Conversa usuario:Lameiro/arquivo 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vellas conversas durante o ano 2008:

Respecto[editar a fonte]

Prezado Lameiro, o respecto tense pra xogar ao dominó; poda, corta, dálle, corríxeme no que cumpra (como neste caso). Como estou enzoufado xa con estas toxas, fareino eu, pero non me teñas respecto pra isto, ;) Saudiños. --Xabier Cid 19:02, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes sen uso[editar a fonte]

Ola: Lameiro/arquivo 2. Outra vez che vou dar a lata coas imaxes. Algunha das túas imaxes non están presentes en ningunha das páxinas da Wikipedia galega. As imaxes que non se empregan na Galipedia serán borradas.

Para evitar o seu borrado, debes procurar que se empreguen nalgunha páxina. As imaxes que subas no futuro podes subilas a Commons, se non tes claro a que páxinas incorporalas. Commons é un arquivo de material multimedia.

As imaxes subidas a Commons pódense empregar na Galipedia sen necesidade de subilas de novo, coma se xa estivesen subidas. A caixa de datos de imaxes da Galipedia é válida para Commons. A licenza que ti usas en Commons sescríbese {{PD-self}}.

A foto Imaxe:Procesionaria 1-2.jpg incorporeina á páxina piñeiro e propúxena para imaxe do día. Moi boa.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade, mesmo se é en Commons. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:29, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes da Toxa[editar a fonte]

Borradas. Bo traballo. Non reparei nelas porque non estaban cargadas na Gaipedia, senón en Commons. Estes días estiven mirando o cargado nos últimos meses en Galería de imaxes novas, e aí non aparecen.

Marcho. Cando volva vou parar nas imaxes de cruceiros. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:01, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Revisei tódalas imaxes dos cruceiros. Localicei case todas e borreinas. Cabe a posibilidade de que o autor da páxina en que estaban sexa o mesmo ca o que subiu as imaxes, mais non por iso as imaxes deixan de ser un copyvio. Se fose así, e o autor pon na páxina de orixe unha licenza compatible coa Galipedia, restauro as imaxes. Grazas polo aviso e desculpa a tardanza--Lmbuga Commons - Galipedia 19:48, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Ogrove[editar a fonte]

boas!

boteille un ollo ó artigo d'o Grove en castelán e vin que está moito mellor que na galipedia; ¿botaríaslle ti un ollo e o completarías? o certo é que está bastante escaso...

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 20:15, 9 xaneiro 2008 (UTC)


Urbano Lugrís[editar a fonte]

Ola. Do nacemento de Urbano Lugrís supoño haberá referencias en varias obras, mais que agora lembre, de segunro, no libro de Francisco Pillado O teatro de Manuel Lugrís Freire, Ed. do Castro, 1991. Tamén coido que nun que editou a Xunta, que se titulaba coido que Lugrís, Señor dos Pazos do Mar, ou algo así. Asemade, debera aparecer en calquera biografía de Lugrís Freire (no 2006 editáronse varias). Un saúdo.

Tipado Pato - Insultantemente correxido[editar a fonte]

Non entendo a que ven a crítica en Tipado Pato. Vale que había fallas ortográficas. Pero tanto como calificar o traballo de crear unha páxina dun tipo de paradigma informático como artigo de Frikipedia, me parece canto menos insultante. Cousas coma estas son as que fan que a xente non siga colaborando "DESINTERESADAMENTE" na creación da nosa enciclopedia online en galego. Correxidas as fallas ortográficas sacaréi a devandita mensaxe.

Saúdos --Fran Diéguez 14:45, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Berrincha sen máis[editar a fonte]

Bueno tranquilo, e desculpa ti tamén polo tono. Un mal día que tuven. Saúdos --Fran Diéguez 23:04, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Mexillón[editar a fonte]

Feito, borreina. Non dás lata ningunha. Incorporei a nova á páxina Mexillón. Púxena na Galería de imaxes. Cando o artigo estea máis completoquizais poida ilustrar algún apartado. n cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:35, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Encontrei outras sen orixe. Se encóntro máis, colócochas a continuación e, se son túas, podes editalas e indicar nelas que son realizadas por ti. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:51, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe:Depuradora mexillon.jpg
Imaxe:1195 recortada 50.jpg

José Ferreiro[editar a fonte]

A fonte de onde o saquei foi Antonio Rodríguez Fraiz, e no último cambio que fixen trabuqueime xa que el fala do ...artista de Quireza José Ferreiro, encargo (o cruceiro de Aciveiro) do párroco D. Elías Fonte Rodríguez no ano 1893.

En conclusión, o que puxen eu está mal, compre cambialo, pero ou o artista chamábase Francisco Xosé ou unha das dúas fontes erra. No caso de Rodríguez Fraiz xa tiven que cambiar algunha interpretación non coincidinte co maioritario opinar pero eso non significa que sexa o equivocado nesto. Haberá que tentar atopar algunha outra fonte de información para aclaralo. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:43, 28 xaneiro 2008 (UTC)

  • Parécenme ben calquera das dúas alternativas. No artigo do mosteiro cambiareino a Francisco e a conversa pens tamén que o seu sitio é en cruceiro e no artigo do cruceiro de Aciveiro cando se faga. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:50, 31 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:49, 30 xaneiro 2008 (UTC)

columnas[editar a fonte]

O de columna exenta, acaroada ou entrega non comprobei que aparecese no artigo columna. Nese artigo estiven só de paso. Haberá que explicalo pero non me sinto moi capacitado para teorizar sobre o tema. No tema da separación supoño que refíreste a que Bango Torviso dí que a distancia entre o eixe central da facahda e as columnas non é o mesmo xa que unha delas está 10 cm máis proxima que a outra, e pensa que é debido a consrución da torre a causa desta non simetría. Non sei que facer. Uso calro unha fonte escrita pero que pode estar enganada. Poden existir outras fontes pero non creo que sexa moi doado atopalas. Se consideras o dato desmesurado pola túa percepción o que se podería facer é quitar o dato dos centímetros e decir que están situadas de xeito lixeiramente asimétrico en relación ao centro, ou algo máis claro e menos enrevesado. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:37, 4 febreiro 2008 (UTC)

  • Eu son dos que pensa que unha imaxe nunca sobra e se te chamaron a atención xa está facendo que tamén ma chamen a min. Eu subiriaas. O de Campolameiro non ten perdón, exemplo de autodesvalorización do noso patrimonio, pero se alí non se atopan perdidos estamos, supoño que cunha boa roza todos os anos e as sinalizacións que prometeran xa estaría a cousa a piques de comezarse o Parque arqueolóxico prometido. Supoño que acabarán facendo unhas copias dos petróglifos en pichiglás e os poderemos ver na Cidade da Cultura. Eu tamén teño gañas de pasarme por alí, quizais este venres aproveitando a xuntanza en Pontevedra, non sei... Saúdos e espero que prestara a cea. Lansbricae (Ti dirás) 22:04, 4 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza[editar a fonte]

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:31, 9 febreiro 2008 (UTC)

Categorías e apelidos[editar a fonte]

Unha: pensei niso de anotalo, pero non sabía moi ben onde... Dúas: efectivamente, hai unha razón. Como iso segue unha orde de alfabetización estraña, os ó van despois dos z. En realidade, as máis das veces é bastante absurdo, porque neste caso Ramón iría despois de Ramos, e non antes, pero eses son fabas contadas. Pero Álvarez, por exemplo, vai despois de Zambrano. Ao igual que gomez vai despois de Sanchez, porque as minúsculas tamén van despois cás maiúsculas. Iso, por exemplo, tamén afecta ao ñ. Eu adoito poñer n, pero teño visto xente que escribe nn, quizais con máis sentido: Raña vai despois de Razo. --Xabier Cid 19:30, 13 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica[editar a fonte]

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

Grazas por orientarme co das conversas[editar a fonte]

  • Grazas Lameiro. Este sistema de ter separado o que cada un di en páxinas diferentes non semella moi utilizable (usable) :-( Non hai outra maneira? Así non hai quen sega unha conversa, e son como monólogos separados. Ou hai que copiar o que un di en ambas as dúas páxinas?! :-(( --Casdeiro 22:56, 13 febreiro 2008 (UTC)

Museos[editar a fonte]

Ola Lameiro. Queríache sondearte acerca dunha cuetsión. Nestas edicións 1, 2 e 3, eliminas información para facer máis lexible a páxina e é correcto. Pero non cres que con aquelas versións longas sobre cada museo pódense facer algúns artigos individuais? Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:48, 14 febreiro 2008 (UTC)

Bloqueos[editar a fonte]

Perdoa lameiro, non estou dacordo co que dis, só bota unha ollada para o teu "faiado", tes insultos a dous usuarios desde fai meses e xamais fuches bloqueado. Con esto non quero dicir que o debas ser, tardaches pero recapacitaches, a cada quen o seu. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:04, 14 febreiro 2008 (UTC)

lameiro, eu nunca dubidei de que nos entendéramos, pero a apreciación que sacamos final é distinta, eu creo na xente, en que a xente cambia, en que a xente aprende dos erros e se corrixe. O que non se pode é vincular os feitos actuais ao que pasou no pasado e non ao resto dos partícipes neses feitos. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:35, 14 febreiro 2008 (UTC)

Cygnus olor[editar a fonte]

Ola Lameiro. No glosario de aves di que a especie Cygnus olor chámase en galego Cisne mudo. Podesmo confirmar? Precisamente a imaxe do día do 18 de febreiro en Commons é unha fotografía desa especie Image:Cygnus_olor_flirt_edit.jpg. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:50, 15 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola resposta, creo que no texto da foto vou poñer os tres nomes que pode ter en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:15, 16 febreiro 2008 (UTC)

Formato[editar a fonte]

Non creo que faga falla, eu fíxeno seguindo o que Prevert fixera á súa vez en o detective Conan na sección das cancións. Supoño que é á túa escolla, se queres falo así e senón non o fas (podes desfacer a miña edición se non te convence, dáme igual). Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 14:26, 16 febreiro 2008 (UTC)

Floculación[editar a fonte]

Ola Lameiro. Vin que marcaches para lixo o artigo Floculación. O Usuario:Yago.v.e di na súa páxina de usuario que é un traballo para o insti, e avisa que vai cometer erros. Creo que era mellor darlle a oportunidade de que siga traballando no artigo, por iso penso que debías retirar o marcador de lixo. Se o fas avisareille que poña o marcador enuso para marcar que o artigo está inacabado e todo iso. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:50, 20 febreiro 2008 (UTC)

  • Eliminei o comentario en Imaxe:Estrela de mar.jpg por non ser enciclopédico. Avisarei á IP. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 18:52, 20 febreiro 2008 (UTC)
  • Feito. Son moi despistado. Lérao, pero pensando como actuar esquecime. A verdade é que ando dándolle voltas á foto, non estou seguro do lugar en que a tirei (Canarias, Galiza?). Só sei que a fixen eu. Se fose unha estrela de mar galega podería poñela en Categoría:Imaxes de animais de Galicia, pero non estou seguro, así que vou borrar a páxina que creou o usuario. Grazas de novo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:04, 20 febreiro 2008 (UTC)

Felicidades polo teu primeiro aniversario na Galipedia. Parabéns, agardo que sexan moito máis, o teu traballo é impresionante. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:06, 24 febreiro 2008 (UTC)

  • Si, é complicado o das imaxes (todos temos frecuentemente dúbidas sobre algunha imaxe que subimos). Mirarei as imaxes que indicas. Seguramente xa vin algunha delas, pero é complicado actuar. Hoxe voume retirar, mañá traballo cedo. O que si che adianto é que por mor da liberdade de panorama (toda obra exposta publicamente en espazo aberto está no dominio público) as fotos de obras artísticas realizadas en rúas son admisibles, pero non as realizadas en museos e menos aínda se o autor das estatuas non morreu fai máis de 70 anos. Se sedan esas condicións, as imaxes hai que borralas, a non ser que as suba o propio autor (inda así non sei se podería saír o fondo do museo). Mañá ou pasado falareiche máis. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 24 febreiro 2008 (UTC)

Aceite[editar a fonte]

Ola Lameiro ! Tratei de atopar unha solucion pa que se retire o marcdor de atencion o artigo aceite. Si podes botar un ollo, ver si a solucion e boa e arranxar un pouco o galego .... e retirar o marcador ? Si o que fixen esta mui mal, non hai problema desfas a edicion. Tu fai o que podas, eu solo pretendia retirar o marcador, porque estou vendo que hai artigos pior é non sei como arranxalos. Saudos ElviraConversa con mi 13:09, 25 febreiro 2008 (UTC) + Conversa:Aceite Saudos ElviraConversa con mi 13:20, 25 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Lameiro. Vexo que xa te felicitaron, únome aos parabéns. Foi un bo día aquel 24 de febreiro de 2007 no que comezaches a colaborar na Galipedia. Pasaron moitas cousas neste último ano. Grazas por contribuír a que a Galipedia sexa un pouco máis galega e por seguires aquí. Que sexa por moito tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:22, 25 febreiro 2008 (UTC)

  • Únome ós parabéns. Por outra banda estou a comezar a mirar as imaxes que me indicaches. Vou ir mirando unha a unha e dicíndoche no momento o que me parecen (levarame tempo). No caso de Imaxe:Soutelo maqueta 11.jpg é difícil tomar unha determinación a favor ou en contra. Hai que atender a dúas circunstancias:
-¿A obra en si ten dereitos de autor?: O cal implicaría considerar que é unha obra artística, algo moi diferente a facer unha foto, por exemplo, dunha báscula de mediados do século XX (Image:Bascula.Galicia.jpg).
-¿O local pode restrinxir a realización de obras derivadas e o uso comercial?: A imaxe anterior da báscula está tirada nun bar duns amigos (bastante íntimos). O bar non se percibe, pero inda así, por se tiña problemas, uns días despois, pedinlles permiso para sacar a balanza á rúa e tirar outra foto (Image:Bascula 9.jpg).

¿Por que non actuei con esta imaxe? Primeiro, non son quen de discernir se ten ou non ten dereitos de autor. Segundo, descoñezo o Centro Etnográfico Terra de Montes (inda que nun principio penso que sería necesario a aceptación escrita por parte de dito Centro, mesmo seguir o dito en OTRS, cousa difícil cun museo). Terceiro, xa che dei bastante lata co das imaxes e tiña temor de crear un enfrontamento (que sería absurdo) ó che comentar o anterior. Optei, polo tanto, por deixala estar á espera de que algún outro usuario opinase (pois eu non o tiña moi claro) ou á espera de que o Centro Etnográfico Terra de Montes protestase. E é que unha das boas cousas que ten a Galipedia é que unha protesta é facilmente publicable. Por todo o dito, ante a máis mínima protesta, eu borraría a imaxe.

Non estou contento coa miña actuación, non é coherente con outras que tiven. Pesoume moito non asfixiarte co das imaxes para non actuar. Tampouco estaría contento borrándoa, quizais poida estar tranquilamente no dominio público, pero certamente non o sei e, probablemente, debín borrala.

Actualmente, estou intentando ser máis estrito. Creo que é bo para a Galipedia, inda que non che me gusta nada facer de malo ou arriscar a perder usuarios que tanta falta nos fan.

Imaxe:Zorra 1.jpg, Imaxe:Esqueleto de peixe sapo.jpg, Imaxe:Tronco freixo.jpg (e demais troncos), non teñen dereitos de autor. Persoalmente non creo que o Centro Etnográfico Terra de Montes poña inconveniente na presenza destas imaxes, pero é unha opinión. ¿Preguntarlles? Quizais deberiamos pensar en crear un sistema coma o OTRS, pero pode ser moi laborioso e faría falla que se implicasen varios usuarios. Quizais sexa demasiado para o momento en que está a Galipedia, inda que algún día haberá que facelo. Quizais poderiamos pensar en facelo.

Imaxe:Mosteiro da armenteira 1-1.jpg, Imaxe:Setembro Museo do viño, Cambados.jpg e Imaxe:Casa das ciencias 1.jpg parécense a Imaxe:Soutelo maqueta 11.jpg.

Gustaríame poder dicirche que non lles vexo inconvenientes. Pero non é así. Creo que a cousa é conseguir entre todos crear estratexias ou plataformas de actuación para que o que che pasa con esas imaxes non pase. Eu, sen esas estratexias ou plataformas non sempre teño forzas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:35, 27 febreiro 2008 (UTC)

  • Ola de novo. Precisamente o procedemento ou normas que dicía que podiamos crear afectan directamente a regularizar imaxes de terceiras persoas (ou institucións) na Galipedia. Cando haxa ese procedemento, abondaría con que esa persoa (ou institución) devolvese un email aceptando o que este pon e engadindo unha licenza de entre as que se lle propoñen, para que as imaxes non teñan problemas na Galipedia. Tecnicamente teño dificultades para crear o procedemento, pero sei dar coa axuda para facelo. Heino pensar. O malo de crealo é que é unha responsabilidade máis, que pode precisar que se impliquen varios administradores ou usuarios (como haxa moitas solicitudes).
Mentres non haxa ese procedemento, o ideal ou, máis ben, o que eu faría, -quizais no caso dese amigo do que me falas non é posible- sería pedirlle as fotos. Logo, invitalo a comer. Trala sobremesa, axudarlle a crear o seu usuario na Galipedia e ensinarlle a subir as imaxes. ¿Que ten de bo este procedemento? Poderiamos gañar un fotógrafo para o proxecto e quizais un colaborador futuro. Claro que así é como vexo eu o asunto e non sempre o día a día se axusta ó que un desde fóra ve.
Outra posibilidade é pedirlle a ese amigo que as suba a Flickr permitindo as obras derivadas e o uso comercial como permiten as miñas imaxes de Flickr. Despois con orixe en Flickr poderíanse subir a Commons ou á Galipedia. Se desexas saber máis dese procedemento, explícocho. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:17, 28 febreiro 2008 (UTC)
  • esquecín dicirche que che agradezo a resposta e todo o que nela dis. --Lmbuga Commons - Galipedia 01:08, 28 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe:Ferro couselo 2-2.jpg[editar a fonte]

Dixérache que estaba sendo máis estrito coas imaxes que se sobern actualmente. Podo adiar actuar sobre as anteriores sore todo por mor de falta de tempo. Pero non podo obviar as actuais, pois iso incrementaría moito o traballo no futuro.

As imaxes de estatuas de museos non están no dominio público. Procedo a borrar a imaxe. Podes intentar subila a Commons seguindo o dito en Commons:OTRS/es (precisas a aprobación do museo e do escultor). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:07, 2 marzo 2008 (UTC)

  • Restaurei a imaxe e volvina colocar no artigo. Rogaríache que cando indiques que unha imaxe está nun museo, expreses se está na vía pública ou no interior, así non volvo meter a pata. Evidentemente a fotografía non é válida se se toma desde o interior (inda que sexa este un espazo pechado por cristais e que dea ó exterior). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:32, 2 marzo 2008 (UTC)

Acrónimos[editar a fonte]

Diaños... Vou por partes, aínda que neste eido o meu coñecemento á unha derivada que tende a cero. O criterio para os acrónimos é moi axeitado. Creo que queda algo estraño que non achegues tradución das toxinas paralizantes, p.ex., ou que haxa algunha sigla un tanto dubidosa en galego (ARYCPC, p.ex.). Hai outras que non teñen artigo de seu, como UHT, e non sei se é descoido ou feito a mantenta. E xeral paréceme estupenda.

Eu non incluiría as medidas, e de facelo recorrería a algo especial, unha especie de táboa en véxase tamén. Pero iso é complexo conceptualmente... é dicir: por que gramos e non quilogramos? ou por que non onzas? (estou especialmente sensibilizado con ese tema ultimamente, :) E teño as miñas dúbidas con respecto ao pH. Por que non? As partes por millón non as teño tan claras...
A segunda pregunta non a entendo ben. Podes poñer un exemplo?
Parabéns polo traballo... --Xabier Cid 01:03, 6 marzo 2008 (UTC)

Minerais na alimentación[editar a fonte]

papel biolóxico. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:04, 8 marzo 2008 (UTC)

Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo[editar a fonte]

boas Pedro! recurro a ti como coñecedor dos museos. Non sei se coñeces este. En calquera caso habería que aumentar algo o artiguiño, categorizalo e wikificalo, e metelo na lista dos Museos de Galicia, non? Se te animas, estupendo. Se non, avisa a ver que se pode facer.

Un millón. Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:48, 10 marzo 2008 (UTC)

Desculpa a tardanza[editar a fonte]

Ás dificultades de traballo (que non me permitiron intentar conectarme ata o domingo) tiven que engadir estes días dificultades enormes para conectarme á rede que dei solucionado sen a verdade saber como (chocaba co antivirus que teño desde fai un ano). Xusto cando as solucionei, rompeume o cable do portátil por mal sitio e non carga.

Teño que ser escueto, queda pouca batería.

Sobre a estatua diríache que a subises sempre e cando o autor leve máis de 70 anos morto.

Grazas pola apreciación do arranxo que lle fixen á estatua. Non tiña ganas de facer nadae divírtome ás veces con esas cousas.

Escola de Vela Tradicional da Illa de Arousa[editar a fonte]

Obrigado. Acabo de ver a corrección. Saúdos--Súalaxe 20:49, 11 marzo 2008 (UTC)

Miticultura[editar a fonte]

Ola Lameiro, acabo de subir unha foto dunhas bateas na ría de Vigo (Imaxe:Bateas na ría de Vigo.jpg ), se queres poderíala poñer no teu artigo sobre a Miticultura. Segue a traballar así de ben --Hugo22 15:35, 15 marzo 2008 (UTC).

Engano[editar a fonte]

Francamente tíñasme enganado. Pídoche por favor que retires os insultos que verquiches e mantes desde fai demasiado tempo na páxina persoal que denominas faiado, alomenos os dirixidos ao usuario que foi expulsado por un administrador baixo o seu criterio e do que tanto te aledas. No meu pobo non é costume rirse dos mortos, ainda que sexan galipédicos. O meu se queres deixao, teño por costume valorar de quen veñen os insultos antes de prestarlles atención. Lansbricae (Ti dirás) 22:59, 15 marzo 2008 (UTC)

Ip bloqueada de facto e de feito[editar a fonte]

Preguntas se eu estou bloqueada de facto, a resposta é sí e non. Podo editar desde calquera sitio menos desde a miña casa. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:08, 17 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Galego[editar a fonte]

Ola Lameiro ! Perdoa a molestia, vouche preguntar un servicio. Si non podes ou non queres, non me parece mal sin que te xustifiques. Sabemos ben todos que o meu galego é un desastre. Pasando un momentiño vexo que na taverna (xeral e propostas) descalifico me moito. A ver si podes facerme alguns comentarios pa que arranxe (ortografia, gramatica, vocabulario, expresions ... etc). Dirixome a ti por que vin, entre outras, no Galidicionario que tes un conocemento mui profundo da lingua. Tamen lle piden, sin tanta urxencia a Basilio que me axude un pouco. Repito, si non podes ou non queres, non hai problema Lameiro, é que nesto da taberna nestes momentos, pareceme importante que eu non estée a incomodar. Gracias pola atencion Lameiro. Saudos ElviraConversa con mi 12:52, 20 marzo 2008 (UTC)

Re:Río SIl e fotografía de Sarria[editar a fonte]

Adiante. Fóra con ela. Tes licenza, como calquera, para retirar as miñas fotografías e, por exemplo, colocar outras mellores. Que vou dicir xa se a foto é incorrecta. Bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:51, 21 marzo 2008 (UTC)

O tabaco na cultura popular galega[editar a fonte]

Hola Lameiro

Fun a marcar para borrar esta páxina, pero preferín consultarche antes. A páxina é moi breve, e ademáis non é accesible dende ningunha outra páxina, co cal ninguén chegaría a ela. ¿Que che parece meter o contido na páxina tabaco e borrar esta páxina?

Saudos Miguel.lima 13:44, 24 marzo 2008 (UTC)

Acabo de ver o sentido desa páxina, ao entrar na categoría á que pertence. Agora só me queda unha dúbida: ¿non estarían mellor todos estos refrans no galicitas, en vez de na enciclopedia? Miguel.lima 13:49, 24 marzo 2008 (UTC)

Artigos sobre cultura popular galega[editar a fonte]

Imos por partes, que diría Jack o destripador:

  • ¿Artigos separados ou sección? O que podemos facer é como nos artigos sobre os paises, que moitas veces vemos a sección Xeografía de España cunha introducción breve, e logo a referencia ao artigo completo Xeografía de España, para quen queira completar. Así resolvemos dous problemas: aumentar demasiado o tamaño dos artigos; e ter artigos que non están enlazados dende ningún outro e dificilmente serán lidos por ninguén. ¿Que che parece?
  • ¿Wikipedia ou Galicitas? Tes razón, collen máis cousas que refráns. Eu só tiña visto o do cabalo e o do tabaco, pero vexo que outros si teñen outro tipo de contido. Parece que o mellor será deixalos na Galipedia.
  • "vexo que esas "citas" teñen autor, lóxicamente, e iso non se dá cos refráns" Non exactamente. Si é certo que boa parte do contido da wikiquote son as citas clásicas cun autor e unha data, pero hai moitas máis cousas: refraneiro popular, palíndromos, inscricións en monumentos, epitafios.... a verdade un pouco de todo (aínda que a versión en galego esté un pouco verde todavía)
  • Sobre o artigo Lista de refráns, eso si que o vexo claramente no wikiquote, sen dúbida. De feito vou propoñer que se mova.
  • "Teño un especial cariño ás cantigas e refráns" Nótase :) Estás a facer un bó traballo recollendo todo ese material para a Galipedia, parabéns. Miguel.lima 14:49, 24 marzo 2008 (UTC)

Obrigado![editar a fonte]

Obrigado polo recoñecemento, tampouco foi para tanto. Agora aínda queda o máis traballoso, e o máis bonito tamén: facer que éste sexa o mellor artigo da Galipedia. E para iso seguro que ti terás moito que aportar na sección "Cultura popular galega" que ben merece ter o artigo Galicia ;) O do repaso era algo que estaba pensando pedir na taberna, pois catro ollos sempre ven mellor que dous, pero xa que te ofreciches ti, adiante. Grazas tamén por isto. O de "e aínda tes tempo para mirar os meus refráns", jeje, é o que che teñen as vacacións, pero non pensedes que vai ser sempre así, que esta tarde xa comezo a traballar :( Apertas, i eu tamén vou levantar unha copa de albariño esta noite, que xa me tardaba desfacer isto dos dous artigos duplicados. Miguel.lima 10:34, 25 marzo 2008 (UTC)

Cecilia[editar a fonte]

Grazas pola túa colaboración. Se queres algo de Narón ou comarca, xa sabes.--PepedoCouto 15:30, 1 abril 2008 (UTC)

artigo enciclopedico[editar a fonte]

Ola Lameiro ! Gustame moito o que dis na taberna, porque é un asunto importante. Xa o sabes eu, polo momento non quero meterme nas falas da comunidade porque non podo asumir un debate no cal dramatzanronse moitas cousas que non teñen que ver coa base do wikiproxecto. E por encima pareceme que hai usuarios que quedan ou esperan de quedar coa meta de resolver problemas externos. Isto non impide que xe dée a miña opinion sobre artigo enciclopedico. Eu sigo traballando na enciclopedia e non renuncié o compañeirismo ! No da tua proposta, eu de boas ganas xa houbera proposto a borrado unha certa cantidade de artigos por non levar interese enciclopedico. Por exemplo tratandose de lugares, unha enciclopedia non é o nomenclator nin outros rexistros de datos oficiás que se poden por en ligazón externo, ou dar no artigo en forma de lista. Unha regra pode clarear para cada tema un nivel de entrada, por exemplo para a xeogrfia, podese ter a acepción do concello como a mais baixa entidade. E con esta regra un artigo moi pequeno de concello pode esperar que veñan mais usuarios completalo. Esta misma regra ten que decir o que se fai cun artigo dunha parroquía (ou dun lugar) que solo leva os datos (por moitos datos que sexan e coas fontes oficias) propios (ubicación, populación, tantas igrexas, tantos clubes de deportes etc). A regra pode dar elementos para que un administrador a elimine en borrado rapido. Os casos dubidosos irian a proposta de borro con voto da comunidade sobre a acepción do interese enciclopedico. O interés enciclopedico, base do proxecto, por exemplo O Cebreiro é un lugar de interés historico, o interés enciclopedico vai con todas ciencias. Sempre quedaran moitos casos dubidosos nos cales necesitarase un voto da comunidade no cal os usuarios debateran do caso do porqué tal igrexa románica de tal lugar é diferente de calquer igrexa románica de calquer outro lugar. Ca regla un administador pode haber borrado un artigo dun lugar por falta de datos enciclopedicos, sin que lle veñan rifar. E si se da o caso que logo un usuario volve editar o artigo con datos enciclopedicos e con fontes, pois esta todo moi ben. Esta regra seria unha garantía de calidade : os administradores borran cando "technicamente" a cousa é clara, os casos dubidosos van o voto da comunidade e os lugares e parroquiss que merecen un artigo, só se abren con interese enciclopedico que leve fontes. Digoche todo isto para que seipas que a meta da calidade enciclopedica é a miña meta. Estas regras son moi importantes porque permiten os administradores de facer rapidamente o seu traballo fundamental sobre artigos, a comunidade de centrarse na calidade. Tamén escribo para ver si fago algún progreso na fala. SaúdosElviraConversa con mi 09:23, 5 abril 2008 (UTC)

Oído[editar a fonte]

Ola como che vai, estou creando algúns artigos relacionados co oído interno, como presumo que ti tes máis competencia ca min nese asunto, tanto no aspecto lingüístico como no anatómico, estaríache agradecido se lles podes botar un ollo: cóclea, oído interno, órgano de Corti, scala tympani e scala vestibuli. Grazas anticipadas.--Arco de Rayne 09:51, 12 abril 2008 (UTC)

Nomes científicos[editar a fonte]

Estou voltando ós poucos a editar. Sei que non termos nome científico como título de artigo impide moitas aproximacións ós seres vivos. Que che parece crearmos unha proposta conxunta? (pero esta vez ben definida) Eu só podo responsabilizarme de Botánica. A proposta incluiría:

  • unha bibliografía xerarquizada de referencia
  • un mecanismo de decisión sobre o nome científico que se debe usar
  • contemplar a maior parte posible de casos atopables

Dentro dunhas semanas o Galizionario pode converterse nunha referencia para isto en certos subtemas concretos. E xa metidos en fregados, incluír ou facer outra sobre o estilo para as etimoloxías e nomes de taxóns superiores a xénero. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 19:20, 14 abril 2008 (UTC)

Non sei, preguntarei, aínda que xa pasou medio aniño. De tódolos xeitos non se vai facer en dous días.

Charlas en Ordes[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:57, 15 abril 2008 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas[editar a fonte]

Fan falla imaxes da semana. Propuxen unha iaxe túa. Prégoche que mires se algunha das outras che parece merecente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:32, 15 abril 2008 (UTC)

  • Propuxen a imaxe Imaxe:Sencolorantesninconservantes.jpg para o seu borrado. Olla Wikipedia:Imaxes para borrar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:01, 16 abril 2008 (UTC)
  • Non comprendo o quepretendes coas últimas imaxes que subiches, as escaneadas. Sería preferible mil veces que creases ti as imaxes, pero en galego, inda que non fosen reais; total,as imaxes que subiches en castelán non resultan demasiado expresivas e poden mesmo ter copyright. É unha opinión. Se desexas que cree eu unhas semellantes en galego, podo facelo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:11, 16 abril 2008 (UTC)
  • O que dis xa o supuña, pero o que realmente máis me desagrada é que estean en castelán. Intentarei facer eu as etiquetas, xa veremos se consigo facelas ben. O máis difícil é facelas verosímiles: Facer unha etiqueta, coller un produto, metelo nunha bolsa, pegar a etiqueta (por fóra ou por dentro) e tirar a foto. Quizais o intente de diversas maneiras

Inda non me parei a mirar de que produtos son as etiquetas. Ata o domingo non creo que poida facer a primeira, pero o sábado procurarei facer algunha foto.

Sei que o tempo que temos todos e escaso, pero, no caso das imaxes, eu considero moi importante que sexamos creativos, idear maneiras de saltar as dificultades de lingua e copyright, demostrar que é posible (inda que non saia perfecto) para que outros usuarios se animen. Pensa, ademais, que me causa un pouco de temor -como administrador- que admitamos etiquetas en castelán, e escaneadas, pois podería ser un mal precedente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:53, 18 abril 2008 (UTC)

  • Fixen a primeira. A ver que che parece. Critícaa que así, se son capaz, se me cocorre como mellorala. Mentres garde o arquivo de Coreldraw, podo mellorala. É Imaxe:Etiqueta bolo recheo.jpg--Lmbuga Commons - Galipedia 11:38, 20 abril 2008 (UTC)
  • Variei a primeira e subín Imaxe:Cocido galego etiqueta.jpg. Bótalle unha ollada. Se non che gusta, miro de facela diferente (non sei se non sería conveniente poñer na etiqueta, en vez de 40% de garavanzos, 20% de garavanzos e 20% de repolo, por cousa da imaxe)--Lmbuga Commons - Galipedia 16:34, 20 abril 2008 (UTC)
  • Xa subín a 2ª de novo co que dixeches (se ves algo mellorable é un segundo cambialo). Subín tamén Imaxe:Salchichon etiqueta.jpg, igualmente podo variala sen esforzo. Quizais a imaxe do sachichón de fondo non sexa a máis adecuada. Se che parece que non é válida por ser un salchichón perralleiro (mira a graxa e a distribución da graxa que ten), terei que facer unha foto para a semana. Continuarei para a semana--Lmbuga Commons - Galipedia 18:33, 20 abril 2008 (UTC)
  • Belota e landra son sinónimas segundo o VOLG. Eu sempre emprego landra, o único caso en que emprego belota é para falar do xamón. Quizais ata xoves ou venres non me poña con máis imaxes. Quizais cree algunha a maiores pola miña conta--Lmbuga Commons - Galipedia 19:56, 21 abril 2008 (UTC)

sacarina[editar a fonte]

Ola Lameiro ! O artigo francés di case o mesmo co da Galipedia : prohibido en Canadá. Eu non teño ningunha cultura nistes temas, mais podeche decir que en Francia vendense alimentos que levan o E954. O que é claro é que a utilizacion nas bebidas e outros alimentos (do mismo xeito cos outros adozantes) ten que respetar regras oficiaís. Tratei de buscar un pouco e atopei que se comprobou que en certas doses non fai daño o home e por isto andan tratatando de volver autorizala en Canadá, que seria o único pais onde esta prohibida. Teoricamente, que eu saiba, en Europa temos a directiva Directive européenne 94/35/CE que lle puxo un numero coa letra E a todas subtancias autorizadas para engadir na alimentación, loxicamente todos os industraís dos paises da UE poden utilizar todos adozantes clasificados de alimentacion coa letra E  : es:Números E, en:E number, fr:Liste des additifs alimentaires. Saúdos ElviraConversa comigo 18:30, 19 abril 2008 (UTC)

  • Grazas pola investigación, Elvire. Elimino entón a suposta prohibición en Francia. En calquera caso que saibas que esa directiva xa foi modificada varias veces (a última, que eu saiba, no 2001) e que as Directivas europeas non son de aplicación directa nos países membros, a diferencia dos Regulamentos, que se aplican directamente. Aquelas necesitan ser transpostas á lexislación nacional e só nese momento entran en vigor en cada país, coas modificacións que cada país queira introducir. Quero dicir que noutras cousas seremos iguais tódolos europeos (da Unión Europea) pero nisto dos aditivos que comemos non. Un saúdo e repito as grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:00, 19 abril 2008 (UTC)
    • Tes razón as directivas non son de aplicación directa, xa que deben estar transposadas na lexislacion de cada país membro. Falando sempre teoricamente, e que eu saiba os paises teñen obligación de cumprir as metas das directivas, o que poden é ter modalidades diferentes de chegar a meta e poden actualizar as modalidades nacinais seguindo os avisos das instituciós nacionaís . En certos casos a marxe de oportunidade dos paises é moi pequena ! E no que corresponde a directiva 94/35/CE, non teño idea. Cando hai plazos para facer a transposición nas regras nacionais e que non sé respetan, (falo sempre en teoria) pois as directivas podense cumprir tal como as redactaron as instituciós europeas. Para voltar os aditivos eu quedo pensando que non comemos os mismos aditivos en cada país europeo por razós culturais, cando ti dis "coas modificacións que cada país queira introducir" eu penso que non poden ser modificacións, sóo modalidades de vixianza de control, de información etc. Maís agora que ti me dis isto, teño dudas nos meus conocementos basicos en direito (lol). Vou revisar ! Sempre se aprende sendo usuario dunha wikipedia ! Saúdos Lameiro. ElviraConversa comigo 20:01, 19 abril 2008 (UTC)

Lista de refráns movida a Galicitas[editar a fonte]

Ao final movín a Lista de refráns a Galicitas (http://gl.wikiquote.org/wiki/Proverbios_galegos). Preguntei fai unhas semanas na páxina de conversa, pero só me contestou un usuario, que estaba de acordo. Saudos Miguel.lima 13:56, 29 abril 2008 (UTC)


Xaquín Lorenzo[editar a fonte]

Lameiro gracias pola informacion sobre "A casa". Xa corrixín.

  • Polo da ordenación cronolóxica das obras que fixeches neste artigo poís perdoa por non darme conta. Eu entendo que niste caso estaria ben que isto vesaxe na presentación.
  • As ligazons nun artigo teñen varios obxectivos, un diles é, claro está de ampliar o artigo. O obxectivo que consite en poder navegar tamén é basico. Con todo é verdade que as ligazóns aos editores cando se cita unha obra na bibliografía do artigo non engade nada, mais cando está no contido do artigo ten sentido pór a ligazon. Persoalmente nos casos tales Xaquín Lorenzo e Sarmiento, eu seria favorable en editar artigos tipo "Lista das obras de X.Y", anexalos ao artigo principal, e de ampliar os artigos propios con elementos mais consistentes. Para mín estos artigos sobre personalidades das cales seria importante ca Galipedia tuvese artigos de calidade, estas listas tan largas ocultan un fallo. Existen estudios (eu teño un sobre Sarmiento) sobre estes homes sin facer traballo inedito. Esto teria que decilo nas páxinas de conversa, pero non podo facelo, porque cando se fala debe ser porque se pode contribuir no asunto. Intentei xa facelo con Prisciliano, e teño que convencerme que, xa que o sabes ben, a miña mala fala imponme limites.
  • Lameiro ó importante para colaborar é de poder falar tranquilamente das cousas.

Saúdos e gracias por corrixírme e explicarme cada vez que ves cousas que non estan ben. ElviraConversa comigo 22:02, 30 abril 2008 (UTC)


  • Ola Lameiro gracias de darme animós ! O das ligazóns nos artigos é efectivamente unha politica importante que tense que debatir xa que reflexa unha vision do que é unha enciclopedia que pasou do papel. As enciclopedias de papel onde o "thésaurus" (non sei como se di en galego) marca as ligazons ao "corpus" sobre un tema. Esta función na Galipedia atopase coas categorias, outras wikis teñen ainda mais marcadores con esta función. As funcións novas de aceso a bases de datos como son as interwikis ou os outros proxectos de wikimedia (commons para as imaxes, o wikidiccionario etc) compartesen facilmente, os usuarios e os lectores enfoquan con xeito "natural" este progreso da tecnoloxia moderna. Agora esto das ligezós azules ou vermellas plantexan un progreso que é moito mas importante e polo tanto mais dificil de entender e explotar. Cando a ligazón vai para as fechas e cousas que citas, iso non é novidade, queda na funcion das categorias : si les que fulanito naceu no ano 1800, poís sabes ben que si queres saber o que se pasaba ise ano non tes problema para consultar a base de datos da cronoloxía. Por outra banda cando o artigo emprega unha palabra que é un concepto que non dominas tamen é "natural" de ir consultar o concepto, niste caso a tecnoloxía favorece a curiosidade intelectual e espabila. A ligazón interna no artigo é unha tecnoloxia que abre un aspeto didactico no concepto enciclopedico. Para mín esta eí a novidade technico-cultural dunha enciclopedia. Só che digo esto para que seipas onde eu vexo a problematica en fondo, sen ter a verdade, xa que a verdade non e cousa persoal (lol). Eu polo momento pratico o maximo de ligazóns coa intencíon de co lector navigue na enciclopedia, que paseése como nun xardin inglés, descobrendo o mundo abrendo xanelas. Saúdos Lameiro e agraezcoche moito a túa atención ElviraConversa comigo 15:17, 1 maio 2008 (UTC)

Estatística Agraria 2004[editar a fonte]

Ía porme a actualizar os cadros de estatísticas de produción de ovos e número de galiñas no 2000 do artigo Ovo (alimento) cos datos do Anuario de Estatística Agraria 2004 da Consellaría do Medio Rural, pero, ainda que non é moito traballo, estes días ando un pouco liado. Como vexo que traballaches nel, déixoche a ligazón á páxina da Xunta por se queres facelo ti, e se non podes, nuns días podereime pór eu. Un saúdo --Furado 18:27, 4 maio 2008 (UTC)

  • Pois déixasme a dúbida. Baseándome na miña fala eu digo no Ferrol, do Ferrol, etc. Aínda así a edición está desfeita porque contén máis modificacións incorrectas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:14, 6 maio 2008 (UTC)

Por Deus, estiven toleando para saber que demo tiña que ver "O" Ferrol coa estatística agraria sobre os ovos :-) Por certo, se me permitides a intromisión, eu, nestes casos boto man do dicionario da Real Academia a través dunha procura indirecta: busco o xentilicio do lugar en cuestión, e vemos:

ferrolán: adx. m. (f. ferrolá) 1. De Ferrol e dos seus habitantes. // s. 2. Persoa natural ou habitante de Ferrol.

E agora, xa co tema en cuestión, quería dicirche que fixen a actualización dos datos do artigo do ovo cos datos do Anuario de Estatística Agraria 2004. Un saúdo --Furado 08:47, 8 maio 2008 (UTC)

Biótopo[editar a fonte]

Ola Lameiro ! Non comprendo moito que propoñas en un carto de hora o artigo Biótopo para limpar rapido ? Non esta tan mal iniciado para unha IP que fai a primeira edición, podiaselle dar un pouco ma&is tempo para amañar o artigo ?. Eu faria un pouco de wikificacion si non che parece mal. O artigo es:biotopo é bastante curto e aguantan. Claro esta que non vamos ter un artigo como o alemán de:Biotop. Que che parece ? Saudós ElviraConversa comigo 23:26, 10 maio 2008 (UTC)

Lameiro eu reacionnei polo pouco tempo que lle deixaches a IP para millorar. Polo demais que dis concordo a 100% conti. Que quede para limpar, no total xa é tarde e perderia moito tempo para pouco resultado. Saudós Lameiro e perdoa a molestia ElviraConversa comigo 23:49, 10 maio 2008 (UTC)

mata do porco[editar a fonte]

Ola Pedro! levei a discusión a Conversa:Mata do porco. Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:56, 23 maio 2008 (UTC)

Imaxes listadas por autor[editar a fonte]

Ola Lameiro, vin en Wikipedia:Taboleiro dos administradores#Lista de imaxes que tiñas interese en listar imaxes por autor. Non sei se xa o sabes, pero hai unha ferramenta que pode axudar nese labor. É esta.

Repara en que variando o usuario podes localizar as imaxes de calquera. Mesmo podes listar imaxes doutra wikipedia ou de Commons.

Quizais xa o soubeses. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:04, 23 maio 2008 (UTC)

Ola Lameiro. Fun eu o que creei a categoría Imaxes de Gastronomía e clasifiquei a imaxe alí, efectivamente habería que renomear a imaxe. O único xeito de facelo neste momento é volver cargar a foto co nome correcto e borrar a antiga. Sería preferible, sendo posible, que o fixeras ti porque es o autor. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:44, 24 maio 2008 (UTC)
  • Sinto a confusión, Prevert. Xa está subida outra vez a imaxe, desta volta co nome correcto, incluso cun segundo erro, corrixido á súa vez. E marquei para borrar aquela imaxe (e mais a subida co nome equivocado). Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 24 maio 2008 (UTC)
Non ten importancia, non o dixen por reclamar a miña autoría da categoría ;-) senón por comentar como facer para substiuír a imaxe. Por certo, a imaxe co nome incorrecto está enlazada na túa páxina de usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:41, 24 maio 2008 (UTC)

Re: Mata do porco[editar a fonte]

A próxima vez tentarei agardar a que retires o marcador "en uso" antes de pórme a facer calquera cousa nalgún artigo. Perdón se che causei algún problema, espero non ter que oírte... :) --Toliño Fala aquí comigo 11:28, 24 maio 2008 (UTC)

  • Ola Lameiro, á hora de subir a foto da Mata do porco, puxécheslle a descrición da bubela. Tenta arranxalo. Grazas.--PepedoCouto 08:35, 25 maio 2008 (UTC)
  • Non te preocupes Lameiro, non hai tanto que fun por alí, mais xa irei. Se teño tempo hei buscar ó Antón (é o nome do porco) deste ano para tirarlle tamén unhas fotos.--PepedoCouto 15:33, 26 maio 2008 (UTC)

Imaxes orfas[editar a fonte]

Coma con moitas outras cousas, mentres non sexan urxentes, co das imaxes orfas teremos paciencia: Non só ti lles buscarás un artigo antes de borralas, tamén o farei eu se se dá o caso, inda que non sexan imaxes miñas.

O que si é certo é que tódalas imaxes da Galipedia deben ser empregadas nunha páxina (no sei onde está escrito, eu aprendino así e moi ó comezo). Sempre queda a alternativa de subilas a Commons, pois en Commons a única condición para non ter problemas é engadir exactamente os mesmos datos que engades nas imaxes da Galipedia (a licenza escríbese {{PD-self}}), e categorizala nalgún sitio (para isto, e para o anterior, eu podo servir de axuda).

Creo que o procedemento normal sería, antes de borrar esas imaxes, en caso de que teñan os datos correctos, subilas a Commons, pois que non se empreguen non quere dicir que calquera día non se necesiten. Nese sentido, eu, se fose ti, non estaría moi preocupado por elas, pero procuraría subir a Commons as imaxes que non teñen un uso inmediato por non aumentar o posible traballo futuro.

Sobre esas imaxes (imaxe:1195 recortada 50.jpg e imaxe:depuradora de mexillón.jpg), eu entendo que non deberiamos borrar ningunha das dúas. Non son idénticas (se non son idénticas non teño atribucións para borralas como duplicado, podería borralas se fose a mesma imaxe pero con diferente tamaño, pero non é o caso) e teñen ámbalas dúas os datos correctos. Para borrar unha delas habería que facer unha proposta en Wikipedia:Imaxes para borrar e creo factible que a proposta non saíse adiante. Ámbalas dúas están presentes en páxinas diferentes (Wikipedia:Imaxe da Semana/26 2007 e Depuración de moluscos). Non vexo que iso sexa problemático. A verdade é que, antes de que unha delas fose borrada, creo conveniente que fose subida a Commons. En Commons aceptaríanse as dúas sen problema.

Sobre IMG 3733.jpg: Non encontro a imaxe. Supoño que o nome que me diches non é o correcto, de aí que a ligazón estea en vermello. O título que ten non respecta as convencións, pero se a imaxe ten tódolos datos correctos non será borrada ata que alguén suba esa mesma imaxe con outro título e respectando os datos da mesma. Polo de agora, para facilitar o control, só pretendo facer unha relación de imaxes con título incorrecto engadíndolles o marcador {{NomeImaxeIncorrecto}}, pois ese marcador categorízaas e permite aforrar traballo no futuro.

Sobre Imaxe:Mata do porco 2.jpg: Poida que sexa posible mudar o historial dunha imaxe ou dun artigo, pero eu non sei se saberei facelo, non teño suficiente seguridade (non o fixen nunca), ademais que considero que en si é unha actuación arriscada por poder ser considerada non lícita. Así a todo, ocórreseme algo moito máis simple que si se pode facer: podes subir de novo esa imaxe cunha pequena variación no nome e logo solicitar o borrado da primeira por ser duplicada, tras retirala dos artigos en que estea e colocar neles a nova. Se o fas, comunícamo que eu mesmo a borro.

Dado que che gustou esa ferramenta que che comentei, coméntoche outra sobre imaxes que tamén coñezo e que me resulta moi útil en Commons. Serve para moitas cousas:

Non dubides en achegarme calquera comentario que desexes sobre estas cuestións ou outras. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:38, 25 maio 2008 (UTC)

O Grove[editar a fonte]

Non puxen o marcador polo que puxeras ti de antes nin pola existencia de formas alternativas á oficial que sei que existen pero entendo que unha frase como esta:Por unha banda, alégase que a o topónimo procede da palaba pre-romana Ocobre ou Ocóbriga, debendo por este motivo ser escrito con "b". Os defensores do "v" baséanse, pola contra, en que a evolución do galego dende o latín é a única causante deste liorta, extremo sempre negado polos defensores do "b" precisa referencia, estou vendo que quizais me trabuquei e tiña que poñer un cómpre referencia ao final desta frase.--Arco de Rayne 15:42, 26 maio 2008 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Ola, Lameiro, coméntoche só que para que unha imaxe da semana sexa aprobada debe estar 15 días votándose... ;) Así que temos que agardar ata o 2 de xuño para ter imaxe para esa semana que queda pendente. Ou se non, mover as doutra semana pra esa semana... :) --Xabier Cid Conversa 20:06, 26 maio 2008 (UTC)

Ola Lameiro. Andei clasificando as imaxes da semana porque chegou un punto no que eran tantas que se fai difícil saber se unha imaxe foi elixida ou non. En canto á da semana 25 penso que iso, agás unha emerxencia, corresponde aos administradores, as soluciónas xa as apuntou Xabier arriba. Espero que ti mesmo poidas facelo nuns días. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:42, 26 maio 2008 (UTC)
hahahah, non, non se votan pra unha semana en concreta... Vanse votando, e quen pecha as votacións vailles adxudicando unha semana. As veces que eu o fixen tentei repartir esas fotos, pero parvo de min, crin que A Solaina era concello de Ferrol e era concello de Narón. Por iso a movín despois. É dicir, tampouco seguen exactamente unha orde cronolóxica. De feito, como da outra vez se aprobaran dúas imaxes de elementos de bateas (as dúas preciosas, pero sobre o mesmo), mandei unha delas prá semana 52. O peor que podía pasar era que acabase o mundo pra daquela, pero non creo que iso vaia suceder, ou que se sucede nos preocupe o estado da imaxe da semana da Galipedia, ;) Non estamos en todo, e fas ben en lembralo. De todas as tarefas de administrador, a da imaxe da semana non é precisamente a que fago con maior gusto... e o meu cerebro adoita esquecerse máis ou menos voluntariamente. :D --Xabier Cid Conversa 22:52, 26 maio 2008 (UTC)

Cotobade[editar a fonte]

Tes toda a razón, debeu ser que levo dúas horas seguidas á procura das casas dos concellos. Moitas Grazas. Xa a cambio.--PepedoCouto 21:27, 29 maio 2008 (UTC)

Noraboa[editar a fonte]

Parabéns por ter sido elixido administrador sen ningún voto en contra. Conta comigo para axudarte ante calquera dúbida que che surxa. Saúdos. AlberteSi, digame? 18:20, 3 xuño 2008 (UTC)

Únome ós parabéns e conta tamén comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:26, 3 xuño 2008 (UTC)


Polbo a feira.jpg

Outro que se une aos parabéns. É unha boa nova para o proxecto. Os meus mellores desexos, tomareime unha ración de polbo á túa saúde. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:48, 3 xuño 2008 (UTC)

Noraboa Lameiro.ElviraConversa comigo 22:37, 4 xuño 2008 (UTC)

.

Parabéns. E sorte, hehe --Xabier Cid Conversa 08:27, 9 xuño 2008 (UTC)

Concellos[editar a fonte]

Si o das eleccións municipais en cada concello deberían ir en Véxase tamén, sería o típico traballo para un bot, pero non sei se hai algún dispoñible nestes momentos. Non sei de ningunha páxina máis que sexa común a todos os concellos e que non vaia xa, como Galería de imaxes e lugares.--Arco de Rayne 15:38, 8 xuño 2008 (UTC)

Re: Cita Web en Galicia[editar a fonte]

Ola Lameiro. Ese erro non ten que ver co modelo, é un erro relacionado coa interpretación dos caracteres [ ] que están incluídos no enderezo e hai que mudalos por outros. Non o quixen corrixir porque o que hai que facer en primeiro lugar é modificar o enderezo (o actual non funciona, polo menos a min, debeu cambiar) e logo é cando hai que corrixir os caracteres [ ] . Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:54, 12 xuño 2008 (UTC)

Fixeches ben. Non tiñas porque saber que xa comprobara o asunto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:42, 12 xuño 2008 (UTC)


Novo Emden[editar a fonte]

Ola! Grazas pola norabóa, últimamente ando en exames e non teño tempo para escribir nada, pero foi ler a aventura en Vieiros e tiven que escribila na Galipedia. Sobre o nome do barco, púxeno en galego porque foi coma o atopei na nova, non sabía que estaba en castelán. Polo que respecta á cita, idem, copipeguei de Vieiros, anque o libro está en castelán, coma ti ben apuntas. Voulle mudalo nome do barco e pasar a cita a castelán, e se foras tan amable, pediríache que redirixiras a páxina a outra co nome xa correxido (Novo Emden --> Nuevo Emden), que non sei coma se fai. Grazas por adiantado. --Iago 09:38, 13 xuño 2008 (UTC)


Estou pensando eu, a cita non será mellor deixala en galego, maila que fora escrita en castelán? Se cito a un escritor alemán non poño o texto en alemán, senón unha tradución, e penso que aquí debería ser o mesmo. Ademáis, ao non ter o libro a man, estaría a supoñer cómo foi o texto orixinal a partires da tradución ao galego, e non quedaría moi correcto para unha enciclopedia. Iso si, se aprecias grallas no texto de Vieiros mellor será poñelo ben, e diso mellor que se encargue algúen que controle mellor a normativa, que eu igual o deixo peor do que estaba. Ti dirás. Saúdos --Iago 09:42, 13 xuño 2008 (UTC)

Unha terceira cousa, na actual redacción pónse que foron perseguidos políticamente. Isto foi así, ou simplemente escapaban da guerra, coma apunta un dos comentarios que deixaron en Vieiros? Será mellor comprobalo, que pode variar moito a cousa. Por certo, que non o dixen antes, menuda pasada que o barco aínda exista! Era boa cousa traelo, si. --Iago 09:52, 13 xuño 2008 (UTC)

Norabóa! Mi ma, está que non se recoñece! É un traballo impresionante, con moitísimos datos, ben estructurado,... vamos, un artigo fantástico. Só lle engadín un enlace a Guerra Civil española e puxen en cursiva Cayo Hueso; do resto non teño máis nada que engadir. Norabóa, en serio. Penso eu que esta é a clase de feitos que se deberían priorizar na Galipedia, os vinculados co país, que nos xeralistas é máis complicado aportar algo que non estea xa nas versión en español ou en inglés. --Iago 21:12, 14 xuño 2008 (UTC)

Upload[editar a fonte]

Ola Lameiro, o caso é que a ligazón para a páxina de subir imaxes é Especial:Upload, xa que aínda que se titule Cargar un ficheiro, as páxinas Cargar un ficheiro, Especial:Cargar un ficheiro non existen. E senón fíxate na caixa de direccións como amosa http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Upload. Respecto ó de Redondela, procurarei botarlle unha ollada en canto poida. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:13, 15 xuño 2008 (UTC)

Cabra[editar a fonte]

Aínda que non o pareza coincidimos, eu tamén concordo en que cabra debe ser a cabra doméstica, deixei a redirección de cabra para capra por estar dentro do artigo a ligazón a cabra doméstica, non a quixen cambiar por non ter coñecementos abondos sobre se era mellor cabra ou cabra doméstica pero polo que ti dis parece que é cabra o mellor para a cabra máis coñecida por todos. Respecto a capra e caprino, como ben apuntas son cousas diferentes e creo que é mellor manter esa diferenciación no título, aínda que caprino tamén é sinónimo de cabrún que fai referencia á cabra, ao cabrón e ao cabrito. Con respecto aos nomes das especies non sei onde pode haber referencias das súas formas galegas, que en moitos casos non poden ser patrimoniais; pero as formas que aparecen agora (como íbex) non me dan moita confianza. --Arco de Rayne 15:12, 22 xuño 2008 (UTC)

  • Dacordo contigo.--Arco de Rayne 15:25, 22 xuño 2008 (UTC)
    • Parece que houbo sorte e no dicionario de Ir Indo (que non consultara por ler na prensa que xa non estaba en liña) aparece algún nome para as especies.--Arco de Rayne 15:43, 22 xuño 2008 (UTC)
      • Unha dúbida máis. No dicionario do Cumio para Capra pyrenaica dá a forma cabra montés e o Ir Indo cabra montesa, parece máis lóxica esta última, se tes o Xerais ou outro dicionario podemos saír de dúbidas.--Arco de Rayne 15:52, 22 xuño 2008 (UTC)
  • Por min non hai problema en que sexa cabra montés e máis tendo en conta que ese parece ser o criterio da RAG.--Arco de Rayne 14:00, 23 xuño 2008 (UTC)

Ola![editar a fonte]

Na miña zona ( O Deza ) emprégase mollo tamén para referirse ao zume das froitas cando contén a polpa. --Martinho12 19:57, 27 xuño 2008 (UTC)


Wilbeforce[editar a fonte]

E verdade é que na portada aparecia coma Wilberforce, mais nas demais wikis faciao coma Wilbeforce sen o "r". Pero sendo prudente redirixin a primeira á segunda por se acaso valían as dúas, xa que nese tema son ignorante. --Tommyhilfiger 08:05, 1 xullo 2008 (UTC)

    • Perdoa, trabuqueime, o correcto sería Wilberforce coma nas demais wikis francesa e inglesa. Xa o corrixín, e o artigo que debe ser eliminado é o de Samuel Wilbeforce sen o "r"

pedra Rosetta[editar a fonte]

O descoido foi meu: ao crear o artigo Jean_François Champollion, onde se citaba a pedra Rosetta vin que a ligazón quedaba en vermello, cousa que me estrañou, pois xuraría ter visto na Galipedia ese artigo e busqueino, atopei pedra de Rosetta e quixen redirixir a el a miña ligazón, pero ao buscala tecleei mal e puxen Rosseta sen me dar conta e fixen a redirección correspondente. Despois vin que a ligazón de Champollion seguía vermella e dinme conta do erro. O problema é que no interín me despistei con outras cousas e non borrei o de Pedra Rosseta: desde logo que é un artigo a borrar. Eu tamén comparto a túa idea de que non se deben crear redireccións erróneas, pois parecería que todo vale en ortografía. Un saúdo e graciñas por te dares conta. --Servando2 (Dime) 23:42, 1 xullo 2008 (UTC)

O Grove[editar a fonte]

ola Lameiro!

na imaxe da Lanzada desde o monte Siradella, os vehículos que van cara San Vicente forman parte dun convoy militar, ou algo similar? pareceume moi curioso... sabes a que se debía?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:48, 2 xullo 2008 (UTC)

  • aich! naquela base estiven en decembro do 2002. Fun cuns rapaces de Ciencias Políticas de USC, e nos mandaron a unha praia que pertence á base. Vaia cachondeo no camión militar no que nos levaron!

Non creo que estea ben recortalo. "Visite O Grove". As súas praias, os seus paxaros, as súas dornas, os seus militares".

Saúdos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:31, 2 xullo 2008 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Si si, por min non hai problema. Eu as puxen por se alguén quería traballar no artigo, xa que aparece información de interese--Hugo22 14:36, 5 xullo 2008 (UTC).

Vandalismo[editar a fonte]

Vin que eliminaches un artigo quente. Eu vino e decidín esperar se ampliaban ou melloraban, pero respaldo a túa decisión. Con todo, sinalaches que o motivo era o vandalismo, non sei se por erro ou a mantenta, e aí xa discrepo. Podemos pensar que o artigo era insuficiente. Ou que era non relevante. Ou incluso, dende un punto de vista práctico, que daba máis traballo amañalo que deixalo (o que é certo). Pero non é vandalismo. Non cho digo como crítica, senón como diálogo para unificar criterios entre admins... ;) Saudiños. --Xabier Cid Conversa 14:26, 6 xullo 2008 (UTC)

iws[editar a fonte]

ola Pedro; Normalmente a vía máis fácil é buscar en castelán "Anillo"; neste caso houbo sorte, e teñen ese artigo dedicado a homónimos; edito ese artigo engadindo "gl:Anel" e copiando o resto de iws, que son os que paso ó noso artigo (máis o propio "es:Anillo"). Unha vez feito iso, teño confianza nos bots, e dado que na :es xa hai interwiki á nosa, non tarda moito en aparecer a interwiki nas outras wikis.

Noutros casos non é tan fácil, e busco en artigos noutras linguas. Noutros casos é aínda máis difícil, pois un artigo aparece nunha lingua como homónimos e noutra non, ou nunha ten un significado unívoco e noutras ten varios significados... Pero non adoita ser un traballo sumamente difícil.

Cando non é un artigo de homónimos, como As dez pragas de Exipto, tamén busco primeiro na wiki en castelá; desta volta tamén houbo sorte...

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 06:45, 7 xullo 2008 (UTC)

  • Semella fácil. Tereino presente e fareino no próximo artigo (e avisareite para que mo comprobes). Grazas, saúdos e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:51, 7 xullo 2008 (UTC)

Monte Xiabre[editar a fonte]

A clasificación que fixen é a que teñen as imaxes en Commons, é a que lle deu o usuario que as subiu. Eu non ouso mudala pois poida que o monte Xiabre estea entre os dous concellos. Imaxe:Xiabre Galicia - España.jpg está clasificada en dous concellos (Valga e Caldas de Reis).A da rapa dasbestas só nun; pero non é cousa miña, eu non podo decidir pois non coñezo o lugar. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:30, 10 xullo 2008 (UTC)

Modelo:ISproposta[editar a fonte]

O erro foi meu. Explícoche: o outro día estiven modificando algo o modelo:ISproposta, que é o que aparece cando creas unha nova proposta para imaxe da semana. Ao cambialo esquecéuseme poñer os dous puntos na cabeceira antes de "Imaxe:Nome_da_imaxe" (===[[:Imaxe:Nome da imaxe]]===). Ese foi o problema; xa o corrixín (edición).

  • O outro problema é que se pos unha dirección URL, esta só vai entre dous corchetes (un ao principio e outro á fin), en vez de entre catro (entón crearía unha ligazón interna). Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 12:20, 14 xullo 2008 (UTC)
  • Penso que xa non teño que facer nada. Aparéceche a imaxe enorme porque non se limpou a túa memoria caché (a min xa me sae normal); e as instrucións xa che dixen enriba que creo que xa estaban arranxadas (corrección nas instrucións). E non pasa nada, que aquí estamos todos para axudarnos mutuamente. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 14:00, 14 xullo 2008 (UTC)

ligazón en vermello[editar a fonte]

ola Pedro; creo que a ligazón na páxina de conversa de Toliño aparece en vermello porque puxeches dous corchetes, pero a dirección é a dunha páxina web. Cómpre pór só un corchete e deixar o enderezo web (así) ou deixar os dous corchetes pero pór o título do artigo wiki Wikipedia:Imaxe_da_Semana/Propostas (así).

Eu tamén me armo líos cando intento seguir os consellos por primeira vez, tanto ó propor imaxes, como propor páxinas para borrar, e así. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 12:21, 14 xullo 2008 (UTC)

Colombia[editar a fonte]

Non, se só coñezo o departamento de Santander, Colombia, haha, que do resto non había case artigos... E menos mal. :) El wiki gordo te enseña, el wiki gordo entretiene, y yo te digo contenta... hasta la clase que viene. --Xabier Cid Conversa 20:35, 15 xullo 2008 (UTC)

"Borados"[editar a fonte]

Xa está,... e perdoa! Acabo de darme conta de que puxen "Lameira" no resumo de edición. Non me pegues, porfa... ;) --Toliño Fala aquí comigo 20:40, 15 xullo 2008 (UTC)

  • Xa está. E que che pasou? Como non podes mover ti as páxinas? Tes algún problema? Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 11:34, 16 xullo 2008 (UTC)

Lista de Universidades de España[editar a fonte]

  • Ola ! Votaches eiqui para o borrado do artigo Lista de Universidades de España. Informoche que cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Ando avisando todos que votaron para pedirvos si mudais o voso voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Saúdos e grazas pola atención ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)

Re:Atúns[editar a fonte]

Fixen 2 variacións. Unha na licenza (completei datos) e outro no modelo Imaxe retocada pois parece que non funciona se se coloca un enderezo. Polo demais creo que está ben. Bo traballo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:14, 17 xullo 2008 (UTC)

Mina de lignito das Pontes en proceso de formación dun lago artificial[editar a fonte]

Sintoo moito Lameiro, xa que de paso ía para Espasante, mais como empezou a chover polo Caxado voltei cara As Somozas. Non puiden retratarche ó Antón xa que ía na moto e non me gusta achuvia cando vou nela. Outro día será. Deixote que vou ver a Milladoiro. Saúdos.--PepedoCouto 19:26, 20 xullo 2008 (UTC)

  • Pois si que lles tirei unhas fotos ós de Milladoiro, porén non creo que teñan a calidade suficiente. Desde logo a mín a chuvia na moto non me fai nengunha graza. Perdoa esta conversa era de estevo --PepedoCouto 18:31, 21 xullo 2008 (UTC)

Confirmar edición de IP[editar a fonte]

  • Boas meu. Poderías confirmar que esta edición fixechela ti? Se nón hai que desfacer e consideralo como vandalismo. Grazas! :) --Banjo tell me 18:02, 21 xullo 2008 (UTC)

Tomiño[editar a fonte]

Como fun eu o que solicitou o borrado, respóndoche eu, o artigo tiña consideracións persoais sobre a palabra e non era desde ningún punto de vista aproveitable para artigo enciclopédico.--Arco de Rayne 12:28, 25 xullo 2008 (UTC)

  • Dou por seguro que se Banjo borrou o artigo ben borrado está, e se agora ti o explicas, máis razóns para o borrado e non teño ningunha obxección. Só quixen desface-lo erro de crer que tomiño era un castelanismo e que a forma galego era tomentelo (Teño unha herba na horta, que lle chaman tomentelo.... Saúdos, --Lameiro (conversa) 13:04, 25 xullo 2008 (UTC)

Buxara[editar a fonte]

Podes borrala. A cousa é que, como en castelán é Bujara se alguén traduce do castelán é doado que poña Buxara no canto de Bucara, como me pasou a min en Historia de Usbequistán... ou sexa que... fai o que creas convinte! --Bandeira galega socialista.svg Norrin_strange (Fala-me) 14:36, 2 agosto 2008 (UTC)

  • Entón borrareina. Deixala por se o usuario busca polo nome incorrecto sería lexitimar esa forma (como se fosen sinónimas ou equivalentes) e non debemos dar pé a iso. Grazas pola rapidez. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 2 agosto 2008 (UTC)

Cartaz da Falanxe[editar a fonte]

Saúdos Lameiro. Carguei o outro día unha foto que tirei en Madrid dun cartaz da Falanxe (ao final non llo engadín ao artigo porque non sabía ben de qué Falanxe se trataba), e aparéceme que pode ser unha infración do copyright (http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:Cartaz_da_Falange_Espa%C3%B1ola.jpg).

É a primeira vez que subo unha imaxe dun cartaz, e non sei ben cales son as condicións. Que acontece, non se lle poden sacar fotos aos cartaces? Se aparece máis fondo que non sexa da imaxe si que se poden subir? Grazas por adiantado. --Iago 08:43, 6 agosto 2008 (UTC)

Ola. Pois en realidade pregunteiche a ti porque busquei na miña páxina de conversas algún usuario que me tivera botado un cable, e ahí estabas ti. Grazas pola explicación, entre Xabier Cid e ti xa me fixen unha idea de cales imaxes podo subir e cales poden violar o copyright. Apertas. --Iago 21:24, 6 agosto 2008 (UTC)

  • A mandar Iago, que no que eu poida podes contar comigo para o que queiras. Xa ves como o caso das imaxes na Galipedia éche un mundo á parte, do que continuamente temos que aprender cousas. Ata outra, Pedro --Lameiro (conversa) 21:37, 6 agosto 2008 (UTC)

Boa imaxe[editar a fonte]

Encantoume Imaxe:Augamorta Mexilloeira 01-01.jpg. Ía propola para imaxe do día cando me dei conta de que non ligaba con ningunha páxina. Se consegues ligala con algunha páxina, dimo; así xa a poderei propor (se non mo dis, probablemente non me dea conta). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:31, 8 agosto 2008 (UTC)

boas[editar a fonte]

Boas, Pedro. Que é iso de "augamorta"? É que non o atopo por ningures... --Bandeira galega socialista.svg Norrin_strange (Fala-me) 20:31, 8 agosto 2008 (UTC)

Re:carteis na vía pública... e murais e pintadas[editar a fonte]

Vexo dúas cuestións diferentes sobre as pintadas:

1ª- Coincido coas reflexións que fas sobre as pintadas: en xeral son caducas. Agora ben, ¿poderían ser permanentes á hora de pensar na liberdade de panorama?. Creo que algunhas delas poden selo, pero o caso é definir o que é "permanente" para saber se hai ou non liberdade de panorama. Unha praza pode ser remodelada e unha estatua (ou un mosaico) retirado. Cando a estatua ou o mosaico se poñen aí pénsase que vai haber permanencia, de feito, mentres a praza sexa como é, a estatua permanece aí e é permanente. Hai liberdade de panorama tanto se a estatua está nunha praza 500 anos, como 1 ano. O mesmo podería pasar coas pintadas. As pintadas que se fan en paredes de vías públicas poderían estar aí 50 anos (no exterior do meu centro de traballo hai 2 que se fixeron adrede, dirixidas por un profesor de debuxo, e son permanentes)

2ª- Un cartaz é unha obra artística moi frecuentemente. O caso do que falamos ultimamente semella evidente (mesmo o cartaz podería ser unha obra derivada, o cal complicaría moito as cousas). Se é unha obra artística, unha fotografía do cartaz non será unha "mera fotografía", será unha obra derivada. O concepto que hai na lexislación e denominado "mera fotografía" non o domino, refírese a fotografías intranscendentes ou de motivos caducos, imaxes sen valor artístico,... (non o teño moi claro). O que si penso é que algunhas das imaxes ás que lle poñemos licenza GFDL quizais sexan meras fotografías e deberan ser PD.

Eu entendo quea foto desa pintada é unha mera fotografía: Se o autor fose un pintor recoñecido, a imaxe estaría permanentemente na vía pública e poderiámonos acoller á liberdade de panorama. Se o autor é descoñecido e irrelevante e a obra caduca, a foto semella que debe ser unha mera fotografía e pode estar no dominio público. Inda así non estou totalmente seguro.

¿Que facer cando non hai seguridade? Esperar a que alguén proteste. Se unha empresa ou un artista protesta, o mellor é borrala. Entrementres, podemos considerala unha mera fotografía, pois, entre outras cousas, por moito que a pintada estea asinada, a efectos legais, mentres o autor non se identifique, é anónima.

Curiosamente o cartaz non estaba asinado, pero poñéndonos en contacto coa xente precisa, podemos dar co autor e habería que preguntarlle se permite que a obra estea no dominio público e seguir o sistema OTRS para publicala en Commons (na Galipedia non se podería publicar).

Espero non estar moi confundido nisto que che estou dicindo. Se queres saber máis das meras fotografías, recoméndoche que te dirixas a Prevert, quizais el poida recomendarche algunha lectura. A min o tema resúltame complexo.

¿Como actúo eu cando non estou seguro? Miro o que se fai en Commons. Se en Commons se permiten certas cousas é porque nós tamén podemos permitilas. Se en Commons non se permiten, nós non podemos permitilas.

Vou ter que marchar. O próximo día que me conecte reparo nas demais cousas que me dis e coméntoche o que penso. Será pronto. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:40, 10 agosto 2008 (UTC)

  • Despois do que che comentei, intuirás (eu tamén só o dou intuído) o complexo que é todo. ¿Que chepodo dicir do mosaico de Ourense sen máis datos? Nada. Ás veces mesmo se precisa ver a imaxe.
Sobre o anuncio dun anís na fachada dunha vella tenda de ultramarinos, enviareiche un correo agora mesmo.
O mural no Museo do Mar de Vigo depende se é interior ou exterior. Se podes facer a foto dende a rúa, adiante. Se non podes, estamos pillados (o interior dos museos ten copyright) e temos que borrala, pensa no seguinte: Nós non só colocamos as imaxes na Galipedia ou en Commons para usalas nas wikipedias, ademais, colocámolas no dominio libre. Supón que alguén emprega esa imaxe e o uso que fai é denunciado... pois resultaría que os responsables verdadeiros (non sei se legais) do que puidese facer, se obtivese a foto de nós, seriamos nós.

Tes que reparar non só en que sexan permanentes, tamén en que sexan exteriores. Se se dan esas dúas condicións, adiante. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:29, 20 agosto 2008 (UTC)

solicitude fotográfica[editar a fonte]

ola Pedro; vin hoxe na Voz que inauguraron en Vilanova unha estatua a Julio Camba. Se che apetece dar unha volta e tirarlle unha fotiño, cando faga algo de sol, estaría ben para ilustrar o artigo do xornalista, que aínda non ten imaxe.

Un saúdo. Por certo, parabéns polo traballo que estades facendo no galizionario (aínda que tes algo abandonada a galipedia..). --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 17:50, 11 agosto 2008 (UTC)

onte intentei pasar polo concerto de María Dolores Pradera e os Sabandeños, pero chovía a Dios-dar e os paraugas non deixaban facer fotos. Hoxe no concerto de Dulce Pontes e Estrella Morente había demasiada xente e era imposible acercarse. Síntome fotógrafo impotente estes días...

Un saúdo, e ata outra. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 02:18, 13 agosto 2008 (UTC)

Terra Galega[editar a fonte]

  • Ola, Lameiro, ao desfacer o vandalismo en Terra Galega eliminaches unha parte que puxera eu e que penso que é neutral, volvina recuperar pero dime se hai algún problema e se pensas que esa frase non é neutral, está referenciada e serve para indicar que o partido está dividido en dous sectores, se non a ves neutral corrixireina ou ben eliminareina definitivamente.--Arco de Rayne 21:38, 21 agosto 2008 (UTC)
    • Convencéchesme, é mellor colocar esa clase de información cando se produzan os feitos, ben sexa a resolución xudicial ou os resultados dunhas eleccións no caso que se presentaran divididos, ou outro tipo de acontecemento.--Arco de Rayne 07:50, 22 agosto 2008 (UTC)

Buenas: intento escribir sobre Couceiro Freijomil y borras todo. No soy muy bueno con los ordenadores. ¿Qué puedo hacer para que no lo borres?

De acordo anque si quito o que esta arriba de Bret Hart é porque creo que non hai que facer máis. Anque quero saber si podo quitar a nota que esta en Bret Hart cando esté correxido o que falta.--Daniel Pita López 22:01, 26 agosto 2008 (UTC)

  • Boas, Lameiro, estou vendo que agora mesmo as ligazóns dos dous sectores de Terra Galega están activos, sabes se a sentenza é firme?. --Arco de Rayne 21:41, 27 agosto 2008 (UTC)

Re:Etiquetas aditivos[editar a fonte]

En 3 ou 4 días verei se dou amañado o das imaxes sobre aditivos. Luns ou martes póñome en contacto contigo.

Teño que poñerme ó día. Xa teño (desde hoxe) Internet na casa. Se ves algo en que poida participar, dáme un toque, pois polo xeralcon atender a Commons e ás imaxes xa teño bastante. Ó final, por preocuparme do que me debo preocupar ante todo, non me entero de nada do que pasa na Galipedia. Conta comigo se precisas algo ou se entendes que é precisa a presenza de alguén máis--Lmbuga Commons - Galipedia 21:00, 12 setembro 2008 (UTC)

O artigo agora é libre de ser nomeado, inda que poida ser variado ou mellorado coma calquera outro. O motivo polo cal actuei así é porque me encontro con dificultades para elaborar as novas imaxes. Dous son os problemas. O primeiro é que teño que facer unha foto dunhas natillas ou algo similar e elaborar a etiqueta, e teño a cámara emprestada ata dentro dunha semana. O segundo é polo estilo, pero hai algo máis: teño que facer unha foto a unhas pastas con chocolate, pero ademais encóntrome con que non sei traducir a etiqueta, hai unha palabra da que descoñezo a tradución: culebrillas de chocolate. ¿Podería evitar esa palabra?, pois se non a evito, preciso facer unha foto a unhas pastas que teñan esas culebrillas e nin sequera estou seguro do que son.
Por certo, xa fixen outra imaxe (non estou moi orgulloso de como quedou). É Imaxe:Sen conservantes nin colorantes.png. Se tes algunha idea para facer eu as novas imaxes coméntama--Lmbuga Commons - Galipedia 22:44, 13 setembro 2008 (UTC)
Con esa imaxe (Imaxe:Custard.jpg) podo xa faver a etiqueta. Agra non me apetece facela, pero mañá xa a fago. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 23:02, 13 setembro 2008 (UTC)
´Non me dás traballo: Fun eu o que decidín facelo. Paréceme ben o que dis. Entre mañá e pasado mirarei de telo rematado pois estarei máis activo de aquí en diante--Lmbuga Commons - Galipedia 23:31, 13 setembro 2008 (UTC)

Imaxes en Commons[editar a fonte]

Ola Lameiro. Estou a traballar na ampliación do artigo w:es:Morus bassanus da wiki en español coa tradución do artigo mascato da galipedia. Neste último aparecen dúas imaxes de cranios (Cranio aves mariñas.jpg e Mascato cranio 2.jpg) que me gustaría incluír no artigo da wiki en español, pero como non están en Commons non podo facelo. Abusando de confianza quería pedirche que se é posible, e, por suposto, se o consideras oportuno, foses tan amable de subir devanditas imaxes para así poder utilizalas. Un saúdo. --Furado 08:00, 14 setembro 2008 (UTC)

Ola de novo. Vexo que xa subiches as imaxes a Commons. Agora mesmo vou utilizalas. Quédoche moi agradecido pola túa atención e amabilidade. Un saúdo. --Furado 15:35, 17 setembro 2008 (UTC)
P.D. Permitinme facer unha pequena corrección na plantilla de Mascato_cranio_2, porque impedía ver a plantilla cos datos. --Furado 15:35, 17 setembro 2008 (UTC)
  • Non hai nada que agradecer, pero en todo caso habería que agradecerllo a Elvire que foi a quen se tomou a molestia de subi-las imaxes a Commons. Un saúdo e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 20:09, 17 setembro 2008 (UTC)

ovo e imaxes[editar a fonte]

Ola Lameiro ! Para o interwiki de ovo, miroó esta noite. Para o das imaxes en commons pensaba eu que non esperabas maís contesta ca que che dín no Galizionario : debese seguir os menus. En commons eu metín moito a pata e foron Prevert e logo Lmbuga que me aguantaron. Aprendín un pouco e ainda me queda moito por saber. Cando estás na portada galega,

  1. mira na columna da ezquerda, na sección participe, fas clic no ringlón cargar o ficheiro,
  2. logo estas en Commons:Upload/gl, ei fas clic en É doutro proxecto da Wikimedia

(Wikipedia, Wikibooks, Wikinews, etc.)

  1. logo estas en Cargar un ficheiro, ei fas clic arriba , é decir antes da tabloa en Use a ferramenta CommonsHelper .

e logo debese seguir asi, pensando en corrixir os datos cando o necesitan.

Tamén podes subir as imaxes directamente en Commons, que cando están eli non hai problema para utilizarlas na Galipedia.

Hai varias formas de fazer, dichenche como empezar unha. Volvo pasar esta noite polas 21h ou 22horas. Mira un pouco o que che parece dificil e podesme preguntar a mín e a outros tal Lmbuga. Podes empezar con mín e saguir logo con varios, xa sabés, eu entendo mui ben que en canto non se ten integrado a forma e fazer poís somos todos un pouco torpes. Conta comigo sabelo ben. Saúdos ElviraConversa comigo 12:00, 16 setembro 2008 (UTC)

Ola Lameiro. Non sei moito por onde andas, entón sigo a explicacion coa ferramenta CommonsHelper e imaxinando que vas subir a commons Imaxe:Cruceiro Carril 01 02b.jpg (senon o fas deiqui a venrés, faraino eu)
  1. Agora estás en Move-to-commons assistant e tes un montón de caixas, eu só completo as tres primeiras :
    * Na primeira ( Language code:) pós gl sacando en.
    * Na segunda (Image name:) pós Cruceiro Carril 01 02b.jpg é dezir o nome da imaxe tal como está na Galipedia.
    * Na terceira (New name:) pós igual Cruceiro Carril 01 02b.jpg.
  2. E Fas clic abaixo no cuadriño Get text.
  3. Esperando un pouquiño volves estar en Move-to-commons assistant, Equi, podese amañar cousas, pero o maís sencillo e de non mirar nada, e facer clic na caixiña upload at commons.
  4. Agora estás, ainda outra vez en Cargar un ficheiro, pero con moitos informes traidos automaticamente.
  5. É de supoñer que na túa computadora tes o ficheiro que leva o mismo nome que na Galipedia, niste caso, na túa computadora tés a imaxe co nome Cruceiro Carril 01 02b.jpg. (Eu como sempre subo imaxes que non son miñas, poís antes de facer todo isto, grabo a imaxe da Galipedia na miña computadora e esta disposta para iste momento).
  6. Na caixiña Nome do ficheiro a cargar: e na caixiña Nome do ficheiro de destino poño : Cruceiro Carril 01 02b.jpg indo buscalo percorrendo na miña computadora.
  7. A caixa Descrición: recolle todo o que ven da Galipedia e debese millorar agora o despois. En certos casos é obrigado de millorala agora porque pode ter defetos que impiden que suba a commons. Niste caso, penso que pode subir esi.
  8. A caixa Licenza: leva a misma problamatica, no caso que na descrición a licenza esta posta coa boa sintaxe poís non é necesario completar esta caixiña.
  9. Logo fas clic en cargar o ficheiro.
  10. Esperas un pouco e a imaxe está en commons.
  11. Agora en commons é como en todolos proxectos : debese amañar todo o que corresponde o proxecto : categorias, presentación, contido correcto dos diferentes informes da caixa de descrici&on (orixe, autor, licenza et etc) (os outros usuarios que sexan administradores ou non, poden perdirche contas sobre os requisitos propios a commons). Non parece, pero é traballo que se vai aprendendo co tempo e eu ainda estou de novata. Tuven e ainda teño fracasos e vou acudir a Lmbuga que é o noso salvador nesas terras cosmopolitas e universales onde vale a pena viaxar un pouco.
    Lembra tres cousas Lameiro : 1 non é ningunha obrigación de fazer o que eu digo, nin de subir nada a commons, non tes ningún compromiso comigo 2 si te botas, non é problema si fracasas nos primeiros intentos, podese que días despois intentando con outra imaxe as cousas pasense millor 3 frente a mín conservas unha liberdade completa, sen explicación, e podes contar comigo para calquer outra cousa que sexa nas miñas posibilidades. Saúdos Lameiro ElviraConversa comigo 22:24, 17 setembro 2008 (UTC)

Aditivo[editar a fonte]

  • Revisa, por favor, as imaxes de Aditivo. Engadín as que faltaban. Se algo está mal, dimo, pois teño o arquivo preparado para variar esas imaxes. Cando vexa algunha alternativa de facelas mellor, poñereime a compoñelas doutro xeito--Lmbuga Commons - Galipedia 19:01, 16 setembro 2008 (UTC)
  • Xa fixen as correccións. Levaron moi pouco tempo. Vou gardar o arquivo de Corel (fágoo con ese programa) durante uns meses. O malo é que ocupa moito espazo, polo que algún día acabarei por borralo. Non dubides en pedirme calquera variación, por mínima que sexa, fágoas case no mesmo tempo que tarda en abrir o programa. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 19:52, 18 setembro 2008 (UTC)
Por certo, desculpa que sexa ta despistado e que prema tan tan suave as teclas que acabe, coma sempre, comendo letras. Ó meu favor só podo dicir que, inda que despistado, melloro a raza; pois estimo que os meus ascendentes directos (un deles), inda é máis despistado ca min--Lmbuga Commons - Galipedia 19:56, 18 setembro 2008 (UTC)

Commons[editar a fonte]

Ola Lameiro.
Ainda que todo se millora, eu non fago millor ca tua subida a commons de Image:Cruceiro Carril 01 02b.jpg.
Polo que dís : "Supoño que será máis lóxico no futuro subi-las imaxes directamente a Commons e non pasar pola Galipedia", eu direiche que só lle vexo vantaxes :

  • os requisitos para aceptar a imaxe son maís drásticos e isto obriga o autor a fazer as cousas polo millor.
  • a imaxe está a disposición de todoos proxectos wiki, e calquera que vexa unha imaxe nun artigo da Galipedia pode utilizala sen ningún traballo particular.
  • o usuario da Galipedia que fixo ise traballo, pode aindar quedar un pouquiño (logo de acabar de grabar a imaxe en commons) tempo para colocar a imaxe nun ficheiro apropiado da Galipedia. No caso do cruceiro que subiches, non é moiot traballo pola imediatamente no artigo O Carril, Vilagarcía de Arousa, ou no artigo Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa. O usuario da Galipedia cando ten una imaxe sempre ten unha idea dun ficheiro onde pode ila colocar para que se sepa na Galipedia que esiste esa imaxe.
  • acabando co tema direiche outra vez que commons é o banco de datos multi-media dos proxectos wikis.

Ata outra Lameiro ElviraConversa comigo 19:45, 20 setembro 2008 (UTC) Engado que temos a sorte que ai un administrador de commons que se chama Lmbuga. ElviraConversa comigo 19:49, 20 setembro 2008 (UTC)

Re:IES A Estrada[editar a fonte]

Desculpa que non retirase esa etiqueta. A alumna non seguiu co traballo e eu non me preocupei pois era das alumnas máis serias que tiña e estaba a subir un traballo que ela previamente realizara.

Fai e desfai ó teu gusto--Lmbuga Commons - Galipedia 01:29, 21 setembro 2008 (UTC)

Re:Día[editar a fonte]

Non se merecen... Aquí estamos todos para axudármonos mutuamente, mais nada. E niso consiste o proxecto. A ver se podo ir engadindo algo máis de información... Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:01, 26 setembro 2008 (UTC)

Ola, Lameiro[editar a fonte]

Boas noites, Lameiro, pediríache que foses a Propostas (Na Taberna), a ver o comenterio que puxen, xa que ti es un dos interesados. Moi humildemente, Galiza por sempre e para sempre 20:46, 26 setembro 2008 (UTC)

Re:fotografías de "sementes"[editar a fonte]

Non comprendo que é o que me pides que faga:

-Polo que respecta a Imaxe:Eucalipto semente.jpg, o título da imaxe, inda que as sementes están dentro desas cápsulas, non é erróneo; e variar o título supón subir de novo a imaxe. A imaxe é miña. ¿Pídesme que a suba de novo con diferente nome? A descrición da imaxe (véxase Imaxe:Eucalipto semente.jpg non existe, pois non a hai; daquela (cando eu subín esa imaxe) inda non nos preocupabamos por describir as imaxes. Iso si, xa sabía que, como dis, as sementes, moi pequenas e numerosas, están dentro desa cápsula. Se nalgún sitio aparece -colocado por min ou por outro- un dato incorrecto a ese respecto, por favor, corríxeo, pois non penso subir de novo a imaxe salvo que se me demostre que é necesario.
-Polo que respecta a Imaxe:Sementes.Santiago.Galiza.Campus universitario.jpg disme que son piñas dalgunha conífera que non son quen de identificar,...pois eu tampouco. Inda que debe de habelas en Santiago de Compostela ou en Bastavales, pero, considerando que a imaxe é do 2006, é normal que non me acorde exactamente onde puiden tirala, pois subín miles de imaxes (non moitos miles, quizais 2000, 3000 ou 4000, nunca me preocupei por contalas).

Seméllame que querías con esta indicación que fixeches na miña páxina de discusión simplemente establecer contacto comigo (pois non entendo o que me pides, nin podo comprender que o quefacer en que estaba xa non o teña eu en mente por andar a escribir o que estou escribindo para responder as túas palabras, palabras que ó meu parecer só serven para que eu perda o tempo escribindo a presente). Non entendo nada. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:29, 28 setembro 2008 (UTC)

  • Desculpa o anterior comentario. Estaba moi concentrado no que estaba facendo e as túas palabras rompéronme o ritmo ó non entendelas. Inda que sigo sen entender que é o que queres, non mereces o ton en que che respondín. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:09, 29 setembro 2008 (UTC)
Ola lameiro. Tras pasar uns días, podo aclarar algo máis o que non entendo. Semellas propoñerme cambiar o nome a dúas imaxes subidas por min no 2006. Non sei cantas imaxes subín a Commons e á Galipedia (quizais poidan ser 4000). Moitas delas, por descoñecementos varios, por inseguridade (non se me occorrería que o do eucalipto fose un froito, pensaba que podía ser unha vaíña) teñen un nome parcialmente incorrecto; outras, totalmente incorrecto. Se tivese que calcular a ollo as imaxes que teñen un nome incorrecto ou parcialmente incorrecto, diría que varios centos. Así e todo:
- O nome das imaxes non se ve nas Wikipedias cando se emprega a imaxe
- Non hai ningunha norma que me obrigue a ser preciso. O título debe ser explicativo, non exacto
- Calquera usuario pode subir a imaxe con nome correcto e propor a outra imaxe para borrar por ter un nome incorrecto.
- Hai imaxes miñas, bastantes, con erros graves no título, véxase Image:Abella 12-08-2006 Bastavales Galicia 1.jpg ou Image:Abella 12-08-2006 Bastavales Galicia .jpg, dúas fotos que en realidade son dunha variedade de mosca, non dunha abella. Iso ocorre, inda que non tan grave, con case tódalas fotos que hai en Commons:Category:Animals of Galicia, especialmente coas de insectos e siilares.¿Teño que volvelas subir todas co nome científico como título?
¿Pídesme que sexa preciso cando comparto unha foto no dominio libre? Síntoo, pero se tivese que ser así, quizais non a compartiría, non son capaz. ¿Pídesme que troque un nome dunha imaxe por non ser exacto?: ¿Por que non o fas ti? Eu teño unhas posibilidades de disposición temporal ó proxecto. Eu decido cómo dispoño do meu tempo. Non me parece adecuado que se me pida tal cousa e menos no contexto en que se me pide, cando estou enfrascado noutro labor e estou a realizar un esforzo que se concreta nunha dedicación de certo número de horas diarias. Sigo sen entender o que me pides, pero non porque non entendese o que me pides, senón porque non podo entender que me pidas o que pides polo que implica, polo labor que eu estaba a desenvolver nese momento, e porque non tes dereito a pedir tal cousa. Mostra de que non tes dereito é o feito de que a miña resposta debería ser: faino ti. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:23, 2 outubro 2008 (UTC)

Non creas que me sulfuro. Nin me sulfuro, nin me mosqueo, nin sequera me altero (e, ademais, non empeorou para nada a miña opinión de ti ou do teu labor). Pero si creo que hai un certo transfondo importante en todo isto. O transfondo percíboo no feito de que eu non son calquera usuario, pois son admnistrador: A min aprendéronme, e creo que mo aprenderon ben, que, por ser administrador, non podo deixar de responder ningunha solicitude. Non podo ignorar, inda que non estea escrito que non poida, e moito menos a outro administrador. Teño que responder a calquera que se dirixa a min, inda que prefira non facelo. Ensináronme que era preferible deixar de editar durante días antes ca non responder e seguir editando. Por mor diso, se me solicitas algo, ou ben o fago, ou dou a cara (por desgraza non son sempre politicamente correcto), pero os asuntos non se pechan ata que hai resposta e concordia.

Nas palabras que che enviei nesas mensaxes encontro, se as releo -que as relín moitas veces estes días desexando borralas, mais non podía facelo porque a Galipedia é así-, moitos máis motivos para eu desculparme contigo cós que observo que ti poidas ter para desculparte comigo. Mesmo encontraría motivos para me desculpar polo que escribín hoxe. Pero non creo que esteamos aquí para desculparnos, inda que me desculpo, inda que sinto non che ter tratado mellor.

Entre as cousas que fixen varias veces antonte, onte e hoxe, está o ver as túas contribucións para ver se seguías editando. Tiña medo de que abandonases o proxecto pola miña causa. Que agora me respondeses e o ton da túa resposta é para min un descanso. Non deixes nunca de responder, ademais, ser administrador -é o meu parecer- obriga a responder. Quero con isto deixar claro que para min a túa presenza é moito máis importante ca calquera posible resolución de cuestionables disputas que poidamos ter (creo que esta, máis ca unha disputa, foi un pataleo meu).

Por favor, le entre liñas as miñas palabras das anteriores mensaxes, penéiraas coas agora presentes. --Lmbuga Commons - Galipedia 00:05, 3 outubro 2008 (UTC)

Re:Policía Galipedica[editar a fonte]

Lameiro, si tes a razón, o da Policía Galipédica foi así, un resumo dalgo, o nome o extraíra dunha proposta que xa fixera na Wikipedia en Castelán, en xeral, e boa dende calquer unto de vista, o que pasa e que habería que crear máis plantillas, e pedirlle a alguen que sepa que fava os botóns necesarios como xa ai gran maioría na Wikipedia en Castelán.Galiza por sempre e para sempre 15:50, 29 setembro 2008 (UTC)

Pontevedra78 Galiza Premios[editar a fonte]

Usuario:Pontevedra78/Premios en destaque

Páxinas importadas no Galizionario[editar a fonte]

Ola Lameiro. Xa importei mediante o sistema de importación que permite conservar o historial as seguintes páxinas da Galipedia: Espadelar, Peza, Poboación, Seca, Grupo, Medio, Enderezo e Aprobado. Marqueinas todas para eliminación rápida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:39, 30 setembro 2008 (UTC)

Escritores famosos[editar a fonte]

Ola Lameiro. Perdoa pero esquecín dicirche que na páxina da votación hai que engadir arriba o marcador {{cab}} e abaixo incluír o texto Borrado e asinar por riba do marcador {{pé}} que serve para pechar e pedir que non se fgan máis edicións nesa páxina. Outra opción sería usar debaixo de {{cab}} o cadro resumo de votacións, exemplo: {{Wikipedia/Votación pechada|resumo=Votación para borrar o artigo [[Mans de porco á biscaíña]]|inicio=15.07.2008|fin=21.07.2008|si=8|non=0|neutro=0|conclusión=borrado}}. Tes un exemplo cun caso moi semellante en Wikipedia:Votacións para borrar/Autores famosos e do segundo tipo en Wikipedia:Votacións para borrar/Mans de porco á biscaíña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:10, 3 outubro 2008 (UTC)

Economía de Galicia[editar a fonte]

Ola Lameiro. Escríbote por se queres colaborar no artigo que se está a facer sobre a Economía de Galicia. Sei que sabes moito sobre pesca, por iso se te animas podes crear o apartado que aínda está sen facer--Hugo22 14:27, 11 outubro 2008 (UTC).

Éche o que ten a ignorancia, e unha mala interpretación das palabras. Menos mal que andabas ti por aí. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:56, 12 outubro 2008 (UTC)

Variar descrición dunha imaxe[editar a fonte]

  • Se a imaxe está subida á Galipedia só tes que editala.
  • Se está subida a Commons, no inicio dos datos verás unha caixa que pon que a imaxe procede de Commons. Ó facer click en información da licenza de uso (dentro desa caixa) vas á páxina de Commons en que está a imaxe. Alí, editas a imaxe e varías a descrición, ou engades outra en galego.

Se queres engadir unha descrición en galego, escríbea así {{gl|descrición}}.

No caso de Image:Ave acuática. Galiza.jpg, xa o fago eu. Se tes problema por editar en Commons, dime que as varíe eu (non hai problema ningún por facelo eu). --Lmbuga Commons - Galipedia 11:28, 13 outubro 2008 (UTC)

galizionario[editar a fonte]

Augamorta Mexilloeira 01-01.jpg

Aínda que coma IP, paseo ás veces por aquí, non creas que vos esquecín. Sobre o do tema do teu correo: agora estou de vacacións (en realidade axudando a Bieito), así que dubido que esta semana e a que ven poida facer algo substancioso por falta de conexión (e as dúas seguintes nun congreso, e a seguinte de vacacións outra vez, pode que de viaxe), pero tomo nota. Gústame moito a imaxe. User:Sobreira

Aparello dixestivo[editar a fonte]

Lameiro, sei que no artigo Parlamento de Andalucía usei o traductor, pero neste artígo no no usei, xa que o sabía de memoria. Grazas polo aviso pero creo que non hai ningún erro ortográfico. Galiza por sempre e para sempre 20:14, 24 outubro 2008 (UTC).

re ¿Sieur?[editar a fonte]

Lameiro dixo :

  • No artigo 23 de outubro dáse conta da morte en tal data de 1688 de Charles du Fresne, "máis coñecido como sieur du Cange, filólogo francés (n. 1610)". ¿Ese "sieur" é correcto ou el será un erro por monsieur? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 24 outubro 2008 (UTC)
Concretamente non vexo de que páxina da Glaipedia me falas ? Ponme a ligazón e xa vexo se convén corrixir algo. Isto non lle saqua que lle dée algún elemento de comprensión da lingua francesa e da sua evolucíón : basicamento a lingua para decir "señor" trantandose de deus como do rei e de altas personaxas dixo seigneur, sire e sieur, e dai mon seigneur, monseigneur e monsieur. A lingua actual gardou con usos distinctios monseigneur e monsieur. Tamén podese por ironía usar dun vocable antiguo e niste caso o sentido dependo moito do contexto. Tamén pode ocurrir que usése hoxe un vocable antigo para falar dun personaxe si o vocable refirese o titulo dunha persoa que levaba ese titulo cando vivui. Semella ser iste ultimo caso o dise señor Charles du Fresne (non sei quen é), xa que no siglo XVII un sieur era algo como en España un hidalgo. Esique non sera erro o que me citas. Non sei si explicome ben. Dasme a ligazón e xa vexo. Saúdos Lameiro ElviraConversa comigo 20:37, 24 outubro 2008 (UTC)
Grazas pola ligazón, si está ben e é como o has entendido, xa podes comprobalo no artigo fr:Charles du Fresne, sieur du Cange.ElviraConversa comigo 21:05, 24 outubro 2008 (UTC)

Artigo lareira[editar a fonte]

Ola Lameiro. Ando revisando o artigo lareira, penso que o tema é dos que lle acaen á Galipedia. Como ti tes feito noutros artigos o apartado sobre a cultura popular, quería pedirche se podes facelo neste artigo no caso de que dispoñas de datos ou poidas adicarlle un pouco de tempo a acrecentalo con esa sección. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:41, 26 outubro 2008 (UTC)

Saberás se isto é un ganso?[editar a fonte]

Non lembro o porqué, pero fixen a idea de que controlas de aves máis ca min. ¿Sabes se Imaxe:Lalín.Paseo fluvial do río Pontiñas.jpg é un ganso? Se non sabes, non pasa nada, non fai falla que contestes. Grazas sexa como sexa--Lmbuga Commons - Galipedia 21:16, 26 outubro 2008 (UTC)

Penso que os gansos son máis grandes (Isto é un ganso, creo). O macho debe de ser este: Imaxe:Lalín.Paseo fluvial do río Pontiñas 2.jpg--Lmbuga Commons - Galipedia 21:32, 26 outubro 2008 (UTC)

a morte...[editar a fonte]

boa noite, Pedro. Incrible o traballo sobre a morte na cultura popular. Parabéns. Vou incluír na bibliografía un libro que me pareceu moi interesante e no que tamén se fala do asunto: Crítica da razón galega, entre o nós-mesmos e o nós- outros, de Marcial Gondar Portasany.

Un saúdo, e ánimo co artigo. A ver se lle tiro unha foto á santa compaña para completalo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:12, 27 outubro 2008 (UTC)

Wikipedia:A Taberna (novas)#Usuario:Lansbricae[editar a fonte]

Ola Lameiro. Grazas. Como ben intuíches, a finalidade desa comunicación era ir de cara, que a comunidade se manifestase ante o que fixen, pois o dano é (e era) reparable con só retirar o bloqueo a ese usuario. Entendín que era referible expresalo nesa páxina porque son parte implicada dado que me sinto perseguido nas miñas actuacións por ese usuario. Se nalgún momento decidides que desfaga o feito, eu desfágoo. Na miña opinión non procede que permitamos usuarios que se senten autoridades e que desequilibren. Actuei -podo ser criticado e acéptoo (como acepto que a resolución final poida ser outra)- drasticamente, pero actuei porque estou convencido de que é o mellor para a Galiedia. Se estou ou non confundido... tendes que opinar. Grazas por opinar-- Lmbuga / Conversa comigo  18:53, 28 outubro 2008 (UTC)

Categoría:Botánica[editar a fonte]

Ola Lameiro. Mira a ver se lle podes botar unha ollada a isto: Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Botánica#Referencia á hora de categorizar taxonomicamente, xa que semellas o único interesado polo de agora. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:27, 28 outubro 2008 (UTC)

Re: Organismo e ser vivo[editar a fonte]

A miña opinión é que o contido que actualmente hai en "organismo" debería fusionarse con "ser vivo" (e ídem cos historiais). Despois, vexo dúas solucións:

  1. Poderíase converter a primeira páxina en homónimos (con ligazón a "ser vivo"). Xa que a páxina sobre os "outros organismos" non parece que teña moito futuro, podemos redactar un breve texto acerca destes na propia páxina de homónimos.
  2. Crearíamos a páxina "Organismo (homónimos)" con ligazón a "ser vivo" e o breve texto sobre os outros organismos; "organismo" deixariámolo como unha redirección cara a "ser vivo" e nesta páxina incluiriamos o modelo {{Outroshomónimos|Organismo (homónimos)}}.
  • Cal das dúas ves mellor? Deica logo. --Toliño Fala aquí comigo 18:05, 29 outubro 2008 (UTC)
    • Moi ben, a primeira opción, logo. Arestora non teño tempo, así que o deixo na lista de tarefas pendentes... Saúdos de novo. --Toliño Fala aquí comigo 18:27, 29 outubro 2008 (UTC)

Wikipedia:Taboleiro dos administradores#Usuario:Pontevedra78[editar a fonte]

Por esar implicado non actuei directamente, rógoche que lle botes unha ollada a páxina do título. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  15:50, 30 outubro 2008 (UTC)

Modelo cita[editar a fonte]

Ola Lameiro! Podes desface-los meus trocos se así o cres mellor, non me levou ningún traballo pór ese modelo. COnfío no teu gusto, así que síntete libre de modifica-lo teu marabilloso artigo. --Alberte Si, dígame? 18:48, 30 outubro 2008 (UTC)

Se queres fágoo eu, pero tería que esperar até mañá. --Alberte Si, dígame? 18:58, 30 outubro 2008 (UTC)

A morte[editar a fonte]

Ola Lameiro.
Que non che pareza mal pero eu penso co artigo A morte na literatura popular galega que me gosta moito e que é un traballo fenomenal teria o seu lugar noutro proxeto irmán sexa Wikiquote, semella ser o mais acertado, ou Wikifontes digo iste porque o titulo leva o termo literatura e é de supñor que tamén contas pór textos sobre a morte de autores. Que opinas ? ElviraConversa comigo 14:23, 1 novembro 2008 (UTC)

Agradezcoche a túa atención. De momento non teño tempo para convencerte, pero penso que outros usuarios van ir as mesmas conclusiós e a ver se te esplicán. De Wiquiqote só sei a función que ten, pero nunca me metin a colaborar. Wikifontes podría ser o proxeto que maís me interese, son unha gran letora do wikifontes en francés e gostariame ser una colaboradora do wikifontes en galego. O que pasa é que descubrin ises wikis moito despois que xa estaba comprometida nos wikipedias ...Todo isto por decirche que se cuadra un día podremos colaborar en medrar o wikifontes en galego !
E rematando co artigo A morte na literatura popular galega, penso que podes seguilo porque o traballo (que para mín non é dunha wikipedia) non estara perdido para o letor de lingua galega. Eres un gran erudito Lameiro e semella que posues moitos recursos de biblioteca, eres unha mina de tesouros para os proxetos wikis ! Saúdos ElviraConversa comigo 15:03, 1 novembro 2008 (UTC)


A morte na cultura popular galega[editar a fonte]

Entendo moi ben o que me dis. Esqueceuseme de decir na conversa do artigo que para mín o artigo debese categorizar en Categoría:Cultura tradicional, para mín non corresponde a Categoría:Crenzas e supersticións, penso eu. O artigo interesame moito en moitos rexistros ! Ata outra Lameiro ElviraConversa comigo 23:53, 1 novembro 2008 (UTC)

  • Engadinlle máis imaxes ao artigo, espero que che pareza ben--Hugo22 00:44, 2 novembro 2008 (UTC).
  • A testemuña que me das vai en favor co titulo A morte na cultura popular galega esta mui axeitado para case a totalidade do artigo ... trocando o titulo da primeira sección e retirando o parafo que apuntei na páxina de conversa. Logo podes engadir unha sección que dirai algo de tipo "Sobreviveincia da tradicion" e para eso tes que atopar fontes. A túa testemuña non vale como fonte, pero vale para que tu seibas que non é tan claro eso do que como morren as tradicions (a), porque morren(b) e onde morren(c) e cando morren (d), tamén podese ir hasta falar do tipo de cementos ou destruturacion do texido social - pero todo isto si o queres decir non pode ser a costas nin da túa opinion, nin da tua testemuña. Podeche decir que hai aldeas (medio rural)que desde os anos 60 só vive xente moderna sen tradiciós, e ti sabes ben que hasta os ano 80 na tuá vila (medio urbano podese decir para Galicia) houbo pratica das tradicios. Aindo que non concordo sempre contigo, estou vendo que fas e fichexes traballo tremendo. E como xa dixeches ti (xa non lembro en cal lugar) das discrepancias ... ven a luz ... SaúdosElviraConversa comigo 20:53, 2 novembro 2008 (UTC)

(Eu xa non teño disponibilidade para correr destrás do Usuario:Davazpe.94).ElviraConversa comigo 20:53, 2 novembro 2008 (UTC)

Política[editar a fonte]

Por que entón outros membros poden colocar a Estreleira? Iso tamén son ideas políticas, o nacional-marxismo galego... Un saúdo.

Re política[editar a fonte]

Ainda son eu ! Xa que andamos detras dun novo usuario gostariame aclararte algo de como eu entendo as políticas xerais dos proxetos wikipedia nas páxinas de usuario. Debese distiguier o que é unha proclama política, e concordo que non ten lugar de ser, e por outra banda un usuario que quere identificarse, que sexa coa verdadeira identidade, ou co seu partido politico, sindicato etc (que non estéen prohibidos, o partido, o sindicato etc). Cando un usuario identificase isto favorece a súa colaboración. Un usuario do PP tera que pór fontes mui credibles e de participar na neutralidade dos artigo relacionados co PP e as ideas do PP, igual para un anarquista ou un comunista. Os usuarios non son monxes (e si o son, pois igual cos do PP, comunistas e outros), a riqueza dos wikis ven da diversidade de orixen dos usuarios. Esto por decirche que un usuario que quere pór na sua p´xina persoal unha bandeira para identificarse fronte a comunidade é un usuario honrado, leal. Outra cousa é facer proclama, proselitismo, provocación etc. Isto esta falado en varios textos, na Galipedia só atopei a frase "O nome de usuario que escollas non ten por que ser o teu nome real, pode ser un nick ou alcume.", nesta páxina : Wikipedia:Como rexistrarse .Os usuarios que pratican iste tipo de lealdade, actúan con valentía, saben ben que teñen que facer un traballo mui neutral senon ariesgan o bloqueo. Na wiki fr vín moito tempo perdido paracomprobar que un usuario era nacionalista dalgunha nación e que acabouse de descubrir, os nacionalistas declardos saben ben que estan baixo control co tema do seu nacionalismo. Do mesmo xeito cando usuarios están ligados na vida real (matrimonio, fillos, amigos etc) esta mellor que se vexa nas páxinas de usuarios, esto tamén favorece para aclararse. Estando claro que no caso da páxina do Usuario:Davazpe.94 concordo con ti e ten que borrala, penso eu. Sintóo se che parece mal que sempre andoche con esplicaciós que non me pides, pero como por outra banda eres home de preguntas .... penso que podo permitirme contestas sen preguntas ! Se che molesto perdoame Lameiro.ElviraConversa comigo 19:48, 2 novembro 2008 (UTC)

Xenética e tecnicás[editar a fonte]

Boas Lameiro ! Para pasalo ben ando ollando artigos ! Si tes un pouco tempo gostariáme que ti tamén lle botes un ollo o artigo manipulación xenética, eres da partida e eu non. Para mín, sendo unha lectora critica que cuestiona as enciclopedias, pois iste artigo cheira a opinion e non a entrada enciclopedica, o ti titulo e o contido. Que che parece ? Deixei unha mensaxe o autor do artigo Conversa Usuario:Runaway99969. Tamén anda noutro artigo, que ainda non tuvén tempo de ben ver. Saúdos ElviraConversa comigo 15:59, 3 novembro 2008 (UTC)

Anduven lendo un pouco, e por mín debese ou facer lixo imediato dandolle esplicación o usuario que o fixo, ou pedir o borrado por voto. Se tes tempo de darme a túa opinion ? Se non cavilo un pouco maís e despois xa verei. (O que esta ben claro para mín e as lecturas ainda me aclaran maís, o titulo por si manipulación xenética é unha opinion). Se non tes tempo por andar na cultura popular galega, poís tes razón de anadar o teu gusto ! (Na semana vou ter pouco tempo) Saúdos ElviraConversa comigo 17:09, 3 novembro 2008 (UTC)

A Eirexe, Brántega, Agolada[editar a fonte]

Grazas pola corrección. Xa puxen os datos oficiais na páxina. Os datos que eu puxen eran correctos pero non poden ser contrastados.--Paula Crespo 20:07, 3 novembro 2008 (UTC)

Cova de Gorham[editar a fonte]

Gracias polo aviso de erros. Un saúdo - IP 213606073, 4 / 11 / 2008, 0:52

Maruja Pino[editar a fonte]

Saúdos Lameiro. Sobre o artigo de Maruja Pino fixeime que puxestes un aviso polos erros ortográficos e o posible copyvio. Sobre a maioría dos erros a causa é que tiven que saír á tarde e gardeino sen revisar; agora veño de correxilo e penso que a meirande parte xa foron depurados. Polo que toca ao copyvio, non sei o que é máis dáme que ten que ver con copiar e pegar doutro sitio o texto. Coméntoche; o texto está tomado da reseña que aparece na súa páxina web, traducido ao galego e modificando a redacción de cada frase para que non fora copiar e pegar. É dabondo con iso ou teño que redactalo dun xeito que se distancie aínda máis da biografía que aparece na súa páxina? Grazas por adiantado. --Iago 21:16, 5 novembro 2008 (UTC)

Deille unha volta ao artigo, mírao a ver se hai que cambialo máis. Apertas. --Iago 13:20, 6 novembro 2008 (UTC)

  • Conecteime hoxe logo de varios días, quería enviarche un correo, pero o correo de yahoo non funciona hoxe-- Lmbuga / Conversa comigo  22:12, 7 novembro 2008 (UTC)

Día Nacional de Galicia[editar a fonte]

Hola Lameiro, os cambios que fixen nese artigo parecíanme adecuados, porque Galicia non é un país, senón unha Comunidade Autónoma e unha nacionalidade histórica, tal e como indica o Estatuto de Autonomía, ainda que eu penso que xa vale pór soamente Galicia, ademais, as outras denominacións para o Día Nacional non son das máis populares. ¿Onde están indicados eses aspectos?. --MARC912374 23:38, 9 novembro 2008 (UTC)

Entendo o que explicaches, e se o de Galicia é un convenio que representa o punto de vista da maioría, é algo parecido ás normas que temos na Wikipedia en castelán, exemplo da toponimia sobre localidades de Galicia, País Vasco ou Cataluña (algo do que adoita queixarse a xente), entón deixo o artigo como está, non argumentarei cambios na conversa porque non serve de nada, o dos topónimos non é o mesmo ca isto do que estamos falando, pero tamén alá non serve de nada argumentar sobre iso, xa que é algo aprobado polos membros da comunidade e debe respectarse. Saúdos e moitas grazas. --MARC912374 00:49, 10 novembro 2008 (UTC)

Re:Glicóxeno[editar a fonte]

Gracias,aínda estou con el,por iso non están os enlaces nin a categoría!de todas formas pensei que podía nomearse de ambas formas.Teño unha duda : ¿glicolise e glicoxenolise é o mesmo?é que non o teño moi claro!.Se podes axudarme agradézocho!!.Tooru


Seguridade alimentaria[editar a fonte]

Ola Lameiro, se cadra poderías engadir esta nova no artigo sobre seguridade alimentaria no que estiveches a traballar: http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/14297.html --Hugo22 12:44, 16 novembro 2008 (UTC).

  • Non sei como se fai..--Hugo22 20:07, 16 novembro 2008 (UTC).

O porco Antón[editar a fonte]

Ola Lameiro, hoxe por fín, fun a Espasante e tireille a foto ó Antón, tanto ó vivo como a súa representación en metal. Agardo que che sirva para ese magnífico artículo da "Mata do porco". Perdoa pola tardanza, xa que hai case medio ano, pero acompañoume un compañeiro que é da parroquia do lado e coñece moi ben os arredores. Un saúdo e segue así.--PepedoCouto 16:01, 16 novembro 2008 (UTC)

  • Agradecido polo apoio, penso que podo ser útil corrixindo os fallos que por outra parte é normal que se cometan nunha lingua na situación na que está a nosa. Indo ó caso concreto que me comentas pois foi un erro meu do que non me dera en absoluto de conta, grazas por me avisares. --RNC 19:59, 16 novembro 2008 (UTC)
  • Ola outra vez, irei subindo máis imaxes do porco e de Espasante. --PepedoCouto 21:36, 16 novembro 2008 (UTC)

Correxido Navigación - Navegación[editar a fonte]

Como creo que ben sabes, xa fixen os cambios que me pediches e as marquei como lixo. Un saudo --Jordav 20:40, 16 novembro 2008 (UTC)

Cambio de nombre de usuario en Commons[editar a fonte]

Vin o outro día a túa petición en Commons:Commons:A Taberna#Cambio de nome de usuario. Desculpa que non estea atento a esa páxima, pois non ten demasiado uso, normalente os usuarios se dirixen a min directamente.

Eu podería cambiar o teu nome de usuario. O caso é que para iso hai que seguir uns procedementos, entre eles, está o feito de que a solicitude debe ser realizada en aquí.

Cando fagas a túa petición de cambio de nome nesa paxina, avísame; pois tampouco paso por esa páxina habitualmente xa que non dou atendido tanta cousa.

Se non hai ningún usuario en Commons que se denomine Lameiro, non haberá problema para facer o cambio-- Lmbuga / Conversa comigo  03:36, 17 novembro 2008 (UTC)

Desculpa. Ía intentar cambiar o nome e non puiden (o sistema non me deixou) porque xa hai un usuario que se chama Lameiro (non o vira). Só ten unha edición en Commons, pero nese caso, desde que hai unha conta global en Wikimedia, eu non sei facer o cambio de nome. Existe un usuario Lameiro en Commons, wp.en, wp.es, wp.fr e wp.gl. A última conta xa sei que é controlada por ti. Se as contas francesa, inglesa e española tamén son controladas por ti, o cambio é posible; en caso contrario, non sei se se poderá facer.
A petición faise moi complexa. Debe facerse aquí, en inglés preferiblemente.
Debes indicar que desexas ter o mesmo nome ca na Galipedia, ca na wikipedia española, francesa e inglesa; e que hai un usuario chamado Lameiro que ten só unha edición en Commons. Debes poñer ligazón á túa páxina de conversa na Wikipedia galega indicando que é o teu espazo principal. Ademais, convén que na túa páxina de usuario da Wikipedia inglesa, francesa, española e portuguesa expreses que solicitaches o cambio de nome en Commons e que asines para demostrar que es o mesmo individuo (pon ligazón a cada unha desas edicións na solicitude). Síntoo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:57, 17 novembro 2008 (UTC)
Non te rindas neste tema, coméntame as contas que son túas das que dixen. Se son todas túas, o cambio é moi factible, pois ademais ti es administrador aquí. Se non fosen túas, quizais o máis doado sería que pasases a ser P.Lameiro (ou outra cousa), claro que quizais iso non che guste.

Estes días ando con moito chollo en Commons... e nos próximos vou estar tamén con moita movida. Pero se me dis o que hai ou buscas unha alternativa (outro nome para tódalas contas) mirarei eu mesmo, antes ou despois, de compoñer a solicitude. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:42, 18 novembro 2008 (UTC)

respondín[editar a fonte]

Conversa_Wikipedia:Wikiproxecto_Categorías/Botánica#tax-tax Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 16:25, 23 novembro 2008 (UTC)

enxamia[editar a fonte]

Non, creo que así abonda. :) Quizais podías botarlle unha boa ollada ao artigo (ese e aos das distintas colmeas). :) Marqueino como cómpre referencia porque tiña bastante claro que non era un termo correcto, pero tampouco tiña aquí a man fontes pra mudalo. :) Moi ben!! Ai, estes días semella que todo funciona ben na Galipedia... debe ser a presión do millón de edicións... :) --Xabier Cid Conversa 19:07, 24 novembro 2008 (UTC)

a foto do meu pai feita por Lameiro[editar a fonte]

Boas Lameiro, non podes saber as risas que me levo coa tu mensaxe sobre a inxusticia dos dereitos de autor !!!! Se ti me regalas unha foto do meu pai que evidentemente non puden fazer eu (cales que sexan as razóns, o lugar, a idade etc). Poís eu subindo a miña foto do meu pai penso que teño o dereito de publicale con licencia compatible en commons. Eu fagóo de boa fé. Máis ti, sabendo co meu pai é coñecido (non é o caso na realidade!), ves un día en commons esa foto da túa autoría e sabes que non é por regalarme a foto (xa que ti gardaches o negativo que comproba que a foto é da túa autoría) que perdiches os direitos de autor. Entón ti faslle un xuicio a wikimedia fondación para ganar catro cartos. O que pasa é ca wikimedia fondación non quere ningún xuicio, que sexan de poder ganalos ou perdelos. Para unha foto pouco dubidosa e con pouco peligro de xuicio hai usuarios como Lmbuga que tratan de ir maís adiante a ver se hai solución para asegurarse ca licencia e completamente boa, sen ninghna dubida posible. Senon a regra é que toda imaxe (o un media calquera, son etc) que poda levar unha minima dubida esta borrada de seguida. Por demáis de evitar xuicios, tes que saber que hai xente en commons que traballa de arranque para que teñamos un material fiable, non teñen tempo para andar burocratizando o sistema. Eu non son mui "technica" pero podoche asegurar co traballo en commons é un inferno, xa ves que Lmbuga non anda de turista por alá. Explicoche esto porque pareceme mui importante de darlle importancia e respeto o traballo en commons, e sintome un pouco pecadora de haber deixado isto en plan, sabendo ben que Prevert quería seguir outro camiño. Xabier colleo o problema onde está e eu teño a xustificación que isto empezou cando eu ainda non entendía ben toda problematíca do copyright. Saúdos Lameiro, cabaleiro do dominío público. ElviraConversa comigo 20:08, 24 novembro 2008 (UTC)

Burato condíleo anterior e Nervio Hipogloso[editar a fonte]

Seguindo as indicacións túas definin este burato dentro do artigo do óso occipital e redactei o nervio hipogloso tomando as imaxes da wiki en inglés pero axustando un pouco o texto. Asimesmo englobeino na categoria anatomia, xa existente, e na categoria nervios, unha categoria na que traballarei cando teña tempo dispoñible xa que agora inda non está creada.

Silverfox(conversa)

Denominación oficial[editar a fonte]

  • Ola, borrara o de denominación oficial en ameixa xaponesa pero despois vin que foras ti e restablecino pero sigo sen entendelo, habería que explicalo nun contexto, é a denominación comercial que ten que ter en toda España pero nese mesmo BOE figura a denominación comercial en Galicia, ameixa xaponesa, así que mudei esa parte, coméntamo se estás en desacordo.--RNC 20:47, 29 novembro 2008 (UTC)

O lobo na cultura popular galega[editar a fonte]

Ola Lameiro, tes algunha idea máis pra o artigo sobre o lobo na cultura popular galega?--Hugo22 23:49, 29 novembro 2008 (UTC).

    • Ola de novo, non poderías recurtar a imaxe que subiches do mapa do Couto Mixto pra poñela de imaxe principal no recuncho da imaxe de artigo destacado?.--Hugo22 22:08, 30 novembro 2008 (UTC).

Ola, sinto molestarte pero preciso unha axudiña no artigo Órbita (anatomía). Trátase dunha emulación do artigo da wiki en castelán, pero non sei porque a táboa empregada esta desprazada da marxe dereita e colocouse no centro. Por favor, se tes tempo bótalle unha ollada.

Silverfox(conversa)

Re:Esculturas e estatuas[editar a fonte]

Ola Lameiro. Como verás, o criterio para diferenciar estatuas e esculturas non o teño claro. Se tes opinión, agradézoche que ma comuniques.

Non pensaba polo de agora traballar a zona da "escultura" (creo que non é o meu ese tema). Quizais haxa que refacer todo, pero, polo menos, aí están algunhas das imaxes que hai que considerar (xa non hai que buscalas).

(non sei se é isto o que a continuación preguntas) Para crear unha categoría non tes máis que categorizar unha imaxe. Tras gardala (ou ver a vista previa), no fondo da imaxe, aparecerá a categoría en vermello. Ó facer click sobre dela, aparecerá a páxina en branco da categoría que vas crear.

Tamén podes escribir na caixa de procura Categoría:imaxes de esculturas do Grove. Na parte superior da páxina que che aparecerá (tras premer no botón "Artigo") poñerá isto: A súa busca de "Categoría:imaxes de esculturas do Grove" (o que está entre comiñas será unha ligazón vermella ou baleira). Se fas click sobre esa ligazón vermella, aparecerache a páxina en branco para crear a categoría.

Tamén podes facer click aquí: Categoría:imaxes de esculturas do Grove.

Unha vez que apareza a páxina en branco, abonda con que categorices esa categoría escribindo [[Categoría:Imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra]] e gardes.

Se creas ademais Categoría:Imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra (aparecerá en vermello no fondo da categoría que acabas de crear), deberías categorizala, se che parece ben, en Categoría:Imaxes sobre escultura en Galicia. Se decides outra categorización, considera que Categoría:Imaxes de esculturas da provincia da Coruña, debe de estar categorizada na mesma categoría ca Categoría:Imaxes de esculturas da provincia de Pontevedra.

Calquera axuda é benvida. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:54, 2 decembro 2008 (UTC)

Amais do anterior, non vin necesario comentar -fágoo por se acaso- que o traballo que estou facendo coa categorización das imaxes ten erros e . ten que ser non só corrixido, senón, ademais, aprobado pola comunidade. Posiblemente as categorías teñan, ó final, unha denominación diferente. O caso é ir vendo sobre a marcha as categorías que se poden crear (crear unha estrutura aproximada) e que tódalas imaxes novas que se carguen estean o máis categorizadas que poidamos-- Lmbuga / Conversa comigo  17:05, 2 decembro 2008 (UTC)
Se consideras conveniente faceres, facer eu ou facermos nós unha proposta sobre esas categorías xa, podería poñerme a pensalo. Sexa como sexa, inda queda posiblemente bastante por crear, pero poder..., pódese xa facer-- Lmbuga / Conversa comigo  17:09, 2 decembro 2008 (UTC)

IES Mendiño[editar a fonte]

Pedro, lamento moito o traballo que te están a dar os meus alumnos/as. A todos se lles explicou con detalle como vai a Wikipedia, pero non parece suficiente. Son novos e moitos teñen dificultades para comezar colaborar ou non prestan a suficiente atención aos detalles. O fin de colaboraren neste proxecto non é consguir unha cualificación para as clases, senón que coñezan a súa existencia, e quen sabe, quizais colaboren máis en serio no futuro, como xa o ten feito outros alumnos/as de anos anteriores que aínda seguen facendo aportacións á wiki (véxase Usuario:IES Mendiño dos dóus últimos anos). Un saúdo e de novo desculpas polo traballiño que che dan.--Calrosfking (FÁLAME) 15:30, 3 decembro 2008 (UTC)

Vea Ácigos[editar a fonte]

É unha vea que recolle o sangue do tórax, complementada no lado esquerdo pola vea hemiácigos, desemboca na cava superior facendo un arco. É unha vea impar

Non sei cal é o problema, eu non inventei o nome. Podes buscala nalgún libro de Anatomía, no Atlas de Anatomía Humana (Netter ou Gray). Hai un Gray que se pode consultar en Internet, creo. E sí, está relacionada co pericardio.

O do aparello circulatorio, non entendo que quere dicir, se se me ocorre como redatalo, dígocho. --Silverfox 01:29, 10 decembro 2008 (UTC) Conversa

  • En aparello circulatorio tes razón que A circulación sanguínea completa, é dicir, sanguíneos e non existe mestura de gases é incomprensible. Creo que quería dicir que as circulacións maior e menor levan distinta composición gasosa, pero é que a frase non ten lóxica. Poderiamos susbtituíla por "No organismo humano hai dous tipos de circulacións:" e logo que contianuase o resto do artigo...

Link FA[editar a fonte]

O link FA o que sexa, serve pra indicar que noutras wikis o artigo é destacado. Por exemplo Link FA Po indica que un artigo é destacado na wiki portuguesa, ZH creo que é chinés.--Hugo22 23:55, 10 decembro 2008 (UTC).

RE: Dúas preguntas[editar a fonte]

  • O termo eteroflomobulgionerisis non o atopei fóra da wikipedia, nin sequera nun tratado de fisoloxía. Eu eliminaría esa frase ou sinxelamente dicir que a inxestión acelerada pode asociarse a danos na mucosa farínxea.
  • O segundo, non creo que epífise sexa digno dun artigo independente, ademais de que non tería sentido falar por separado do óso e epífise, igual para diáfise.

Na wiki en inglés fan artigos independentes de todo o que poidan, pero creo que este termo anatómico debería ir incluido no artigo óso.

  • E coa pituitaria podemos redirixir pituitaria a hipófise, e o artigo sobre a pituitaria (mucosa) chamala Mucosa pituitaria.

--Silverfox 18:31, 11 decembro 2008 (UTC)

    • Ben, é unha boa solución. Ademais, o termo de pituitaria respecto á hipófise é pouco empregado na USC. Nas últimas edicións de atlas de histoloxía ven hipófise. Unha cousa maís, hai una categoría chamada Aparato Locomotor, non debería ser Aparello en vez de Aparato? --Silverfox 19:18, 11 decembro 2008 (UTC)(conversa)

Útero[editar a fonte]

No artigo útero hai certa controversia entre colo uterino ou pescozo uterino, pero se o prefires poñemos cérvix, que é o termo médico (cérvix, cancro de cérvix...) --Silverfox 21:15, 11 decembro 2008 (UTC)

Cintillas ópticas[editar a fonte]

Son dous feixes de febras nerviosas, que en castelán se denominan *cintillas, derivado de *cintas, pero como non se me ocorreu ningún equivalente en galego, así quedou.

PD: Os títulos con maiúscula ou minúscula: o do simpático foi un erro meu, que índa non corrixín. Creo que sería mellor Sistema nervioso simpático, e cámbiao ti mesmo se queres, non hai problema. --Silverfox 02:14, 12 decembro 2008 (UTC)

Esteatopixía[editar a fonte]

Todos os días se aprende algo novo. Hoxe foi "ves o que pasa cando fas unha edición sen resumo?". :). Non o lembro. Non lembro por que movín esteatopixia (como en español) a esteatopixía (como en portugués). Imaxino que faría unha consulta por correo electrónico a alguén, pero non son capaz de lembralo. Se o Diccionario galego de termos médicos di esteatopixia, deberiamos mudalo, claro. :) --Xabier Cid Conversa 06:13, 12 decembro 2008 (UTC)

Escafoide[editar a fonte]

Ola! Penso escribir o artigo sobre o óso escafoide. O problema e que hai dous: un no tarso e outro no carpo. Vou titulalos Escafoide (tarso) e Escafoide (carpo), pero creo que sería bo que fixesemos unha páxina de homónimos. Saúdos --Silverfox 16:52, 12 decembro 2008 (UTC)

Re: escafoide[editar a fonte]

No caso da anatomía humana podemos crear a categoría Anatomía Rexional, Partes da anatomía humana ou algo polo estilo. Nela, cabería, abdome, tórax, pescozo, man, pé...E incluso outros artigos de zonas humanas menos coñecidas: oco poplíteo por exemplo.--Silverfox 17:14, 12 decembro 2008 (UTC)

Anatomía Rexional[editar a fonte]

Paréceme ben a clasificación que propós, nela pódense incluír perfectamente numerosos artigos. En canto a fagas, recategorizo os artigos meus e os que atope. --Silverfox 17:36, 12 decembro 2008 (UTC)

PD: Xa estan redatados os dous artigos do escafoide, tanto o do tarso como o do carpo. Son curtiños, pero e que eses dous ósos non dan máis de si. Outras wikis engaden neles outros conceptos, pero paréceme que non son os adecuados. Por exemplo, na castelá inclúen a ruptura dos ósos do pulso, cando o adecuado debería ser incluir esa información no artigo do pulso.

Timo[editar a fonte]

O timo ten unha única función: permitir a maduración dos linfocitos T. O ideal sería unha nova categoría: Sistema inmune, categoría esencial da medicina.Nela caberían os artigos de macrófagos, linfocitos, bazo e outros máis, que índa están por redatar --Silverfox 21:18, 12 decembro 2008 (UTC)

  • Xa vin creada a categoría Sistema inmune. Nela xa puxen outro artigo, traducido e corrixido. Por certo, cambiei o artigo de timo case por completo. Tiña varios erros graves no contido. --Silverfox 22:13, 12 decembro 2008 (UTC)

RE:Ficheiro:AceaAllariz.jpg‎[editar a fonte]

Graciñas. Se non atopo máis imaxes dese río quizais podería ser conveniente non crear a categoría e categorizalo en Category:Imaxes de ríos de Galicia. Non sei. A verdade é que eu a crearía, pero é un pouco triste unha categoría cunha soa imaxe. Anotareino como pendente, pois hoxe non me dá tempo--Xan de ningures 19:12, 13 decembro 2008 (UTC)

¿Falas de fotos que xa subiches?, porque a páxina do río Arnoia non ten ningunha (acabo de colocar unha para facilitar que se coloquen máis). Se as subiches -a min cústame encontralas, acabo de mirar e non dei con elas-, cando poidas, de ti colocárelas en río Arnoia, eu comprométome a crear a galería de imaxes e a categoría. Saúdos--Xan de ningures 19:38, 13 decembro 2008 (UTC)
Ó podermos crear galerías de imaxes, é doado darlles uso as imaxes, especialmente as de lugares. Se ves que tes máis das que coñezas o nome do lugar, súbeas. Sempre e cando indiques os lugares nos datos, eu encárgome de categorizalas. Saúdos--Xan de ningures 19:46, 13 decembro 2008 (UTC)

RE: Tarso[editar a fonte]

Respecto de cambiar Tarso (anatomía) a Tarso habería un incovinte, xa que hai varias cidades que se chaman Tarso e mesmo o tarso é una parte do membro inferior dos artrópodos. Sinto a tardanza en responder a esta mensaxe,e que so me fixara na do timo. --Silverfox 19:34, 13 decembro 2008 (UTC)

RE: cromosomas[editar a fonte]

Ola! xa analicei os artigos cromosoma e cromosomas e creo que do segundo merece a pena este parágrafo: O número de cromosomas dunha especie (ou fase vital) diploide identifícase como 2n mentres que ese número nunha especie (ou fase vital) haploide identifícase coa letra n. Naquelas especies que presentan un número repetido de cromosomas superior a dous complementos fálase de poliploidía, representándose o múltiplo por diante da letra n. Así: 3n indicaría un complemento cromosómico triploide, 4n un tetraploide, etc. Todas estas son situacións euploides. Coa indicación x quérese expresar o número básico de cromosomas dunha especie que presenta individuos con diversos graos de ploidía ou o dunha liña filoxenética a partir da cal diversos táxons acadaron situacións aneuploides variadas, sendo neste caso o número cromosómico unha variación do número orixinal con aumento ou diminución do número básico, por perda, fusión ou división de cromosomas (p. ex., n+1 ou n-1). Un exemplo desta situación anormal témola nos individuos da especie humana que presentan a chamada síndrome de Down, situación de aneuploidía (2n=47) pola presenza dun exemplar máis do habitual do cromosoma 21 (trisomía).

E creo que sería correcto colocalo no artigo cromosoma no apartado Cariotipo. O resto do cromosomas non merece a pena baixo a miña opinión. --Silverfox 18:31, 14 decembro 2008 (UTC)

Espermatozoide[editar a fonte]

Estiven revisando e ampliando o artigo Espermatozoide, e vin que estaba na categoría fisioloxía. Non cres que sería máis axeitado metelo na do aparato reprodutor masculino? --Silverfox 18:54, 14 decembro 2008 (UTC)

Carne[editar a fonte]

Hola lameiro preguntasme pola palabra obrigado pois ben a verdade é que o artigo é traducido da wikipedia castellana e penso que esa é a tradución o galego de obligado senon fora asi, agradeceriache mo dixeras pois descoñezo se hai otra verba mellor sen mais un saudo--Alfonso Márquez 19:34, 14 decembro 2008 (UTC)

RE: RE:cromosomas[editar a fonte]

  • O que ven no artigo cromosomas xa é prescindible, xa que o que contén ou é innecesario ou xa está no artigo cromosoma
  • Respecto a histoloxía, esta rama da biolxía adícase a estudar tecidos. Creo que as células individuais deberían ir na categoria Citoloxía, ou que a categoria fose Histoloxía e Citoloxía.

--Silverfox 22:44, 14 decembro 2008 (UTC)

Río Sar[editar a fonte]

Entón haberá que rectificar o artigo, pois di que o río desemboca en Iria Flavia e non é certo. Foi o que me creou dúbidas. Grazas--Xan de ningures 23:14, 14 decembro 2008 (UTC)

Rectifiquei o artigo. Se non está ben, que alguén proteste; semella que antes estaba peor--Saúdos e grazas. Xan de ningures 18:59, 15 decembro 2008 (UTC)

Imaxe da semana. Vou propor unha imaxe túa[editar a fonte]

Vou propor unha imaxe túa (espero ter xa suficientes edicións para poder propor). Por composición, gustaríame propor Ficheiro:O boi de Allariz 02-01.jpg, pero ten demasiado ruído (obsérvase ó poñela ó tamaño real, ó máximo). Por mor diso, vou propor Ficheiro:O boi de Allariz 03.JPG, imaxe en que o ruído no é tan esaxerado, inda que algún hai. Así e todo, as dúas imaxes gustáronme abondo. Non dubides en subir as imaxes que queiras, eu mirarei de lles buscar sitio, ti súbeas e despreocúpate.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 17:30, 16 decembro 2008 (UTC)

  • Vexo claro nas políticas que non podo votar ata pasados 60 días. Non hai problema.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 18:03, 19 decembro 2008 (UTC)

Ola Lameiro son Daniel como marco un artigo en uso? usando corchetes, parentese como. E en que parte do artigo?--Daniel Pita López 20:10, 17 decembro 2008 (UTC)

Xa respondín eu--Saúdos e grazas. Xan de ningures 18:03, 19 decembro 2008 (UTC)
(Acabo de ver que xa responderas ti e moi polo miúdo)--Saúdos e grazas. Xan de ningures 18:04, 19 decembro 2008 (UTC)

Vilaxóan[editar a fonte]

ola Pedro; non lembro con exactitude, pero creo que creara o artigo para aproveitar o texto do lugar, que estaba no artigo da parroquia. Púxenlle o marcador de atención precisamente porque está feito un cristo, pero non me vin con ganas ou forzas de arranxalo. En calquera caso, pode manterse co marcador, ou proporse para borrar.

O do nome da parroquia con parénteses débese a que hai dous Sobrán en Vilagarcía, con cadanseu patrón.

Un saúdo e feliz solsticio de inverno. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 17:25, 20 decembro 2008 (UTC)

Encárgome[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Fágome cargo.--Agremon(contacto) 20:34, 23 decembro 2008 (UTC)

Artigo Ángel Padín[editar a fonte]

Ola, vin que eliminaches o Artigo de Ángel Padín, era tan solo a pretensión de poñer o seu curriculo, xa que aparecía a chamada no artigo da súa muller Olga Viaño, e non había información. Non é orixinal, xa que é o seu curriculo e ademáis autorizouno él mesmo, que é o autor, para que se subira a wiki. Son nova aquí polo que poderias axudarme? qué debo facer: pódese recuperar ao non ser un problema de copyright? Pódese crear un enlace? Habería que escribir un curriculo diferente? Moitas grazas. [Esta mensaxe deixouna usuario:Blanca (09:53, 24 decembro 2008), que esqueceu asinar]

Moitas grazas[editar a fonte]

O dito moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:37, 24 decembro 2008 (UTC)

Carne[editar a fonte]

Moitas grazas pola observación que me fixeches chegar, pois non me habia decatado do erro cando traducín dito artigo desde a wikipedia castelana, espero que agora sexa mais veraz o artigo, e outra vez mais moitas grazas, un saúdo--Alfonso Márquez 12:08, 25 decembro 2008 (UTC)

Citas[editar a fonte]

Cambieina por resultar raro nun texto en galego saltar de súpeto a unha frase en castelán sen saberse a razón, se houbera unha nota que dixese que a frase era textual dunha carta do propio Castelao xa habería un contexto ó que se remitir e non habería razón para mudala.--Biógrafo 18:09, 26 decembro 2008 (UTC)

    • Eu como norma xeral diría que as citas hai que traducilas, agora ben cando sexan linguas próximas ó galego (portugués, castelán, asturiano, catalán realmente non sabería onde poñer o límite) poden permanecer na lingua orixinal por ser a intercompresión case total, aínda que eu non recomendaría citas moi longas en linguas diferentes do galego e mesmo en galego tampouco. No caso concreto de Castelao penso que hai que poñela na lingua orixinal, en castelán neste caso, de feito que sexa en castelán e non en galego é un dato, nunha personalidade tan comprometido coa lingua como será el uns anos despois.--Biógrafo 18:39, 26 decembro 2008 (UTC)

Datos[editar a fonte]

Ola Lameiro, podo utilizar algún dos datos que publicas no teu perfil?--Hugo22 21:23, 26 decembro 2008 (UTC).

  • Graciñas, Bo Nadal!--Hugo22 21:28, 26 decembro 2008 (UTC).

RE: Esmorga[editar a fonte]

Vale, tes razón. Vou corrixir as ligazóns de contado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:56, 27 decembro 2008 (UTC)

Personalidades da música[editar a fonte]

Poderías botarlle unha ollada a Categoría:personalidades da música tal como está estruturada resúltame un lío para clasificar esas personalidades nas diversas subcategorías, non sei se será cousa miña pero non me aclaro.--Biógrafo 20:41, 27 decembro 2008 (UTC)

Votación de borrado[editar a fonte]

Nada meu, unha actuación impecable, non hai nada que corrixir. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:44, 27 decembro 2008 (UTC)

Música[editar a fonte]

Estou intentando clasificar o mellor posible, pero écheme unha tarefa complicada, utilizamos a categoría vocalista como se fora a de cantante, pero un vocalista é aquel cantante que canta con acompañamento de orquestra ou conxunto musical supoño que iso é o que a diferenza que se quería facer da categoría solista pero na práctica boa parte dos cantantes (depende tamén dos xéneros claro) cantan unhas veces como solistas e outras como vocalistas, ademais que solistas tamén son os que fan un solo con calquera instrumento polo que se está a mesturar cousas diferentes e á hora de clasificar é un cristo.--Biógrafo 11:42, 28 decembro 2008 (UTC)

Apeiros de labranza[editar a fonte]

Claro que tería sentido. Agora teño que marchar. Se o desexas créaa ti. Podería estar categorizada en Categoría:Imaxes de obxectos de Galicia e en Categoría:Imaxes sobre a agricultura de Galicia. Algunhas fotos que poden caber aí son Ficheiro:Facendo sucos paralelos.JPG ou Ficheiro:Facendo sucos.JPG. Ha de haber máis. Se non a fas ti, créoa eu así que poida.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:42, 28 decembro 2008 (UTC)

Máis música[editar a fonte]

O meu, case lamento, é porque considero que as categorías deben ser intuitivas e sinxelas, estou dacordo contigo totalmente en que á hora de clasificar non se pode andar dando voltas a ver o que quere dicir esta ou outra categoría, o seu nome debe ser o máis diáfano posible, se en vocalistas clasificamos cantantes entón débese denominar a categoría cantantes e evitamos que xurdan problemas ó clasificar e solistas debería desaparecer. Pero o caso é polo que vin no Debate de categorías música é unha categoría pechada e non se poden borrar (nin cambiar de nome) as categorías xa aprobadas--Biógrafo 13:03, 28 decembro 2008 (UTC)

Tetilla[editar a fonte]

Chámame a atención que non estea aceptada cando están facendo concesións bastante arriscadas baixo o meu punto de vista como poden ser enfermaría ou cafetaría por nomear algúns exemplos...--Hugo22 17:09, 28 decembro 2008 (UTC).

Cadea alimentaria[editar a fonte]

Tes razón, non caera na conta. A razón de redirixilo é por que este termo (o relacionado con cadea trófica) aparece noutros artigos como ti xa te decatache, (ex; Nivel trófico) pero tamén hai outros que trantan este termo dende a variante que ti nomeas (alimentos tranxénicos, etc) e que eu non tivera en conta. Haberá que cambialo. Eu propoño que se podería facer unha artigo con cadea alimentaria (homónimos) para aclarar os diferentes significados e deixar o de cadea alimentaria para a parte que ti precisas, e logo crear outro artigo que se chame por exemplo cadea alimentaria (ecoloxía) para enlazar con cadea trófica. Eu non podo facer os cambios agora por que marcho ao cine e non chego, se queres fainos ti e senón máña --Calrosfking (FÁLAME) 21:15, 30 decembro 2008 (UTC)

  • Pedro, xa fixen os cambios que comentei arriba, pero queda sen facer o artigo cadea alimentaria, e en cor azul o enlace. Quizais poderías facelo ti?. Sei que é un tema que coñeces segundo a túa traxectoria na wiki máis, se cadra, non che vai ben facelo, entón trataría eu de completalo aínda que non vai a ser o mesmo.--Calrosfking (FÁLAME) 10:18, 31 decembro 2008 (UTC)

Sobre Galicia - xaneiro 2009[editar a fonte]

Ola Lameiro, feliz ano. Preparei o artigo sobre Galicia para mañá mais a verdade é que é algo difícil facer un resumo introdutorio do artigo. Fíxeno poñendo a propia introdución do artigo pero deixa moito fóra. Bótalle unha ollada (Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2009) e troca o que vexas para que quede mellor. Un saúdo, vémonos dentro dun ano. Alberte Si, dígame? 16:57, 31 decembro 2008 (UTC)