Jorge Dorribo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge Dorribo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 2019 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jorge Dorribo Gude, nado en Lugo e finado en Barcelona o 16 de maio de 2019,[1][2] foi un empresario galego coñecido polos seus patrocinios de entidades deportivas e por un presunto caso de corrupción, a Operación Campión, onde se viron implicadas ademais del varias personalidades políticas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jorge Dorribo comezou a súa carreira empresarial cunha peletería na cidade de Lugo, importando pezas de roupa de Marrocos. Nesa época tamén traballou de carteiro e como dono dun pub[3]. A partir do comercio de peles e na busca de solucións para o tratamento dos curtidos introduciuse no sector químico, e fundou o laboratorio Nutrición de Pieles, Nupel, que cos anos foi mudando o seu obxecto social para a cosmética e para a produción farmacéutica. Xa como empresa de menciñas progresou e conseguiu exportar produto ao estranxeiro. Primeiro, e grazas ao apoio do presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, entrou no mercado cubano e logo no de Oriente Medio[3]. Por volta de 2010 exportaba a 25 países, principalmente de África, Suramérica ou Oriente Medio. Nesa progresión xogarían algún papel as subvencións que neses anos recibiu da Xunta de Galicia, tanto co goberno do Emilio Pérez Touriño como do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

A distribución de produtos acabou movendo o centro neurálxico da empresa de Lugo a Andorra. A súa expansión empresarial comprendía tamén a firma Proitec, unha xestoría. En 2010 o grupo empresarial tivera unha facturación de 109 millóns de euros[4].

Importante impacto social tivo a súa filantropía deportiva. As súas empresas patrocinaron o Club Voleibol Emeve de voleibol, o Nupel Global Racing de rallys, o Azkar Lugo de fútbol sala ou o Club Deportivo Lugo de fútbol. Tamén foi conselleiro do consello de administración do CB Breogán de baloncesto.

A operación Campión[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 2011 a policía detívoo por orde xudicial no marco do que se coñeceu como operación Campión, denominada así precisamente polos vencellos deportivos de Dorribo[5]. A operación iniciárase meses antes coa detención do director do Igape, instituto de promoción económica dependente da Consellería de Economía e Industria, por suposta fraude fiscal na obtención de subvencións públicas. Segundo sospeitaba o xuíz, Dorribo aconsellara a narcotraficantes utilizar as subvencións públicas como vía para o branqueo de diñeiro e de crear unha trama de fraude ao redor da empresa Proitec. Durante a primeira fase da operación a xuíza ordenou a detención de 15 persoas.

O caso complicouse ao atacar a vía política. Primeiro foi o deputado popular Pablo Cobián, logo o tamén deputado e exconselleiro nacionalista Fernando Blanco e finalmente foi o ministro e vicepresidente socialista Xosé Blanco, os que foron acusados por Dorribo de participaren na trama. Cobián e Blanco dimitiron dos seus escanos no Hórreo.

A xuíza decidiu logo a liberdade condicional para Dorribo á espera de xuízo, ao tempo que lle interviña xudicialmente as empresas. Dorribo creou outra firma, Improsa Pharma, dedicada tamén ao sector farmacéutico e con sede en Alacant[6].

Notas[editar | editar a fonte]