Conversa usuario:Silverfox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido á Galipedia, Silverfox!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Alma (fálame eiquí) 15:54, 10 febreiro 2008 (UTC)

Índice

Traducións[editar a fonte]

Ola Solverfox! Vexo que traduciches o artigo de Emil Cioran, porén o fixeches sen indicalo no cadro de resumo, cousa necesaria para cumplir coa licenza da wikipedia. Podes ver como facelo en Axuda:Resumo de edición. Por outra banda sería bo que os artigos escollidos sexan de certa calidade: o artigo de Emil Cioran que traduciches está cheo de cómpre referencias por todos lados, polo que probablemente sexa un artigo de baixa calidade, e mesmo polo que vexo pode ser un ensaio persoal (sobre todo na sección pensamento). Máis nada, agardo que o teñas en conta para próximas ocasións. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:26, 20 novembro 2008 (UTC)

  • Lembra o de indicar que os artigos son traducións. Senón non se está a cumplir a licenza. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:27, 20 novembro 2008 (UTC)

Tes que facelo na caixa de resumo, enriba dos cadriños de "esta é unha edición pequena" e "vixiar esta páxina". Aí, nese resumo tes que pór algo así: este artigo é tradución de [[es:Ejército Blanco]], por exemplo. Na páxina de axuda Axuda:Resumo de edición tes máis información por se tes dúbidas. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:36, 20 novembro 2008 (UTC)

burato condíleo[editar a fonte]

Supoño que tamén terás previsto pasa-la descrición do nervio hipogloso ó seu sitio, para así baleirar de contido o artigo Burato condíleo anterior. Cando o fagas, marca este como lixo ou avísanos para borralo. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 13:28, 23 novembro 2008 (UTC)

Grazas, Silverfox. Como verás, mudei a categoría "nervios" que lle deches a nervio hipogloso por categoría:Sistema nervioso, que xa tiñamos. Eliminei tamén a categoría:Anatomía porque era redundante: Sistema nervioso colga de Anatomía. Aproveito para dicirche que botes un vistazo á conversa da categoría:Anatomía por se tes algunha suxestión para establecer unha árbore de categorías máis completa. Ánimo e segue con eses artigos tan detallados. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:18, 24 novembro 2008 (UTC)

Tarso[editar a fonte]

Boas noites, Silverfox. Fixen un par de correccións no artigo tarso (anatomía) que quería comentarche para as túas próximas edicións. Todos eses ósos que en castelán rematan en "s" (esfenoides, cuboides, etmoides, xifoides, hioides, etc), en galego perden o "s": esfenoide, cuboide, etmoide, xifoide, hioide, etc. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:17, 27 novembro 2008 (UTC)

Órbita[editar a fonte]

amiguiño... nin idea. Eu destas cousas técnicas non controlo nada de nada. Ó editar vin que había varios "center" pero fixen a proba poñendo "right" e segue a táboa centrada: será que iso centra o texto. Tamén había un "margin-left: 10px" que cambiei por 100px e a táboa quedou aliñada á dereita, pero o texto queda mal. Direillo a Toliño que nisto é un crack. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:46, 1 decembro 2008 (UTC)

Avisou, avisou. Bueno, eu moito non sei. O único que fixen foi colocar o cadro ao inicio de todo, que é o que se acostuma facer. Despois movín a imaxe da dereita para a esquerda, para que non caíse enriba do cadro. :) --Xabier Cid Conversa 00:21, 2 decembro 2008 (UTC)

Pericardio[editar a fonte]

Boas Silverfox. No artigo pericardio escribiches que a cara posterior ... "Tamén se relaciona aquí coa arteria aorta torácica descendente, coa vea ácigos e co conduto torácico". ¿Qué é iso de "vea ácigos". Nunca tal cousa escoitei como nome de vea senón como "estrutura anatómica única o impar". Repasa iso, por favor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:42, 9 decembro 2008 (UTC)

  • Outra cousa. No artigo aparello circulatorio dise esta frase: "A circulación sanguínea completa, é dicir, sanguíneos e non existe mestura de gases". Aínda que non sexa un artigo dos teus seguro que te dás conta de que aí falta algo, de que a redacción é incomprensible, e espero que saibas atoparlle solución. A ver se podes interpretar qué foi o que quixo dicir o autor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:58, 9 decembro 2008 (UTC)
    • O único problema sobre a tal vea ácigos é a miña ignorancia. Como nunca escoitei ese nome pensei nun posible erro, que faltara algunha letra ou calquera problema similar. Se existe, acabouse o problema. Grazas. Canto á frase do aparato circulatorio, procedo agora mesmo a cambiala. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:22, 10 decembro 2008 (UTC)

Dúas preguntas[editar a fonte]

Boas Silverfox. Supoño que xa viches que ando recategorizando artigos de anatomía seguindo a clasificación proposta hai días. Dígocho para que nos artigos que vaias creando no futuro teñas en conta estas novas categorías. Á vez aproveito para facer algunha corrección ortográfica. Ben, o caso é que me xurden, por agora, tres problemas:

  • No artigo farinxe hai esta frase que non dou entendido. Fala da deglución e di que: "se se fai de forma compulsiva inicialmente pode presentarse unha patoloxía despois de que o alimento sexa dixerido transfórmase en eteroflomobulxionesiris que axuda ó tránsito intestinal". A ver se a podes reescribir dunha forma máis comprensible.
  • Segundo, a glándula pineal ou epífise. Ía crear unha redirección de epífise a glándula pineal cando recordei a epífise dos ósos longos, polo que habería que crear unha páxina de homónimos que remitise á glándula e ó óso. Pero non sei se a epífise, como parte do óso dá lugar a un artigo ou abondaría cunha sección dentro do artigo óso (neste segundo caso non faría falta tal redirección).
  • E terceiro. Pasa o mesmo coa pituitaria, co dobre significado de glándula hipófise e de mucosa das fosas nasais. ¿Qué facemos?

Bueno, xa me contarás. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 11 decembro 2008 (UTC)

    • De acordo, Silver. Procedo a face-los cambios tal com o me dis. Moitas grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:33, 11 decembro 2008 (UTC)
      • Como ves, ó final si que fixen unha páxina de homónimos para pituitaria, porque nos dicionarios xeralistas (DRAG, Xerais) lle dán só o significado de mucosa nasal. ¿De acordo? Pedro --Lameiro (conversa) 19:12, 11 decembro 2008 (UTC)

Aparello vs. aparato[editar a fonte]

As dúas palabras son sinónimas e válidas pero eu teño especial querencia por aparato para falarmos de anatomía (eu interpreto aparello como un trebello mecánico, unha ferramenta, unha tele, etc.; ou como sinónimo de apeiros, trebellos, etc.), e creo que na literatura técnica é a forma utilizada, aínda que quizais -seguramente- por influencia castelá. Por coherencia cos outras subcategorías (aparato dixestivo, respiratorio, reprodutor) creo que a forma lóxica é aparato locomotor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:25, 11 decembro 2008 (UTC)

colo do útero[editar a fonte]

Na conversa de útero podes ver que estou en contra do uso de "pescozo do útero", e as miñas razóns para preferir colo. Podes ve-lo seu uso, por exemplo, en "O Faladoiro:un idioma preciso" [1], que son fonte ben autorizada. Tamén usan "colo do útero" no Diccionario galego de termos médicos (2004), que podes baixar da rede (4 megas). Por min podes deixar cérvix pero non parece lóxico esquece-la denominación común. Por certo, que "cérvix" non vén nin no VOLGa nin nese dicionario médico (pero si, nunha definición, endocérvix), e escríboo con til por coherencia con "cóccix". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:14, 11 decembro 2008 (UTC)

Máis[editar a fonte]

Dúas observacións máis:

  • Vexo que escribiches dous artigos: Sistema Nervioso Simpático e Sistema nervioso parasimpático, con maiúsculas no primeiro caso e minúsculas no segundo. Paréceme máis correcta esta segunda forma, pero antes de facer nada prefiro comentarcho. O que quero dicir é que decidas unha ou outra forma, pero os dous artigos deberían te-la mesma opción.
  • No artigo pupila dise que "cada retina envía fibras ás cintillas ópticas de ambos os lados". ¿que son esas "cintillas"? Resulta evidente que non nos vale en galego pero antes de buscar alternativa necesito saber qué é.

Veña, xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:48, 11 decembro 2008 (UTC)

Músculo masetero[editar a fonte]

Acabo de descubrir que "masetero" non vale. A forma galega é "maseter". Isto da normativización vai acabar con nós. Pero será mañán, que por hoxe xa abonda. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:03, 12 decembro 2008 (UTC)

escafoide[editar a fonte]

Moi ben pensado. Plenamente de acordo cos dous artigos e os homónimos. Outra cousa: lembra que aínda non temos decidida ningunha categoría para as rexións do corpo (oído, cabeza, perna, etc., ou ben á, gadoupa, pouta) nin para a pel e as estruturas cutáneas (pelo). ¿Non se te ocorre nada? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 12 decembro 2008 (UTC)

  • Gústame máis a opción Anatomía rexional. Como unha subcategoría cabería Anatomía rexional animal, deixando na categoría xeral os conceptos propios do home ou comúns (como cabeza ou orella) e pasando a esa subcategoría os específicos dos animais (ás, pouta, pezuña, rabo). Esta explicación podería ir no encabezamento da páxina de categorías, para que os futuros usuarios vexan a diferenza. ¿Pode valer? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:25, 12 decembro 2008 (UTC)

Tarso[editar a fonte]

É norma xeral desta casa que os títulos sexan simples e recorrer a engadidos (parénteses ou adxectivos) só en caso de posible confusión. No caso de tarso (título tarso (anatomía)) non vexo posible confusión, porque non hai máis tarso ca este. Antes de mover a tarso (só) prefiro que me deas a túa opinión, non sexa que haxa por aí outro posible tarso que se me escape. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:36, 12 decembro 2008 (UTC)

  • Entón deixo estar tarso como está, e xa crearémo-la páxina de homónimos cando corresponda. Saúdos, Pedro

Timo[editar a fonte]

Non sei onde clasificar timo. Non me parece que cadre no sistema glandular, pero tampouco no circulatorio. Esta segunda opción faime pensar que "Aparato circulatorio" debería dividirse -se non agora sí ben pronto- en arterial, venoso e linfático, aínda que iso nos cre problemas co corazón. A ver se se te ocorre onde meter timo. Por certo, que esa denominación de casquería, molexa, non nos vale en galego; o problema é que non hai alternativa, que eu saiba: a moega ou moella só designa a "molleja" das aves. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:48, 12 decembro 2008 (UTC)

cromosomas[editar a fonte]

Outro dos problemas das wikipedias son os artigos dupricados. Dúas persoas crean un mesmo (ou parecido) artigo e danlle títulos diferentes. Toliño está marcándoos e un destes pares é o artigo cromosoma e mailo artigo cromosomas. Eu xa estiven eliminando material dupricado e facendo correccións no que debe quedar (en singular) pero aínda queda material no que debe desaparecer (cromosomas) que pode ser útil. Como ti entendes abondo disto, anota para cando teñas tempo repasar estes dous artigos e aproveitar de cromosomas o que poida valer para inserilo en cromosoma, e corrixir neste os erros que existan (e quizais información de excesivo detalle como a tinción e algunha cousa máis). Trátase de baleirar de contido o artigo cromosomas e marcalo para borrar. Logo Toliño fusionará os historiais no artigo que quede e borrará o artigo baleirado. Evidentemente, a cousa non urxe, pero non o esquezas nas túas tarefas pendentes. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:41, 14 decembro 2008 (UTC)

  • Xa pasei ese parágrafo dun ó outro. Confírmame que o que queda agora en cromosomas xa non é relevante e deixareino baleiro.
  • Canto ó do espermatozoide, fixen a recategorización que dixeches e mais en categoría:Histoloxía, onde podemos ir metendo artigos sobre tecidos e, como subcategorías, os que describen células específicas. Dime qué che parece a idea. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 14 decembro 2008 (UTC)

RE:Resident Evil[editar a fonte]

A ver, malia que na Wikipedia castelá non está marcado o artigo, ten algúns problemas tamén alí. Nunha segunda pasada por riba non hai tantos. Aínda así cómpre darlle formato máis na liña do artigo en inglés (que tamén conta con algunha marca de revisión). Anímote a que o fagas. Finalmente tamén habería que revisar a lingua. Grazas por colaborares e xa sabes onde estou para axudar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:24, 29 marzo 2009 (UTC)

Benzodiacepinas[editar a fonte]

Plenamente de acordo con mudarlle o calificativo de droga polo de fármaco ou medicamento (que probablemente fose o significado de "droga" no orixinal traducido). En calquera caso eu escribiríao con "c", seguindo as normas ortográficas comúns. A maior abundamento, o Diccionario de termos médicos (Real Academia de Medicina, 2002) escríbeo con "c":

  • benzodiacepina s.f. Calquera dun numeroso grupo de tranquilizantes menores que teñen unha estructura molecular común e actividades farmacolóxicas semellantes: sedantes, antiansiosas, hipnoinductoras, relaxantes musculares e anticonvulsivantes.

No cadro do artigo tamén podes poñer "principio activo" no canto de "droga". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:22, 30 marzo 2009 (UTC)

RE: Nova categoría[editar a fonte]

Por min adiante! Vexo que é así como o fan noutras wikipedias. Déixocho a ti, pero se queres podo facelo eu nun intre (dáme un toque). Saúdos e bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 13:26, 4 xuño 2009 (UTC)

  • Feito! Feito! Non me levou nin 1 minuto, meu ;). A seguir traballando... Deica loguiño! --Toliño Fala aquí comigo 13:46, 4 xuño 2009 (UTC)

IGM[editar a fonte]

Creada a categoría das batallas dentro da Primeira Guerra Mundial. Comproba agora que non me quedou nada sen pasar. Saúdos e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 10:19, 13 xuño 2009 (UTC)

RE: En progreso[editar a fonte]

Vexo que Atobar xa che retirou o marcador de en progreso. A ver, o criterio que se segue é que deben levar o marcador "en progreso" aqueles artigos con menos de 200 caracteres (aproximadamente). Por certo, bo traballo; só che poría unha pega: intenta dar as referencias de onde sacas a información para que esta poida ser verificable (tes aquí unha axudiña). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:37, 27 novembro 2009 (UTC)

Corrixir[editar a fonte]

Ola, creo que non acabas de entender o sentido dun wiki colaborativo, non podes impedir que se corrixan os artigos, por exemplo se ti non queres conxugar o infinitivo non podes impedir que outro o corrixa, xa que en galego o infinitivo conxuga guste ou non.--RNC 20:21, 4 decembro 2009 (UTC)

  • Déixame intervir antes de que se torza o carro. Non vin os cambios que introduciu RNC nos artigos dos que falas pero o certo é que RNC nunca fixo cambios "porque lle peten" nin "por mor dun antollo". O seu historial demostra a todas luces que actúa sempre con moito criterio e argumentando os cambios e tocando só o realmente necesario. Por outra banda, ten razón cando te di que os artigos que ti redactaras non son teus e calquera usuario pode engadir logo máis información e modifica-la redacción ou a estrutura se cre que así mellora o artigo (a aínda por riba, xustifica o cambio). Os cambios non só poden (e deben) afectar a erros que cómpre corrixir, senón tamén a aspectos de redacción, gramaticais ou de estilo. E o uso do infinitivo conxugado non é cousa que dependa da elección do primeiro editor, como acontece con outros fenómenos. Máis: á hora de xulgar se os cambios que outro usuario introduce son oportunos ou non non cabe distinguir entre os "meus" artigos e os "doutro usuario". Está claro que o que un escribe, un considérao "correctamente expresado", pero iso non debe ser óbice para que poida (e deba) ser mellorado cando e como proceda. Neste traballo colectivo no que todos achegamos unha presa de sal está a gloria da Galipedia. Saúdos e non te mosquees, por favor, Pedro --Lameiro (conversa) 21:57, 4 decembro 2009 (UTC)
Para ben e para mal na Wikipedia non hai un EU que redacte os artigos, redactámolos entre todos, e se algo é incorrecto hai que corrixilo, e todos temos erros non é desde logo algo persoal, pero tes que entender que a wikipedia é colaborativa, é un dos cernes fundamentais do proxecto.--RNC 22:03, 4 decembro 2009 (UTC)
Debo estar espeso a estas horas, ou o artigo é longo de máis, ou os cambios de Nonso91 demasiados, pero o caso é que non atopo eses cambios verbais de que me falas. Si que vexo demasiados artigos inxustificados nos nomes de países e algún "máis" acentuado que non procede; tamén hai uso simuláneo de formas en -ble e en -bel (e nin idea da forma orixinal). A ver se mañán imprimo o texto (ós meus anos, leo mellor en papel) e consigo comprende-lo problema. Non tes que disculparte para nada de ocupa-lo meu tempo. Mentres dure, aquí estou para o que faga falta. Por certo, vexo agora unha mensaxe que me deixaches sobre este artigo hai 15 días: pasóuseme totalmente, por iso non te contestei. E outro por certo: boto en falta aquela serie de artigos de anatomía que tan ben viñan á Galipedia. Mañán, máis despexado, sigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:34, 4 decembro 2009 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Claro, claro. Sen problema, Silverfox. Os marcadores de categoría e iw's pódeos retirar un mesmo. Os únicos que non son os de atención, a non ser que sexan casos moi claros. Bo traballo. A seguir choiando. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:40, 4 decembro 2009 (UTC)

Primeira Guerra Mundial[editar a fonte]

Fixen algunhas correccións no artigo da Primeira Guerra Mundial, de tipo ortográfico, léxico; tamén suprimín numerosas ligazóns internas repetidas. Bótalle a todo iso un vistazo por se introducín algunha pifia. Só atopei un caso de infinitivo conxugado, así que sigo sen entender ben a orixe daquel cabreo. Ben, hai un par de cousas que comentar: úsanse no artigo as formas "establecer, establecemento" xunto a "estabelecemento, estabelecíanse" (menos usadas). Por coherencia hai que usar sempre a mesma fórmula, a que usase o primeiro editor, así que xa me dirás. Nutro momento se di que "...millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovíbeis trincheiras e polo uso de gas mostaza para mingualas". ¿Para minguar que ou a quen? Da redacción da frase dedúcese que o gas mostaza se usou para mingua-las trincheiras, o que me resulta incomprensible. ¿Como o redactamos? Xa me contarás, e se non compartes algún dos meus cambios, xa mo dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:52, 5 decembro 2009 (UTC)

Moi boas Silverfox! A verdade é que sinto non terte respondido hai xa tempo, mais tomeime unhas boas vacacións, aínda que hai xa case un mes que coñecía as túas "reclamacións", cousa que me animou a coller as vacacións (o traballo de corrector pode resultar algo desmoralizante). De todos os xeitos, isto é moi simple de explicar todas as modificacións que eu facía sempre se baseaban principalmente na corrección de formas deturpadas, castelanismos, hiperenxebrimos, incoherencias (-ble, -bel...etc), ás veces para me asegurar tamén recorría a ollar as primeiras edicións para reverter os sufixos a forma empregada preferentemente polo autor inicial, e malia que ás veces errase nalgún caso, tento ferreamente proceder con criterio nas correccións que realizo (invistía, xeralmente, o dobre de tempo en consultar dicionarios, o VOLGA e ás veces até gramáticas para me asegurar, por se as moscas das correccións, que me parecesen máis dubidosas). Así che podo dicir que revisando as miñas edicións as correccións verbais estiveron atinadas, xa que os infinitivos conxugados que coloquei se podían e se debían colocar, ao igual que cometiches erros, se mal non recordo, na non distinción entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo. No entanto, en caso de que non estiveses de acordo con algo o máis axeitado tería sido que cambiases ti as cousas que crías que estaban equivocadas, no canto de automaticamente reverter todas as miñas edicións, cousa que creo á larga trouxo maiores complicacións pois tiveches que facer traballar a terceiras persoas. E finalmente, dicirche que se non che comentei nada a ti antes é porque perante erros como o dos verbos, eu polo menos, non me paro a demandar licenza de corrección ao editor anterior, senón se perderían horas e horas pedindo esa clase de licenza para situacións que non cómpre ter esa "cortesía e diplomacía" como si pode pasar se queres por exemplo remodificar contidos. Xa que logo, o máis lóxico ante esas situacións así, como che dixen, é que ti persoalmente remodifiques todos aqueles erros que poidas ver nas traducións que che fan, aforrando así tempo en conversas estériles con outros usuarios e aforrándolle tempo a terceiras persoas que teñen que desviar a súa atención en mirar con lupa todo o proceso e facer unha terceira corrección.

Así e todo, xa é un tema caduco así que non hai que lle dar máis voltas de folla espero que entendeses os meus argumentos e a miña forma de actuar, e que esteas contento con como quedou ao final o tema das correccións. Un saúdo. --Nonso91 18:04, 16 xaneiro 2010 (UTC)


Páxina de homónimos[editar a fonte]

Ola, Silverfox. Coido que ao ser só dúas acepcións pode engadirse unha nota na parte superior do artigo, dirixindo ao outro artigo. Pero tamén a páxina de homónimos é unha boa opción, sobre todo, xa digo, se houbese máis de dúas. Estas cousas pódelas decidir ti sen necesidade de preguntarme, e se erras non pasa nada, xa alguén o corrixirá ou revertirá. Por outra banda, estas lerias das órbitas e das lúas e dos planetas quen as coñece ben é o usuario Xabier Cancela. Se che dá por aí, déixalle a mesma mensaxe que me deixaches a min na súa páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:36, 6 decembro 2009 (UTC)

Pene[editar a fonte]

Ola, Silverfox. Xa que o teu é a anatomía, permítome suxerirche un artigo, Pene, no que estiven traballando recentemente, e que ten unha manchea de ligazóns vermellas, case todas correspondentes a o teu tema preferido. Se tes a ben traballar niso adiantaríamos moito. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:55, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Urxente non é, faino na orde que prefiras, xa é bastante que o fagas. Graciñas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:08, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Tecidos[editar a fonte]

Permíteme unha suxestión, Silverfox. No eido da anatomía, Galipedia carece de conceptos básicos que creo que podes desenvolver perfectamente. O que che propoño é que escribas os artigos de histoloxía que nos faltan e que están moi reclamados desde outros artigos, con numerosas ligazóns vermellas: tecido muscular, tecido nervioso, tecido epitelial, tecido conxuntivo, tecido óseo, etc. Neste momento só temos creados os artigos referidos ós tecidos adiposo e cartilaxinoso. ¿Paréceche? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:58, 19 de abril de 2011 (UTC)

  • Grazas. Non hai présa pero creo que é importante crear as bases, para ir logo crecendo nos aspectos de máis detalle. Se precisas algunha axuda, xa sabes onde me tes. Pedro --Lameiro (conversa) 19:12, 19 de abril de 2011 (UTC)

seniw[editar a fonte]

Ola Silverfox, como andamos?

Bótalle un ollo a isto: Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas.

Apertas--. HombreDHojalata.conversa 21:15, 19 de abril de 2011 (UTC)

Iso si que me parece extranísimo, que teñamos na Galipedia artigos de partes do corpo humano que non tenen en ningunha outra lingua do mundo!--. HombreDHojalata.conversa 06:23, 20 de abril de 2011 (UTC)
Non, non. Non hai que borrar nada, ó contrario, entre todos hai que ilos completando con imaxes, referencias... (o das referencias, como sabes é primordial).

Veña, bo traballo, e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 16:34, 20 de abril de 2011 (UTC)

Silverfox, se che segue a resultar dificultoso poñer as ligazóns interlingüísticas, por favor, ponlle ós artigos o marcador {{seniw}} para que outros usuarios os poidan atopar e axuden a ligalos.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15:34, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Arteria axilar[editar a fonte]

Feito Silverfox. Cando edites o artigo verás que todo consiste en engadir os parámetros despois do nome do ficheiro:

  • thmub: se queres que a imaxe quede enmarcada e con espazo para o pé.
  • left, center ou right: se queres que quede á esquerda, centrado ou á dereita. Se non escribes este parámetro queda, como predeterminado, á dereita
  • nn px: segundo o tamaño que queiras poñes o nn que prefiras. A min gústame traballar entre 250 e 300 px.
  • texto: texto que queres poñer ó pé da imaxe.

Fácil ¿non? Pois encantado de axudar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:13, 10 de decembro de 2011 (UTC)

vértebra axe[editar a fonte]

Boas Silver. Repasame, por favor, esta frase do artigo axe (non *axis): "Ademais das estruturas características das vértebras, posúe unha apófise denominada apófise odontoide, que é o corpo do atlas". Non é posible que unha apófise do axe sexa o corpo do atlas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:56, 17 de decembro de 2011 (UTC)

  • Asombrado me deixas, pero xa aprendín algo novo. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 19:56, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Coidado co copyright[editar a fonte]

Ola Silver.

Estou lendo "Anatomía para estudantes", páxina 715, e Tabaqueira anatómica e practicamente é unha tradución literal. Ollo cos dereitos de autor! [(c) Elsevier España, S.A.]--. HombreDHojalata.conversa 22:35, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Fulano (óso) vs óso fulano[editar a fonte]

Boas noites Silver. Permíteme suxerir que deberías escoller unha forma homoxénea á hora de titular os artigos sobre ósos. Neste momento temos 7 artigos baixo a forma fulano (óso) (trapecio, trapezoide, piramidal, pisiforme, radio, ganchoso e grande) e outros 7 baixo a forma óso fulano (alveolar, cigomático, frontal, lacrimal, nasal, occipital e temporal). A min, persoalmente, non me importa unha ou outra forma pero como o criterio xeral é fuxir dos parénteses cando se poida, eu proporía a segunda: óso trapecio, óso alveolar etc. Non te preocupe o feito de que semellen substantivos ou adxectivos, xa que poden actuar como un ou como outro (salvo un par de casos onde sería moi forzado usar grande ou ganchoso somo substantivos). Tampouco sobraría, se queres evitar corrixir os textos, recorrer ás redireccións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola, Silverfox. Bo traballo, pero é imprescindible que lles chantes ás interwikis aos artigos[2]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:10, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Certo, estás a facer un bo traballo.
Un detalliño. *cercano/carcana non é galego. O correcto é próximo/próxima. --. HombreDHojalata.conversa 09:35, 21 de decembro de 2011 (UTC)
Outro detalle. En galego si non leva acento en ningún caso. --. HombreDHojalata.conversa 19:38, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Vin que lle preguntaches a Atobar dun sistema para atopar os artigos equivalentes noutras linguas. Proba a navegar polas categorías. Vas a categoría do artigo, e dela á categoría equivalente noutra lingua, por exemplo en inglés (a wiki portuguesa tamén é moi completa en anatomía) dende aí vaiche resultar doado atopar os artigos. Comprobarás tamén que moitos deses artigos teñen caixas de navegación (exemplo) na parte inferior. --. HombreDHojalata.conversa 22:24, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Eu tamén estiven dándolle duro as interwikis. Non sigo porque as que faltan non as atopo ou non estou seguro e non quero metelo zoco. Quedan en: Categoría:Wikipedia:Artigos sen interwikis.
Lembra que para o tema da lingua podes axudarte de ferramentas como o Opentrad, Ortogal, VOLG... --. HombreDHojalata.conversa 23:02, 21 de decembro de 2011 (UTC)
  • Moi bo traballo, por certo. A seguir así. --Atobar (conversa comigo) 00:16, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Ligamento[editar a fonte]

Ligamento traducina da wiki en español, pois non son moi versado en Anatomía. Bótalle unha ollada para revisala, porque hai algunha frase que penso que pode deixarse máis clara. Ademais, a palabra "cordonados" non a trae o VOLGA. Oes, fixeche un bon traballo na Galipedia coas túas contribucións en Anatomía, e vexo que vai ben encamiñada neste tema. Como xa estiveche traballando nos ligamentos, estaría ben crear a caixa para eles (traducila da inglesa), pois parécenme interesantes; a ver se sacudo a preguiza e o fago neste Nadal. Moita saúde para o Ano Novo. --Xoán Carlos Fraga 19:50, 24 de decembro de 2011 (UTC)

Óso[editar a fonte]

En realidade, a páxina "óso" non a fixen eu. Pode que modificase algún detalle nela, pero non é obra miña. O que si fixen foron as páxinas das células óseas: osteoblasto, osteoclasto e osteocito. Cando teña tempo farei a páxina de tecido óseo (compacto e esponxoso), pero xusto agora estou a facer outras páxinas e a acabar a páxina da vitamina D, que me está dando moito traballo e que tamén ten algo que ver cos ósos.--Miguelferig 11:10, 27 de decembro de 2011 (UTC)

Xa está rematada a páxina do tecido óseo. Agora o que boto en falta é que na páxina "óso" non se clasifican os ósos (longos, planos, curtos...) nin se fala das partes dos ósos (epífise, diáfise, cóndilos...) nin a terminoloxía das partes dos ósos (fosa, crista...). Nesa páxina se lle dedica moitísimo espazo precisamente á histoloxía ósea (que ata certo punto non está mal) e menos a esas outros aspectos que non están tratados. Aínda así é unha boa páxina. Na miña de "Tecido óseo" que acabo de facer poderían engadirse algunhas cousas máis sobre a remodelación dos ósos e a osificación, pero non quixen repetir cousas que xa estaban na páxina de "óso" (inevitablemente repetín cousas de histoloxía).--Miguelferig 18:52, 27 de decembro de 2011 (UTC)
Xa vin que engadiches moitos contidos anatómicos sobre os ósos. Agora está máis completo. Bo traballo, grazas.--Miguelferig 19:50, 29 de decembro de 2011 (UTC)

Pedindo[editar a fonte]

Ola Silver.

Temos unha proposta aberta para levar a artigo de calidade o da vaca. Porén ten unhas cantas ligazóns vermellas. Crees que poderías, cando teñas tempo e gañas, meterlle man a algunha das de anatomía, das que hai no apartado Vaca#aparello reprodutor?

Sen compromiso.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11:28, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Interwiki[editar a fonte]

Este artigo Cápsula articular esterno-clavicular existe noutra Wikipedia? Se é así, por favor, engado o interwiki no Wikidata. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 11:19 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Silverfox! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:28 (UTC)

Global account[editar a fonte]

Hi Silverfox! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 00:48 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Silverfox.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2018 ás 06:38 (UTC)

Ola, Silverfox. Pois nese caso indica no resumo de edición que a información incluída nos artigos está tomada da bibliografía, para que quede gravado no historial do artigo. Respecto ao cadro de antibióticos da en:wiki, non sei a cal te refires, pero pode traducirse, claro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de setembro de 2018 ás 06:23 (UTC)

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia[editar a fonte]

(Déixoche copia dun aviso que se enviou a tódolos usuarios activos e que non te chegou porque aínda non estabas na lista de distribución. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:56 (UTC))

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modiificación en texto de portada[editar a fonte]

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Preparación do servizo ORES na Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cuarta malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Entrega do Premio Rosalía de Castro[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Nova firma dos estatutos de A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Colaboración en evento sobre normalización lingüística[editar a fonte]

Colaboración en evento sobre normalización lingüística[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado[editar a fonte]

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Aberto proceso de votación á administración[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xestión dun premio[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.