Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 6 de xuño de 2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18     19    

benvida e un pouco mais[editar a fonte]

Ola ! Alegrome que volvas estar mais dispoble pa Galipedia ! Gracias por transfirir a mensaxe a paxina de conversa de Illas Ons. Saudos ElviraConversa con mi 12:26, 23 febreiro 2008 (UTC)

O nome da rosa/der name der rose/il nome della rosa[editar a fonte]

boas!

hai un problemiña; cando entro no artigo da peli e vou á páxina da conversa, aparece a conversa do libro; podes ver de solucionalo? Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:48, 26 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións Narón[editar a fonte]

Saúdos, grazas por atopar o erro nas eleccións de 1983. Tiñas razón, o PCG só tivo un concelleiro. Outra cousiña, no cadro que hai no artigo de Narón, onde está o escudo e máis a situación no mapa de Galicia, non se podería facer un espazo para a bandeira, que tamén é oficial. Por certo, cada vez que leo unha páxina de conversa quedo alucinado das pelexas que hai. Esto dáme para atrás. --PepedoCouto 21:57, 26 febreiro 2008 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Ola, atopei esta tarde dous actos vandálicos no artigo de Narón. Chega con borralos ou hai que facer algo máis? --84.78.50.1 22:06, 27 febreiro 2008 (UTC) --PepedoCouto 22:06, 27 febreiro 2008 (UTC)

[Mensaxe de Estevoaei][editar a fonte]

Boa noite, Xabier!

Non estou dacordo con que as discusións en si desanimen á xente. Creo que os debates deberían ser productivos, server para aprender. Do mesmo xeito, debatir sobre o pasado pode ser productivo, sobre todo se aínda está recente ou a cuestión aberta.

Concordo no do rexeitamento por parte do resto do resto dos usuarios, máis por sentirse alleos que por que sexa unha cuestión aburrida. Así, cando emepecei en agosto-setembro, non participaba nos debates porque non entendía ren. O do fastío nos administradores non o sei, pero non debería ser así. Cando se chega a adminsitrador é porque se leva certo tempiño, porque se sabe actuar ante as situacións, e porque se sabe escoitar e falar. En calquera caso, en moitas das discusións participan os administradores, así que tampouco están tan aburridos.

O da satisfacción parcial para o editor é o que menos entendo. Haberá casos nos que a xente pretenda discutir por discutir, alleos a razóns, pero, ó meu modo de entender, chégase ós debates cando hai desacordos e cando se pretende arranxar algo e chegar a un punto de entendemento. Moitas veces máis que satisfacción hai un certo "sofremento", ou desencanto, ou malestar, para quen está discutindo.

O da ironía e sarcasmo xa é algo persoal. Eu creo neles, e creo que, se non son ataques persoais e con mala fe, non se deben tomar a mal. Creo que as críticas, ben abertas, ben concretadas nalguén, se son constructivas se deben aceptar e asumir, sexan de modo directo, ou sexan mediante ironías ou sarcasmos. O principio de convivencia é compatible cun humor saudable.

Aínda que "excusatio non petita, acusatio manifesta", vou dar unha explicación que creo que debería sobrar: non sei se me expliquei moi ben, agora e sempre. Entendo que as palabras poidan ser malinterpretadas, pero espero que se asuma a boa fe. Defendo a ironía, pero procuro evitar bromear nestes asuntos.

Coma sempre, aberto a colaborar, despídome. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:14, 28 febreiro 2008 (UTC)

Escudos e bandeiras[editar a fonte]

Boas de novo, andei toda a tarde a navegar e quería saber se collín bos ventos. Atopei na páxina da xunta escudos e bandeiras oficiais, todas co nº do decreto co que foron aprobados e máis a data do DOG da súa publcación. E pregunto: pódense descargar sen máis e subilas á Galipedia? Un saúdo.--PepedoCouto 20:00, 29 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións[editar a fonte]

Ola outra vez, referente ó último que falamos das eleccións. Se inserimos, Modelo:Tal concello ano tal nos artigos de Eleccións municipais en todos os concellos, de estaren editados xa aparecerían automaticamente. Estaría ben feito ou non? Veña, outro saúdo.--PepedoCouto 20:18, 29 febreiro 2008 (UTC)

cada un polo que pode[editar a fonte]

Ola Xabier ! No artigo Reino de Asturias, non foi erro tua, era anterior. Non penses que o mantemento dos artigos é o que mais me gusta fager. Non é traballo especifico dos administradores, e é traballo facil e rapido pa mín, non teño merito ningún e pasoo ben ! ElviraConversa con mi 21:52, 29 febreiro 2008 (UTC)

Humberto Solleiro Rivera[editar a fonte]

boa noite!

podo chegar a entender a maioría dos cambios (o das datas, o de pasar á ligazón á guerra pa abaixo, eliminar as ligazóns ós pais, retiralo da categoría de político...) pero non entendo por que retiras a ligazón á muller, que si ten artigo propio. Creo que debe ser restaurado, pero prefería comentarcho antes. Supoño que se o fixeches sería por algo... Se o cres oportuno, diríache que a puxeses de novo.

Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:41, 2 marzo 2008 (UTC)

  • desculpa o retraso na resposta; estiven castigando o corpo.
    Preferín comentarcho antes, dado o ambiente enrarecido desta nova era. O diálogo nunca está de máis. Seguimos traballando. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 05:14, 2 marzo 2008 (UTC)

Produtores[editar a fonte]

Boas días. Grazas pola correción, pasáraseme. Menos mal que Xosé e ti andades por aí :-D --GallaecioE logo? 12:33, 2 marzo 2008 (UTC)

Elementos[editar a fonte]

Nalgun momento, antes de eu chegar aqui, decidiu-se que os títulos dos artigos dos elementos seguisen ese esquema. Estou a tentar atopar referencias; de momento só din con Conversa_Usuario:Prevert/arquivo_2#elementos e con Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo/Marzo_2006#Elementos_qu.C3.ADmicos, que non incluen esa decisión, mais nalgun sitio ha de estar. De pasada, comento que eu tamén son partidario de simplificar os títulos. --Xosé (✉) 13:59, 2 marzo 2008 (UTC)

Non entendo ben[editar a fonte]

Ola Xabier ! Non entendo o que se borra nesta proposta do 2_de_marzo_de_2008 ? é un artigo ? Saudos ElviraConversa con mi 14:01, 2 marzo 2008 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Hello, Ordenador: Please, follow the instructions in order to register an user as Bot: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Thanks. --Xabier Cid 14:19, 2 marzo 2008 (UTC)

Done. -- Cat chi? 14:38, 2 marzo 2008 (UTC)
  • Xa vin a mensaxe na páxina de conversa de Agremon. Cústame entender o que di polo inglés, pero, tal como a entendo, non vexo que teña nada que responder, pois en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación fixo a solicitude correspondente. Se cres que teño algo que comentarlle, faimo saber; quizais non entenda ben a mensaxe. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:24, 2 marzo 2008 (UTC)
  • Desculpa, premín na ligazón sen ler ben o que a ligazón era. Xa lle cambiei o nome e comuniqueillo na súa páxina de Commons. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:53, 2 marzo 2008 (UTC)

Eleccións[editar a fonte]

Xusto, a esa última idea me refería. Entón, quen decide si está ben ou mal?--PepedoCouto 16:48, 2 marzo 2008 (UTC) Logo de ver as discusións, paso. Creo que algunha xa a fixen, máis prefiro ser un mandao e seguir ó pe da letra o que os administradores digades. Sobre todo para non perder tempo. Moitas grazas polos teus avisos.--PepedoCouto 20:34, 2 marzo 2008 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Ben, polo que fun lendo nas conversas cría que tiñades certo "poder"; dame igual, vós sodes os que tedes experiencia e irei por onde me marquedes. Fixen un novo artigo chamado: Galería de bandeiras dos concellos de Galicia pero non me gusta nada. Poderás amañalo? Grazas.--PepedoCouto 21:33, 2 marzo 2008 (UTC)

xat[editar a fonte]

estic ara al xat si vols parlar de la viquipèdia i la marató, sembla que no coincidim... --62.175.77.111 22:15, 3 marzo 2008 (UTC)

Arredor de si[editar a fonte]

boa tarde! podes revertir a redirección que fixen en Arredor de si? Pretendín mover o artigo a Arredor de si (en cursiva), pero vexo que non se pode... e quedaron as marquiñas ``así´´ (máis ou menos)...

Se podes editar nas efemérides destacadas e pór que hoxe é o aniversario do nacemento de Otero Pedrayo, perfecto.

Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:40, 5 marzo 2008 (UTC)

sistema d´Hondt[editar a fonte]

Ola Xabier, traducín este artigo da wikipedia en español e non sei se hai que especificalo. De ser así, ponllo, que xa verei como o fas. Grazas.--PepedoCouto 22:11, 5 marzo 2008 (UTC)

siglas e acrónimos[editar a fonte]

Boas, xefe. Bótame un vistazo a Lista de siglas e acrónimos de alimentación e dime. ¿cal sería o criterio para transcribi-los nomes completos destes conceptos: maiúsculas ou minúsculas? Salvo que me esquecera dalgún, seguín o criterio de maiúsculas para organizacións (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición) e minúsculas para outros conceptos (MER: materiais especificados de risco).

¿Marcaríanse dalgunha forma estes nomes completos para diferencialos da "definición"? Non me valen as comiñas porque as emprego para os termos en inglés.

Terceira pregunta. ¿Teñen cabida aquí cousas como ppm (partes por millón), pH (acidez)? Exclúo a propósito as unidades de medida que se poden ler nas etiquetas (g, kg, l, cl, kcal, kJ, etc.)

¿Botas en falta algunha máis?

Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 23:34, 5 marzo 2008 (UTC)

Votos invalidos[editar a fonte]

Ola Xabier ! veño de ver que desfichches un vot fora de plaza. A mín pareceme mais correcto que nos casos de votos invalidos, que non sexan vansalismos, estee tachado e que quede a vista, levando detras a razon de invalidez e a firma do que tachou, agás sea unha regra consensual. Saudos ElviraConversa con mi 12:50, 6 marzo 2008 (UTC)

  • Si estabas convencido calaba. A ver si che convenzo, eu teño a cousa claro (polo menos hasta hoxe (lol)), por algunhas razos, mais bouche dar unha que é importante. Por qué se desfai unha edicion ? :
  1. por vandalismo puro
  2. por erro sin mala fé
  3. por arranxar esteticamente
  4. conclusion por moitas cousas que non teñen que ver coa a transparencia que se debe a collaboracion de usuarios.

Conclusion : niste caso como o voto estaba pechado, pois pareceme ser un erro sin mala fe, a razon n° 2 E CONCORDO CON TI DEBESE DESFACER A EDICION. Desculpas Xabier, tes toda a razon, foi reacion non pensada, non hai idade pa decir tonterias. ElviraConversa con mi 13:23, 6 marzo 2008 (UTC)

  • Inda concordo Xabier ! O importante é cavilar pa facer un boo camiño, e niste caso deixao como che parezca, xa sabes ben ca mina mensaxe inicial non era reclamacion, era xeito, que pareceme que compartimos de colaborar. Saudos Xabier ElviraConversa con mi 13:56, 6 marzo 2008 (UTC)

Imaxe 5º aniversario[editar a fonte]

A imaxe do 5º aniversario ten que ter licenza Template:CopyrightWikimedia. Xa o corrixin. --Xosé (✉) 15:19, 6 marzo 2008 (UTC)

  • Levas razón pode ser malinterpretado, non era a miña intención ferir a ninguén e amosa un xenio que en realidade non teño.--Arco de Rayne 20:51, 6 marzo 2008 (UTC)

Elementos químicos[editar a fonte]

Non entendo ben o que comentas. Eu faría:

  1. Mover todos os artigos ao nome correcto (hai-no que facer á man, ou sexa, calquera usuario rexistrado)
  2. Mudar TODAS as ligazóns, en todos os artigos, para o nome novo (bot)
  3. CORRIXIR as ligazóns a homónimos que resultasen do proceso anterior (bot)

Eu prefiro mudar todas as ligazóns e logo corrixilas porque é moito o tempo que se aforra. --Xosé (✉) 10:18, 8 marzo 2008 (UTC)

  • Feito. Aproveitei e corrixin algunha páxina de homónimos e todos os "oxíxeno". --Xosé (✉) 23:35, 11 marzo 2008 (UTC)

Karpin Galicia[editar a fonte]

bo día! estaba botándolle un ollo ó artigo é cheguei a esta conclusión. Agora non importa moito porque é o segundo ano do equipo, pero creo que en vez de facer a lista completa de corredores de cada ano, sería mellor indicar as altas e as baixas en relación co ano anterior. Se che presta, múdao como o vexas conveniente. Se non o ves claro, pois nada. Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:11, 10 marzo 2008 (UTC)

Aviso de eliminación de Imaxe:Wiki5anos.png[editar a fonte]

Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Imaxe:Wiki5anos.png está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. {{{2}}}


Escola de Vela Tradicional da Illa de Arousa Ola! ¿Parécecheque o artigo xa responde as normas da Wikipedia? ¿Pode ser retirado o marcador de atención? Grazas--Súalaxe 20:47, 11 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Render contas[editar a fonte]

Estou case convencido que a expresión render contas é un castelanismo incorrecto no galego pero non teño seguridade, pódesme axudar? Grazas.--Arco de Rayne 12:43, 19 marzo 2008 (UTC)

redireccion[editar a fonte]

Ola Xabier.Cid ! Qixen anular a redirecion de Helena, Montana a Helena, xa que é millor Helena Montana por ser harmonizado cos titulos dos artigos dos outros estados, e tamen por que Helena tera mais ou menos que ser un dia paxina de homoninos. Hai un problema similar coa cidade Pierre. Teño medo de trabuquear inda mais as cousas. Si podes facer algo, gracias ElviraConversa con mi 13:04, 19 marzo 2008 (UTC)

    • Gracias Xabier por posicionar os artigos das Helenas ! Pas tarefeas desas helenas xa vai a cargo meu pa incialas, e concordo coa tua proposta ! Agora pa Pierre, pode esperar que cavile e busque as posibilidades de homonimia cos homes ou mulleres que levan ese patronimo, de memoria so penso à el señor abbé Pierre, que non necesita homonimía. Saudos ElviraConversa con mi 13:53, 19 marzo 2008 (UTC)

Referencias Independencia de Kosovo[editar a fonte]

Ola Xabier, poderíasme arranxar o que pasa coas referencias do artigo Independencia de Kosovo, levo tempo tentando arranxa-las pero non sei que lles pasa... se poideras axudarme agradeceríacho moito--Hugo22 13:28, 19 marzo 2008 (UTC). Moitas grazas! mira que pasei tempo buscando cal era o erro!--Hugo22 13:34, 19 marzo 2008 (UTC)

Incorreccións[editar a fonte]

Entendo que é un tema complexo que seguramente é obxecto de discusións nos ambientes especializados pero os profanos precisamos algo ao que nos apreixar aínda que non todos estean de acordo, e como o galego está cheo de castelanismos a todos os niveis é lóxico que acabemos identificando incorrecto con castelanismo aínda que nin todos os castelanismos son incorrectos nin todas as incorreccións son por efecto do castelán. Pero a miña pregunta ía en realidade pola dificultade de identificar por exemplo cales son as expresións propias do galego con aquelas outras que se utilizan por interferencia do castelán e non hai dúbida que sexan incorrectas, un exemplo é a expresión "A grandes rasgos" que non pode ser válida ao marcar o VOLG rasgo como forma incorrecta. No caso de render contas supuxen que era castelanismo pero estaba totalmente errado: acabo de mirar no dicionario da RAG e si aparece a expresión render contas: Dar ou ofrecer [algo] [a alguén] como mostra de respecto e de recoñecemento segundo se expresa, cumprir con determinadas obrigas. Renderlle unha homenaxe. Render tributo de admiración a unha persoa. Render culto ós deuses. Render contas ós superiores. CF. tributar.

Supoño que unha boa saída será corrixir aquelas expresións que ben por conter palabras castelás non admitidas ou ben pola súa estrutura non podan ser correctas en galego.

No caso de escoba o dicionario da RAG adimítea como variedade de xesta de flores amarelas e vasoira como o instrumento formado por un pao que leva nun extremo un pequeno feixe de ramas ou doutro material flexible, que se emprega para varrer. Descoñezo se ese criterio está ben fundamentado pero é o que aparece e ao que creo que nos temos que cinguir, o resto son discusións entre especialistas, que se teñen que dar e é bo que se dean, pero que non deben influír por exemplo á hora de cambiar na Galipedia escoba (cando é ferramenta para varrer) por vasoira.--Arco de Rayne 13:56, 19 marzo 2008 (UTC)

obrigado pola pinta....[editar a fonte]

....tómoche a palabra, a próxima xuntanza-cenanza eicho de recordar :P (si é que coincidimos, que espero que si) Miguel.lima 10:37, 25 marzo 2008 (UTC)

Re:Bloqueos[editar a fonte]

Agradézoche a mensaxe, especialmente o ton, dado que estás en desacordo. Lina atentamente e penso que temos unha discrepancia, que o tempo dirá que importancia ten, pero que espero que non sexa grave. Non teño intención de remexer, iso si, asumo o feito con tódalas súas consecuencias. Non sei se as augas volverán ó seu rego, a min paréceme -acepto que a ti non- que agora as augas están volvendo un pouco máis ó seu rego.

Creo que é necesario crear políticas ó respecto, pero agora mesmo non teño forzas e non sei se será oportuno que eu tome esa determinación pois non me agrada en si o protagonismo que tiven. Un agarimoso saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:14, 25 marzo 2008 (UTC)

Categoría[editar a fonte]

Boas. Si, tes razón, a verdade é que a miña pretensión era crear a categoría "Escritores españois do século XVI", que clasificaría dentro da categoría "Escritores" (porque non sabía que existía a categoría "Personalidades da literatura"), pero desistín antes de levar o "proxecto" a cabo. Intentarei facelo hoxe, pero dentro da categoría "Personalidades da literatura". Grazas, Xabier. Un saúdo. --Lara 19:52, 25 marzo 2008 (UTC)

Boas de novo. Novamente, téñoche que dar a razón. É máis viábel a categoría "Escritores en lingua española do século XVI" que a de "Escritores españois do século XVI" (na primeira entrarían máis autores); a verdade é que puxen "españois" para afastarme un pouco da wikipedia en español, na que existe a categoría "Escritores de España do século XVI". E o dos séculos é un tema no que tamén eu cavilei, de feito eu tiña pensado, como aparece na wikipedia en español, crear dúas categorías: "Escritores españois do século XV" e "Escritores españois do século XVI", nelas clasificaría os autores que viviran durante eses séculos, tomando como referencia o artigo Fernando de Rojas, que categorizaría cunha e outra categoría, xa que este autor viviu nun e outro século dunha forma, digamos, "paritaria". Por outra banda, clasificar os autores por movementos é un tema máis complicado e menos obxectivo, quizais. Un saúdo. --Lara 02:07, 26 marzo 2008 (UTC)
Iso é certo pero, en que movemento encadrarías a Lucía Etxebarria? Penso que categorizar por séculos é moito máis cómodo e fácil; digo isto pensando nas persoas que fan uso da Galipedia, porque se alguén quere buscar un autor por categoría serálle máis sinxelo facelo por século que por movemento, xa que o máis probábel é que non saiba ou non estea seguro de cal é o movemento no que se encadra un autor (ademais, hai autores que non se encadran dentro de ningún movemento). Non sei, é a miña opinión. Un saúdo. --Lara 02:24, 26 marzo 2008 (UTC)
Ola, Xabier. O de crear categorías por séculos pensábao facer como unha especie de "complemento" á categoría "Escritores en lingua española", para que non haxa exclusivamente esa categoría tan extensa, pero tampouco é necesario crear a categoría, eu simplemente o pretendía facer para que as categorías fosen máis concretas (ademais, as categorías sobre literatua española son escasas, penso). E o que me dis non me parece en absoluto unha corrección, todo o mundo ten dereito a expresar o seu punto de vista, ademais, sempre resulta enriquecedor. Por outro lado, as páxinas nas que fíxen redireccións creeinas porque eses autores coñécense moito máis polos apelidos; de feito, cando se fai unha mención a eses autores faise só polo apelido. Mallarmé (este autor sobre todo), Nabokov, Beckett, Lacan, Bachelard e Akhmátova (quizais Irigaray sexa a que menos) son personalidades nas que o nome de pía apenas ten relevancia; a ver que opinas ti, pero eu penso que se debería deixar como redireccións. Un saúdo (e grazas). --Lara 11:52, 26 marzo 2008 (UTC)

texto neutro para debate incompatibilidades[editar a fonte]

Hola Xabier

Agradeceriache que me votases unha man con isto. Catro ollos ven mellor que dous, e a opinión conxunta de dous usuarios acostuma a ser máis neutra que a de un solo, por moito que un intente desprenderse da súa subxectividade. Propoño enviarche un novo texto, e ti daslle un vistazo antes de eu colocalo na páxina. Si tes algunha suxerencia concreta que me poidas mandar antes, pois encantando. ¿Que che parece? Tamén podería consensuar o texto con toda a comunidade, pero xa me parecería rizar o rizo. Creo que sairá algo suficientemente neutro do método que che propoño, e, algo que tamén é importante, sairá en un día ou dous.

Saudos Miguel.lima 13:36, 26 marzo 2008 (UTC)

Deixeiche un correo. Obrigado. Saudos Miguel.lima 20:57, 26 marzo 2008 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Boas. Non sabía que as redireccións se deberían usar o menos posíbel, tes que perdoar, eu pensei que se podían utilizar en todos os casos nos que un autor era recoñecido maioritariamente polo apelido. Grazas de novo. Un saúdo. --Lara 14:08, 26 marzo 2008 (UTC)

Mundiais de Cross[editar a fonte]

Ola Xabier, noraboa polas fotos e os artigos dos mundiais. Só dicirche que Paula Mayobre corre no Ría de Ferrol, aínda que ela é de Ares, moi preto de Ferrol. Aquí che deixo a proba. [htpp://www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=72&idNoticia=219825 - 26k -]--PepedoCouto 15:06, 1 abril 2008 (UTC)

falta de tempo[editar a fonte]

Ola XabierCid ! Ando cansadiña por cousas que non teñen que ver ca Galipedia e da semana solo pasarei de vez en cando pouco tempo. Queria comentarche cousas tranquilamento pero como che digo non teño tempo e como sei que eres un gran, podes comprender sin tomalo a mal que .... non é pa hoxe ! Saudos Xabier ElviraConversa con mi 00:25, 1 abril 2008 (UTC)

Si tes razon sera mais rapido o que propos tu. Vou tratar de bloquear hora ou hora e medio seguido esta noite. No caso que te mande un correo, no no conto facer en galego, por ser pa min una gran perdida de tempo pa expressarme nun galego ruin e sin estar segura que digo o que quero por falta de vocabulario e falta de dominio da gramatica. Podoche escribir en francès (o mais facil pa min porque domino ben o sentido das palbras e a gramtica) ou en castelan que non domino tanto tampouco ? Saudos ElviraConversa con mi 09:34, 1 abril 2008 (UTC)

Xogadores do Deportivo de La Coruña[editar a fonte]

¿Esa categoría non debería ser "Xogadores do Deportivo da Coruña"? Miguel.lima 10:45, 3 abril 2008 (UTC)

Ola Xabier[editar a fonte]

Escoita, sei coma é isto, pero non aguanto ler burradas, tolerías e por riba afirmacions dalguns artigos en plan historico e artístico sen dar sequera fontes e a única que se da e sobor dun documento declarado coma falso e sen negún valor histórico mais que na das falsificacións. Ainda que me baseara ou apoiara nun admin non creo que se puidese facer ren, nada, eche dificil porse a prantexar que algúns historiadores, de hai menos de 50 anos, deran creto a fontes documentais so por estar a ben co réxime de entón e conforme as ideas que naquel tempo tiñan. (se Don Claudio dixo que era bo en tal libro, pero logo tanto expertos na actualidade e tamén Anselmo López Carreira, no seu libro do Reino Medieval de Galicia tira por terra todos eses documentos... é unha guerra dialéctica na que non quero entrar, xa a tiven con historiadores en carne e oso, e non me apetece agora ter que darlle clases a usuarios sobor de cambios na sua "interpretación" da historia.

Prefiro adicarme simplemente ó meu blog de arte galego e non deixar rastro do meu paso por eiqui, dado parte do que fixen foi por riba alterado e engadiron datos mais que cuestionabels. Eu lin muito, non xa durante a minha carreira de historiador, senon posteriormente, e hai afirmacións que non se poden facer, coma igrexas construidas pelos templarios... os templarios se construian é que tiñan dominio sobor da zona... e se o autor se basea en que hai unha doazon de Fernando VI baseandose nun pergameo actualmente considerado unha falsificación pois... e que se contradí totalmente...

Prefiro estar ó meu e pouco mais, entrei nalgunha paxina simplemente buscando algún dato para topar burradas. Vale, que non se borren as minhas contribucións, agora so quedan as fotos, pouco mais queda. E se tal que se borre a minha ficha de usuario, total pouco podería facer. Pero atendede que hai xente que por darse de entendido as veces escrebe verdadeiras burradas.

Un saudo.

Sobor do castelo de San Antón[editar a fonte]

Podes engadir, que ate o fin da guerra da independencia (1814) foi usado como arsenal e lugar de aposento dos canons, que foron lanzados o mar pelos ingleses na sua fuxida -Batalla de Elviña- pra non deixar nada ós franceses.

No museo militar na Coruña tes un bo exemplo na súa entrada onde está un canon rescatado do mar, fronte a Ferrol, onda se fixo o mesmo ca fixeran na Coruña.

Logo xa o que fora arsenal etc foi trasladado dempois da guerra a actual capitanía -o lado da igrexa de Santiago-.

Castelo de Santo Antón[editar a fonte]

Non graciñas, xa non teño azos pra iso.

Podes por referenciado sobre: -Los franceses en Galicia: Historia Militar de la Guerra de la Independencia en Galicia (1809) - Colección Galicia Histórica - Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento- ISBN: 84-95892-55-3

Coma non quería editar mal[editar a fonte]

Coma non quería editar mal, ou a lo menos, ir sobre o traballo, inda que considere mal feito, creo, que o artigo sobre Santa Mariña de Gomariz foi feito por Lansbricae, así que deixeille unha mensaxe -a lo menos creo que foi él quen subiu as fotos da igrexa- pero non sei se está activo, etc.

Eiquí o enlace a conversa de modificación [1]

--Sapito 19:52, 4 abril 2008 (UTC)

Re:Desculpas[editar a fonte]

Tranquilo, non estou enfadado contigo nin con ninguén, por moito que dea a impresión de ser así (estou enfadado co incongruente que pode chegar a ser o ser humano, pero non contigo, con vós ou con outros, pois enténdovos). Creo simplemente que a miña presenza na Galipedia non é, por unha banda, útil ata que se solucione o conflito (e estamos en camiño, inda que pareza mentira, pero non teño permiso para expresar o que está a acontecer na vida real, fóra da Galipedia) e, por outra banda, creo que a miña presenza na Galipedia é desgrazada, pois as miñas palabras estanse a entender como unha xustificación do que fixen con Xosé, e non é así, as miñas palabras responden a como concibia a Galipedia cando bloqueei a Xosé, a como creo que debe ser a Galipedia, polo que o mellor que podo facer é ausentarme pois non son escoitado: só se repara no doadamente criticable, no que a cadaquen lle suxire o que digo, pero non no que digo, non no concepto. A cousa é que semella haber usuarios (polos cales a verdade é que me sinto tremendamente respectado, mesmo estou sorprendido do respecto que me teñen) que, a pesar de respectarme, non me dan creto. Semella un absurdo, pero está a ser así (fundamentareino sen agresividade ningunha na Taberna proximamente, e avisareite desa edición, falarei de todo o que está a acontecer un pouco).

Iso si, se non se soluciona o conflito (niso ando, ou andamos), terei que reconsiderar o meu papel na Galipedia (pero inda teño esperanzas -bastantes- de que non se dea ese caso). Non teño tempo hoxe para profundar no tema, quizais o faga mañá ou pasado na Taberna e explique máis polo miúdo o que estou a dicir.

De tódolos xeitos, tranquilo, o que está a acontecer non ten por que ser negativo, inda é posible que tiremos para adiante con máis forzas. Iso si, creo que é conveniente que edite coa IP (sobre todo por seguir revisando as imaxes novas, pois a alternativa a iso sería non editar). O que agradecería é que ninguén considere que que eu edite coa IP poida ser unha ameaza. O labor, se edito coa IP, pode levar máis ou menos tempo, pero pode ter a mesma calidade. Eu non vou abandonar a Galipedia, só se trata de encontrar o meu sitio nela. Neste momento creo que non teño sitio, pero seguirei aí, e dáme igual ser unha Ip, un usuario ou un administrador. Neste momento opto por ser unha IP, aínda que en determinados momentos -coma este- teña que editar como Lmbuga para que se saiba que estas palabras son miñas (sería absurdo que editase como IP e dixese na mensaxe que son Lmbuga). Ánimo --Lmbuga Commons - Galipedia 03:44, 5 abril 2008 (UTC)

imaxe[editar a fonte]

ola Xabier! dous asuntos relacionados coas imaxes;

vai preparando artigos de triatletas, que en breve virán a Pontevedra os mellores de Europa e alí estarei coa cámara.

outro choio. Por erro carguei mal unha foto; podes borrar esta ([Imaxe:Ates.jpg|20px]) imaxe?

graciñas, e ata máis ler. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 04:57, 5 abril 2008 (UTC)

Perdoa[editar a fonte]

Tes toda a razón. Irei facendo artigos máis curtos. sinto que mo tengais que repetir tantas veces, simplemente, esquécelleme. Se tes que aplicar medidas como o bloqueo ou algunha alternativa, non porei ningunha pega, pois mo merezo. Perdoa as molestias unha vez máis e grazas polo teu aviso. --Chabi 20:26, 5 abril 2008 (UTC)

Problemas co Nomenclator oficial da Xunta[editar a fonte]

Ola Xabier. Grazas pola información sobre a redirección a un topónimo

Quero consultarche unha dúbida respecto do Nomenclator da Xunta: Resulta que no Nomenclator oficial (que foi o que usei para crear os lugares das parroquias da Comarca de Deza nos que ando traballando), non aparecen como parroquias varias das que sempre se viñeron considerando na zona como tales, e os lugares desas parroquias aparecen incluídos noutras. Tamén hai bibliografía que as clasifica como parroquias, e na páxina oficial do Concello veñen consideradas como tales parroquias.

Por exemplo os casos das parroquias de Erbo [2] e Fontecabalos [3], do concello de Lalín, que no nomenclator aparecen: os lugares de Erbo incluídos en Palmou, Lalín e os de Fontecabalos en Sello, Lalín.

A miña dúbida ven por se eu as podo crear como tales parroquias tendo en conta esas fontes ou se a política (non sei se emprego ben o termo) da galipedia é respectar sempre o Nomenclator oficial e polo tanto, se as creo, serían borradas.

Respecto dos lugares da parroquia de Graba, non os creei eu, simplemente cando os vin creados, engadínlles a caixa de lugares e a cat.

Saúdos e grazas.--Xas (fálame) 20:40, 5 abril 2008 (UTC)

Disculpade a intromisión. No Nomenclator vén tal como dis pero na web do IGE (fonte dos datos poboacionais) Erbo de Arriba é lugar de Palmou e Erbo de Abaixo éo de Sello (parroquia na que tamén inclúe Fontecabalos). Na Gran Enciclopedia Galega, os dous Erbos pertencen a Palmou. Eu, persoalmente, son do criterio de utilizar como referencia fiable o Nomenclátor aínda que neste caso, respectando o que este diga, sería bo meter un comentario con esas discrepancias doutras fontes. Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 5 abril 2008 (UTC)

mesaxe sobre lixo para Xabier.Cid e Alberte[editar a fonte]

Ola ! Fixen unha pouca limpeza cos departamentos e as rexións de Francia. Deixei algunha paxinas vacias : nistes casos na wiki francesa deixase a paxina completamenta branca, no resumen da edicion dase en duas palabras o motivo do branceo ... e entre unhas horas e dous dias un administrador pasa e borra a paxina. Isto non impide que se volva utilizar o titulo con un contido apropriado. Ten o merito de darlle unha mensaxe de advertencia o usuario que volve abrir o titulo, dicindolle que si o artigo nos respetas as normas volvera ser borrado. Como non sei moito cal é a regra na Galipedia, pois puxen a explicacion na paxina, mais isto non me gusta moito. A ver o que me aconsellades ? Saudos a vos ElviraConversa con mi 12:54, 6 abril 2008 (UTC)