Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo15

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

Ramón Piñeiro e imaxes[editar a fonte]

Boas, Xabier. Coméntoche unha cousiña que xa falei con Lameiro, sobre todo porque disque es ti o novo experto das imaxes galipédicas. O caso é que o artigo de Ramón Piñeiro, como sabes, ten especial relevancia neste ano co gallo das Letras Galegas. O artigo na Galipedia haberá saír como destacado para xuño, creo. E Lameiro, Iago Pillado e outros estamos a lle dar duro para que quede xeitoso. Certamente, a cousa vai indo. Pero faltan imaxes. Soamente hai texto, o cal lle resta enteiros. É o que hai. Ao meu ver, non sería mala opción botar man da diplomacia e pedir a Galaxia ou ao propio Centro Ramón Piñeiro que cedan algunhas imaxes. Segundo Lameiro, neste último teñen ao redor de media ducia de boas fotiños. E en Galaxia imaxino que non porán reparo por nos ceder o .jpg coa portada dun libriño ou unha cousa así. Tampouco pedimos moito máis. Bueno, que dis? contactámolos?, como vai o da cesión de dereitos a terceiros? Ti dirás como cómpre proceder. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 22:24, 1 maio 2009 (UTC)

Respondicnhe na Taberna, haber se podemos rematar isto xa. Son Norrin strange. --80.58.205.47 11:16, 4 maio 2009 (UTC)

Conforme a recomendación das normas, como sabes, é preferíbel a terminación -aría se ben se acepta -ería (olla por se tes dúbidas este .pdf). E digo eu que se cadra é o momento agora que recén refixemos as consellarías, de renomeármolas coas terminación -aría como primeira e -ería como redirección. Que dis?. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:21, 6 maio 2009 (UTC)

  • Neste caso non se trata de cuestións lingüísticas senón de denominacións de organismos oficiais, e a denominación oficial é "Consellería", con E. Non quero facer leña nesta leria, pero eu respectaría a forma oficial e, como moito, aceptaría "consellaría" como redirección. Pedro --Lameiro (conversa) 17:22, 21 maio 2009 (UTC)
Tes toda a razón do mundo, Lameiro. Póñome a amañalo. --Xabier Cid Conversa 17:38, 21 maio 2009 (UTC)

Petición de contrasinal[editar a fonte]

Ola Xabier: son Servando2 e ando ultimamente con problemas no ordenador, polo que tiven que formatear discos duros, borrar programas, etc... unha coña. O conto é que coa mesma perdín o contrasinal da miña conta na galipedia. Poderías enviarmo ao meu correo? Creo que consta na miña páxina. Non sei se es ti o encargado destas cousas, se non dime a quen dirixirme. (por certo, non sei se sería posíbel engadirlle ao historial meu como Servando2 o meu anterior como Servando). Unha aperta. --91.117.105.9 00:35, 12 maio 2009 (UTC)

Ola de novo. Xa dei amañado o do meu rexistro como Servando2. Asique esquece a mensaxe anterior: o único sería se fose posíbel o de fundir o dos historiais. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 21:25, 14 maio 2009 (UTC)

Imaxes de Piñeiro e mais o das consellarías[editar a fonte]

Sen problema, Xabier. O de Piñeiro xa está solucionado coas tres fotos que argallamos Lameiro e mais eu, sobre todo Lameiro. Verbo das consellarías, tampouco eu tiña constancia da forma oficial en -ería. É unha mágoa, pero é o que hai. De calquera maneira, xa che comentarei máis adiante, nuns meses, algunhas propostas linguísticas que ao meu ver serían moi útiles para a Galipedia. Pero iso, con tempo, que polo de agora soamente vou tomando notiñas nunha libreta. Ti, esteas co que esteas, tómao con calma, desfruta e vémonos por aquí. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 22:59, 21 maio 2009 (UTC)

Fusión de historiais[editar a fonte]

Ola antes de nada. O da fusión era unha simple curiosidade, por se era fácil facelo. Tanto me ten en realidade aparecer en dous sitios como nun só. Ben se ve cal é o que está activo e cal non (nin creo que ninguén se vaia preocupar de mirar iso). Polo do número de edicións tanto me ten, isto non é unha carreira e tanto me van pagar por 1000 como por 3 edicións, polo tanto esquece todo iso e a traballar noutra cousa que choio non nos falta. Un saúdo --Servando2 (Dime) 22:20, 22 maio 2009 (UTC)


Problemas coas imaxes[editar a fonte]

Ola, Xabier, teño un problema, non sei como indicar a miña autoría. Son autor tanto do cadro, como da foto e do logotipo dos que me falabas. De feito eu quería que todo o contido da web www.hartismo.com sexa segundo a licenza CC-by-sa-2.5-es, é dicir, de uso libre pero sempre que se mencione a autoría. Pero xa che digo, non sei como hai que facelo. O wiki no que mais editei foi a Inciclopedia, e alí hai unha política moi laxa respecto ás imaxes. --Anxova 09:18, 28 maio 2009 (UTC)

This post had blanked the page[editar a fonte]

Hola! Soy Julia Carrera, la autora del artículo "Teratóxenos".

Creo que hay un error con la página que he editado, pues el artículo no es un plagio, lo he elaborado yo misma; basándome en la bibliografía claro. Soy una alumna de 4º de Farmacia y este es un trabajo para Toxicología. Nuestra profesora nos ha dado las indicaciones para colgar textos en la Galipedia, pero tal vez no han sido las correctas; pues ella por lo que explicó, era suficiente con copiar y pegar desde el Words. Por lo que tú me comentas no es así, ya que dices que hay errores de estilo y forma. Yo intenté subir varias veces el texto con unas características adecuadas pero es algo complicado, esto es lo mejor que he sabido.

Espero que puedas resolver mis dudas, ya que si no es válido tendré que rehacer el trabajo y parte de mi nota depende de ello. Saludos.

Correo recibido á conta de usuario[editar a fonte]

Pego aquí correo recibido para constancia sobre a discusión. A respostamiña vai a continuación e tamén a porei na páxina do usuario:FAGACOR.

Hola. Estimado Sr., la Federación de Asociaciones Gallegas Contra el Ruido es una asociación sin ánimo de lucro que lucha cada día contra las molestias que genera el ruido en el descanso de las personas que lo padecen sin ser ellas las causas de ese ruido.

Es un colectivo amenazado de muerte por quienes causan ese ruido sin importarles ni más mínimo que los afectados sean niños pequeños, ancianos, enfermos, etc. Es por eso que nuestra labor no puede personalizarse en nadie para evitar daños físicos a las personas que colaboramos en este proyecto.

Comprendemos que Wikipedia pueda tener normas para impedir que personas sin escrúpulos la utilicen para quien sabe que fines. Pero le podemos asegurar que no es la intención de esta Federación FAGACOR.

En base a todo esto y sabiendo de la importancia que Wikipedia tiene para el conocimiento de nuestra existencia entre todos los colectivos de afectados por el ruido, le suplicamos que no nos ponga impedimentos en darnos a conocer en todos lo ámbitos a los que llega Wikipedia.

Contando con su comprensión y ayuda esperamos que el artículo pueda ser publicado ya que no perjudica a nadie y puede ayudar a muchas personas desesperadas a ver la luz en un problema que sólo conoce quien lo sufre en carne propia.

Agradeciendo su atención, reciba un afectuoso saludo.

(sinatura)

Ola, FAGACOR. Independentemente de que os fins da asociación sexan loables ou maliciosos, as regras son iguais para todos. É unha cuestión sobre neutralidade. Quen di que FAGACOR é unha asociación suficientemente importante para ter un artigo de seu na wikipedia? Iso teno que dicir outros editores, non precisamente FAGACOR. Para entender esta regra sempre poñemos o mesmo exemplo. Imaxina que Barack Obama non tivese un artigo na wikipedia en galego. Pois ben, por moito que sexa o presidente dos Estados Unidos, non pode el mesmo crear un artigo sobre si, como tampouco o poden crear as dúas fillas, nin o servizo de prensa da Casa Branca. Terán que ser usuarios independentes os que decidan se debe haber un artigo sobre el, e, despois, os que o escriban. Así pois, se FAGACOR é unha asociación importante, non dubides que axiña haberá editores ou editoras independentes que decidan crear o artigo. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 06:23, 1 xuño 2009 (UTC)

Aclaración feita no artigo Tratamento de intoxicacións agudas[editar a fonte]

Pois iso, xa queda alí, saúdos

Xabier, mira o correo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:09, 4 xuño 2009 (UTC)

Listaxe de sinónimos[editar a fonte]

Graciñas, Xabier, pola axuda. Por certo, onte corrixin o textiño dos centros de ensino. Estaba todo ben, pero fixen por darlle unha volta máis, así como quen non quere a cousa. Bótalle un ollo e se non che parece, revirte a edición. Un saúdo e grazas de novo.--Atobar (conversa comigo) 14:26, 9 xuño 2009 (UTC)

Claro, claro, dalle os repasos que queiras.--Atobar (conversa comigo) 14:38, 9 xuño 2009 (UTC)

Ola Xabier. Din co artigo este, e correxín e aumentei algúns datos seguindo o libro que indica nas referencias. Pode ser que o libro estea equivocado. Lembras de onte tiraches ti a información, para poder contrastar?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:47, 11 xuño 2009 (UTC)


Boas Xavier, son o usuario --79.154.73.230 11:08, 12 xuño 2009 (UTC). recomendado por Atobar, pidoxe se seria posible que engadiras fotos de Aquilino, mellorando asi o artigo co gallo do seu centenario. Un cordial saúdo --79.154.73.230 11:08, 12 xuño 2009 (UTC)

Translation Request[editar a fonte]

Hi! Could you translate and add this article into your wonderful wikipedia? You can reach me here. Thanks. With Kind Regards --Warayupay 09:58, 18 xuño 2009 (UTC)

Tacloban

Tacloban is a port city in the Philippines. It is approximately 360 miles southeast of Manila. It is the capital of the province of Leyte. It is also the regional center of Eastern Visayas.

en:Tacloban

A Taberna[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AA_Taberna_(propostas)&diff=1204187&oldid=1190999--88.0.214.253 18:08, 22 xuño 2009 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FImaxes&diff=1213100&oldid=1195994 -- Lmbuga / Conversa comigo  02:17, 1 xullo 2009 (UTC)

Retiro o expresado conforme o dito en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3ALameiro&diff=1213120&oldid=1213081-- Lmbuga / Conversa comigo  04:05, 1 xullo 2009 (UTC)
  • Ola Xabier. Só era para saudar, xa que andamos metidos no proxecto, coñecer un pouco os compañeiros. --Xoán Carlos Fraga 05:47, 23 agosto 2009 (UTC)

solicitude[editar a fonte]

Ola Xabier; Non sei como andarás de tempo, pero se tiveses un anaco poderías actualizar o artigo Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto? Non sei se habería que manter ese nome ou movelo a "Xacobeo Blu:Sens Obradorio", ou algo similar. Un saúdo e moitas grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:52, 26 agosto 2009 (UTC)

Páxina de usuario[editar a fonte]

Alédame ben que esteas de volta, Xabier. Oíches, cando atopes o momento a ver se volves facer unha desas analises estruturais a fondo similar á que xa tes na túa páxina de usuario. É dicir, a ver se a actualizas. Lembro perfectamente que cando comecei a editar pareceume interesante ao máximo o que comentas na túa páxina, e aínda reléndoo agora sigo pensando o mesmiño. O devandito, Xabier, que fagas uso da túa capacidade de análise. Moito cho habemos de agradecer. Por certo, malia que sei que xa os tes localizados por ti mesmo, nesta páxina tes algúns contadores de utilidade. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 23:41, 14 setembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas e parénteses[editar a fonte]

Comprendo, Xabier. Graciñas polos apuntamentos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:50, 15 setembro 2009 (UTC)

Forte da Insua / Forte da Ínsua[editar a fonte]

Bon día, Xabier. Penso que o artigo forte da Insua debería ser movido a forte da Ínsua. Ao meu entender, se o nome fose en minúsculas ("ínsua", recibindo o nome do tipo de accidente xeográfico), podería traducirse, pero se aparece en maiúsculas, coma un topónimo xa establecido, debería respectarse o orixinal en portugués. Como o ves? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:35, 16 setembro 2009 (UTC) Ahá; graciñas, a ver se vou espertando.. ;) --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:43, 16 setembro 2009 (UTC)

Tiña pensado pedirche que o fixeras, o a Alberte ou algun outro xefazo ;) Con todo precisábase algunha indicación máis clara de coma face-los títulos, se meterlle ó artigo ou non, cando por todo en maiúsculas ou cando non, nomes dunha sonda espacial (por ex.) traducidos ou orixinais, esas cousiñas ... --Xabier Cancela (fálame 08:16, 16 setembro 2009 (UTC)

Témporas[editar a fonte]

Pois paréceme que tes toda a razón. Penseino, que conste. Pero a preguiza turrou por min. Normalmente, son o primeiro en tentar estabelecer un contacto amábel para que o editor comeza co bo pe. Pero onte, como ben reparaches, non foi o caso. Estás a todo, meu. --Atobar (conversa comigo) 10:40, 16 setembro 2009 (UTC)

David Blanco[editar a fonte]

ola Xabier; Vin na nova de Vieiros que a ligazón que puxeron de David Blanco leva á wikipedia en castelán. Relacionado co de dar pulo á galipedia nos medios, se estás rexistrado, podes deixar unha mensaxe indicando que na galipedia hai artigo de seu?

A ver que tal hoxe a contrarreloxo... Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:57, 19 setembro 2009 (UTC)

Re: Correo[editar a fonte]

Ola Xabier. Non sei o que pasou e pensaba que non tiña problemas. Envieiche un correo de proba hai uns minutos, proba a devolvermo a ver se desta funciona. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:18, 22 setembro 2009 (UTC)

Semella que estou incomunicado (vaia, quen sabe cantos correos perdín), mandeiche outro correo para probar unha alternativa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:06, 22 setembro 2009 (UTC)

Ola Xabier Enchanté de te voir ici. ;-) Saúdos. Mensaxe deixada polo usuario Jailender ás 21:08 do 25 setembro 2009, e non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 21:25, 25 setembro 2009 (UTC)

Póñome con el en cinco minutiños, Xabier. Non teño nin idea do que vai, así como dou o perfil do corrector. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:59, 27 setembro 2009 (UTC)

Xermanófono[editar a fonte]

Moi boas Xabier! que tal por Alba? espero que todo ben. queriache explicar a razón pola miña eleción do termo "Suíza alemá". (é certo que alemana non é correcto, escapóuseme!) Paréceme a min que o termo "xermanófono" esta mais ben relacionado cas persoas de "fala xermánica". No artigo sobre a Suíza alemá, faise referencia á Suíza de cultura e expresión alemás. De feito, cando falarmos da Suíza de expresion italiana ou francesa, do mesmo xeito se tende a dicir "Suíza italiana", respectivamente "francesa" (neste caso podese utilizar o termo Romandia derivado de "románico"). Noutras linguas latinas (italiano, francés) tamén próprias da Suíza, o termo utilizado para designar a parte alemá da Suíza é "Svizzera tedesca" (ital.) e "Suisse alémanique ou allemande" (fran.) facendo asi referencia à alemá. Xermanófono, paréceme á min, designa mais esatamente un individuo de expresión alemá, ou un conxunto de países d'expresión alemá. Outro exemplo pode ser Bélxica, onde as rexións de fala francesa nos son chamadas a "Bélxica francófona", senon "Bélxica valona ou francesa". No caso da Suíza, os suízos xermanófonos chámanlle à Suíza alemá "Deutschschweiz", cousa que non ten nada que ver con "Deutschland" (Alemaña), senon en referencia á sua expresión lingüistica e cultura de influencia alemá. Por iso elexín "alemá" no caso da "Suíza alemá" xa que "alemá" non fai referencia à Alemaña, senon a lingua que se fala nesa rexión. Como se fai un traslado de rexistro? Grazas polas tuas aportacións. Un saúdos dende Montreux. Mensaxe deixada polo usuario Jailender o 29 setembro de 2009, e non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 21:25, 25 setembro 2009 (UTC)

Reposición do borrado por --Lameiro[editar a fonte]

Estibemos a discutir sobre panceltismo e celtismo, se son o mesmo ou non, eu digo que si e el di que non; mais previamente borrou a miña redirección sen mais explicación que " o borro porque non é necesariamente o mesmo"; enton eu que penso que si que o é; puxen unha explicación de que si o son; e voltei a redireccionalo. --Lameiro== voltou a borralo e amenazoume con darme de baixa da wikipedia se volto a publicalo. ¿A sua tese é mais válida ca miña por ser administrador e eu un editor normal, ou como vai o conto? Por se fora pouco borrou a liña de conversa do artigo pouco tempo despois da miña réplica. Ademais perdín mais de duas horas que quería adicar a edición dos artigos que tenho en andamento, e destas horas teño que durmir porque maña teño que erguerme as 7:30 e non podo andar perdendo o tempo en debates e reclamacións improductivas dentro da wiki.--Xeol'oartabro 00:20, 1 outubro 2009 (UTC) Pregolle a vostede que volte a dar de alta o redireccionamento ou no seu defecto que se faga unha web de homónimos.

Re: Prebot (Cultura castrexa)[editar a fonte]

Feito, agás na bibliografía que o tiña en maiúsculas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:15, 2 outubro 2009 (UTC)

Xeol'oartabro[editar a fonte]

Hello Xabier Cid. I blocked Xeol'oartabro for two hours to stop a series of page blankings, after it was reported by Maximillion in the #wikimedia-stewards freenode IRC channel. Please correct the block if it was incorrect or needs to be extended. (I've also notified Albert galiza.) —Pathoschild 15:46:28, 02 outubro 2009 (UTC)


desculpas[editar a fonte]

Hola Xabier, son o usuario ó que lle tiveches que borrar o artigo sobre o equipo de futbol da sd pol; a verdade e que son novo na wikipedia e non entendo a metade das cousas e enton pensei que se queria podía facer a páxina wiki do meu equipo de fútbol, porque aínda non a tiña, e entón non sabía que non podía sacar a información tal cual da súa páxina web, quero decir tamen que non sabía que se me estaba advertindo que non o fixera porque non vía eso dos mensaxes e entón por eso cando vin que non estaba a volvín a subir. Pero xa por se acaso ó final puxera un enlace a dita páxina web para que quen quixera poidera comprobar que non estaba inventando nada. Ademais, coñezo ós creadores da páxina da sd pol e estou convencido de que se o souperan me darían permiso para utilizar esa información na wikipedia e que así a xente coñecera mellor o noso equipo. Lamentoo de verdade, tamen intentei subir imaxes relacionadas co artigo pero era moi dificil e non sabía (e creo que non podía) e entón xa nada. Non volverei intentar crear ese artigo un saúdo--Azote Galaico 16:11, 2 outubro 2009 (UTC)

Si, de acordo co que dis, pero o que aconteceu é que había varias ligazóns en vermello con Artuto Souto e en principio pensei que non estaba creado o artigo, pero logo dinme conta de que xa existía e fixen a ligazón ao artigo xa creado Arturo Souto Feijoo. O caso é que agora tería que borrar o artigo que redirecciona (Arturo Souto) para mover alí o de Arturo Souto Feijoo e eu non podo borralo. Podes facelo ti? Ou existe outro procedemento para estes casos? Grazas. Un saúdo.--Xas (fálame) 18:05, 2 outubro 2009 (UTC)

    • Vexo que xa o fixeche. Podes indicarme o procedemento para estes casos?--Xas (fálame) 18:11, 2 outubro 2009 (UTC)

Ola Xabier ! Nise artigo concordo con RNC e discordo con ti, olla aquí. Saúdos ElviraConversa comigo 12:46, 3 outubro 2009 (UTC)

Taboleiro dos administradores[editar a fonte]

Por favor, bótalle unha ollada a isto-- Lmbuga / Conversa comigo  18:15, 3 outubro 2009 (UTC)

Desculpa. Xa se actuou neste asunto. Non perdas tempo con isto. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:42, 3 outubro 2009 (UTC)


Ola, Xabier. Son novo na Galipedia, dinme de alta hai 2 días, e quixera engadir unha foto no artigo Ribarteme (non hai problemas de dereitos de autor porque a saquei eu mesmo). Eu son de aí e a foto é unha paronámica da aldea. Mais non sei como facelo. Poderías axudarme? Grazas por adiantado. Paradanta 11:30, 22 xaneiro 2010 (UTC)