Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

máis limusinas[editar a fonte]

Xabier, aí che vai máis información sobre as limusinas e as hereford:

Outro tema. Utilizas adoito a palabra "touro". Primeiro, terás que crear un enlace a vaca para que non che leve ó concello de Touro.

Segundo. En Galicia sempre se utilizou a palabra boi para referirse ó macho da vaca, e non co único significado de macho castrado (que é o "buey" castelán) senón co significado de boi semental, macho fértil (andar ó boi, levar ó boi, aboiar, parella de bois, etc, etc.). Houbo un gandeiro-tratante de Ponte Caldelas que nos dicía: "Sempre dixen boi, pero cando vén o veterinario digo touro". Só coa chegada dos veterinarios casteláns, que traiamos na cabeza a diferencia entre buey -capado- e toro -enteiro-, foise introducindo a voz touro, que aquí só se aplicaba, e de forma moi limitada, ós touros que se lidaban de antigo en Santiago, Noia, Ribadavia e Pontevedra. Hoxe xa é común entre os gandeiros, cada día máis castelanizados, usar touro, pero tamén é certo que bois, bois, xa non quedan. Só nos quedan machos sementais e están todos nos centros de mellora animal e recollida de seme, dirixidos por técnicos formados en castelán, que din toro, directamente.

Saúdos, Pedro --Lameiro 16:39, 12 xullo 2007 (UTC)

Re: Forzas e partidos[editar a fonte]

Ola Xabier. Creo que Xosé podería explicalo mellor, pero en resumo Forzas é unha categoría máis ampla que inclúe a todos aqueles movementos que non sexan exclusivamente Partidos. Por iso os Partidos son unha subcategoría das Forzas políticas. Neste momento non se me ocorre máis que dicir. Só lembro que se chegou a iso para ter unha categoría "contedor" que englobase a todos os movementos políticos (foran partidos ou non). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:41, 13 xullo 2007 (UTC)

¿vaca? charolesa[editar a fonte]

Xabier, ¿estás seguro que esta espléndida fotografía é dunha "vaca" charolesa? Polo desenvolvemento da xugueira e os collóns que se adiviñan ;) eu diría que non. Pedro --Lameiro 21:34, 13 xullo 2007 (UTC)

Datos de orixe das fotos[editar a fonte]

Non hai problema. Xa sabiamos que as fotos eran túas :-) Engadín o modelo para que estiveran completos os datos de orixe e autor. Este modelo ten a vantaxe de que ao pasar a imaxe a Commons (se alguén que non sexas ti o fai) mantén toda a información. É o que poño a continuación, non tes máis que copialo e pegalo en cada imaxe que subas mudando os datos que corresponda (data, descrición,...). Temos unha versión con máis datos nalgún dos campos pero con este modelo é suficiente.


{{Information
|Description= Dous carneiros das Shetland, un gris claro e outro negro.
|Source= Fotografía propia (self-made)
|Date= 07.07.2007 (7 xullo 2007)
|Author= [[:gl:User:Xabier Cid|Xabier Cid]]
|Permission= PD-propia (PD-self)
}}

Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:47, 13 xullo 2007 (UTC)

Acabo de ver que nesta imaxe Image:Parlamentoescoces.JPG esqueceches a licenza, nese caso é mellor que a poñas ti. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:55, 13 xullo 2007 (UTC)

hai máis cordas[editar a fonte]

  • unha serra montañosa: A Corda de Neda, entre outras
  • unha arte de pesca semellante a un palangre (para pescar anguías, como mínimo)
  • un tendón ("salto de corda", nas vacas) e de aí: escordarse.
  • calquera músculo que sobresae na pel. Tamén, o equivalente na vaca ó noso tendón de Aquiles (vacas e porcos, tralo sacrificio, cólganse polas "cordas", das patas traseiras)
  • a vea mamaria (que tamén sobresae no ventre das vacas): "corda do leite" (como mínimo en máis de 125 lugares). Tamén "corda do ubre". Tamén, pero moito menos común, a vea xugular.
  • o cordón do embigo: "corda do embigo".
  • dous lugares, un en Friol e outro en Palas de Rei.

Xa ves que tes moito onde escoller. Pedro --Lameiro 22:33, 14 xullo 2007 (UTC)

Historiais de categorías[editar a fonte]

O sistema non permite combinalos. En principio non hai problema porque non hai edicións con contidos, se as houbese (por exemplo textos na cima da páxina) habería que copiar o historial da categoría antiga na páxina de discusión da nova. Ata agora non pasou iso nunca, era o sistema que usabamos cos artigos antes de que MediaWiki permítise combinar historiais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:09, 14 xullo 2007 (UTC)

a imaxe non se carga[editar a fonte]

Boas tardes, Xabier. Teño un problema no artigo no que estou traballando: lamprea. Quero meter unha imaxe que recollo da páxina homónima na wikipedia inglesa, lamprey: Lampreys attached to a lake trout [Image:Sea Lamprey fish.jpg], pero non hai maneira. Como podes ver, a imaxe non se mostra. O certo é que non está na galería de Commons sobre Petromyzon, e non sei se existirá algún problema de licencias (cousa que nunca entenderei). Mira a ver se lle atopas solución, porque a fotografía paga a pena.

2ª pregunta: ¿como se indica nun texto como este unha referencia (enlace) a un artigo noutra wikipedia? (como o caso dese "lamprey").

E xa me contarás qué che parece o artigo. Saúdos. Pedro --Lameiro 18:36, 15 xullo 2007 (UTC)

  • Pois se non é moito pedir... ti sabes como se fai e entendes o que di alí (xa che dixen que o meu inglés...). Así que porfa, faimo que cho agradeceri eternamente.
  • O da referencia a outro artigo noutra lingua era nun texto como estes "correos". É dicir: quero dicirche que mires este artigo na galipedia e estoutro na englishpedia. O primeiro podo enlazalo sen problema pero ¿como faría co segundo?
  • De acordo co elimina-las denominacións noutros idiomas no texto do artigo. Fareino.
  • Grazas. Pedro --Lameiro 19:32, 15 xullo 2007 (UTC)

Desfacer ambigüidades[editar a fonte]

  • Cando atopes unha palabra como senado para a que queiras desfacer ambigüidades, podes-lle deixar unha nota a un bot (como o meu, User:XoseBot, na miña páxina de usuario) e asi pode-se facer automaticamente, que é moito máis rápido e menos traballoso que facé-lo á man. --Xosé (✉) 22:09, 15 xullo 2007 (UTC)
    • Si se pode alugar... a un módico prezo...;-) Se non remataches, avisa e o fago mañá. --Xosé (✉) 22:31, 15 xullo 2007 (UTC)

Supermodelo[editar a fonte]

Ola, non entendo porque cambiaches de supermodelo a modelo, tampouco é algo moi importante pero eu creo que si é unha supermodelo, xa que é a mellor pagada do mundo. --Hugo22 22:40, 15 xullo 2007 (UTC)

Faisáns[editar a fonte]

Propoño borrar (ou redireccionar, insisto) estas dúas páxinas porque xa temos faisán común. Nesta entrada descríbese suficientemente a ave e as dúas variedades, e nas páxinas torquatus e colchicus non se engade nada novo (nin lle vexo forma de facelo como non sexa retirando material daquela). Outra cousa sería se prospera a miña tese de darlle entrada ós nomes científicos, sexa como entrada principal, sexa como redirección ó artigo correspondente co nome común. Pedro --Lameiro 18:57, 23 xullo 2007 (UTC)

    • Copio esta mensaxe na páxina de discusión do artigo. --Xabier Cid 21:44, 23 xullo 2007 (UTC)

Categoria Botánica[editar a fonte]

Dúas cousas: para faceres peticións, déixamas na miña páxina de usuario, se non non as verei porque non miro esa páxina nunca. Desta vez resulta que estaba a executar o bot e o propio sistema avisa-me que teño unha mensaxe, pero non o fago todos os dias. Para referires-te a unha categoria nun texto e que se vexa tes-lle que antepor dous puntos, así: [[:Category:Botánica]] (vese Category:Botánica). Se non o fas, non se ve no texto e a páxina cataloga-se automaticamente nesa categoria.

Vou facer algo de limpeza agora. A mellor maneira de axudar é ter as categorias xa creadas porque co bot aparecen con números e vai-me perguntando "esta páxina, en que categoria a meto?" e eu escribo 0, 1, 2, 3, o que sexa. Se non existe teño-a que crear e, como xa sabes, dá moito que pensar... --Xosé (✉) 19:38, 25 xullo 2007 (UTC)
A flora son as plantas que viven nun lugar, mentres que a Botánica é unha ciencia e nela hai que incluir botánicos, morfoloxía vexetal, horticultura, xardíns botánicos,... Posibelmente o que haxa actualmente en Category:flora deberia estar en Category:Plantas e dentro desta haber Category:Árbores, Category:Flores, Category:Plantas medicinais, etc. --Xosé (✉) 19:45, 25 xullo 2007 (UTC)

Pavlemadrid[editar a fonte]

Hola! he acudido a ti simplemente porque he visto que editaste el artículo de Vilagarcía de Arousa.... ;)

Es para decirte que la población est´ña muy anticuada, es la de 2004... si tienes los datos de 2007, o almenos los de 2006 puedes ponerlos...?

Gracias :)

Pavlemadrid 09:30, 3 agosto 2007 (UTC)

Milhomes[editar a fonte]

Boas! Acabo de ver a modificación que fixeches no artigo de Milhomes. Sen embargo, a páxina do fundador de Milhomes di que o colectivo disolveuse en 2005 e refundouse en 2006...Non sería máis acertado pór esta información citando a referencia? Un saúdo --Knorpel 22:19, 9 agosto 2007 (UTC)

San Cibrao de Las VS San Cibrán de Lás[editar a fonte]

Ola de novo. Estou un pouco perdido no asunto da toponimia oficial. Eu entendía que se aplicaba aos lugares pero non a monumentos, obxectos etc... De sempre a denominación empregrada polas publicacións especializadas tanto en castelán como en galego falan de Cibrán e Lás e por iso obtei por esta denominación. Se nos limitamos as fontes neste caso ten a peculiaridade de ser un dos poucos (ou o único) castro do que coñecemos o seu nome Lansbricae (por unha ara votiva aparecida nel), é dicir briga (ou brica, deso saberas ti bastante mais) de Lans, cidade de Las. Se nos axustasemos a tradición a denominación correcta debería ser Lansbricae ou axustándonos a toponimia Castro de Las e Ourantes.

Todo esto é porque quería saber os criterios que se deben empregar para adaptarme a eles e homoxeneizar, e tamén para saber se o que estou facendo e mesturar vocablos casteláns con galegos. Grazas polo teu tempo e agradeceríache que me abrises un pouco os ollos. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 00:37, 11 agosto 2007 (UTC)

  • Ola Xabier, desfixen as túas reversións en Luz Casal e Ana Kiro, xa que Beninho puxera Casal, Luz e Kiro, Ana para que nas categorías apareceran ordenadas polo apelido. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:13, 11 agosto 2007 (UTC)
    • Ah, vale, non sabía que eran nomes artísticos. Perdoa por desfacerche a edición. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:38, 11 agosto 2007 (UTC)

Honolulu[editar a fonte]

Grazas polo cambio (só levo un par de semanas, e pensaba que os facían os administradores). Creo que é o nome correcto. Xa correxín o artigo (que estaba a traducir namentres ti facias o cambio, xa é casualidade!) e o deixei só cun nome. --Furado 23:44, 13 agosto 2007 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Ola, vin que me desfixeches o template de Barbantes e me cambiaches os enlaces, e como estaba a piques de correxir todos os do concello de cenlle, aclarame a dúbida, a ver se o estaba a facer mal, porque eu mirei nas normas da galipedia e estou a seguir o nomenclator da xunta pero tampouco especifica máis e para distinguir os lugares das parroquias, fago o seguinte (lugar, parroquia, concello), por iso pensaba que estaba ben porque segundo o nomenclator no caso concreto de barbantes tería que ser A Barca de Barbantes, San Antonio da Barca de Barbantes, Cenlle e o que quería era ter claro o criterio para arranxar os enlaces de todos os lugares do concello de Cenlle que era no que estaba. Gracias e un cordial saúdo.Alma 00:02, 15 agosto 2007 (UTC)

  • Pero entón cómo diferenciades os lugares das parroquias?, porque por exemplo no concello de Cenlle hai lugares que teñen o mesmo nome pero que pertencen a distintas parroquias (ex. A Pena) e por iso eu estaba modificando e especificando as parroquias concretas. Non sei, penso que deberíase debatir senón era mellor unha concreción maior das parroquias para evitar confusións, aínda que sexa seguindo o nomenclator pois por exemplo poñendo A barca de Barbantes, A Barca de Barbantes (Santo Antonio), Cenlle para ser máis exactos coa toponimia oficial. Un saúdo. Alma 11:24, 15 agosto 2007 (UTC)


exceso de celo tendente ao vandalismo[editar a fonte]

Xabier, o que fixeches borrando unha parte do talk con respecto ao Vicedo pareceme vandalismo, non entendo como dis que son feitos "dificilmente probables" se forma parte dunha sentencia xudicial. Coido que o exceso de celo, con tintes auroritarios, é moi negativo na wikipedia, somente contribue a botar fóra do proxecto a moita xente que tentamos aportar algo a ela.--87.217.144.97 15:31, 17 agosto 2007 (UTC)

A parte do texto que mencionas non é a que puxen eu (non estaba asinada, o meu parrafo si o estaba); con mais razón para che dicir que te deberias de fixar mais antes de borrar. Borrar o que alguen escribe é unha medida extrema só para casos extremos.--87.217.144.97 15:54, 17 agosto 2007 (UTC)

Por favor, le traquilamente o que escribo. Repito, son feitos probados: o de "ignorante" forma parte dunha sentencia xudicial, e o de que chegou a alcalde é unha obviedade. É o caso similar se fose condenado por roubar, é deshonroso, mais non seria vandalismo que o dixera, senon unha realidade.--87.217.144.97 16:11, 17 agosto 2007 (UTC)

Pola miña parte considero tamén pechado o asunto, non me vou queimar nin perder mais tempo, ainda que considero que estas falto de razon, non é informacion irrelevante nun "talk", se é irrelevante para ti e distinto. Non deberias pontificar. Enfin, hai persoas que saben admitir os seus erros e hainas que non. --87.217.144.97 16:22, 17 agosto 2007 (UTC)


por favor, xa esta ben[editar a fonte]

Non pretendia escribir mais na tua paxina, molestame perder o tempo con discusions, pero é que fiquei abraiado, non sei porque me borrache a parte de etimoloxia que puxen no artigo que creei de esteiro. A tua actuacion machacando o que puxen coido que se achega ao vandalismo.Tampouco porque cambiache "Tamén é sinónimo de estuario." por "para mais informacion vexa.." Talvez che parezan sinonimos, mais non o son, un esteiro é un estuario moi pequeno, etc .. por iso poño o de "tamen é sinomimo de...". --87.217.144.97 16:37, 17 agosto 2007 (UTC)

estulticia (do latín stultitĭa) e acritude[editar a fonte]

por favor, non me pidas disculpas por actos vandalicos, simplemente sen valente e reverte a seccion de etimoloxia que borraches . Disme:

  • "Os datos de etimoloxía son propios do Galicionario, non da Galipedia. Non achegan ningún contido sobre o que é o esteiro (neste caso)."
    • se tes esa opinion, por qué non actuaches igual e borrache a parte de etimoloxia de outras paxinas, como p.ex. cando correxiche, especificamente, a etimoloxia de "Hercegovina"??. É moi clarificadora a tua disparidade de criterios.
    • pola miña parte, distingo perfectamente ambos os propositos da wikipedia e do dicionario. A non inclusion de referencias etimoloxicas na wikipedia é unha opinion tua, non da wikipedia: Observa a inglesa e verás como se acostuma a facer unha referencia etimoloxica.
  • Anímoche a seguir ampliando o artigo para dotalo de forma e substancia encilopédica.
    • Esa era a miña intencion, mais tiven que perder o tempo defendendome de vandalismos e discusions de segunda-b. Ao final perdin toda motivacion, grazas. Por certo: dise "anímote" e non "animoche".

grazas en calquer caso pola tua sinceridade, paciencia, claridade de criterio, intelixencia e boas intencions--87.217.144.97 04:43, 18 agosto 2007 (UTC)


stultitia+acritude (II)[editar a fonte]

Perdoa que insista, mais xa que non indicas ningun argumento de peso para o que fixeches, deberias de restituir o que borraches.

Ainda que xa non aportas razons senon xuizos de valor, respostoche, copiando o teu cuase-monologo: Uff, resulta ben difícil debater e falar con normalidade con quen se supón obxecto de persecución.

  • qué sabes ti do que me supoño? iso que dis é un insulto e deberias retiralo. Seriame moi doado facer xuizos de valor a min tamen, mais non vou caer tan baixo.

En realidade, creo que non teño moito máis que dicir, agás que vexo unha lixeira diferencia <...> cá que achega Provén do latín aestuariu, o que por outra parte é incorrecto ou cando menos dubidoso.

  • En que te baseas para dicir que é incorrecto ou dubidoso?

Por suposto, a non inclusión de datos etimolóxicos (unha ciencia ben escura) é unha opinión miña, e non da Galipedia;

  • ben, recoñeces polo menos que é unha opinion tua, pois enton corrixe o erro que fixeches en borralo. Afirmar que a "etimoloxia é unha ciencia ben escura" é simplemente unha barbaridade.

porén a Galipedia non adoita recollelas (creo que con bo criterio, agás en casos significativos); polo demais a inglesa tampouco (e creo que tamén con bo criterio, aínda que sexan proxectos distintos completamente).

  • o que dis son somente das valoracions tuas, que pontificas como se fosen verdades absolutas, sen ter ningun peso.
  • Enfin, non val a pena seguir con esta discusion de segunda-b; non aportache razons de peso para o que borraches, e polo tanto fixeches un acto de vandalismo que, se non te deixas cegar pola soberbia infundada, supoño que rectificarás--87.217.144.97 10:22, 18 agosto 2007 (UTC)

Vandalismo de novo[editar a fonte]

Non coñecia a valia de "pero", asi que pido disculpas pola ultracorreccion. Por outra banda, se te fixares, nesas mesmas paxinas que me desfixeche fixen outras correccions ademais do "pero" que coido deberian manterse, e non simplemente desfacer edicion, sin consultar. Coido que a boa intencion miña era obvia (fixen moitas correccions, validas, como a do "ahí"), e a túa actuacion somente se corresponde con resposta a actos vandalicos que non era o meu caso. O teu comportamento bordea o vandalismo neste caso. É moi doado porse nesa actitude que te pos cando sabes que os teus coleguillas te van apoiar. Enfin, grazas por tocarme as p..axinas --87.217.144.97 16:00, 19 agosto 2007 (UTC)

Bloqueo a un usuario[editar a fonte]

Ola Xavier, agradézoche que te molles na improcedenza do bloqueo e creo que fun bastante clara cando espuxen na taberna que levábades varios días a leas e que eu só estaba dacordo no tema de esteiro. De feito dentro do que non se debe facer na wiki se especifica claramente: Non borre: corrixa e aumente. Salvo en casos de violación dos dereitos de autor, nunca debe borrar información coa que non concorde. En vez diso, corríxaa e complétea e, en caso que lle pareza que a alteración que se propón facer pode levantar polémica, propóñaa primeiro na páxina de discusión do artigo en cuestión. Isto non significa, naturalmente, que non poida (e deba) mover información que pense que encaixa mellor noutro sitio, ou nunha páxina propia (salvo que as normas desta wikipedia digan o contrario). Tampouco discuta na propia páxina dos artigos. Para as discusións existe unha páxina apropiada a eses efectos. No que estás ti a dicir agora, sobre o alcalde da Mariña non dixen nada porque concordo contigo e con outros usuarios en que verter opinións persoais acerca dunha persoa non son contidos enciclopédicos. Agora ben, este usuario se rexistrou, está a facer colaboracións, ás veces hai que saber cómo dicilas cousas sen ferir aos demáis, eiquí non estamos a ver quen é o máis listo, imos todos a tratar de, como di Lansbricae na páxina de discusión de Maañón, pasar polo río Limia, e esquecer, e a outra cousa, que aquí na Galipedia hai moito que facer. Un saúdo e espero que nos atopemos máis veces. Alma 08:17, 20 agosto 2007 (UTC)

Foi grazas aos documentais da Dúas, realmente non teño moita idea sobre animais.--André 18:53, 24 agosto 2007 (UTC)

Wikificar... como?[editar a fonte]

Ola, Xabier. Hai unha mensaxe túa para wikificar algunhas das entradas que fixen, como Xaime Costas Comesaña. Que é e como se fai? ;) --comesaña 07:08, 28 agosto 2007 (UTC)

Máis axuda[editar a fonte]

Xabier, xa entendo o de wikificar, aínda que non sempre dispoñemos de todos os datos. Aínda unha preguntiña: COMO SE FAI PARA POÑER AS CATEGORÍAS NAS ENTRADAS NOVAS?... se é que temos que poñelas, claro ;) --comesaña 08:15, 28 agosto 2007 (UTC)

Roald Dahl[editar a fonte]

Moi bo o traballo de corrección; quedáronme dúas dúbidas:

Traduciches o de James por Iago porque a edición do libro en galego é así, ¿non? Supuxen así porque deixaches George, Charlie ou Danny, pero traduciches Iago; O de "going solo" traducíchelo por "voando só"; ¿non debería ser "voando so", adexectivo? Un saúdo --Estevoaei 11:20, 29 agosto 2007 (UTC)