O nervio hipogloso, nervio hipogloso maior ou XII par cranial é un nervio cranial que se encarga especialmente de coordinar os movementos da lingua. Sae do cranio, do óso occipital, a través do burato condiloide anterior. Sae acompañado dos nervios do grupo do vago (IX, X e XI pares craniais). Despois sepárase deles e diríxese cara a beira lateral da lingua. Innervará a maior parte da musculatura extrínseca da lingua (o palatogloso non, que é innervado polo nervio accesorio) e parte dos músculos hoideos.
O seu núcleo atópase do bulbo raquídeo, no suco preolivar, que separa a oliva da pirámide. A este núcleo denomínaselle núcleo do hipogloso. É un nervio motor puro.
Ten 7 ramos colaterais:
Ramo menínxeo ou recorrente.
Ramos vasculares.
Ramo anstomóstico para o ganglio plexiforme do pneumogástrico ou X par.
Nervio do músculo tirohioide.
Nervio dos músculos hiogloso e estilogloso.
Ramo anastomótico para o nervio lingual.
Nervio do xenihioide.
Plexo venoso da lingua. O hipogloso foi desprazado cara abaixo nesta disección.