As dez pragas de Exipto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
As dez pragas de Exipto (מכות מצרים ou Makot Mitzrayim) tamén coñecidas coma "As dez pragas" ou "As pragas bíblicas" son unha serie de desgrazas coas que, segundo o Antigo Testamento e a Torá, Deus castigou ós exipcios para que o faraón deixara marchar ós hebreos de Exipto.
A narración aparece no segundo libro do Antigo Testamento e da Torá, o Éxodo (en hebreo, Shemot). Este libro narra como Moisés e Aarón advirten ó faraón que, se non libera ó seu pobo, Deus castigaríaos con dez grandes pragas que caerían sobre Exipto. De acordo co relato, só despois dos grandes sufrimentos, o faraón autorizounos a abandonar Exipto.
Clasificación das pragas[editar | editar a fonte]
Pódense dividir estas pragas segundo quen as padeceu:
Pragas sufridas por israelitas e exipcios[editar | editar a fonte]
- Aarón estende a súa man sobre as augas de Exipto e as ras cubriron a terra de Exipto.
- Aarón golpea co caxato a terra e todo o po do país convértese en piollos.
Pragas sufridas exclusivamente polos exipcios[editar | editar a fonte]
- Aarón golpea coa vara o río Nilo e converte a auga en sangue.
- Toda clase de insectos invade o país.
- Cae unha terrible peste sobre o gando dos exipcios.
- Aarón recolle cinza dun forno e Moisés espárcea cara o ceo diante do faraón, causando úlceras ós exipcios.
- Cae do ceo unha gran treboada de sarabia e lume.
- As lagostas arrasan os cultivos dos exipcios.
- As tebras cobren o ceo de Exipto durante tres días.
- Morte dos primoxénitos de todos os exipcios e tamén dos do gando. Os hebreos identificáronse sacrificando un año dun ano de idade e marcando a porta das súas casas co seu sangue, para que a praga non os atacara pola noite.