Conversa usuario:Lansbricae
Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.
Mensaxes antigas arquivadas:
[editar a fonte]
Se te queres por en contacto conmigo, por favor faino a través da miña páxina de conversa na wiki pt. Grazas.
Disrupción
[editar a fonte]Pregaríache que deixases de interromper a actividade normal da Galipedia coas túas accións. Unha acción construtiva non pasa por acusar a usuarios de forma paranoica. Se tiveses algunha razón real para pensar que Toliño fose un usuario monicreque terías que telo dito no momento en que o soubeches: porén, semella máis ben que queres interromper unha votación, e o que é peor, desvirtuar un debate aberto, importante e legal sobre a posibilidade de que un usuario chegue a ser administrador. Moitas grazas pola túa cooperación. --Xabier Cid 14:55, 19 maio 2008 (UTC)
- As opinións son moi aprezadas e valiosas para a comunidade. Persoalmente, aprezo máis as opinións contrarias, porque me fan mellorar. Pero a acción saboteadora e disruptiva do traballo pacífico e normal da wikipedia acaba en bloqueo. Grazas pola colaboración. Un saúdo. --Xabier Cid 15:07, 19 maio 2008 (UTC)
Nova disrupción
[editar a fonte]Ola, Lansbricae. Se observase as edicións realizadas por min nas últimas horas decataríase de que estiven actualizando o artigo Medalla de Galicia, completando as de ouro que non estaban, e engadindo (polo momento) algunhas de prata. Na lista desas medallas había (e non o decidín eu) unha á Editorial Galaxia, que actualicei ao igual que todas as demais, sen editar máis o artigo. Na súa opinión, debería:
- actualizar Editorial Galaxia na lista de medallas de Galicia, pero non no artigo de Editorial Galaxia?
- actualizar Editorial Galaxia na lista de medallas de Galicia, incluír Editorial Galaxia dentro da categoría correcta, e non incluír a mención no artigo de Editorial Galaxia?
- non actualizar nada e poñer unha mensaxe no taboleiro de administradores pregando que alguén solucionase o erro?
En realidade, a miña relación con esa empresa nestes últimos meses limitouse a escribir un artigo sen remuneración sobre o personaxe de Harry Potter e o blairismo. Non creo que diso se derive nada, por suposto, que me impida actualizar unha lista de medallas de Galicia que son outorgadas polo goberno galego de forma pública e notoria. É máis, que un usuario experimentado coma vostede manipule desa maneira o meu historial de edicións das últimas horas só pode ser atribuíble a un erro clamoroso e sorprendente. Se o unimos ás súas últimas actuacións, podemos intuír un perfil de disrupción e mala fe que, teña por seguro, non vou consentir. E non por min, que teño moita más pacencia ca todo iso, senón porque é un comportamento que atenta contra o funcionamento e regras da comunidade. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 09:40, 7 xullo 2008 (UTC)
- Sen ningún tipo de acritude, infórmolle de que se vostede continúa coa súa política de acoso e disrupción, será bloqueado. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 13:06, 7 xullo 2008 (UTC)
Imaxe duplicada
[editar a fonte]Imaxe:Galería claustro vello Mosteiro de Celanova.jpg foi borrada e substituída por ser un duplicado exacto de Image:GaleriaDo claustro vello Mosteiro de Celanova.jpg. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:50, 16 setembro 2008 (UTC)
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AImaxe_da_Semana%2FPropostas%2FImaxe%3AVilanova_Julio_Camba_2007_02.jpg&diff=953843&oldid=953829
[editar a fonte]Grazas por iluminarnos. Non o sabiamos. Como non o sabiamos e como estás a desenvolver adrede un esforzo para desequilibrar a Galipedia, procedo, dado as túas actuacións, como medida preventiva que levantarei se comunidade o considera adecuado, a bloquearte indefinidamente (comentareino na Taberna). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 21:54, 27 outubro 2008 (UTC)
- A súa edición en Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas/Imaxe:Vilanova Julio Camba 2007 02.jpg foi borrada. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 22:19, 27 outubro 2008 (UTC)
Prensa
[editar a fonte]Saúdos Lansbricae. Impórtache se mudo a categoría Categoría:Prensa escrita de Galicia por "Prensa de Galicia"? E que non lle vexo moito sentido ao de "escrita", pero prefiro consultalo contigo antes, que fostes quen creastes a categoría. Se hai algún motivo polo que creas que está mellor así, por favor faimo saber. Atentamente. --Iago 14:09, 11 febreiro 2009 (UTC)
Santa Trega
[editar a fonte]Hai que voltar a antigua redirección de [Castro de Santa Trega]: É Trega, confirmado que hai un erro no nomenclator http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/12/06/0003_201112E6C4992.htm Calimocho 15:43, 13 de febreiro de 2012 (UTC)
Aquí tamén: [Monte de Santa Trega]. Avisa se precisas revisión en toda a galipedia e bótoche unha man. Calimocho 15:47, 13 de febreiro de 2012 (UTC)
Ola
[editar a fonte]Ola, por favor, axude-me a mellorar este artigo, grazas: Pedro de Betancur.--79.155.93.5 2 de maio de 2013 ás 17:32 (UTC)