Outro dato máis é que Antonio Couceiro Freijomil na súa Historia de Pontedeume fai referencia ao personaxe como Fernán Martís (páxina 429 da cuarta edición de 1995).--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:52, 2 de decembro de 2011 (UTC)

Dado que é o nome oficial, procedo a mover o nome do artigo a Ateneo Eumés Fernán Martís. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:27, 3 de decembro de 2011 (UTC)
Interveño... Entrei na web e vin Martíns, por iso o movín, pensando que sería un erro ou, como sucede nestes casos de grafías medievais, malevolencias varias. Agora que chamas a atención de novo sobre o caso examino máis e vexo que hai casos de Martís e casos de Martíns. Aínda que obviamente o apelido se pronunciase Martíns, tamén parece que a denominación estándar na bibliografía galega contemporánea é Martís. Por exemplo: [1]. Con gran dolor do meu corazón, non me queda máis que pregar as orellas e pedir desculpas. Síntoo por non revisar abondas fontes antes de facer os cambios. --Xabier Cid Talk 2 me, please 00:34, 3 de decembro de 2011 (UTC)