Conversa usuario:Xabier Cid/arquivo14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 06/06/2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8     9     10     11     12     13     14     15     16     17     18    

Fada[editar a fonte]

Mensaxe para AlexandreVigo, Lameiro e XabierCid
Non sei se podedes axudarme a aclarar a palabra fada en galego, por se acaso. Entendo que hoxe falase de fadas como das hadas en castelán e das fées en francés e na Galipedia atopo ese uso en artigos Morgana, Dama do Lago ou Xenebra (raíña), etc : hai outros usos como no artigo Lobishome que entendo mellor. Este sentido non vai de acordo ca lembranza que me quedou do uso desa palabra de cando eu era nena escoitando falar a xente en galego. O Diccionario de los seres míticos gallegos di que que as hadas son en galego, segun o contexto, moura, dona, doncela, señora, señorita e encanto ; a fada é un sino que levan as persoas de toda a vida, ou botado nun momento da vida dunha persoa. O que di ese dicionario vai dacordo cas miñas lembranzas de nena. Cando investigo con google (resulta fastidioso porque non podo escoller o galego como lingua de preferencia) atopo o uso de fada como se fosen hadas en blogs ou en conversas sen especial fundamento de coñocemento "cientifico". E cando atopo algo que semella máis acreditado (Enrique Bande Rodriguez, catedrático de Geografía e Historia, poís vai polo sino e non pola persoa imaxinaría. Emilia Pardo Bazán na La última fada: novela inédita usa a palabra fada como se fose unha hada galega ? O DRAG consultado na web da as duas posibilidades : a persoa extraordinaria e a sorte. En resumo na lingua galega temos dous conceptos de fada, a fada sendo unha muller mágica de uso corrente e logo fada sino do destino propio da mitoloxía galega ? e polo só seria un artigo na Galipedia coa segunda acepción, a primeira seria sinalada nos diferentes artigos que a esplición seria útil, considerando que o uso actual de fada/hada/fée non acada unha potencia de desenvolmento necesario que non se poida atopar xa en artigos como moura ?
Toda ista conversa porque ando arredor do que seria o artigo Mitoloxía galega e todo o que pode ír na Categoría:Mitoloxía galega. E ainda ca mitoloxía galega como a mitoloxía gala non teñen literatura antiga comas mitoloxías irlandesa e galesa, eu penso que merecen artigos de alta calidade xa que o estado do coñocemento permite de recoller datos que ilustran a sua existencia na formación das respectivas culturas dende tempos remotos ata polo mesnos finaís do seculo XX en Galicia (para Francia non investiguei moito e non sei se a fomación da cultura cos mitos rematou ao comenzo do seculo XX).
Perdoar esta molestía, quero aclararme un pouco antes de meter a pata, non tendes obligación de contertar se o tema non está diante de vós ElviraConversa comigo 15:46, 8 marzo 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Ola, Xabier.

Xa vexo que o tema das licenzas é todo un mundo. Pois terei que borralas as tres, malia que as collín e recortei de vellas fotos totalmente carentes de interese de xente anónima do Flickr. Digo máis: esforceime por escolmar as que tiñan un aire máis caseiro. Así e todo, segundo o que me dis do dominio público, supoño que non cabe outra posibilidade máis que borralas as tres. Daquela, como as borro?, abonda con entrar na imaxe e borrar no chirimbolo de editar? Ti me dirás, que estou aprendendo de a pouco. Non vaias pensar que foi unha artimaña de zorro que quixen coar, que foi porque simplemente porque non cría que un recorte sobre vellas fotos con cero interese puidesen xerar problema ningún. Máis ca nunca, gaña enteiros isto da cultura libre. Saúdos. Alejandro.Mensaxe deixada polo usuario:Atobar, a quen non lle acordou asinar.--Xabier Cid Conversa 08:43, 9 marzo 2009 (UTC)

Entendido o de FlickrPendente. Xa llo puxen á imaxe que subín e tereino presente para as vindeiras. Graciñas, Xabier. Mensaxe deixada polo usuario:Atobar, a quen non lle acordou asinar.--Xabier Cid Conversa 15:25, 9 marzo 2009 (UTC)

Polo de agora só subín esa. As outras son das miña autoría todas. Perdoa o bombardeo de preguntas: como fago para asinar?Mensaxe deixada polo usuario:Atobar, a quen non lle acordou asinar.--Xabier Cid Conversa 15:29, 9 marzo 2009 (UTC)

acabo de subir unha imaxe de maior tamaño do castelo dinamarqués. Aproveito para botar a miña primeira sinatura.--Atobar 15:44, 9 marzo 2009 (UTC)

Ligazón corrixida no Ficheiro:Retrete tapa negra.jpg. Revísaa cando teñas tempo. Un saúdo.--Atobar 01:45, 10 marzo 2009 (UTC)

Linguas por países[editar a fonte]

Estou dacordo con que se suprima (deixei tamén recado na páxina de conversa). Saúdos. --Iago 12:03, 9 marzo 2009 (UTC)

Pepa a Loba[editar a fonte]

Ola Xabier ! Moitas gracias por "corrixirme", xa sabes que sempre me gusta eso, ainda que algunha escasa vez non sexa útil, non quero que renunciés. Puxen a esplicación Conversa:Pepa a Loba. Ata outra Xabier ElviraConversa comigo 22:39, 9 marzo 2009 (UTC)

Como unha moto[editar a fonte]

  • De nada, para iso estamos :). Iba deixarche na conversa da categoría que é normal despistarse, e máis cando vas como unha moto... pero é un chiste moi malo... :) --Banjo tell me 08:22, 10 marzo 2009 (UTC)

Botear botearei...[editar a fonte]

Poder pódese... mándalle un pouco de truco pero pódese :). Non, agora en serio, si que se pode, estou facendo algúns a man pero pola tarde noite cando chegue á casa mirarei de usar o bot. O Modelo:Flagicon corresponde cos que teñen "b", que son as bandeiras soas, non debería ser moi complicado.

Tamén hai que cambiar os modelos empregados nos equipos de fútbol e demáis para os cadros de xogadores, eses quizáis den algo máis de chollo manual.

O que si necesitaba era que se completaran os modelos de bandeiras (particularmente os "b") para poder retirar todos, xa que creo que faltan uns cantos non?

Pola tarde-noite póñome có bot e xa te conto como vai a cousa. Saúdos meu! :) --Banjo tell me 11:52, 10 marzo 2009 (UTC)

  • Correcto, xa che direi logo, seguramente eu tamén faga algún :). P.S: Como din por aquí: Ai! no te me estreses neniño! (coruñés) ou Bu neno, no te ralles, pasa de movidas neno (koruño) :D --Banjo tell me 14:43, 10 marzo 2009 (UTC)
    • Xa comecei có bot, vou pouco a pouco. Cambiei o Modelo:Fs player, que é un dos que usaban o flagicon de marras, agora tou traballando para cambiar as chamadas ao modelo fs player... Terei que dar más de unha pasada fijo :) Máis que pedirche que fagas bandeiras novas, máis ben o que si te pediría (ao resto tamén) é que si ves algunha que falte ou haxa que cambiar avises e xa me encargo, que agora xa lle pillei o truco :D --Banjo tell me 18:37, 10 marzo 2009 (UTC)
    • Rematei!!! Aínda me levou ben tempo, non sei coma non me volvín tolo... :) Na, ahora en serio, creei bandeiras novas, categoricei por continentes e cambiei os artigos que usaban o flagicon de marras, agora xa non o usa ningún... O Modelo:flagicon e o Modelo:Country (usado polo primeiro) xa os borrei tamén... creo que non falta nada :D --Banjo tell me 09:24, 25 marzo 2009 (UTC)
    • Bueno, si, si que falta algo... Hai algúns modelos duplicados, ei darlle unha pasada aos Categoría:Artigos duplicados e xa miro estes modelos de paso. Ata o de agora para crear modelos novos seguín o código ISO 3166-1, creo que deberíamos tentar estandarizar os modelos segun estes códigos... De momento mirarei o de fusionar os duplicados, e si eso máis adiante xa miro esto :) --Banjo tell me 09:29, 25 marzo 2009 (UTC)

Unha fermosa imaxe[editar a fonte]

Mensaxe para XabierCid e Xan de Ningures
Non quero subir, de momento, a imaxe Ficheiro:WesternEurope BeatusOsma.jpg a commons para logo utilizala na WPfr por ter un problema (no artigo Reino de Galicia). Alexandre Vigo non anda de momento por estas terras e ando a cavilar que seria posible co quil di na descriptción poderiase amañar a imaxe como obra de arte antigo no dominio publico e sendo autoría del a foto, que opinades ?. De arranque eu fariao, máis son especialista de trabuquearme coas imaxes e gostariame antes ter opinion doutros é por isto que permitome molestarbos sen obligación de contesta ; a Xabier por contar sempre que temos unha relación básica de confianza, de franqueza e de boa fé e à Xan de Ningures por semellar que ten bastantes competencias niste campo. Sen compromiso ningún, saúdos ElviraConversa comigo 21:48, 10 marzo 2009 (UTC)

Ainda eu XabierCid !
Xan de Ningures anduvo estudando o asunto e botouse a resolver en commons o que me preocupada de momento. Agora queda ese marcador na imaxe da Galipedia. Xa se vera se a solución pode vir a volta de AlexandreVigo ou se un día terase que discutir na comunidade. Por mín non hai presa. E perdoa de andar sempre buscando temas coas imaxes, pero gustanme tanto nos artigos. Ata cando queiras XabierCid ElviraConversa comigo 00:57, 11 marzo 2009 (UTC)

Pedido[editar a fonte]

Ola Xabier. Se podes e tes gañas poderías trazar un resumiño deste artigo en:Manwel Dimech? Non fai falla que te esforces moito, máis ca nada é para poder subir unha fotografía dunha estatua del, que saquei cando estiven en Malta. Xa me dirás. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:11, 15 marzo 2009 (UTC)

Feito! Feito!--Xabier Cid Conversa 19:44, 15 marzo 2009 (UTC)
Grazas moitas :) A imaxe foi subida. Alberte Si, dígame? 19:55, 15 marzo 2009 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Saúdos Xabier. Na imaxe da semana actualizouse o texto, pero a fotografía segue a ser a do cruceiro. Deica .--Iago 19:36, 15 marzo 2009 (UTC)

Espera, non lle fagas o anterior; o texto correspóndese coa imaxe. Pensei que alguén xa cambiara a imaxe da semana hoxe e se deixara atrás mudar tamén a foto. --Iago 19:38, 15 marzo 2009 (UTC)

ficheiro:WesternEurope_BeatusOsma.jpg[editar a fonte]

Ola Xabier. Ante todo desculpas pola miña demora, xa que me tiven que ausentar un certo tempo, e descoñecía todas as conversas sobor da imaxe, que deu de falar por certo. Ben, a autoría da imaxe era -para min alomenos- de complicada resolución e por iso decidín escribir a autoría real do mapa, porque esta imaxe que aparece é un anaco adulterado en canto a cores, nitidez, etc.. por min para facela mais visible, dunha fotografía á súa vez moito máis grande que unha amiga fixo dun facsimil que se atopa na Catedral que leva o mesmo nome. É dicir, a imaxe que se ve pese a ser autoría do Martinus -foi quen fixo o mapa, nel supuxen que recaía a autoria da obra- é realmente unha imaxe nova creada por min, en canto que é un adulteramento do feito por Martinus. Vos coñecedes a normativa moito mellor ca min, polo menos agora puiden dislucir un pouco o historial da imaxe. un Saúdo--Alexandre Vigo 22:15, 15 marzo 2009 (UTC)

En ou de[editar a fonte]

Por min vale, xa non facía falla nin que avisaras. Ás veces xa me teño preguntado cómo será máis correcto, e penso que para este caso é mellor coma ti o deixastes. Seguindo ese razonamento, quizáis habería que mudar tamén este outro. Saúdos. --Iago 23:51, 15 marzo 2009 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Conecteime coa conta do bot no explorador para facer unha comprobación mentres estaba funcionando, e vese que non lle gustou, pero en canto desconectei volveu a poñerse ben... éche caprichoso o trebello este :) --Banjo tell me 11:11, 16 marzo 2009 (UTC)

Linguas por países[editar a fonte]

Ola. Recentemente borrárase a categoría Linguas por países, pero á vista destes artigos sobre as linguas de España, Francia, Dinamarca, Suecia e Alemaña, habería que considerar se non sería útil volver a crealo. Por exemplo, metelos nunha eventual Idiomas de Europa por países, dentro doutra Idiomas por países. Qué opinas? --Iago 20:57, 18 marzo 2009 (UTC)

Comparto os teus razoamentos, tanto sobre a dificultade de ter uns criterios homoxéneos coma á hora de atopar referencias, pero á hora de categorizalos podíamoslle buscar un apaño para estes artigos. Por exemplo, un Linguas faladas en Europa por países. Ou, para non meternos en camisas de once varas, podemos deixalo estar coma ata o dagora, e se vemos que co tempo esta clase de artigos son cada vez máis, xa daquela lle buscaremos unha solución máis acaída. Por min, quedámonos con esta última opción. --Iago Dime 16:18, 20 marzo 2009 (UTC)

Grazas pola axuda[editar a fonte]

Quero ser apreciado pola axuda que me ofrece no artigo Camiño Neocatecumenal.

--Ferbrunnen, Eu ouço-te! 14:00, 23 marzo 2009 (UTC)

Categorizar[editar a fonte]

Si, claro. Foiseme o santo ao ceu, Xabier. Acouga, que adoito facelo. Seica, esta noite ando aos biosbardos. Saúdos e alédome de atoparte de volta por aquí.--Atobar 00:24, 25 marzo 2009 (UTC)

Tan aos biosbardos ando que acabo de caer en que me falas de categorizar e obviamente categorizar non é face ra listaxe das outras linguas, que é ao que eu me refería no parágrafo anterior. Como teño a cabeza! Aínda non lle teño o truco pillado ás categorías; ás veces, por non inventar unha, deixo o artigo en PendenteCategoría. Vale iso?, algunha suxerencia? Saúdos de novo.--Atobar 00:28, 25 marzo 2009 (UTC)

Majange Pardo de Andrade[editar a fonte]

bon día, Xabier; anímaste a facer o artigo? Moitas veces ver os artigos novos da galipedia é un bo sistema para saber quen morreu, pero hoxe sóubeno antes pola prensa :). Velaquí che adxunto unha axudiña.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:02, 25 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Atanagildo-rey-visigodo.png[editar a fonte]

Non sei que facer con esta imaxe. ¿Que opinas? Repara na orixe--Xan de ningures 16:38, 28 marzo 2009 (UTC)

Eu normalmente pasaría considerando os datos de creación da imaxe, pero agora as cousas non son así pois a orixe non me aclara de onde se tirou a imaxe. --Xan de ningures 17:47, 28 marzo 2009 (UTC)
Encontrei a páxina da ficha da imaxe (o malo é que a ligazón non funciona). O caso é que en tódalas páxinas da Biblioteca pon "Biblioteca Nacional

Copyright © 2000 - 2005, SirsiDynix". Eu non sei actuar. Eu entendo que non poden colocar con copyright unha obra de dúas dimensións que está no dominio público, pero é o mesmo caso cás PD-arte.

  • Para máis complicación, na web da Biblioteca hai un aviso legal que pon "El usuario queda expresamente autorizado por la Biblioteca Nacional a visualizar, imprimir, copiar o almacenar cualquier contenido, siempre que ello se efectúe para fines personales y privados del usuario, sin finalidad comercial, de distribución o difusión en línea y sin modificar ni alterar los antedichos contenidos. Esta facultad de uso personal se entiende efectuada siempre y cuando se respeten intactas las advertencias a los derechos de autor y de Propiedad Industrial aquí realizadas, y no supone la concesión de licencia alguna al usuario.". Borrámola?--Xan de ningures 18:04, 29 marzo 2009 (UTC)

Obras derivadas[editar a fonte]

Non tiña ganas de marcar Ficheiro:Vexetarianismo.jpg para borrar, preferín abrir espazo para comentalo. En Conversa ficheiro:Vexetarianismo.jpg expreso o motivo polo cal considero que é copyvio. Comenteillo ó usuario que a subiu--Xan de ningures 18:13, 31 marzo 2009 (UTC)

Outra imaxe que non tiven gañas de marcar como copyvio: Conversa ficheiro:Porta wc.JPG. Expresei os motivos en Conversa ficheiro:Porta wc.JPG e vou avisar ó usuario.
Por favor, bota unha man. Teño medo de queimar o usuario de tantas observacións que lle estou a facer--Xan de ningures 20:54, 31 marzo 2009 (UTC)
Se estás en desacordo co que expreso, faino saber, non hai problema--Xan de ningures 20:55, 31 marzo 2009 (UTC)

Sinto o chollo queche podo estar dando, pero quizais conviñese que reparases en Conversa ficheiro:Xoguete mazinger.jpg--Xan de ningures 21:34, 31 marzo 2009 (UTC)

Teño un problema[editar a fonte]

Desexo acceder á discusión da imaxe que ti considerabas que se debía borrar por ser PD-arte e que eu consideraba que se podía manter, para continuala, pois quedaron asuntos no aire. Non lembro cal era e, dado o número de edicións que fixen, non a encontro.

Solicítoche que pases esa discusión a Wikipedia:A Taberna/Imaxes, tanto se a imaxe fose xa borrada coma se non fose borrada.

En caso de que fose borrada e non se recupere a discusión, volverei a comezar a discusión, pero na Taberna, dándolle á discusión a entidade que eu solicitei que se lle dese (debe a resolución afectar ás políticas ou crear precedentes claros para todo o mundo. O que non pode ser é que esa discusión estea nunha páxina que vai ser borrada).

Desexo ademais saber se foi borrada, pois non a encontro. Grazas--Xan de ningures 18:47, 3 abril 2009 (UTC)

Xa a encontrei. Levoume 20 minutos--Xan de ningures 18:52, 3 abril 2009 (UTC)
Estou encantado de que ti sexas administrador na Galipedia

Volvinme expresar nesa páxina. Fun moi duro, inda que aínda non todo o duro que podo ser. Quéroche aclarar así e todo que, inda que critico o teu proceder neste caso e critícoo expresamente, non quero facer un xuízo de valor sobre ti nin como persoa, nin como usuario nin como administrador. Eu -xa o sabes- estou encantado con que ti sexas administrador na Galipedia. Desculpa se che firo, pero, desde logo, non desexo ferirche e moito menos fondamente--Xan de ningures 20:03, 3 abril 2009 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FProblemas_varios&diff=1130521&oldid=1127332[editar a fonte]

Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.

Non entendo que eu teña problemas contigo, nin persoais, nin estruturais, nin de ningún tipo. Creo que me preocupei, nas mensaxes que hoxe escribín, de deixar claro que non hai problema, que non teño problema contigo. Mesmo expresei tres veces (en páxinas diferentes) que estou encantado con que ti sexas administrador.

Tras diso -e dado o trato- ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)

Borrado de fotografía[editar a fonte]

Sen problema, Xabier. Terei en conta estas explicación para a próxima carga de ficheiros. Tomo boa nota. Graciñas e un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 11:09, 5 abril 2009 (UTC)

Ola, Xabier. Aí che vai:

  • Graffiti obama.jpg, Xutlandia, Dinamarca.
  • M.A Barracus - Equipo A.jpg e Johnny cash en graffiti.jpg, Estados Unidos (Chicago, creo)
  • Telebasura.jpg e Cregos bicándose.jpg, Madrid, España.

Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:00, 5 abril 2009 (UTC)

Moitas grazas por toda a información, Xabier. Es moi amábel. Os cregos e a telebasura están tiradas no barrio de Malasaña, a primeira na rúa, a segunda nun local pechado (un pub ou bar, ou mesmo non sei se era a casa de alguén). Os enderezos exactos non os sei, pero se me poño a pescudalo, se cadra podo sacalo. Dicir tamén que son de hai ano e medio, ou quizabes xa de hai dous. Pero mira, o que propoño é que sexan borradas e así que pase de novo por Madrid -en principio será antes de xullo- fago un oco para patear a zona e dou os datos con máis seguridade, sobre todo porque se non son eu o primeiro en quedar coa mosca por tras da orella. Présa non corre ningunha e abofé que vai ser mellor fornecer a ficha cunha información contrastada que falar de memoria. O dito: se de min depende, a mellor opción é o borrado até o verán ao máis tardar. Un saúdo e grazas de novo.--Atobar (conversa comigo) 19:58, 5 abril 2009 (UTC)
  • Ficheiro:Telebasura.jpg é daquela a que cómpre borrar axiña. A dos cregos vouna completar agora mesmo.--Atobar (conversa comigo) 22:44, 5 abril 2009 (UTC)

Club de Gimnasia y Esgrima La Plata[editar a fonte]

Graciñas polo aviso, Xabier. Un saúdo.--Adorian 10:56, 6 abril 2009 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

Desculpa de novo polas molestias, teño unha pequena dúbida: Pódese facer algo para que un modelo apareza agochado por defecto?. Por exemplo no caso desta páxina Selección de rugby de Galicia para que o modelo Selección de rugby non apareza aberto dese xeito, máis que nada porque é moi grande e non queda moi estético.

Moitas grazas. Un saúdo.Mensaxe deixada polo usuario Adorian, a quen lle esqueceu asinar. --Xabier Cid Conversa 11:56, 6 abril 2009 (UTC)

Modelos II[editar a fonte]

Perdoa, non me dera conta, e que nos primeiros que fixen pensei que estaban coa abreviatura en inglés, vou mirar que non haxa ningún máis errado. De novo desculpas. O problema que estou tendo e aquí na Categoría: Marcadores de bandeira de Europa, como non había o da bandeira de Irlanda só fíxeno, e o que pasa é que agora inclúe dentro de esa categoría tódalas páxinas que levan o de {{IRL (sen ser o da bandeira), e non o dou arranxado nin lle vexo o fallo.

Mil perdóns de novo.--Adorian 13:21, 6 abril 2009 (UTC)

  • Dinme conta que o de IRL estaba coma RIR, aínda que os dous modelos existían. Vaia tarde levo, estou escachando todo, desculpas.--Adorian 13:24, 6 abril 2009 (UTC)
    • Creei IRLb e IRLr, o de rugby, aínda que neste caso ao competir a República de Irlanda e Irlanda do Norte xuntas penso que se debería manter. Grazas por todo.--Adorian 13:26, 6 abril 2009 (UTC)

PP[editar a fonte]

Perfectamente. Non hoxe, nin mañá, pero, cres que sería posíbel un artigo da evolución ideolóxica do PP? Aí, se cadra, si tería cabida. As referencias que puxen coido que son válidas a todas luces. Xa o verías: veñen d'El País, El Mundo, Izquierda Unida, Xornal e Galiza Nación. En troques, estou pensando eu que mesmo de ser posíbel o artigo verbo da evolución do PP, tampouco non teño tanto interese no Partido Popular como para lle dedicar o meu tempo. A ver se alguén argalla algo e podo así colaborar coas referencias que veñen de seren revertidas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:28, 6 abril 2009 (UTC)

Oíches, Xabier. Pégalle un toque ao usuario Jose Manuel Baltar, que anda a trocar o nome de Feijóo e ten na croca a teima co galeguismo. Olla para os cambios que vén de facer. Dillo ti, que es o administrador, anda. --Atobar (conversa comigo) 14:32, 6 abril 2009 (UTC)
Xa imaxinei que estabas con outras cousas. En efecto, Toliño fíxose cargo rapidamente.--Atobar (conversa comigo) 15:17, 6 abril 2009 (UTC)


Res:Imaxe de Atanaxildo[editar a fonte]

Ola, Xabier Cid. Esa imaxe de Atanaxildo (http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Atanagildo-rey-visigodo.png) e como tantas outras do mesmo autor deben continuar no dominio publico, mesmo si un © da BNE parece apropiarse desa imaxe, pois como ti ben sabes leva depasada a morte do dito autor, maís de 70 anos. Esperemos pois a resposta da BNE pra saber como eles explican. Si desde logo non hai outra razón maís convincente, pois qué vamos facerlle ???, borrala. E eu seguirei sin comprender gran cousa do PD. Grazas polo aviso, un grande saudiño.Basilio 16:17, 6 abril 2009 (UTC)

Mensaxe de Manuel B.[editar a fonte]

Javier: tenías razón en lo que me contabas por correo: no vale la pena discutir con esta gente. Manuel B.Mensaxe deixada polo usuario Josemabb . --Xabier Cid Conversa 18:04, 6 abril 2009 (UTC)

Pra evitar suspicacias, vou pegar aquí o correo que lle enviei a este usuario en resposta a un seu, e que foi anterior á serie consecutiva de edicións insistentes sobre o mesmo tema.

Ola, José Manuel...

Non creo que meteses moito a gamba, :) Simplemente tiveches un erro que ten calquera cando empeza a facer algo. Non te preocupes por iso. Eu agora estou liado amañando unhas bandeiriñas, :), [...], pero agora me poño con iso. Fixeches ben en eliminar informacións que non estaban referenciadas, aínda que como che dixen na mensaxe na páxina, non queda moi ben por facérelo ti.

O problema é que nada do que se fai na wikipedia ten emenda (só cousas graves, graves, como grandísimos insultos e cousas semellantes). Todo o demais debe quedar rexistrado nos historiais das páxinas. Pero non te preocupes: isto pasou agora, pero é normal, porque estás empezando. Non hai ningún problema. Non rompiches nada que non teña amaño. Ademais, algunhas das afirmacións que estaban no artigo non estaban ben documentadas, e deberían borrarse.

Vandalismo de IP's[editar a fonte]

Tomo nota, Xabier. Graciñas.--Atobar (conversa comigo) 21:57, 6 abril 2009 (UTC)

Partido Popular de Galicia[editar a fonte]

Feito! Feito! Por referencias non será. Agora si ten unha razón de ser. Completeino ao xeito e quedou aqueladiño abondo. Vai toda a historia ideolóxica toda do partido. A ver que che parece. Mellorar, pódese, iso está ben claro, pero revertir a edición, en absoluto. A ver que che parece, Xabier.--Atobar (conversa comigo) 00:39, 7 abril 2009 (UTC)

Alemaña[editar a fonte]

Saúdos Xabier. Estou a ver se melloro os artigos sobre os diferentes estados de Alemaña, e ao comezar a botarlles un ollo xurdiume unha dúbida. No caso do Estado de Bremen este nome pode referirse tanto á cidade de Bremen coma ao nomeado estado, o que non sei e cal é a fórmula que debería tomar para diferencialos: chamarlle a un Bremen, Estado e ao outro Bremen, Alemaña (coma fan gran parte das wikipedias en outro idiomas) ou deixar Bremen para a cidade e Estado de Bremen para o outro? (ou outra opción mellor claro)

Moitas Grazas.--Adorian 14:04, 7 abril 2009 (UTC)

Vertebrados e Vertebrata[editar a fonte]

O artigo vertebrado redirecciona a Vertebrata, rompendo a norma de utiliza-lo nome común no título e que sexa o científico o que redireccione. Prefiro que este cambio o fagas ti porque non me parece tan simple como os que eu sei facer e non quero mete-la gamba. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:06, 9 abril 2009 (UTC) Feito! Feito! Pero non lle vin a complicación, ;) --Xabier Cid Conversa 17:45, 9 abril 2009 (UTC)

Feito! Feito! (polo correo).--RNC 09:02, 11 abril 2009 (UTC)

RE: Grazas[editar a fonte]

Nada, non se merecen. Teño carencias noutros aspectos da "vida wiki", así que intento suplilas (iso creo) con tarefas máis técnicas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:51, 21 abril 2009 (UTC)

Diversos[editar a fonte]

Boas, Xabier. Moitas grazas por todos os consellos. Non che falta razón. Non obstante, hoxe non é moi significativo, porque quería argallar con celeridade os artigos básicos dos políticos novos do goberno galego e mais algún outro importante que non estaba, como o caso do alcalde Orozco. De aí que non fixese a estrutura moi xeitosa. Iso, que quería que estivesen máis ca que estivesen ben. Non obstante, descoida, seguirei coa liña que me propós. Por outra banda, neste tempo en que estiveches algo desconectado dediqueime sobre todo á corrección de artigos de outros e a inserir pequenos artigos con termos que son importantes e que a Galipedia aínda non tiña.

Canto aos acentos na indexación por categorías, a verdade que non sabía nada. Tomo nota. O dos nomes do artigo, si o sabía pero non me debín de dar de conta ou non o crin convinte. Por exemplo, volvendo co caso de Orozco, non quería tapar un posíbel artigo futuro sobre José Clemente Orozco, o pintor. E o outro caso que lembro así sen mirar ao historial é o de Samuel Juárez nonseique, un dos novos conselleiros, que vin en varias páxinas que o mencionaban cos dous apelidos, ao estilo de Suárez Canal. Pero bueno, sexa como for, debéuseme pasar algún polo que dis, pero descoida tamén a este respecto, que o dos nomes no adoita confundilo.

Graciñas e con tempo, sen presas, dime cando tes tempo para che enviar o artigo ese do que che falei ao correo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:23, 21 abril 2009 (UTC)

Oíches, tesme abraido co ritmo que levas para non terese parado por aquí nuns días. Non paras, Xabier. Vai a modo cos alcaldes, que che vai dar un patatús.--Atobar (conversa comigo) 22:01, 21 abril 2009 (UTC)

Borrado de Ficheiros, Copyright[editar a fonte]

Ola Xabier! Moitas grazas polo aviso e por borrar os arquivos. Pero mira, eses contidos estaban na wikipedia en inglés e son arquivos de 30 segundos de mostra descargados dende páxinas de compra de música, a título de exemplo. Non entendo moi ben cal é o problema, e por qué en inglés si e en galego non. Mais en todo caso grazas velar pola seguridade da galipedia. Un saúdo! --Anxogcd 16:08, 22 abril 2009 (UTC)

Ok Xabier, motísimas grazas. Pois vaia graza que os americanos poidan e nós non, en fin... Deste xeito a calidade dos artigos non compiten en igualdade de condicións. Moitísimas grazas por molestarte, de verdade. Un saúdo moi forte --Anxogcd 16:57, 22 abril 2009 (UTC)

Fotazos[editar a fonte]

¿Fotazos? que va... pero estarei pendente para cando nazan os poliños. Por certo, a gripe porcina é cousa distinta da peste porcina (falo das enfermidades do porco, claro). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:49, 27 abril 2009 (UTC)