Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Botánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Botánica[editar a fonte]

Engadir unha mensaxe

Véxase tamén: Bioloxía


Proposta de Albert galiza[editar a fonte]

Considero que dentro da categoría Botánica se deberían crear subcategorías. Segundo o meu parecer estas subcategorías serían: Algas, Anatomía Vexetal, Fisioloxía Vexetal, Flores, Fungos, Historia da botánica, MOrfoloxía Vexetal, Personalidades da botánica e Prantas.--AlberteSi, digame? 16:57, 25 outubro 2006 (UTC)

Sobreira[editar a fonte]

Supoño que se debería seguir a clasificación botánica oficial. A algas, fungos e plantas (non prantas) habería que engadir musgos e hepáticas. Propoño darlle os nomes botánicos (algae, fungi, etc.) e que se engadan automaticamente nas taxoboxes. Se hai flores, non debería haber froitos (ou froitas?), talos e raíces? A non ser que se lle chamen f. ornamentais. Aproveito aquí para propoñer un cambio na metodoloxía de taxoboxes, agora que aínda está verde. Actualmente está definido coma integrada por varias caixas. Propoño usar modelos que chamen a outros superiores. Así o [template:Pinus] incluiría ó template:Pinaceae, que chamaría a Pinales, este a Pinopsidae, e así sucesivamente. Simplemente habería que escribir un template en cada páxina e esquecerse de buscar todos taxóns superiores. --Sobreira (parlez) 19:26, 30 novembro 2006 (UTC)

Remodelo proposta[editar a fonte]

AlberteSi, digame? 16:32, 21 xuño 2007 (UTC)


Paréceme unha categorización completa e moi clara. A min váleme perfectamente e gústame iso de eliminar (como categoría) "árbores" e "arbustos", pero teño varias observacións:

  • "Inflorescencia" e "peza floral" deberían colgar de "Flor"
  • Faltan "raíces" e "follas", que irían ó mesmo nivel que "flores", "froitos" e "sementes" (e estas mellor en plural, digo eu).
  • Non vexo a "ecoloxía" como unha sub-subcategoría de "Botánica"
  • "Etnobotánica" debería estar tamén colgando de "etnografía".
  • Pedro --Lameiro 00:08, 26 xullo 2007 (UTC)
Creo que todo o que dixo Lameiro xusto enriba está feito. Ademais incluín a categoría Personalidades da botánica, e súrxeme unha dúbida: a de eliminar algas e fungos da botánica. Aínda que os botánicos ocúpanse delas en senso estrito igual non deberan ir aquí, e polo tanto tamén Micoloxía e ficoloxía sairían desta categorización de botánica. A ver que opinades. --Alberte (Si, dígame?) 14:00, 9 outubro 2008 (UTC)
Eu mantería ese sentido amplo que todos lle damos ó concepto Botánica, de modo que comprenda tamén algas e fungos e non só plantas nun sentido taxonómico estrito. É unha argumentación práctica e lóxica, aínda que poida ser pouco técnica. Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 9 outubro 2008 (UTC)
De acordo entón. Categorías como categoría:Hortalizas e categoría:Cereais irían tan só en categoría:Alimentos de orixe vexetal deixando a categoría:Plantas. Habería que atoparlle unha cabida a categoría:Arbustos, categoría:Cactos, categoría:Fentos, categoría:Plantas medicinais e categoría:Plantas tóxicas. Algunha pode que teña como destino a súa eliminación. --Alberte Si, dígame? 11:34, 23 outubro 2008 (UTC)

Referencia á hora de categorizar taxonomicamente[editar a fonte]

Atopo outro problema, en que basearme á hora de categorizar taxonomicamente os artigos. En bioloxía, cada autor ten as súas clasificacións, e en moitos casos difiren até no fundamental unhas clasificacións doutras (algúns consideran reino o que outros distribúen noutros reinos, etc.) Por iso quería preguntar sobre en que basea-la nosa clasificación. Penso que deberiamos empregar algunha clasificación moderna, non desfasada. En Wikispecies teñen unha, que semella bastante clásica e está baseada neste libro, mais eu case prefiro a da EOL, baseada neste catálogo. A ver que os parece. --Alberte Si, dígame? 12:05, 23 outubro 2008 (UTC)

De seguirmos este último, desaparecería da miña proposta a categoría Algae, xa que nese catálogo actualizado divídeno en rodófitas e clorófitas, e métenas dentro das prantas. --Alberte Si, dígame? 12:10, 23 outubro 2008 (UTC)

  • Difícil papeleta, cando nin os expertos se poñen de acordo. No fondo, trátase de outorgar máis fiabilidade a unha fonte ou a outra, e para tomar esa decisión cómpre saber máis de plantas do que eu sei. A páxina á que remites (http://www.catalogueoflife.org) parece cousa seria, sen dúbida, e quizais siga o obxectivo de simplificar tanto taxón e super/sub taxóns. A verdade é que non me atrevo a pronunciarme e pasaría a pregunta a Sobreira, que semella ser un experto en plantas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 29 outubro 2008 (UTC)

tax-tax[editar a fonte]

Para min, é mellor esta segunda opción, unha global, e cal mellor que Wikispecies para ir coordinando proxectos, axudármonos, dárlles pulo e aproveitar o traballo doutros/de nós mesmos. Poida que teña menos cantidade ca outras bases, pero poucas veces me atopei sen datos. Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 16:22, 23 novembro 2008 (UTC)


Ben, para o caso das plantas: usar sempre que se poida a guía de Flora Ibérica (Anthos). Creo que só especifican xéneros e familias, así que para o resto (e para o que aínda falta en Flora Ibérica) coido que podiamos emprega-lo Species 2000 Itis-Catalogue of life 2009. E se for precisa algunha corrección ou algún detalle temos Wikispecies. --Alberte Si, dígame? 16:15, 2 febreiro 2010 (UTC)