Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo7

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Xabier, me interesa muchísimo tener el detalle de cual fue tu fuente para el artículo sobre August Gissler. Actualmente estoy en la Isla del Coco y bueno, el personaje no es desconocido y existen varios estudios históricos sobre la isla, sin embargo me llamó la atención el detalle de las fechas de los últimos viajes de Gissler, y el dato de su intento de vender la isla a los Estados Unidos. Me gustaría profundizar sobre esto y por eso te pido por favor si pudieras adjuntar alguna referencia a ese artículo. Disculpa por mi desconocimiento del gallego. Muchas gracias. A.

Resposta --Xabier Cid 00:10, 15 xaneiro 2008 (UTC)

RE: Tiles[editar a fonte]

Entendo, entendo. Moitas grazas pola aclaración. De feito, tiña pensado preguntarche o motivo desas *correccións, pero ti adiantácheste... Grazas de novo. Por certo, que é iso de "(UTC)" que se pon nas sinaturas? --Lara 11:48, 15 xaneiro 2008

Ola (son eu outra vez). A min non me aparece o de UTC porque cando asino escribo toda a sinatura (copio e pego dalgunha anterior), e como non sabía o que era "UTC", non o poñía. A que botón hai que darlle? --Lara

Nin me dera conta diso. En fin, grazas. Un saúdo. --Lara 12:01, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Porque muda tanto o artigo sobre Carlos Paião? Já viu a wikipédia portuguesa? Obrigado. --Ibérico 13:48, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Dobres usuarios[editar a fonte]

Ola, Xabier, pois ti verás, eu so queria recuperar esa excelente foto para asi evitar que fora borrada unicamente renomandoa [1] baixo un nome digamolo mais apropiado que o orixinal correspondente o Usuario:Ambiorix. Sen pensar nos efectos perversos, unha intención para min banal sen ningunha intención mal honesta pola miña parte. Espero que comprendas este erro e que poidas reparar o mal entendido. Grazas, saudiños. -- Padin 15:55, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Borrei o outro usuario que tiña, User:Sarelo. Manteríao, pero esquecín o contrasinal. Tiña un anotado pero non funcionaba. Non puxera correo.

Era para uso dos alumnos. As únicas edicións polo de agora eran na mesma páxina do usuario, indicando que editaban aí alumnos meus.

Probablemente no terceiro trimestre, cando traballe cos alumnos, precise crear un usuario novo que non teña os botóns da administración e que lles permita a eles traballar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:14, 15 xaneiro 2008 (UTC)

  • Eu creo que a mellor saída de todas consiste en que, se se crea un segundo usuario, hai que especificalo claramente e acéptase que ese usuario non ten dereito de votar (dáme igual que o usuario teña que ser ou non colectivo ou que se poida deber a motivos didácticos).--Lmbuga Commons - Galipedia 23:36, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Nomes de reis británicos[editar a fonte]

Ando metido ultimamente coa monarquía británica (xa fixen 10 artigos), e teño dúbidas con nomes que poden escribirse de dúas formas: Sabela/Isabel, Xacobe/Xacobo e Xurxo/Xorxe. Aínda que utilizo Sabela, Xacobe e Xurxo respectivamente, teño certas dúbidas, e axudaríame moito a túa opinión. Un saúdo --Furado 21:00, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas Xabier. Definitivamente empregarei Xacobe y Xurxo. No caso de Isabel, estudareino un pouco máis. Hai unha conversa sobre o particular, pero non me aclara moito. Verei se atopo algo por aí, de tódolos xeitos na galipedia vexo tanto Isabel como Sabela, coido que non temos moito consenso ó respecto. Saudos --Furado 23:57, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Definitivamente no caso de Isabel/Sabela teño que optar por Isabel. Como noutras ocasións é difícil atopar unha fonte fiable que apoie unha decisión lingüística, pero, como no caso dos topónimos, deducímolo indirectamente buscando no VOLGA o adxectivo isabelino/a e sabelino/a. Como a entrada que aparece é isabelino, pois Isabel entón. Saudos --Furado 13:53, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Non caín na conta, e o que dis é indiscutible: a entrada no VOLGA de isabelino non é é suficiente. Non teño un dicionario nin un VOLGA en papel e só puiden ver na páxina web da RAG que existe a entrada, pero sen ver o seu significado. Supoño, con todo, que si valería no caso de que fose como en español, que na primeira entrada de "isabelino/na" do dicionario da RAE temos:

"" 1. adj. Perteneciente o relativo a cualquiera de las reinas que llevaron el nombre de Isabel en España o Inglaterra.""

Intentarei facerme cun dicionario ou un VOLGA "de verdade" para ver que di, ou conseguir unha fonte fiable que me despexe as dúbidas.

En canto a manter as eleccións anteriores, a pesar de que recoñezo e admito que o mais sensato é facer o que ti me recomendas e do moito que valoro as túas opinións, vou ser incapaz, pois, quizais por deformación profesional (son informático fai máis de 20 anos) unha vez que teña a seguridade de que é un cero ou un un, resúltame imposible non arranxar os "meus" artigos, e ter uns dun xeito e outros doutro.

Grazas por iluminar, como sempre, a miña escuridade lingüística, e por atender tan pacientemente as miñas dúbidas. Saudiños --Furado 16:56, 17 xaneiro 2008 (UTC)



, pa que borras nada!!!!!!!

a frase anterior foi deixada pola IP 85.91.87.250 logo do borrado dun artigo sen referenciar sobre un suposto grupo violento. Esa IP supostamente pertence a un centro educativo. --Xabier Cid 12:44, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Olá, Xabier![editar a fonte]

Obrigado (Grazas) por tua mensagem. Vou ampliar o artigo hoje mesmo. Estou testando um programa em Visual Basic que criei para confeccionar rapidamente as tabelas com os dados sobre chefes de estado (o programa também confecciona tabelas semelhantes em Ido e em occitano, outras wikis com as quais colaboro). Um grande abraço desde São Paulo, Brasil, Joao Xavier 20:24, 17 xaneiro 2008 (UTC)

  • Xabier, já ampliei os artigos sobre Roque Sáenz Peña, Victorino de la Plaza e José Figueroa Alcorta (ex-presidentes argentinos). Como não domino muito do vocabulário galego (minha língua pátria é o português) utilizei um tradutor automático, Apertium (veja-o aqui). Um grande abraço desde São Paulo, Brasil, Joao Xavier 22:12, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Xabier, atopeime cun problema. Temos dous artigos que fusionar: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía e Ciutadans de Catalunya, porén non sei cal é o nome que debe permanecer, se é que é un dos dous e non outro, como podería ser Ciutadans de Catalunya-Partit de la Ciutadanía. A ver se me podes solucionar cal debe ser o título final do artigo. AlberteSi, digame? 10:40, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Xabier, fixen as correccións no artigo das galescolas retirando as ligazóns externas. Non sabía que fose algo "negativo" facer estas ligazóns. Mantiven os cambios que fixeches na reestruturación dos apartados (mantiven a ligazón ao portal das galescolas). Pero non entendo por que cambiaches o contido dalgunhas partes do texto. Non se intenta promocionar nada (as galescolas son de titularidade e xestión por parte da administración pública, Xunta e Consorcio no que están representados os Concellos)Pódense engadir moitos máis datos sobre estas escolas infantís de atención á primeira infancia (de feito tentarei ir ampliando esta información) pero borrar o que está posto agora paréceme faltar á verdade. ¿que é o que non che gusta da definición dada? Un saúdo e Grazas polo teu traballo. Csantos

ups, Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 11:22, 23 xaneiro 2008 (UTC)

o vocabulario da arquitectura[editar a fonte]

Ola XabierCid ! Veño de ver os cambios [2] que fixexhes no artifo plinto e non concordo, tal vez por non saber ben o galego. Corrixin un pouco es:plinto porque a wiki castela dame razon cos outros artigos que ten [3]. Pero como nós somos mais pequenos pareceme millor falalo contigo antes. Pa mín debese prever as entradas das cinco ordes da arquitectura e unha entrada xeral :

Co mismo xeito eu vexo millor columna (arquitectura), e columna (homónimos). Que che parece ? ElviraConversa con mi 18:30, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Re : vexoo eso mais ou menos como as outras wikis, agás o galego teña uso de lenguaxe espcifico :

A miña preferencia : columna (homonimos) e logo columna (arquitectura), sen esquecer orde arquitectónica, porque ainda que na arquitectura sexan as columnas que principalmente utilizanse pa clasificar os edificios, existe contido enciclopedico pa dous artigos diferentes. Botalle un ollo : fr:Ordre architectural, pt:Ordem arquitectónica e todolos interwikis ... e tamen o penso eu (lol). D'autre part en français on contracte à les en aux (D:). Amicalement ElviraConversa con mi 19:30, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Moitissimas gracias, a tua resposta vaime moi ben :
  • da páxinna orde vou tratar de abrir os seis artigos da arquitectura, o xeral e os cinco ordes clasicos (empezarei esta noite).
  • pas columnas concordo contigo, xa se vera.

Pareceme mais importante que eu progrese no galego que tu no francés, eu aprecio moito que se me corrixa o galego. ElviraConversa con mi 08:49, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Tímpano (cuestión menor)[editar a fonte]

Fixen unha busca da palabra Tímpano na Galipedia e non apareceu o artigo Tímpano (homónimos). Probablemente se deba a que a base de datos non estea actualizada para as buscas. Eu non vería mal que Tímpano tivese o seguinte texto: #REDIRECT [[Tímpano (homónimos)]]. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:12, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Entendo o que dis. É posible que teñas razón no que expresas, en todo ou, cando menos, en parte. O que eu creo é que é conveniente redireccionar a palabra principal (neste caso tímpano) á páxina de homónimos; de non o facer así, creamos unha valoración temática. É por iso polo que non estou de acordo con que a palabra "tímpano" desde unha perspectiva anatómica ou médica sexa a primeira entrada tras dunha busca. De tódolos xeitos, paréceme unha cuestión tan menor coma falar sobre o sexo dos anxos (e téñense escrito páxinas). Sei que a actuación que non me gusta é frecuente na Galipedia. Se che parece mellor a alternativa pola que optas, que por outra banda é moi habitual (posiblemente a máis), por min, perfecto. Eu, é unha opición persoal, prefiro que o termo redirixa á páxina de homónimos sempre e cando por ese termo se entendan varias cousas. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:10, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Penso que a cuestió radica en se nos homónimos se debe manter ou non unha perspectiva diacrónica da linguaxe. Eu creo que non. Eu penso que o que prima nas entradas dunha enciclopedia é unha perspectiva sincrónica--Lmbuga Commons - Galipedia 22:21, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Non tes nada de que desculparte. Entender, entendín o que dicías, pero non lle vía relación co que eu quería dicir (é o único estraño que notei na mensaxe que me enviaches), por iso che volvín escribir intentando explicarme mellor. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:57, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Naraío vs Narahío[editar a fonte]

Unha pregunta: Se a parroquia é Santa María de Naraío o castelo debería ser tamén Naraío non? (o Narahío sería en castelán supoño). Pregúntocho porque non estou moi seguro do razoamento e para asegurarme antes de modificalo. Un saúdo e grazas. Lansbricae (Ti dirás) 13:21, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Pere Claver[editar a fonte]

¿Por que te empeñas en amputar o artigo de Pere Claver? procurei contrastar fontes e documentarme, supoño que cando borras as referencias á manumisión de escravos ou feitos parecidos será porque contas con fontes serias para facelo. É curioso, porque teño feito ducias de artigos dos máis diversos temas: históricos, filosóficos, xeográficos, artísticos, relixións non cristiáns, e cando algunha vez fago algún relativo algunha figura do cristianismo atópome con este tipo de censuras inexplicables. Ríndome, quería ir facendo un artigo extenso pero vexo que vasme marcar de cerca non sei baixo que criterios.

--213.60.64.251 01:42, 27 xaneiro 2008 (UTC)xacarandaina--213.60.64.251 01:42, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Gracias, si foi por erro. Menos mal que andas por aquí. AlberteSi, digame? 11:55, 28 xaneiro 2008 (UTC)

Capitel Vs Chapitel[editar a fonte]

Pódeslle botar un ollo aos artigos e a conversa de capitel?, se se te ocorre como facer unha páxina de homónimos e con que título (eu non sei como estruturala nin onde colocala). Grazas anticipadas. Lansbricae (Ti dirás) 19:29, 28 xaneiro 2008 (UTC)

Extrañas? :S Estaba marcando para borrar a redirecciones rotas, solo eso :S Algo va mal? :S Un saludete ;) Rastrojo 16:45, 29 xaneiro 2008 (UTC)

categorizacións[editar a fonte]

buona sera! ía facer agora o traballo de categorizar ós músicos segundo o seu papel, pero vexo que xa o fixeches. Un millón, pois. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:48, 29 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:47, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Xabier,

Could you please write a stub http://gl.wikipedia.org/wiki/Auckland_Grammar_School - just a few sentences based on http://es.wikipedia.org/wiki/Auckland_Grammar_School? Only 2-5 sentences enough. Please. --Per Angusta 03:48, 1 febreiro 2008 (UTC)

Este era o problema. En Modelo:GFDL-user-w non se pode poñer "Usuario", hai que poñer "User", pois é un termo válido para tódolos proxectos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:10, 1 febreiro 2008 (UTC)

Lancebot[editar a fonte]

Ola, non sei en que non estou a seguir a política. Seguín os pasos tal e como se me indicaba e teño que actuar como bot para que poidades valorar se o traballo que poda realizar é de valor ou non. Logo non sei en que estou a actuar mal. Estou facendo o que fixeron os demais pasar o tempo de proba sen exceder uns límites. A verdade é que lendo a politica de bots non vexo que estou a facer digno de bloqueo. Lansbricae (Ti dirás) 23:36, 3 febreiro 2008 (UTC)

Vale, pois dime que pare e xa está home. E que non entendía o que estaba facendo mal, deixo logo o cambio de conceito a concepto a medias a espera do que diga a comunidade. Grazas e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 23:45, 3 febreiro 2008 (UTC)

Marquesado de Parabere[editar a fonte]

Saúdos.

Antes de nada, sento non contestarte antes, pero tiven moitas obrigas.

María Mestayer de Echagüe, "Marquesa de Parabere", efectivamente, non debería haber usado o título. O título correspondíalle ao seu curmán. Xoaquín Aguirre Echagüe. María usou o título sen ser a titular do mesmo. Por iso vestede atopou esas informacións. Asimesmo, os verdadeiros titulares do marquesado, continuaron a levar o título. Actualmente está baixo administración fiduciaria da familia Aguirre Cabañas dende 2003.

Un saúdo--El refugio de la Cultura 11:19, 4 febreiro 2008 (UTC)

Ah, e non, non teño interés algún de promocionar á vetusta María Mestayer.--El refugio de la Cultura 11:20, 4 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. Saudos Miguel.lima 22:26, 7 febreiro 2008 (UTC)

Artigo Reboiras[editar a fonte]

Cambie o artigo neste sentido: "onde coñecerá a explotación capitalista" por e onde coñecerá precariedade laboral e "Aproveita para estudar a fondo os mecanismos empregados pola clase patronal, e a forma de combater a súa opresión" por Aproveita para estudar a fondo os mecanismos empregados pola clase patronal, e a forma de combater a prol dos dereitos dos traballadores.

De tódolos xeitos, tampouco me convence moito a miña redacción xa que tentei manter o mensaxe suavizándoo xa que o meu coñecemento sobre Reboiras é nulo. Saúdos.--Ric delg, Falemos - 20:28, 8 febreiro 2008 (UTC)

Mea culpa[editar a fonte]

Admito o meu erro, non reparei no texto cando o revertín fíxeno por estar en castelán mais non o lin, procurarei ter máis coidado. Acerto 20:31, 8 febreiro 2008 (UTC)

  • Si, xa sei que segue sen traballar (nótoo en Commons, ó non poder revisar a categoría Galicia (Spain). Parece que hai dúas bases de... caídas. Din que o amañarán pronto, pero non é a primeira vez que tardan días ou, quizais, semanas. Eu vouche recollendo datos de imaxes. Cando teña bastantes, polo de agora son moi poucas, envíochas por correo.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:34, 9 febreiro 2008 (UTC)

aliñamento[editar a fonte]

Ola Xabier, aínda que algo tarde (ultimamente conto con pouco tempo), respóstoche: as disculpas non hai de que. Alégrome de que non vexas as votacións como sistemas de aliñamento, eu tampouco, aínda que comprendo que ás veces certos posturas amolen por parecer aliñamentos, seguirei votando en conciencia, e alégrome de que se entenda así.--QuatriNauta 08:39, 9 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza[editar a fonte]

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:31, 9 febreiro 2008 (UTC)

Instrumentistas[editar a fonte]

Desculpa a tardanza, entre unhas cousas e outras levo sen pasarme por aquí bastante tempo. Xa contestei ao que preguntabas respecto dos instrumentistas. Un saúdo! -GallaecioE logo? 21:25, 10 febreiro 2008 (UTC)

Xa funciona o enderezo[editar a fonte]

Preme en http://tools.wikimedia.de/~daniel/WikiSense/Gallery.php?wiki=gl.wikipedia.org&img_user_text=Xabier_Cid . Creo que funcionará. Acábame dee funcionar. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:49, 11 febreiro 2008 (UTC)

Petición de aclaración[editar a fonte]

Sr. Xabier, agradeceríalle que me de unha aclaración pola riscadura do meu voto na votación de normas antimonicreques, non fun recrutada, non son parente de Lansbricae, sí teño unha relación con el como a teñen outros usuarios nesta comunidade que non son obxecto deste tipo de acusacións. Entrei na Galipedia en abril de 2007, sen que el nin sequera o soubera, meses despois comecei a ter unha colaboración moito máis activa. Comparto con el puntos de vista como noutros temas discordo, como se pode ver en todas as votacións, houbo temas nos que votei o mesmo porque en conciencia era o que eu pensaba e cando discordei con el así o manifestei. Agradeceríalle que fixera o favor de retirar esa presunción de mala fe que non respecta Wikipedia:Asuma a boa fe. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:26, 11 febreiro 2008 (UTC)

Esixo a restitución do meu voto, a explicación é pura demagoxia[editar a fonte]

Volta de novo a faltarme ao respecto, fíxoo onte chamándome meatpupet (na súa tradución: Facundo) e hoxe ao cualificar o dereito que teño como usuaria que leva 9 meses na Galipedia e máis de 5.000 edicións. Non me falte dicindo sen probas, xa que só fai demagoxia sobre os proxectos wiki que non teño ética ao participar nas votacións, sempre votei en conciencia, aínda que para vostede a conciencia debe ser votar o mesmo que o seu. Teño experiencia suficiente para ter o dereito a dar a miña opinión e que conte sobre o futuro dun proxecto no que levo invertido moitas horas e moito traballo absolutamente altruista. Teño dereito ao voto e vostede non mo pode negar en base a unha acusación FALSA de ser un monicreque de ninguén. Non vou entrar na súa ética nin noutras consideracións que teñen cabida noutro sitio, pero esixo a restitución do meu voto, pois o dos seus continuos e repetitivos ataques cara a miña persoa, xa o dou como algo continuo e voume afacendo, pero que bordee o texto de normas inexistentes para aplicarme políticas non aprobadas raia o absurdo. Alma (fálame eiquí) 09:20, 12 febreiro 2008 (UTC)
Síntoo, é o ton que teño cando leo mentiras, nestes 9 meses, nunca actuei como unha única voz con Lansbricae, xamais, nin sequera sei o que el vai votar ou non, en politicas presentadas por el non votei. Faga o favor!!! Noutras os votos discordaban. PORQUE SOMOS DÚAS PERSOAS DISTINTAS CON IDEAS DISTINTAS E MANEIRAS DE ACTUAR DISTINTAS. Está chegando a uns extremos incribles, o que non pensa no ben da Galipedia é vostede, sinto dicirllo así, porque con actuacións como as súas, a ninguén lle quedan ganas de ser obxecto de máis inxustizas. Debo pensar logo que os administradores que entran a votar despois de que Prevert pida e reclame o voto, como foron nomeados a dedo por el, son tamén Facundos?, e que non é a primeira vez que sucede, lembre o caso do Moderador, entenda a miña preocupación, eu sí son unha persoa con ideas propias, lamento dicirllo, o problema con vostede é que difiren das súas, se concordase, seguro que isto non houbera sucedido. Alma (fálame eiquí) 09:38, 12 febreiro 2008 (UTC)
Discrepo coa túa actuación neste caso, en especial porque se produce nunha votación dunha política na que Alma votou en contra da tua proposta e non, por exemplo, nas numerosas votacións anteriores a Imaxe da Semana. Non comparto que se producisen contributions from a new community member if the new member was (allegedly) recruited by an existing member only to back up the recruiting member's position (na definición de meatpuppet na wikipedia inglesa, coas negritas miñas).--Xosé (✉) 14:49, 13 febreiro 2008 (UTC)
Agradeceríache que leras o que escribín ao cabo do taboleiro, non son un monicreque e achego probas de que non o son. Triste ter que facelo, pero é así. Alí tamén explico que eu só quero que me restitúas a miña dignidade completa como usuaria, que non me negues o dereito a participar nos consensos ou nas votacións. De tódolos xeitos, non entendo como unha persoa sóa pode tomar esa decisión, pero deixando ao marxe eso, que non semella moi acorde co espírito wiki onde todas as decisións se adoptan por consenso, non creo que poidas afirmar do xeito en que o fas que as máis de 5000 edicións que levo na Galipedia, sen ter en conta todo o traballo que levo feito en Betawiki, que non son unha usuaria de plenos dereitos. Prégoche que reconsideres esta decisión que non é xusta. Estasme a aplicar unha norma na que eu non encaixo e iso entra dentro do que ti querías aprobar como "xogar co sistema". Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:12, 13 febreiro 2008 (UTC)
Xuroche que non a uso de forma provocadora, baixarei o tamaño da imaxe, é que me sinto así, Xabier. Perdoa, creo que se te puxeras na miña pel poderías entendelo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:31, 13 febreiro 2008 (UTC) perdoa, pensei que o problema era a imaxe, e xa mudei a frase, espero que deste xeito non haxa máis problemas. Boas noites. Alma (fálame eiquí) 23:42, 13 febreiro 2008 (UTC)

Confianzas as mínimas, dalle consellos a quen chos pida ou aos teus amigos, a min procura deixarme en paz, nada che da dereito a aconsellarme nada, non vai no bautismo administrativo esa prerrogativa. Lansbricae (Ti dirás) 09:41, 12 febreiro 2008 (UTC)

Proposta alternativa ao borrado da páxina sobre a Lingua Celta Galaica[editar a fonte]

Xabier, non sei se viches a meu novo voto en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns_para_borrar/Lingua_celta_galaica#Lingua_celta_galaica e o que di Quadrinauta. Que che parecería acordarmos entre ti (propoñedor do borrado) e mais eu (autor do artigo) unha denominación alternativa de consenso (e re-estruturación / ampliación de contidos se for precisa) desa páxina e retiras a petición de borrado? Xa me dirás (espero enteirarme, non sei como vai o da vixianción de páxinas de conversa alleas). Un saúdo. --Casdeiro 12:45, 12 febreiro 2008 (UTC)

Quero proceder a modificar o título pero gostaríame saber antes se podo dado que hai unah votación aberta sobre o borrado da páxina e non sei como afectará ao proceso de decisión. Podes contestar na páxina da votación? Grazas. --Casdeiro 11:35, 15 febreiro 2008 (UTC)

Carallo! Xusto despois da miña pregunta, a páxina é borrada!!! :-((( Unha pregunta, aparte: u-lo arquivo do debate da votación? --Casdeiro 12:16, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ben-Cho-Shey[editar a fonte]

Unha vez confirmado o dato do apelido (¡o que non se che escape...!) ¿non cres que cómpre unha nota no artigo aclarándoo? Dígoo para rachar co erro que parece común sobre considerar "Ramón" como nome.

E unha pregunta, ¿por algunha razón técnica -alfabetización ou a que sexa- hai que elimina-los tiles na Categoría? Porque o que temos é "Escritores en lingua galega|Ramon Fernandez-Oxea, Xose", e extráñame moito que non sexa a propósito.

Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 13 febreiro 2008 (UTC)

barcelona de ca wiki[editar a fonte]

No tinc el correu habilitat aquí, rebia molts correus-spam, si vols podem quedar al xat o digue'm a la meva pagina en què puc ajudar-te (barcelona) --62.175.77.111 11:22, 15 febreiro 2008 (UTC)

hola, mai no dono correus, per això et deia de parlar per aquí o al xat, podem quedar una nit al canal IRC de la viquipèdia. Sobre el projecte de marató viquipèdica, he de dir que per una altra vegada és necessària més planificació, ja que els professors no tenien molt control però que l'experiència ha estat molt positiva! La gestió interna no ha canviat gens, els viquipedistes més actius vigilaven els alumnes com fan amb la resta d'usuaris. Les principals accions es fan fora de la wiki, en cursos de formació per a professors. Seguim parlant a la meva pàgina i aquí! (barcelona) --62.175.77.111 16:28, 16 febreiro 2008 (UTC)
estic moltes nits a partir de les 22 30, ja ens trobarem :) --62.175.77.111 14:02, 17 febreiro 2008 (UTC)

Nantes e as ordes[editar a fonte]

Ola XabierCid ! Andamos os dous con o artigo Nantes. Agradezcoche os arranxos de galego que fixeches. Xa ves ben que non podo editar a apuradas ! Falando mal non podo editar nos artigos pero converso. Puxen datos na paxina do usuario AUBRANT e na paxina de discusion. Polo momento ando moito de presa pa redactar. Teño pendento a nosa tarefa das ordes arquitectonicas. Perdo mais tempo pa axeitar o que digo en galego que pa concebir os artigos e buscar datos. Resumir os datos en galego resulta mui costoso, e moito mais facil traducir doutra lengua. Por eso cando teña un pouco mais de tempo vou cambiar de metodo traducindo das wikis es e fr, tanto no remate dos tres artigos que estan en uso, que nos tres que quedan por fager. Saudos XabierCid ElviraConversa con mi 22:24, 15 febreiro 2008 (UTC)

saüdiños[editar a fonte]

Ola Xabier. Acabo de ver a túa mensaxe e quedei un pouco sorprendido, pois tes razón en que ata agora levábamonos ben, e gostaríame que sigamos igual; outra cousa é que foramos a deixar de lado os nosos principios de cara a levarnos ben, isto ningún de nós o fará e creo que, respectar iso, permitiranos manter a boa relación.

Sinto que vexas a miña páxina de usuario como crispante: entendo que as opinións que reflexa poideran parecerche controversas, de feito aparteinas das páxinas polémicas (como aquí e aquí) e así foron parar á páxina personal. A crispación creo que é debida non á tímida valoración que fago dos feitos senón máis ben aos feitos en si mesmos O feito de riscares o voto dunha usuaria coa acusación de ser monicreque, e de pechares a continuación a votación, sin opción a que opinar no mesmo sitio onde ti o facías, esas accións descolocáronme a opinión que tiña dalgúns e incluso do futuro deste proxecto. Sendo ademais unha decisión unilateral, sin consulta á comunidade, produciume unha inmensa desazón. A iso sumouse o feito de que o mesmo usuario actuaba como xuíz e parte, o mesmo que fixera unha proposta era quen tomaba tal medida grave contra un dos que discordaron. Esta foi a visión que tiven dos feitos e o que me levou a protestar timidamente por primeira e, talvez, última vez.

Finalmente agradecerche o ton en que me expós as reflexións (distinto do doutro usuario), nun contexto de confianza de compañeiros de galipedia e, da mesma forma, permítome tamén deixar unha reflexión personal no sentido de que deberíamos procurar que as accións que tomemos, ademais de que deban ser honestas, deban de parecelo, estremando as precaucións no caso de seren accións administrativas con implicacións tan importantes para os usuarios (persoas) e para a boa marcha da Galipedia. Prégoche que consideres prudentemente a miña reflexión, no contexto de confianza devandita. Un saúdo cordial.--QuatriNauta 10:43, 16 febreiro 2008 (UTC)

Feito: Centrocampistas de Fútbol, Defensas de Fútbol, Dianteiros de Fútbol, Gardamallas de Fútbol. Vounos agrupar en Categoría:Futbolistas por posición. --Xosé (✉) 12:47, 16 febreiro 2008 (UTC)

conversa de Partido Popular[editar a fonte]

Boas Xabier

Algo liamos cando movimos a páxina de Partido Popular, despois de que fose creada como páxina de homónimos, non sei se lembras. O caso é que agora estás no artigo, vas á conversa, e si logo, dende a conversa volves a pinchar en artigo, apareces na páxina dos homónimos, en vez de aparecer na de Partido Popular de España. Algo curioso, non sei que puido pasar.

Saudos Miguel.lima 17:03, 17 febreiro 2008 (UTC)

  • Algunha vez foi parte dela? Onde está a referencia.--83.43.154.217 21:17, 17 febreiro 2008 (UTC)
    • É normal se ves unha IP facendo trocos a cachón, non me dera de conta que non estaba rexistrado. Acerto 21:25, 17 febreiro 2008 (UTC)
  • Botei unha ollada ás demais wikipedias e parecen que todos tiraron a información da propia web da organización pero na alemá aparecen as organizacións que forman parte dela, a maioría son partidos políticos e hai uns poucos gobernos no exilio, eu tampouco coñezo ningunha fonte de información fiable.Acerto 21:38, 17 febreiro 2008 (UTC)
  • Ola, entre os membros da UNPO puxeches que hai varios gobernos de repúblicas autónomas rusas, hai un problema con iso para que un goberno autónomo poda ser ou formar parte dunha organización internacional ten que ser validado polo goberno estatal (o ruso neste caso) senón non se considera válido e non se pode dicir que o goberno dese territorio pertence oficialmente a tal organización, habería que saber que decidiu exactamente ese goberno e se esa decisión está axustada a dereito, eu non teño esa información e habería que contrastala con algunha fonte que non sexa a web da UNPO.Acerto 22:44, 17 febreiro 2008 (UTC)
  • Mala sorte o do ordenador, cando menos o pensas falla, espero que non tardes moito en volver: eu son dos que miraba na túa páxina para saber como iamos cos tailandeses e cebuanos e a profundidade. Respecto o do mapa da UNPO non lle vexo moita utilidade, que apareza toda Rusia marcada cando só conta con organizacións ou gobernos (se é correcta da información da súa web) que cobren unha parte do seu territorio ou que aparece toda Angola por Cabinda, eu directamente quitaría o mapa, ademais co texto da imaxe case dá a sensación que son os estados os que pertencen á UNPO, o dito mellor quitar o mapa que non engade información, máis ben desinforma.Acerto 15:05, 18 febreiro 2008 (UTC)
  • Quitei o mapa, se consideras que debe ir podes revertir a edición, espero que esteas pronto por aquí.Acerto 15:12, 18 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións municipais en Narón[editar a fonte]

Xabier, diríxome a ti para ver se me podes axudar a amañar algo que debín facer mal. Tentando meter os datos das eleccións municipais de 1995 en Narón, algo fixen mal pois agora o gráfico non aparece. Saúdos e grazas pola túa axuda.--PepedoCouto 19:41, 19 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións municipais en Narón[editar a fonte]

Xabier, diríxome a ti outra vez pois vou ter un problema á hora de seguir editando este artigo. Vou necesitar máis cores, xa que en anteriores eleccións teño as seguintes siglas,CDS, AP, PCG, ANGN, UG, ALI, UCD e CD.Si teñen que ser en inglés, damas nesa lingua. Saúdos e grazas pola túa axuda.--PepedoCouto

As actuacións arbitrarias non fan equipo, non constrúen unha comunidade forte e sa[editar a fonte]

Xabier, é frustante que se repita unha actitude, no meu xuízo arbitraria e humillante; primeiro observeino no pelexo da usuario:Alma sendo acusada arbitrariamente de monicreque, agora obsérvoo no meu pelexo ao ser revertida a miña páxina de usuario indicando razóns inconcretas, como poñer información personal (na páxina personal!) e que cando pido explicacións non se me dan máis que é porque aparenta ser un blog. Perdoa pero iso non poido crelo: os que utilizades blog, entre outros ti e Albert galiza, que me revertiu a páxina, supoño que entenderedes que non é moi normal pensar que a miña páxina personal sexa un blog, cando non tén unha actualización nin diaria nin semanal nin mensual. En tal caso seríao a túa páxina pois vendo o historial dáme a impresión de que ti si que a utilizabas como blog, e casualmente borráchelo pouco despois da reversión da miña páxina. O mesmo me parece ao ver o historial da páxina de Albert galiza, quen incluso tivo durante anos a ligazón ao seu blog personal, ata que a borrou agora coincidindo coa acusación contra a miña páxina.

Como dicía na páxina que me foi revertida, quizais a miña toma de postura non sexa apreciada polo grupo dominante, pro aínda así tiven e teño que facelo, simplemente por cuestión de dignidade. É unha auténtica pena que, no pouco tempo que me queda os fins de semana, en vez de poñerme a editar os artigos que me interesaban teña que dedicarme a defenderme de actuacións arbitrarias. Así non coido que sexa a forma de construír unha comunidade, sinceramente. Saúdos --QuatriNauta 18:04, 22 febreiro 2008 (UTC)