Usuario:Atobar/Edición comparada en lingua galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución das edicións en lingua galega con data 27 de abril de 2010

As seguintes táboas, actualizadas con data 24 de abril de 2010, así como tamén as gráficas anexas permiten unha certa marxe de manobra para efectuar unha análise da edición comparada en lingua galega.


Táboa en base aos 10 editores máis activos[editar | editar a fonte]

Linguas oficiais Eds. dos 10 usuarios máis activos Eds. dos 10 bots máis activos Total de edicións do proxecto Total de edicións sen os 10 bots máis activos Porcentaxe de edicións dos 10 bots máis activos Porcentaxe de edicións dos 10 usuarios máis activos sobre o total Porcentaxe de edicións dos 10 usuarios máis activos excluídos os 10 bots Número de falantes Proporción de edicións por falante
Castelán 1.676.217 3.779.968 38.735.388 34.955.420 9.7% 4.3% 4.7% 400.000.000 0.09
Portugués 1.171.417 2.992.519 20.083.963 17.091.444 14.9% 5.8% 6.8% 220.000.000 0.09
Catalán 848.613 1.091.042 5.270.083 4.179.041 20.7% 16.1% 20.3% 9.500.000 0.55
Galego 235.790 495.824 1.541.624 1.045.800 32.1% 15.2% 22.5% 3.500.000 0.44
Éuscaro 226.811 776.785 1.531.026 754.241 50.7% 14.8% 30.0% 1.000.000 1.53
Linguas non oficiais
Aragonés 175.737 327.773 674.206 346.433 48.6% 26.0% 50.7% 12.000 56.18
Asturiano 59.426 237.194 446.174 208.980 53.1% 13.3% 28.4% 500.000 0.89
Estremeño 12.027 11.722 36.043 24.321 32.5% 33.3% 49.4% 200.000 0.18
Mirandés 8.283 7.097 19.239 12.142 36.8% 43.0% 68.2% 15.000 1.28
Linguas románicas
Francés 1.315.223 5.840.430 55.834.294 50.253.864 10.4% 2.3% 2.6% 128.000.000 0.43
Romanés 479.334 863.572 4.116.745 3.253.173 20.9% 11.6% 14.7% 34.000.000 0.12
Lingua referente
Inglés 3.373.861 13.618.473 382.390.917 368.772.444 3.5% 0.8% 0.9% 600.000.000 0.63

Conclusións[editar | editar a fonte]

Porcentaxe de edicións dos 10 bots máis activos nas linguas románicas e inglés. Datos correspondentes a abril de 2010

A principal conclusión que cabe tirar desta primeira táboa é que o galego mantén uns niveis de edición estábeis e que, en base a datos internos que aquí non están reflectidos, non hai dependencia dun editor concreto, como por exemplo acontece coa wikipedia aragonesa e, en menor medida pero tamén, coa wikipedia en éuscaro.

Ao respecto do éuscaro, que ten por certo unha media de edicións por habitante realmente alta, un breve pero importante apuntamento: o galego e a lingua dos vascos percorren camiños ben distintos malia teren practicamente a mesma cantidade de edicións totais: así, por exemplo, mentres que os 10 bots máis activos representan o 32% da edición en galego, no caso vasco sube até un esaxerado e non demasiado bo 50%.

Sobre dos bots, o galego está na liña, como tamén o está o catalán, que é certamente a lingua que debe valer como referente e que proporcinalmente máis vinculos ten coa galega. Noutra orde de cousas, destacar que tanto as linguas non-oficias como as poderosas linguas con centos de millóns de falantes, por razóns opostas, non valen para a confrontación analítica co galego. Porén, se acaso podería, proporcionalmente, ser rescatado o asturiano, que nesta segunda franxa de linguas ibéricas é a que presenta uns niveis máis homoxéneos, se cadra algo baixos.

Canto ao romanés, a lingua romance que precede á galega, os datos que arroxa son incertos e dende logo moito menos interesantes ca o catalán, que, repito, é sen discusión a lingua na que se debe, sempre de maneira proporcional, mirar o galego. Achegarse ás súas porcentaxes de edicións sempre será unha boa nova.

Táboa en base aos 25 editores máis activos[editar | editar a fonte]

Linguas oficiais Edicións dos 25 usuarios máis activos Edicións dos 10 bots máis activos Total de edicións do proxecto Total de edicións tirantes os 10 bots máis activos Porcentaxe de edicións dos 25 máis activos sobre o total Porcentaxe de edicións dos 25 máis activos sobre o total sen os 10 bots
Castelán 2.487.665 3.779.968 38.735.388 34.955.420 6,4% 7,1%
Portugués 2.134.761 2.992.519 20.083.963 17.091.444 10,6% 12,4%
Catalán 1.243.597 1.091.042 5.270.083 4.179.041 23,5% 29,7%
Galego 394.041 495.824 1.541.624 1.045.800 25,5% 37,6%
Éuscaro 305.269 776.785 1.531.026 754.241 19,9% 40,4%
Linguas non oficiais
Aragonés 183.552 327.773 674.206 346.433 27,2% 52,9%
Asturiano 73.396 237.194 446.174 208.980 16,4% 35,1%
Estremeño 12.310[1] 11.722 36.043 24.321 34,1% 50,6%
Mirandés 8.386[2] 7.097 19.239 12.142 43,5% 69,0%
Linguas románicas
Francés 2.433.045 5.840.430 55.834.294 50.253.864 4,3% 4,8%
Romanés 808.174 863.572 4.116.745 3.253.173 19,6% 24,8%
Lingua referente
Inglés 5.851.627 13.618.473 382.390.917 368.772.444 1,53% 1,58%
Esta segunda táboa resulta ben menos interesante porque suaviza e iguala as procentaxes entre as linguas parellas. É interesante non obstante ver como os roles das linguas van collendo forma, de tal maneira que as porcentaxes de edición dos 25 editores máis activos sobre o total sen 10 bots demarcan o grao de poder de cada lingua. Así, inglés (1.5%), francés (4.8%) e castelán (7.1%) xogan na mesma liga, co portugués de prestado (12.4%); Romanés (24.7%) e catalán (29.7%) comparten un torneo desigual con galego (37.6%) e éuscaro (40.4%) -o asturiano (35.1%) malia non pertencer ao mesmo grupo, si se rexe polas mesma regras de edición-; e as outras tres linguas: estremeño (50.6%), aragonés (52.9%), mirandés (69.0%) teñen un obxectivos que varían notabelmente e máis testemuñais que dixitalizadores de cultura.

Datos de edición en galego e nas vinte linguas precedentes[editar | editar a fonte]

Datos cruzados do galego e as vinte linguas que o preceden segundo o número de artigos. Abril de 2010
A proporción de falantes por artigo é equilibrada en tanto que non reborde a cifra de 100-120.
A proporción de edicións por falante é equilibrada en tanto que non sexa inferior a 35-40.
A seguinte táboa achega datos cruzados de interese entre as linguas falas por máis de cen millóns de falates e aquelas de entre 3 e 4.
''Segundo o Ethnologue[3], o galego é a 160ª lingua do mundo en función de número de falantes. Dentro das linguas que contan cun proxecto wikipedia propio, son máis de 130 as linguas que segundo este mesmo criterio se sitúan diante do galego[4].

Táboa e gráfica de linguas parellas[editar | editar a fonte]

As linguas listadas teñen entre 1 e 13 millóns de falantes.
As linguas máis equilibradas atópanse dentro da franxa 28-35. O galego, cunha media de edicións por artigo de 26.5 está próximo a ese equilibrio pero sen chegar a realmente acadadlo. O problema semella que radica no número de edicións, que para asegurar o equilibrio debería medrar até preto dos 2.000.000 de edicións de acordo co número de artigos do momentos (por volta de 58.000). Unha das razóns que expliquesn este sutil desequilibrio é a presenza coitada de bots, mais esta afirmación cómpre collela con coidado, porque por outra banda os 25 bots fundamentais representan o 42.8% das edicións totais. En calquera caso, a liña é ascendente e parece que en breve se podería entrar na franxa sinalada de 28-35.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Soamente conta con 12 editores, pois aqueles con menos de cen edicións non computan nas estatísticas
  2. Soamente conta con 11 editores, pois aqueles con menos de cen edicións non computan nas estatísticas
  3. Linguas do mundo segundo o Ethnologue
  4. Linguas da wikipedia por número de falantes