Conversa:Mata do porco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

ola Xabier!

ía crear a páxina "matanza do porco" redirixindo a "mata do porco", pero vin que xa estaba creada e eliminada. Hai moita xente que usa matanza, e non mata, e penso que debe existir cando menos como redireción.

se o ves pertinente, o creas ti xa? Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:31, 23 maio 2008 (UTC)

  • Estevo, Xabier. Eu prefiro mata sobre matanza pero as dúas veñen no VOLGa como correctas. As razóns: que "matanza" me parece máis castelá e que por aquí din "mata". Xa tiña anotado crear esa redirección matanza -> mata, pero agora, antes de facer nada, esperaremos a que opine Xabier. ¿É posible sabe-la extensión dunha ou doutra forma? ¿El virá nalgún deses atlas lingüísticos? Sobreira, se andas por aquí mira ver se te enteras disto. Pedro --Lameiro (conversa) 14:50, 23 maio 2008 (UTC)
  • O certo é que nunca escoitara "mata do porco" ata que vin este artigo. Pola comarca de Pontevedra e no Morrazo sempre escoitei Matanza. No google aparecen 23 resultados para "mata" e 598 para "matanza". Paréceme ben esperar por Sobreira e Xabier. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:56, 23 maio 2008 (UTC)

Ola, Estevoaei e Lameiro. A razón pola que Matanza do porco foi borrada como redirección... é que redireccionaba a un artigo que non existía, é dicir, era unha redirección rota. Agora xa se pode crear, claro. De feito, vouno faer agora mesmo. --Xabier Cid 15:00, 23 maio 2008 (UTC)

  • Zanxada pois a discusión, só resta amplialo, agardar a outono para tirar unhas fotos, e xa temos artigo destacado para o ano que vén. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:15, 23 maio 2008 (UTC)

Galería de imaxes[editar a fonte]

  • ¿Alguén pode completa-la cita de Cunqueiro sobre a desfeita?
  • ¿Por que non se vén as imaxes que incluín na Galería?
  • Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 25 maio 2008 (UTC)
    • Faltaba unha r na galería :) --Banjo tell me 21:52, 25 maio 2008 (UTC)

Cambio morcela por morcilla[editar a fonte]

Paso a cambiar a palabra morcela por morcilla debido a que non encontro ese termo (pode ser que sea un hipergaleguismo) no dicionario e ademais na mesma enciclopedia existe xa o artigo Morcilla.--Alfonso Márquez 14:10, 1 novembro 2008 (UTC)

Normativa[editar a fonte]

O uso do guión coa segunda forma do artigo xa non se emprega, sácadea porfa. Un saúdo e grazas.--Davazpe.94 17:17, 2 novembro 2008 (UTC)

  • Como podes ver enste artigo si que se emprega, e todavía é correcto, de acordo á normativa do galego. Cando hai dous formas válidas normativamente emprégase no artigo a forma que elixiu o primeiro editor. Alberte Si, dígame? 17:40, 2 novembro 2008 (UTC)

"La cachucha"[editar a fonte]

Ante todo parabéns ós que fixeron este artigo e contribuiron nel, Moi bo! Teño unha duda, e lendo vexo que di "la cachucha" , realmente en galego normativo é la cachucha? Parece moi "fino" o de la "la cachucha". Supoño que è un erroz .--Manuel Calviño (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 03:58 (UTC)[responder]

Amañado Manuel Calviño, era un erro, grazas por avisar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 09:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Mata do porco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 21:48 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Mata do porco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de abril de 2019 ás 14:55 (UTC)[responder]