Axuda:Como navegar en galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Navegas en galego?

Para comprobar se navegas en galego, podes visitar o blog http://navegaengalego.blogspot.com. Esta utilidade web indicarache se seguiches correctamente os pasos explicados máis abaixo.

Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola World Wide Web a través do mecanismo de negociación de contido. Se o que queres é que os procuradores busquen e presenten os coñecementos da Galipedia, é moi importante que teñas o galego como lingua preestablecida. Outramente, malia que haxa un artigo moi completo, non sempre aparecerá na primeira páxina dos resultados de busca.

Nesta páxina de axuda preténdese explicar como navegar en galego, é dicir, como o usuario pode configurar a lingua predeterminada polo navegador dando prioridade á lingua galega.[1]

Introdución[editar | editar a fonte]

A lingua que empregues para navegar pola internet co navegador dá a coñecer a preferencia á páxina web. Ademais, os administradores da web, ao analizaren as visitas que reciben os seus sitios, detectan a lingua na que os seus usuarios os visitan e tiran estimacións sobre os visitantes e falantes da lingua. Se unha grande parte dos seus visitantes teñen o galego como preferido, poden considerar o ofrecer as súas páxinas nesta lingua tamén.

Así, o feito de as grandes empresas teren páxinas web con diferentes opcións de lingua para que o usuario decida en que quere ler a páxina depende amplamente da lingua establecida no navegador.

Por outra banda, ter o navegador configurado en galego permítelle ao usuario:

  1. Que apareza, por defecto, a páxina en galego se a web é multilingüe e recoñece o galego como lingua do navegador.
  2. Que se descargue un programa multilingüe en galego, dado que é a lingua configurada no navegador.

Como cambiar a lingua predeterminada[editar | editar a fonte]

Arora[editar | editar a fonte]

Arora.

Tendo o navegador en galego, este xa debería realizar a navegación en galego de maneira predeterminada. De non ser así, sigue as seguintes instrucións:

  1. Vai ás "Ferramentas", logo ás "Opcións..." e finalmente á "Aparencia".
  2. En "Idiomas predeterminados para ver as páxinas web en" preme "Seleccionar...".
  3. Se o galego ("Galician [gl]") non está xa na lista, engádeo escolléndoo no menú despregable da parte inferior e premendo a continuación en "Engadir...".
  4. Para establecer o galego ("Galician [gl]") como lingua principal de navegación, sitúao de primeiro na lista de linguas. Para iso, escólleo premendo nel na lista (debería salientarse) e preme no botón "Mover cara arriba" ata ser o primeiro elemento da lista.
  5. Cando remates, preme "OK", unha vez no cadro actual ─o que contén a lista de linguas─, e outra para saír da fiestra das opcións.

Chrome[editar | editar a fonte]

  1. Preme sobre as tres liñas horizontais situadas na parte superior dereita da pantalla.
  2. No menú que se desprega, vai a "Configuración" e preme sobre "Mostrar opciones avanzadas..." ao final desa páxina.
  3. Busca a sección Idiomas e preme sobre o botón "Configuración de idioma y de introducción de texto".
  4. Háseche abrir a xanela Idiomas, que presenta unha lista de linguas. Se o galego non aparece entre elas, preme en "Añadir", busca e selecciona o galego no menú despregábel que se che ofrece e preme en "Aceptar". Se xa aparece, pasa ao punto 5.
  5. Preme sobre Gallego, arrástrao ata a primeira posición da lista e preme no botón "Listo".
  6. Finalmente, preme nos botóns "Aceptar" ou "Pechar" en todas as ventás que teñas abertas e xa terás o galego como lingua preferida para a navegación.

Elinks[editar | editar a fonte]

  1. Preme a tecla "Esc" para acceder ao menú.
  2. Vai á "Configuración" e despois a "Lingua".
  3. Escolle o galego ("Galician").

Firefox[editar | editar a fonte]

Firefox.
  1. Nos menús da parte superior da pantalla, preme sobre "Ferramentas". Hai versións nas que se entra polo menú "Editar".
  2. Vai ás "Opcións...". Hai versións nas que se entra polas "Preferencias".
  3. Busca a lapela "Contido" e, unha vez dentro, preme sobre o botón "Escoller...", situado na parte inferior da ventá, no apartado "Idiomas".
  4. Háseche abrir unha nova ventá cunha lista de linguas: se non aparece o galego, halo ter que buscar no despregable "Seleccione un idioma para engadilo..." e, unha vez atopado, selecciónalo e premes no botón "Engadir". Se xa aparece, pasa ao punto 5.
  5. Move o galego ata a primeira posición da lista, seleccionándoo e premendo no botón "Subir" tantas veces como sexa necesario.
  6. Finalmente, preme no botón "Aceptar" en todas as ventás que teñas abertas e xa terás o galego como lingua preferida para a navegación.

Internet Explorer[editar | editar a fonte]

Explorer.
  1. Na parte superior dereita da pantalla, preme sobre o menú "Ferramentas".
  2. Vai ás "Opcións da internet".
  3. Busca a lapela "Xeral" e, unha vez dentro, preme sobre o botón "Idiomas", situado na sección "Aparencia", na parte inferior da xanela.
  4. Háseche abrir unha nova xanela: "Preferencias de idioma". Preme en "Establecer preferencias de idioma". Abrirase unha nova xanela ("Cambie as súa preferencias de idioma") cunha lista de linguas: se non aparece o galego, has ter que premer no botón "Engadir...", e seleccionar o galego na nova xanela que che apareza. Se xa che aparece, pasa ao punto 5.
  5. Move o galego ata a primeira posición da lista, seleccionándoo e premendo no botón "subir" tantas veces como cumpra.
  6. Finalmente, preme no botón "Aceptar" en todas as xanelas que teñas abertas e xa has ter o galego como lingua preferida para a navegación.

Konqueror[editar | editar a fonte]

Konqueror.
Nota: o Konqueror deberá estar en galego.
  1. Vai á "Configuración", a "Configurar Konqueror", a "Navegación web" e, finalmente, "Browser Identification"[2]».
  2. Cómpre asegurarse de que a primeira caixa, "Enviar a identificación", está marcada.
  3. Marcar a caixa baixo "Identificación predeterminada" que di "Engadir información de lingua".

Lynx[editar | editar a fonte]

  1. Preme a tecla "O" para acceder á páxina de configuración do navegador.
  2. Na sección "Headers Transferred to Remote Servers", busca a liña que di "Preferred document language". O seu valor predeterminado é "en".
  3. Dálle a "Preferred document language" o valor "gl", e sae do campo de introdución de texto premendo a tecla "Intro" ou movéndose arriba ou abaixo coas teclas de frecha.
  4. Agora xa podes ir a calquera sitio web (tecla "G") e o navegador identificarate coma galegofalante.

Opera[editar | editar a fonte]

Opera.
Nota: este navegador web non está dispoñible en galego, polo que se fará referencia aos menús en inglés, tal e como aparecen cando o sistema está en galego.
  1. Preme na icona de "Opera" que está situada na parte superior esquerda da pantalla que di "Menu".
  2. Vai a "Settings" e, dentro, a "Preferences...". Deberíase abrir unha fiestra xa na lapela "General".
  3. Preme sobre o despregable da parte inferior, á dereita de "Language", e escolle o galego ("Galician [gl]") na lista de linguas.
  4. A continuación, preme no botón "OK" que hai ao final da fiestra. Aparecerá unha mensaxe informándote de que a lingua non existe, polo que o navegador permanecerá na lingua en que estaba antes, pero o galego pasará a ter preferencia á hora de visualizar contidos.

Para ter o Opera nunha lingua que non sexa o inglés, pero que os contidos se che presenten en galego cando estean dispoñibles, repite o procedemento anterior dúas veces, unha coa lingua en que queres que estea o Opera ─hai traducións ao portugués ("Portuguese [pt]")─ e unha segunda vez co galego.

Safari[editar | editar a fonte]

Safari.
  1. Co navegador en marcha, preme sobre a icona do extremo superior dereito.
  2. Busca as "Preferencias..." e, despois, vai á lapela "Avanzado".
  3. Nela, terás que premer en "Cambiar a configuración...", que abrirá unha nova ventá chamada "Propiedades de internet".
  4. Vai ata a lapela "Xeral" e nela fai clic en "Linguas".
  5. Abrirase unha nova ventá cunha lista de linguas: se non aparece o galego, terás que premer no botón "Engadir...", á dereita, e seleccionar o galego na nova ventá que aparece. Se xa aparece, pasa ao punto 6.
  6. Move o galego ata a primeira posición da lista, seleccionándoo e premendo no botón "Subir" tantas veces como sexa necesario.
  7. Finalmente, calca no botón "Aceptar" en todas as xanelas que teñas abertas e, na última, preme no botón X que está no extremo dereito da xanela, para a pechar.
  8. Unha vez reiniciado o Safari, xa vas ter o galego como lingua preferida para a navegación.
  1. Esta configuración pode ser independente da lingua na que se visualicen os menús do propio navegador.
  2. Cando se traduza será algo coma "Identificación do navegador".

Frecha. Volver á páxina de axuda.