Saltar ao contido

Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O obxectivo do wikiproxecto Concellos 2011 é proceder a unha revisión de toda a información que na Galipedia hai sobre os concellos de Galicia, co gallo das municipais de 2011, a partir do antecedente sinalado en WProxecto Concellos galegos. Os compoñentes do wikiproxecto son estandarización e seguimento. O wikiproxecto divídese en catro grandes bloques:

  1. Os concellos
  2. As eleccións
  3. As parroquias
  4. Os lugares

Os concellos

[editar a fonte]

Todas as páxinas de concellos de Galicia deberían

  • seguir unha mesma estrutura común adaptándoa ás necesidades de cada artigo.
  • ter referencias sobre os datos máis relevantes
  • ter os datos poboacionais actualizados. O aumento ou diminución poboacional referirase ó ano anterior.
  • ter unha imaxe, cando menos.
    • temos que conseguir unha imaxe de todas as casas do concello
  • estar ben categorizado, tanto o artigo do concello como a categoría do concello
  • ter creada e operativa a categoría de Nados en, onde se integren todos os artigos de naturais do concello que xa existen na wikipedia, e de non haber ningún, propor a creación prioritaria dun artigo sobre un natural do concello.
    • Nota: a categoría Nados en implica que a sección "Persoeiros de sona", ou similar, debe desaparecer.
  • artigo sobre o alcalde ou alcaldesa do concello
  • información dos últimos resultados electorais.
  • ter a súa caixa de navegación de parroquias
Véxase o seguimento deste labor.

As eleccións

[editar a fonte]
  • Creación e actualización do artigo Eleccións Municipais 2011 en Galicia e do seu corrrespondente en España.
  • Revisar os artigos da serie de Eleccións Municipais concello a concello e que teñan:
    • gráficas actualizadas
    • lista completa de alcaldes
  • Revisar os artigos da serie de Eleccións Municipais convocatoria a convocatoria e que teñan:
    • gráficas actualizadas
    • lista completa de alcaldes
  • Crear un modelo para todas as convocatorias: Feito! Feito!
  • Crear artigos para cada convocatoria en Galicia e en España.
  • Finalmente, completar con resultados das eleccións de 2011.

Véxase o seguimento deste labor.

As parroquias

[editar a fonte]

Todas as páxinas de parroquias de Galicia deberían ter o seu artigo, e este debería

  • seguir unha mesma estrutura común adaptándoa ás necesidades de cada unha.
  • ter referencias sobre os datos máis relevantes
  • ter os datos poboacionais actualizados. O aumento ou diminución poboacional referirase ó ano anterior.
  • ter unha imaxe, cando menos.
    • cómpre ter presente que a imaxe da igrexa parroquial non ten por que ser sempre a que simbolice o artigo.
  • estar ben categorizadas, dentro da categoría de parroquias municipal
  • ter a súa caixa de navegación de lugares
Véxase o seguimento deste labor.

Os lugares

[editar a fonte]

Os artigos que se creasen para os lugares de Galicia deberían

  • seguir unha mesma estrutura común adaptándoa ás necesidades de cada un.
  • ter os datos poboacionais actualizados. O aumento ou diminución poboacional referirase ó ano anterior.
  • ter unha imaxe, cando menos
  • estar ben categorizadas, dentro da categoría de lugares municipal
  • no caso de lugares que pertenzan a dúas parroquias distintas (mesmo a dous concellos distintos) recurrirarse a unha páxina de homónimos, como tal, do tipo do que temos para Ponte Arnelas
Véxase o seguimento deste labor.

Seguimentos

[editar a fonte]