Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 6

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas da segunda metade do 2013:

Fotos de Guitiriz[editar a fonte]

Juas, marchei de alí sen fotos de San Salvador e Santa Locaia. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2013 ás 21:47 (UTC)[responder]

The Signpost: 03 July 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 4 de xullo de 2013 ás 22:01 (UTC)

RE: Mapas de situación de concellos[editar a fonte]

Perdoa a tardanza... Mira, vexo dúas posibilidades:

  1. A túa: renomear, se queremos conservar as imaxes vellas.
  2. Borrar as imaxes, para utilizar as de Commons. Supoño que haberá categorización local (non o comprobei), pero se pode recuperar facilmente despois do borrado.

Desboto unha terceira opción de cargar aquí as versións novas como unha nova versión das vellas, pois paréceme duplicar todo demasiado. Que dis? --Toliño Fala aquí comigo 7 de xullo de 2013 ás 11:37 (UTC)[responder]

Si, cómpre facer o traslado sen deixar redirección. Quizais estaría ben indicar no resumo o motivo, para deixar constancia de por que se fai o cambio. --Toliño Fala aquí comigo 10 de xullo de 2013 ás 09:28 (UTC)[responder]
Véxoo ben. Grazas por encargarte da tarefa. Se precisas axuda en algo con isto, pide o que queiras. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10 de xullo de 2013 ás 12:58 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm!! Gustaríame pedirche un favor, estou ampliando Tristan und Isolde e quería engadir un cadro dos leitmotivs, na Wikipedia en francés hai varios exemplos en imaxes mais o texto está en francés: poderías poñelo en galego para que quedara ben ghuapo? Non sei se controlas do tema de modificar imaxes e esas cousas que nin sei qué nome teñen. Eu co tema do francés non te podo axudar moito, mais non semella moi complicado e se tes algún problema teño algún diccionario ou procuro algún traductor, o que pidas. Moitas grazas e unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 23:19 (UTC)[responder]

Cando podas, non é urxente, vaime levar un tempo adecentar o artigo. Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 23:20 (UTC)[responder]

O certo é que non pensei que o foras facer tan rápido, agradécese mais agora é un pouco tarde, se me das ata mañán (espero ter tempo) os busco na ópera ou nalgún libro para podercho dicir ao 100 %, mais coido que vas ben encamiñado. Xusto comezaches pola obertura que é o máis complicado :O Unha aperta!! Piquito (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 00:22 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm!! Polo argumento da ópera penso que o máis axeitado é poñer:
  • aveu: declararse
  • désir: desexo
  • accord de Tristan: acorde de Tristán (o que non estou seguro é se meter tamén Tristan-Akkord, cres que quedará moi saturado?)
  • regard: mirada
  • philtre d'amour: bebedizo de amor (pócima é correcto?)
  • poison: veneno
  • philtre de mort: bebedizo de morte
  • délivrance: creo que o mellor é "liberación"
  • mort de Tristan: morte de Tristán
  • douleur d'Isolda: dor de Isolda
  • le jour: día
  • Liebestod (mort dans l'amour): creo que mellor "morte de amor", non cres? Eu deixaría a palabra en alemán
  • transfiguration dans l'amour: transfiguración no amor

Penso que está ben así, coinciden cos termos que se empregan no argumento na wiki en castelán. Unha aperta e moitas grazas!!! Piquito (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 21:57 (UTC)[responder]

Boas outra vez!! Revisando bibliografía vin que se soe referir ao leitmotiv co termo "filtro", xa que logo coido que deberiamos poñelo así e non con "bebedizo" como te indicara. Tamén se adoita referir como "confesión" ao de aveu. O Liebestod penso que quedará máis claro se poñemos "morte por amor". Penso que así está todo ben, a única que me soa un pouco rara é a última. Unha aperta e mil grazas!!!! Piquito (conversa) 10 de xullo de 2013 ás 09:51 (UTC)[responder]

Moitas grazas Elisardojm!! Gran traballo, coma sempre!!! Piquito (conversa) 20 de xullo de 2013 ás 19:30 (UTC)[responder]

RE:Parabéns![editar a fonte]

Igualmente. Saúdos! --JaviP96 9 de xullo de 2013 ás 00:33 (UTC)[responder]

The Signpost: 10 July 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 12 de xullo de 2013 ás 07:26 (UTC)

Ola Elisardo, mira esta imaxe, contén só formas simples, pero foi collida dunha web. --JaviP96 12 de xullo de 2013 ás 22:10 (UTC)[responder]

Vale, grazas. --JaviP96 14 de xullo de 2013 ás 11:41 (UTC)[responder]

Dereitos dunha imaxe[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Cres que esta imaxe se pode considerar que son formas simples? Para min o é, mais quería unha segunda opinión antes de cargala. Unha aperta! Piquito (conversa) 13 de xullo de 2013 ás 22:25 (UTC)[responder]

Camisetas de fútbol[editar a fonte]

Heille botar unha ollada nun intre, cando remate un artigo que estou a crear. -- JonnyJonny (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 08:46 (UTC)[responder]

The Signpost: 17 July 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de xullo de 2013 ás 16:11 (UTC)

The Signpost: 24 July 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 25 de xullo de 2013 ás 19:51 (UTC)

The Signpost: 31 July 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de agosto de 2013 ás 02:01 (UTC)

The Signpost: 07 August 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de agosto de 2013 ás 23:31 (UTC)

The Signpost: 14 August 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de agosto de 2013 ás 09:36 (UTC)

The Signpost: 21 August 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 26 de agosto de 2013 ás 05:13 (UTC)

Historia da ciencia[editar a fonte]

Ola Elisardo.
En primeiro lugar, quero expersar o meu agredecemento a aqueles –descoñecidos para min– que propuxeron este artigo como para figurar entre os destacados. Non é a miña preocupación destacar en nada, unicamente contribuír co meu cativo esforzo ao coñecemento da ciencia en todas as súas manifestacións (historia, bioloxía, zooloxía, botánica, xeoloxía, sistemática, etc.), feita no mellor galego do que eu –home de ciencias– poida facer. Pero, naturalmente, sempre halaga a vanidade que alguén recoñeza estes traballos.
En segundo lugar, atendo á túa suxestión de clarificar a fonte primaria na que me inspirei. O non facelo desde o principio debeuse, sen dúbida, a que este artigo foi un dos perimeiros que eu editei, dada a miña particular querencia polas ciencias e a historia; nos posteriores, creo que evitei, salvo algún esquecemento, non cometer este pecado. A principal fonte, como explico na páxina de conversa, foi o artigo na wiki en francés, o máis completo e ben estruturado que encontrtei dentro das linguas que están ao meu alcance, e logo fun complementado con resumes doutros, a maioría tamén editados no seu día por min (entre outros galipedistas).
Ao tempo, aproveitei para ordenar e incrementar algunhas imaxes, para que quedara o artigo máis atravctivo visualmente.
Grazas.--XoioÉche o que hai 30 de agosto de 2013 ás 12:34 (UTC)[responder]

The Signpost: 28 August 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de agosto de 2013 ás 12:33 (UTC)

Páxinas con ligazóns rotas a ficheiro[editar a fonte]

Boas! Xa o arranxei, ao final era que tiña ligada unha imaxe do escudo de Lugo que fora borrada. Saúdos!--Adorian (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder]

Imaxe das Fragas do Eume[editar a fonte]

Boas Elisardo: A imaxe que puxeches das Fragas do Eume na páxina de Pontedeume non é do concello de Pontedeume. A ponte que sae na foto está nos arredores do mosteiro de Caaveiro que pertence ao concello da Capela. De feito, só unha pequena parte do parque natural está no concello de Pontedeume. A maioría pertence aos concellos de Monfero e A Capela, cunha parte importante nas Pontes e xa menos en Cabanas e Pontedeume. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de agosto de 2013 ás 21:51 (UTC)[responder]

Mirarei a ver que se me ocorre pois, a dicir verdade, non é doado facer unha selección de todas as marabillas que temos no concello :-). Si, xa sei que somos un pouco chovinistas!! Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de setembro de 2013 ás 00:05 (UTC)[responder]
Leveime unha agradábel sorpresa cando vin que a páxina de Pontedeume estaba na portada (xa vin despois que a votación foi nun tempo record). Isto obriga a pulir o artigo! Pola parte que me toca, moitas grazas. Xa temos motivos de estarmos fachendosos. Saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de setembro de 2013 ás 23:29 (UTC)[responder]

Artigos de calidade[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Propoñemos xa a Pontedeume para artigo de calidade? En canto revises o do virus se pode propoñer tamén, non creo que haxa problema por poñer os dous, están prácticamente rematados. Estaría ben fixar o terceiro artigo, JaviP96 falou de levar a calidade algún da lista dos 1.000 sobre algún tema do que non haxa ningún artigo de calidade, eu fixen unha disertación, mais non sei moi ben por onde poderiamos tirar. Polo que respecta ás propostas que hai agora, é unha mágoa, pero Leonardo da Vinci seguro que non vai sair (a non ser que mañán voten 5 a favor, algo que me parece impensable) porque algo de traballo requería e non se vai poder amañar nun día, e ao de Tristan und Isolde quédanlle moitos días aínda, mais non espertou case interese e non creo que saia tampouco, a pesar de que non queda moito máis que engadir en contido (de técnica non digo nada). Total, que creo que deberiamos propoñer estes días a Pontedeume, se cadra a xente vendo as outras propostas se animan a votar. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 21:58 (UTC)[responder]

Elisardo, pregúntasme se me parece ben propor o artigo de Pontedeume como de calidade. Creo que non debería opinar por razóns obvias; o que si podo dicir é que, ao meu parecer, necesita algúns pequenos retoques como un repaso da redacción e aquelar as referencias adaptándoas aos modelos que temos, quizais tamén un repaso ás ligazóns e á galería de imaxes. En calquera caso, non é un traballo excesivo que se pode ir facendo segundo se vai votando. Tamén, se se abre a votación, a xente pode deixar suxestións de cousas a mellorar. Sobre artigos dos 1.000 para propor de calidade que comenta Piquito, pódese buscar entre os de carácter científico pois andamos orfos de artigos de calidade neste eido. E pido desculpas por non votar os artigos que se propoñen por non telos lido. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de setembro de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]

Estou a reler a poucos o artigo, cértamente non sei se propoñelo, relátote as eivas que lle vin ata o momento:

  • Datos que creo se deberan referenciar, concretamente na sección de demografía, onde fala do salvo vexetativo e os datos de inmigración (podería buscarse as nacionalidades dos inmigrantes? É un dato menor que non afectaría á calidade pero que estaría moi ben, non sei se hai algo na web do concello, eu atopárao na do concello da Coruña, mais non sei se Pontedeume terá algo así), tamén na última frase da sección creo que estaría ben dicir se algún deses concellos envellecidos está na contorna de Pontedeume
  • Seccións de xeografía moi curtas, xa que hai dúas seccións de dúas liñas e penso que especialmente na sección de clima debería procurarse unha táboa de temperaturas e precipitacións, eu para Carballo atopara unha (podes ver a web). Nesta sección creo que estaría ben procurar a altitude da capital do concello. A parte da situación é curta de máis, non sei se algún dos grupos de montes cos que limita o concello ten nome, o digo para fixar delimitacións naturais do territorio e non políticas (límites con outros concellos).
  • Frases como "Pola contra, o século XXI non puido comezar de peor xeito: nunha década a poboación minguou en máis de medio millar" e "Na parte máis oriental, o ascenso é brusco: estamos no tramo final do canón do Eume" persoalmente non me gustan moito para un artigo enciclopédico). Eu as cambiaría por: "Pola contra, esta tendencia positiva invertiuse no século XXI, o que se traduciu nunha perda poboacional de máis de medio millar de habitantes" (por exemplo), e "Na parte máis oriental do concello, coincidindo co tramo final do canón do Eume, o ascenso é brusco" (por exemplo).
  • O índice é endiañadamente longo, penso que habería que liberar o artigo de subseccións, é dicir, cambiar os signos = por ; (non sei se me explico) para que o índice non sexa tan grande como a táboa de información do concello, sobre todo tendo en conta que hai moitas subseccións que son moi curtas no apartado das festas. Este punto se me ocorreu agora e creo que o podiamos aplicar tamén na sección de "Outras capelas" da Catedral de Santiago de Compostela.

De momento lin só ata demografía, xa che comentarei máis para que se queres podas solucionar as eivas ou falar con alguén que as poda solucionar. Se queres o podes ir propoñendo ti, eu ata que non o lea detidamente non o vou propoñer. Un saúdo!! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 15:53 (UTC)[responder]

Co anterior non estou a desmerecer o artigo, nin moito menos. Por outra banda, reflexionando sobre o comentario que fixo JaviP96 na taberna, creo que se queremos das a coñecer a Galipedia como unha fonte de consulta de contidos universais debemos tentar equilibrar un pouco o número de artigos de calidade relacionados con Galiza e os non relacionados co país. sobre o que dis de mirar artigos de calidade das wikipedias en inglés e en castelán, eu en castelán non me fío moito, explícome: cando comecei a ampliar o artigo de Jean Sibelius (artigo que debera finalizar, por certo, como a lista das súas composicións) acudín á es.wiki porque o vin marcado como artigo bo... non sei quén lle concedeu o círculo verde, non ten referencias (só notas explicativas, nin as citas de Sibelius están referenciadas), só hai un libro sobre o compositor, e como a sección de biografía é tan curta aparece unha foto do neno Janne ao carón da sección "Últimos años"... Non sei cómo funciona a es.wiki noutros temas, pero polo que teño visto nos artigos de música ten unha tendencia perigosa a non poñer referencias, o citado artigo de Sibelius para min non podería nin ir á portada tal e como o teñen eles. Un saúdo! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 16:09 (UTC)[responder]

Non creo que sexa un problema de tempo, se alguén se pon pode facelo rápido (de é da zona lle resultaría sinxelo ampliar a parte de localización da sección xeografía, por exemplo). Eu creo que o tema é: preferimos traballar un pouco o artigo de Pontedeume para levalo a calidade ou traballar outro? O de Pontedeume pode ser de calidade perfectamente, mais para min, se queremos darlle "propaganda" na televisión ao proxecto e eliminar eses prexuizos (entre eles que só fala de Galiza), o mellor é traballar un artigo non relacionado con Galiza (repito, é a miña opinión) e tentar nivelar a balanza entre artigos sobre o país e artigos de interese universal. Revisando o "peso" de distintos artigos da lista dos 1.000 atopeime con que temos un artigos moi grande sobre a SIDA, penso que pode ser unha boa opción, xa que de paso (de sair o do virus) sumariamos un artigo na categoría de bioloxía e outro á de medicina. Creo que foi Paradanta que sinalou a posibilidade de recuperar unha proposta de HombreDHojalata, vaca... penso que pode ser unha moi boa opción como terceiro artigo para levar a calidade porque ademais ten unha certa relación co país, o problema que lle vexo é un excesivo galicentrismo dende o meu punto de vista (se queres o podes ler na taberna, non me quería alargar moito máis). Tamén na taberna fun facendo unha lista dos artigos máis grandes que temos da lista que son de categorías nas que non temos nada, se queres podes lelo alí e dar a túa opinión. Penso que temos mínimo catro (contando con Pontedeume) que poderían ser de calidade con pouco traballo, así que o caso é decidir por cal comezar (creo que o mellor será o do virus, que chamará moito a atención). Estaría ben que a xente estivera ao tanto das propostas de calidade, a última que fixen non tivo repercusión e a de Tristan und Isolde vai polo mesmo camiño, cando creo que calquera das dúas podía ter chegado a calidade (sei que está feo que o diga dun artigo meu :S). Xa me vas contando, mais penso que o mellor será tratar o tema na taberna. Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 20:08 (UTC)[responder]

Boas Elisardo, ía deixarche unha mensaxe para aconsellar agardar para propor a Pontedeume como artigo de calidade, pero xa vin que se me adiantou Piquito. Eu tamén me puxen a reler o artigo e vexo que necesita de moitas referencias nalgunhas seccións. Cando redactei algunhas seccións puxen as fontes na bibliografía, mais creo que para ser artigo de calidade hai que poñer máis referencias. Sobre as suxestións de mellora que fai Piquito tentarei de facelas se ben algunhas delas non son doadas de facer: O índice é o que é pois así está recollido no modelo de concellos, tentarei de poñer máis ";" (descoñecía este método!). As seccións de xeografía non son doadas de ampliar polas poucas fontes que hai. A sección de "Situación" está redactada tal e como se aconsella no modelo de concellos. En fin, irei facendo pouco a pouco. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de setembro de 2013 ás 19:11 (UTC)[responder]

Re:Imaxes de documentos[editar a fonte]

Dominio público, porque o "Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia" establece: "Artículo 13. Exclusiones. No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, así como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores." --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2013 ás 15:51 (UTC)[responder]

Non concordo contigo en absoluto. Pero, en fin, sexa. --. HombreDHojalata.conversa 3 de setembro de 2013 ás 15:55 (UTC)[responder]

The Signpost: 04 September 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de setembro de 2013 ás 20:53 (UTC)

Imaxe do cartaz do Folión de Fachas[editar a fonte]

O mesmo digo, é unha festa moi recomendable ;-) Frebas (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 18:28 (UTC)[responder]

Translation request[editar a fonte]

Greetings Elisardojm! Could you please translate this page for me into Galician either today or tomorrow? Thank you for your time, if you cannot do it please let me know. Keegan (WMF)(talk)

Xuntanza[editar a fonte]

Ola!! Moitas grazas pro terme en consideración. :) escribirei na taberna, que a verdade a teño moi deixada. Un saúdo, es espero vervos (aínda que vivo en Cataluña)...intentarémolo. Un saúdo.Nachonion (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:30 (UTC)[responder]

Eu tampouco vou poder. Estarei fóra ata finais de outubro. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de setembro de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]

Agradezo moitísimo a nota, por desgraza non estou a vivir en Galicia, así que vexo difícil pasarme. Pasádeo ben! ─ GallaecioE logo? 10 de setembro de 2013 ás 16:52 (UTC)[responder]

Síntoo, pero salvo que se celebre preto de Lalín, non creo que poida asistir, pola data non creo que tivera problema, pero non vou condicionar eu o lugar de celebración, aínda que me parecería ben Ourense polo de captar novos editores alí. --JaviP96 13 de setembro de 2013 ás 20:53 (UTC)[responder]

Unha vez máis grazas; mais non atopo a conversa que dis na taberna. Un saúdo.Nachonion (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 08:11 (UTC)[responder]

The Signpost: 11 September 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de setembro de 2013 ás 04:19 (UTC)

RE:Imaxe do forno do pazo de Allo[editar a fonte]

Tes razón na reflexion que fas. Traballei a foto coma se fose miña e todas as miñas imaxes poñen que teñen todos os dereitos reservados. Despois compártoas con outra licenza, polo que non ten problema que poña tal cousa, pero é útil se alguén pilla a imaxe doutra páxina e pretende usala.

Estou moi farto de wikimedia e de todos e cada un dos seus proxectos. Xa me esvaran os múltiplos reveses que recibo. Síntoo: non penso volver refacer o que fixen. Morra o conto pois ninguén de Commons se dignou a preguntar o que pasaba ou se dignou a deixar unha nota. Con todo, moitas grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  17 de setembro de 2013 ás 20:08 (UTC)[responder]

Ninsequera vou comprobar quen o fixo ou o que pasou. Wikimedia non compensa-- Lmbuga / Conversa comigo  17 de setembro de 2013 ás 20:11 (UTC)[responder]
Quen o fixo ten, na miña opinión, máis condición de becho (ou bot, quizais) ca de persoa-- Lmbuga / Conversa comigo  17 de setembro de 2013 ás 20:14 (UTC)[responder]

Imaxes da páxina virus[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Xa vin o teu bo traballo nas imaxes svg da páxina virus. Aproveito para preguntarche unha cousa para que me respondas cando teñas tempo se non é moita molestia. O feito é o seguinte: eu xa traducira as imaxes de bitmap desa páxina (cos bitmap non teño problema), pero as svg non podía, polo que me decidín a baixar o programa Inkscape e ver como era. Eu non son un total descoñecedor de programas de debuxo vectorial, e, de feito, teño desde hai anos o programa Corel Draw, aínda que non sexa a última versión, e aínda que non domino todas as súas potencialidades, si que lle sei sacar partido en imaxes normais. Ao baixar o Inkscape subín a el as imaxes svg da páxina virus copiándoas da páxina da wikipedia e pegándoas no inkscape (iso funciona cos bitmaps). Pero o que ocorreu é que en Inkscape a imaxe presentaba un fondo negro, non había forma de modificala porque non se podía desagrupar e aparentemente todo estaba nunha soa capa. Intentei facer cousas similares ás que facía con Corel Draw, pero ningunha funcionou (igual é porque non sei traballar co inkscape, aínda que fuchiquei bastante nos menús e ferramentas). Entón, a pregunta que che quería facer é como fixeches ti para accederes aos textos incluídos na imaxe e poder modificalos. Desagrupáchelos? Igual che estou preguntando unha parvada, porque quizais hai unha forma simple de modificar imaxes que descoñezo, pero o que non sabe... Grazas e adeus.--Miguelferig (conversa) 18 de setembro de 2013 ás 16:39 (UTC)[responder]

O do fondo negro en toda a imaxe pasoume coas imaxes svg da páxina virus orixinais e volvino a comprobar coa imaxe do fago inxectando o xenoma e volve a pasar (na miña casa), pero repetino no meu instituto (onde o Inkscape está instalado en Linux) e ten fondo branco. Despois intenteino na miña casa (co Inkscape que teño instalado en Windows) coa imaxe da páxina proteína chamada Ribosome mRNA translation en.svg e esa aparece con fondo branco. O problema é que en todos eses casos, tanto cunhas imaxes como con outras, tanto en Linux como en Windows, con fondo negro ou branco, a imaxe é inmodificable, non se pode desagrupar, non se pode acceder aos textos facendo clic ou dobre clic sobre eles (porque se selecciona a imaxe completa), e tampouco coa ferramenta de texto (nin na do menú Text que me dixeras) porque o único que fan é crear un texto novo, que a ese si que lle podes facer modificacións de tipo de letra, contido do texto, etc. Igual é que non baixei a versión do Inkscape adecuada, pero creo que si. Pedín no meu instituto aos profes de Tecnoloxía que me pasaran un manual de aprendizaxe do Inkscape a ver se o dou entendido, pero iso hame levar tempo, aínda que teño ganas de facelo. Eu estou acostumado ao Corel Draw, no cal normalmente as imaxes están agrupadas e pódense desagrupar e podes modificar os textos simplemente facendo clic sobre eles (aínda sen desagrupar toda a imaxe), pero con Inkscape non parece tan sinxelo. De todos modos, non te preocupes, seguramente será que non sei usalo ben, e xa o aprenderei con tempo. Grazas por todo.--Miguelferig (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 17:26 (UTC)[responder]

The Signpost: 18 September 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20 de setembro de 2013 ás 05:48 (UTC)

Restaurar artigo[editar a fonte]

Podes restaurar este artigo Lista de concellos das Palmas de Gran Canaria. O argumento dado para borralo foi A Galipedia non contén listas, pero existen centos de listas, como se pode ver nesta categoría Categoría:Listas de concellos de España. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de setembro de 2013 ás 23:50 (UTC)[responder]

Bueno a ver se nalgún momento o engado. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de setembro de 2013 ás 11:47 (UTC)[responder]

Se podes...[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! O 28 deste mes vaise facer en versión de concerto no Palacio da Ópera da Coruña Tristan und Isolde dentro do LXI Festival de Ópera da Coruña, creo que os ensaios están a ser pola tarde a partir das 18 hrs, se algún día te cadra pasar por aló poderías tirar algunha foto? Terían que ser se flash. Ao ser en versión de concerto poderían valer para o artigo Orquestra Sinfónica de Galicia (a orquestra estará no escenario cos solistas) e para os dos solistas (o artigo de Jukka Rasilainen se que o podo facer, tería que mirar o resto). Se podes, claro, eu non teño claro que vaia poder ir (ao concerto sei que non, aos ensaios depende cómo se tercie), se o soubera non cho pediría. Para entrar aos ensaios é por camerinos, mais se tes intención de achegarte e tes algunha dúbida podes consultarme. E xa de paso se vas e te apetece podes tirarlle unha foto á entrada do Palacio? A que hai é do lateral da glorieta, non da entrada, a verdade é que non caín, pasei por alí esta mañán e non se me ocorreu tirarlle unha foto co teléfono :(. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 16:25 (UTC)[responder]

O tema é que creo que non está permitido tirar fotos (aínda que non o di en ningures e se fai, de feito cando vai algún solista os estudantes de música se tiran fotos no propio auditorio logo do ensaio e teño visto tiralas durante o ensaio), poderíase preguntar polo tema do trípode... o do flash é imposible, a orquestra e os solistas están traballando e pode distraer, é por eso polo que non se pode. Eu hai tempo gravara un ensaio coa cámara de fotos e se vía ben, así que non creo que precisases trípode, chega con pousar a cámara nun dos muriños que separan as diferentes zonas (non sei se me explico). Para entrar é moi sinxelo, pola entrada de cámerinos, normalmente hai alguén alí que te pode indicar cómo ir se non hai: entras pola porta e vas á dereita (só se pode ir á dereita); hai unha zona ampla, se segues de frente hai máis camerinos e se viras á esquerda hai un pasillo ancho cunha (ou dúas) columnas e no medio hai dúas portas, unha a cada lado; ao final dese pasillo hai un salonciño con máquinas de café, chocolatinas e unha fonte; no salonciño hai unhas escaleiras que suben e outras que baixan, tes que coller as que suben; premeiro te encontrarás unhas portas pesadas que dan á parte de atrás do escenario, non entres; logo pasas unha porta de cristal moi lixeira e chegas a unha sala redonda na que hai unha única porta con manilla, se a abres darás ao hall; unha vez no hall eu entraría na sala por algunha das portas que hai escaleiras arriba para poder empregar os muriños sen ter que andar moito pola sala. Estaría moi ben unha foto deste home, que ten cantado nos mellores auditorios e festivais e que lle tería que crear o artigo en breve (só hai na wiki en castelán). Tentarei informarme dos horarios dos ensaios, para dicircho, tentarei chamar mañán, porque na web non os poñen. Unha aperta, Piquito (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 22:29 (UTC)[responder]

Boas! O ensaio xeral é o xoves ás 7:30 da tarde, según me comentou unha amiga miña. Oficialmente non se pode ir, mais a xente entra por camerinos e ninguén di nada (alo menos os outros días), o que si, se vas non ensines moito a cámara ou leva unha pequena ou unha mochila. Recoméndoche que as fagas sen flash nin sons para evitar problemas. Vai se queres, eu non podo ir a esa hora, mais tampouco te quero causar ningún problema, eu o fago porque me coñecen e sei que non vou ter problema ningún, non creo que haxa problema, pero fai o que vexas, non te sintas obrigado. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 13:45 (UTC)[responder]

A min é ese o que me dixeron, pode que esta tarde haxa tamén, mais eu non o sei... mañán hai seguro, se queres saber se hai o venres podes mirar no corcho que teñen na xanela da recepción na entrada de camerinos (xusto na entrada, onde hai unhas cadeiras e no cuarto adoita haber algún traballador ou traballadora), que é onde poñen (ou puñan) o plan de traballo da semana. Recomendación para o sitio: se vas para a parte de arriba, na fila xusto detrás do "palco de autoridades" (a primeira da zona B) tes un sitio moi bo, porque tes un muriño que delimita a zona no que podes pousar a cámara para que non te saian mobidas as fotos e estarás moi centrado. Podes sair do ensaio cando queras, se fan unha lectura completa serán unhas 3 horas, así que con que non fagas ruido podes marchar cando queras. Moitas grazas! Piquito (conversa) 25 de setembro de 2013 ás 15:41 (UTC)[responder]
Ah, que boa! Está moi ben porque o coro é tamén o da OSG e se matan dous paxaros dun tiro, así nunha foto xa temos todo. Que enrollados! Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 11:00 (UTC)[responder]

É moi sinxelo, como non vai ser escenificada van estar todos no escenario (orquestra, coro e solistas). Interesa unha na que se vexa a orquestra para poñer no artigo (a foto que hai agora non ten nin o logo actual), mais como o coro vai estar detrás cunha foto xeral xa o solucionamos todo, se te dá o zoom para sacar aos solistas (o coro estará detrás, ou eso debera, e os solistas estarán sentados a un lado do director), pois ben, aínda que ou só coñezo a Rasilainen (os outros se poden identificar a posteriori se é o caso). Do director nin te preocupes que xa ten foto (non é dunha calidade brutal pero se identifica -a tes en LXI Festival de Ópera da Coruña-, así que por eso non te preocupes. Logo o que queras facer a maiores, se queres tirar unha foto do interior da sala, ou do hall, ou doutro sitio do Palacio, eso xa como vexas, eu creo que coa orquestra e se pode ser algún solista chega ben, non te mates moito. Unha aperta e grazas!! Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 11:16 (UTC)[responder]

Non te preocupes, tampouco é necesario que sexan imaxes de calidade en Commons, con que sirvan para ilustrar os artigos chega. Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 11:33 (UTC)[responder]
Ollo! Leva o que te enviaron os Amigos da Ópera (unha copia do correo, ou algo así), mandoume un was unha soprano amiga miña e lle dixeron a algunha xente que o ensaio de hoxe é restrinxido, o digo para que non teñas ningún problema non vaias ir para nada. Se te dixeron que si non creo que teñas problema, pero por se acaso eu recomendaríache levalo para ensinalo na recepción se te din algo. Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 15:56 (UTC)[responder]
Non te apures! Agora están feitas, logo xa se subirán. Non é culpa dos da recepción, eles fan o que lles din, e se tampouco te coñecen non van facer a vista gorda, por eso che dicía o do correo. Moitísimas grazas, seguro que hai moito e moi bo material!! Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 21:50 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 September 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 27 de setembro de 2013 ás 06:03 (UTC)

Tratarei de ir, aínda que depende da hora. Graciñas e vaime informando. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 27 de setembro de 2013 ás 23:51 (UTC)[responder]

Latencia do VIH e acción do sistema inmunitario[editar a fonte]

Efectivamente, a segunda parte da frase que mencionas non está no orixinal inglés da páxina virus, pero non penso que teña nada incorrecto. Onde si aparece é na páxina da wikipedia inglesa do virus HIV, que di así: "Once integrated, the virus may become latent allowing the virus and its host cell to avoid detection by the immune system." Non hai ningunha dúbida sobre que os retrovirus como o VIH integran o seu xenoma (despois de ser este retrotranscrito) nos cromosomas da célula hóspede. Despois, moitos deses virus integrados expresan os seus xenes para replicarse, pero moitos outros, presentes en moitas células, permanecen latentes durante bastante tempo e xa desde fases iniciais da infección por VIH. Este establecemento dunha fracción de VIH latentes non se pode evitar nin sequera coa administración temperá de terapias fortes con drogas antirretrovirais[1].

Presentan latencia por diversos mecanismos tamén, por exemplo, virus como o do herpes ou o virus Epstein Barr, o que fai que a resposta inmunitaria sexa ineficaz contra eles. Esta latencia evita que o sistema inmunitario actúe contra o virus latente integrado, xa que non o detecta, ou contra as células que o conteñen (unha das estratexias do sistema inmunitario é matar á célula que contén o virus infectante, sempre e cando saiba que contén o virus).

No caso do VIH a latencia dificulta a acción inmunitaria (xa de seu ineficaz porque o virus infecta e mata ás propias células inmunitarias e porque é mutaxénico e varía os seus antíxenos). Dificulta tamén a eficacia inmunitaria das vacinas experimentais e o tratamento con drogas antirretrovirais. Cita (referida ao VIH): "It is becoming clear that viral reservoirs established early in the infection not only prevent sterilizing immunity but also represent a major obstacle to curing the infection with the potent antiretroviral drugs currently in use"[2]. Cita: "The extraordinary diversity of HIV-1, the capacity of the virus to evade adaptive immune responses, the inability to induce broadly reactive antibody responses, the early establishment of latent viral reservoirs, and the lack of clear immune correlates of protection represent unprecedented challenges for vaccine development."[3] A latencia do VIH non é o mecanismo principal da súa resistencia á acción inmunitaria, pero si unha máis. Cita: "In the latent state, the virus persists simply as information (in the form of 10 kb of integrated HIV-1 DNA), and it is thus unaffected by antiretroviral drugs or immune responses."[4]

Igual sería necesario engadir algunha destas referencias (ou doutras moitas que hai) a esa parte da frase no artigo virus ou igual era mellor colocar esa porción noutro sitio, pero a afirmación é correcta. Engadín na páxina a palabra latente para máis claridade. Non é a única diferenza coa versión inglesa, xa que borrei algunhas cousas, engadín outras, cambiei de sitio varias, non incluín os erros que eles tiñan: o máis gordo era que confundían antigenic shift con genetic drift (pero xa lles avisei na talk page e xa o cambiaron). Evidentemente, o meu artigo podería conter algún erro, xa que iso nunca é imposible, e eu non son un experto en viroloxía, pero creo que non, e neste caso concreto creo que non.

  1. Chun TW, Engel D, Berrey MM, Shea T, Corey L, Fauci AS. Early establishment of a pool of latently infected, resting CD4(+) T cells during primary HIV-1 infection. Proc Natl Acad Sci U S A. 1998 Jul 21;95(15):8869-73. PMID 9671771.
  2. Pierson T, McArthur J, Siliciano RF. Reservoirs for HIV-1: mechanisms for viral persistence in the presence of antiviral immune responses and antiretroviral therapy. Annu Rev Immunol. 2000;18:665-708. PMID 10837072.
  3. Dan H. Barouch. Challenges in the Development of an HIV-1 Vaccine. Nature. 2008 October 2; 455(7213): 613–619. doi:10.1038/nature07352. PMCID: PMC2572109. NIHMSID: NIHMS74037. [1]
  4. Robert F. Siliciano ,Warner C. Greene. HIV Latency Cold Spring Harb Perspect Med September 2011;1:a007096doi:10.1101/cshperspect.a007096. [2]

--Miguelferig (conversa) 30 de setembro de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]

Galician and Notifications[editar a fonte]

Greetings again!

Thank you for helping with translations. It is invaluable work! I was wondering if you could help out with a small translation project.

We are releasing Notifications to the Galician Wikipedia next week. There are still three priorities to double check for translations to make sure they are complete and accurate so that the Wikipedia gets the best experience possible:

If you have any questions you can email me, kpeterzell [AT] wikimedia [DOT] org or you can contact me on my meta talk page. Keegan (WMF) (conversa) 2 de outubro de 2013 ás 03:52 (UTC)[responder]

Encontro de galipedistas[editar a fonte]

Un agradecemento un pouco tardío, pero é porque agora pouco me deixo ver pola Wiki...

Pois iso, grazas por terme ó día, coma sempre, das xuntanzas. Aínda que agora case non edito, todavía resístome a afastarme por completo e perde-lo contacto, así que farei o posible por apuntarme á xuntanza, ainda que o vexo difícil... Furado (conversa) 2 de outubro de 2013 ás 13:10 (UTC)[responder]

The Signpost: 02 October 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de outubro de 2013 ás 00:49 (UTC)

Boas Elisardo! Podesme avisar cando colgues as fotos da OSG? Quería ver quen estaba na orquestra nese concerto. Onte fun ao primeiro programa mais non puiden tirar ningunha foto, non esperei tan sequera a que saíra Dima despois do concerto porque se lle vía destrozado, se cadra noutra ocasión... non sei cómo soaría o Wagner, pero está a soar de luxo! Unha aperta!! Piquito (conversa) 6 de outubro de 2013 ás 15:25 (UTC)[responder]

Moitas grazas Elisardo!! Xa puxen a foto da orquestra na caixa do artigo Orquestra Sinfónica de Galicia. Grazas por todo!! Tentarei crear os artigos da xente que temos pouco a pouco, e porei a de Quiza no seu artigo. Non te preocupes polo de Jukka, xa se conseguirá! Moitas grazas e bo traballo!!! Piquito (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 08:51 (UTC)[responder]

The Signpost: 09 October 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 10 de outubro de 2013 ás 13:13 (UTC)

Que se supón que debo facer eu logo, deixar os artigos listos para que un administrador faga a fusión? Supoño que entón o mellor sería que che/vos deixase unha mensaxe no taboleiro de administradores. Si? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11 de outubro de 2013 ás 21:06 (UTC)[responder]

Vouche colocar aquí unha lista de artigos que faría falta fusionar (vounos amañando eu) (poño en segundo lugar o que debería quedar):

Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de outubro de 2013 ás 01:04 (UTC)[responder]

The Signpost: 16 October 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de outubro de 2013 ás 21:43 (UTC)

Traslado[editar a fonte]

Por favor, traslada Gana a Ghana, xa que é o nome correcto como referenciei no artigo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de outubro de 2013 ás 15:04 (UTC)[responder]

Grazas. Cando poidas, limpa a categoría Categoría:Limpar Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de outubro de 2013 ás 15:13 (UTC)[responder]

Imaxe do CD Lugo[editar a fonte]

Non o acabo de ter claro. Síntocho. --. HombreDHojalata.conversa 23 de outubro de 2013 ás 13:43 (UTC)[responder]

ErrorBar[editar a fonte]

Deixamo mirar este fin de semana (se podo antes, mellor) que ando algo liado estes días, pero en principio debería valer ...--Xabier Cancela (fálame) 23 de outubro de 2013 ás 20:04 (UTC)[responder]

Traslado[editar a fonte]

Creo que hai que trasladar República de Benin a Benin, porque nos demais países non levan a aclaración, a non ser que haxa varios co mesmo nome. E República de Botsuana a Botswana, e Burquina Faso a Burkina Faso, porque é o nome que indica o DRAG. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de outubro de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]

Podes contestarme? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 29 de outubro de 2013 ás 04:56 (UTC)[responder]
Entón trasládalos? É que eu non podo. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 29 de outubro de 2013 ás 10:32 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Ola, son o profesor dos alumnos de latín que están traballando na toponimia. Nos vindeiros días iremos engadindo as referencias que faltan. Grazas polo comentario. Vai a miña firma logo. Un saúdo. --Alvaropv DGallaecia (conversa) 25 de outubro de 2013 ás 15:15 (UTC)[responder]

Distritos de Uganda[editar a fonte]

Ola, Eli. Deixeille a Usuario:Calq unha pregunta sobre un modelo que fixo el e que da alguns problemiñas. A ver se lle podes botar un ollo. Saudos. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 27 de outubro de 2013 ás 01:58 (UTC)[responder]

De nada, como era un arranxo fácil e rápido decidín facelo. Saúdos! --JaviP96 30 de outubro de 2013 ás 14:55 (UTC)[responder]

The Signpost: 23 October 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 27 de outubro de 2013 ás 01:59 (UTC)

Nachonion1?[editar a fonte]

Ola!! Si, foi un erro puntual coma usuario da Wikipedia inglesa, ligou a galega con mesmo nome de usuario. Xa está arranxado. Saúdos.Nachonion (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 11:08 (UTC)[responder]

Acabo de crear a páxina, aínda que pode ser que precise algunha corrección ou engadido posterior. Teño dúbidas nas referencias web que engadín, exemplo de uso real do adverbio. --Alvaropv DGallaecia (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 11:54 (UTC)[responder]

The Signpost: 30 October 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de novembro de 2013 ás 21:03 (UTC)

Longueiróns[editar a fonte]

Ola, Eli. Na miña páxina de conversa verás unha idem entre Xoio e máis eu sobre unhas edicións que el fixo en Longueirón (molusco), baleirándoo de contido e deixándoo como redirección cara a Ensis siliqua. Creo que o procedente sería eliminar o primeiro, deixar o segundo e fusionar historiais. Tocouche. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 3 de novembro de 2013 ás 00:03 (UTC)[responder]

Longueirón (molusco)[editar a fonte]

Ola Elisardo. Sobre este tema (o dos nomes científicos para navallas e longueiróns) si creo que hai razóns. Mira o que acabo de escribir na páxina de conversa de Xoacas. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 4 de novembro de 2013 ás 15:43 (UTC)[responder]

Violin - violino[editar a fonte]

Historial de revisións de "Violín"
  Boas Eli: Gracias pola 'benvida'
   En galego, a palabra tradicional pra violin é violino; é
a maneira en que se lle chama ao instrumento. Aceptanse as dúas,
e é algo así como a diferencia entre un fiddle e un violino en inglés
cando se usa pra música clásica se tende mais utiliza-lo termo violín,
e cando é pra música tradicional o termo violino. 

Aconsellable 100% dende o meu punto de vista é mesmo cambiarlle o nome ao artigo, redireccionando a busqueda da palabra violín a violino

       Apertas, e perdoa polas caixas
A ver se aprendo a editar ben, xa....

The Signpost: 06 November 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de novembro de 2013 ás 05:08 (UTC)

Edícula[editar a fonte]

Revisada e corrixida a etimoloxía de edícula. Incluídas tamén notas ao diccionario. Vexo que hai outras notas engadidas pero sen referencia concreta no texto.--Alvaropv DGallaecia (conversa) 11 de novembro de 2013 ás 15:51 (UTC)[responder]

Agradecido[editar a fonte]

Estiveches traballando arreo! Parabéns! . HombreDHojalata.conversa 13 de novembro de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]

Axudiña[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Poderías mirar se no artigo Sinfonía concertante para violín e viola (Mozart) es capaz de poñer a imaxe no mesmo cadro que os audios? Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 15 de novembro de 2013 ás 23:06 (UTC)[responder]

Si, referíame a eso, pero non te preocupes por facelo, quedaría bonito pero non é vital. Graciñas!! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 08:34 (UTC)[responder]
Non te preocupes, así está ben! Non lle deas máis voltas que hai cousas máis importantes por facer. Graciñas!!! Piquito (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 09:07 (UTC)[responder]

The Signpost: 13 November 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de novembro de 2013 ás 06:21 (UTC)

Artigo SIDA[editar a fonte]

A min tamén me pasa, pero non só co artigo SIDA, senón con todos os artigos que son de gran tamaño. Por exemplo, tamén me pasaba co artigo evolución e, en xeral, cos que son moi longos. Os cambios quedan gravados, pero non se volve a mostrar a páxina (sae a mensaxe de erro). Eu o que fago é que cando sae a mensaxe de erro por exceder o tempo, lle dou á frecha de ir para atrás da páxina varias veces ata que volve a saír a páxina e despois doulle a actualizar. Debe ser un problema do servidor en artigos grandes. Na wikipedia inglesa, segundo lin nas conversas, ese artigo está moi preto do límite en que aconsellan subdividir os artigos en varios artigos separados, e o da galipedia quizais é algo máis grande.Miguelferig (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 11:25 (UTC)[responder]

The Signpost: 20 November 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de novembro de 2013 ás 10:56 (UTC)

Xuntanza sábado 30[editar a fonte]

Bo día, Elisardo. Se cadra que por algún motivo se traslada a Compostela, achegareime, saudarei e quedarei un pedazo tomar algo. Pero até Pontevedra non me vou achegar porque ultimamente non paro de moverme e as fins de semanas de decembro van ser máis do mesmo. O xoves, por exemplo, estiven por Pontevedra mesmo; e dentro dunha semana marcho uns días a Barcelona. Xa ves, meu. Época de tránsitos. Pero xa digo, se resulta que a maioría prefire Compostela por ser máis céntrica, daquela conta con que eu tamén me hei achegar. Un saúdo! Atobar (conversa comigo) 25 de novembro de 2013 ás 10:10 (UTC)[responder]

Xa respondín, Elisardo. A ver se desta vez damos feito. Grazas por todo o que fas para que sexan posibles estas reunións. Unha aperta! --Paradanta (Cóntame) 27 de novembro de 2013 ás 10:37 (UTC)[responder]
Ola, Elisardo. Vexo que a cousa está practicamente decantada e que vai haber xuntanza pontevedresa. Esperarei daquela pola próxima en Compostela. Unha aperta e moitas grazas por me teres ao día. Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2013 ás 12:46 (UTC)[responder]
Ao final onde se queda?--Servando2 (Dime) 30 de novembro de 2013 ás 01:07 (UTC)[responder]

Grazas polo traballo. O que non sei é por que non funciona o uso de distintos {{{1}}} e {{{3}}} en feixón.

E non sabía da xuntanza, se o venres sei que podo ir xa vos pregunto onde quedades. ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de novembro de 2013 ás 19:24 (UTC)[responder]

Mercis moitas. Por fortuna aínda queda xente con paciencia (eu teño que usala para a vida real, dáme que ata o resto dos meus días). Aínda non o comprobei, pero vista a inclusión mesmo de Id, noraboa polo resultado. ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de novembro de 2013 ás 18:17 (UTC)[responder]

There again: conversa modelo:DRAG-PdPSobreira ►〓 parlez 29 de novembro de 2013 ás 14:08 (UTC)[responder]

Penso que amañado; simplifiquei a fórmula, reducín a só un id, e reflectino na axuda. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de decembro de 2013 ás 09:08 (UTC)[responder]

Quedar quedou, pero non niquelado, senón cincado :P

E de onde saca os valores, do título da páxina? Ou refíreste a que o usuario xa sabe o que poñer en cada oco (esa era a miña idea orixinaria cando comezara con { { {1 } } } e toda a parafernalia). Eu non remitiría un modelo a outro: copia-pega e modifica o necesario, pero igual é por que o sabes facer e che é máis cómodo. Sei que termo_DRAG é un pouco latoso, pero a pesares de todo, funciona que é o que conta. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de decembro de 2013 ás 10:09 (UTC)[responder]

Por suposto que non teño problema, así aprendo a enviar datos dunha función a outra. A ver se non borran por ser iguais ou remisións, por que a min con outro modelo quitáranme algunhas transclusions e agora sempre teño que andar a lembrar cal é nome correcto (Usuario:Sobreira/Edición#Sen_referencia). Acáelle o nome modelo:DRAG? ※ Sobreira ►〓 parlez 4 de decembro de 2013 ás 08:56 (UTC)[responder]

Vexo que vas veloz e eficiente. Deixa o vello, aí non pide pan. Ademais, mira o que pasa con lila. ※ Sobreira ►〓 parlez 4 de decembro de 2013 ás 12:46 (UTC)[responder]

De lila: non, é problema de resultados. Digo que convén deixalo porque no caso de ter que usar ID, como en lila, o código de entrada de modelo:DRAG deixa dous ocos baleiros, que DRAG-PdP non. ※ Sobreira ►〓 parlez 5 de decembro de 2013 ás 10:36 (UTC)[responder]

Si, quedaría ben e é o que está establecido. Por outra banda o resultado da maioría das votacións é evidente e canta máis parafernalia menos invita a participar nese traballo.

Eu acabo de estar unha hora preparando a próxima portada e non din feito, tiven que marchar e agora estou escribindo coa tablet dende o coche.

Entre pechar con todo o protocolo unicamente unha sección e deixar o resto baleiro preferín distribuír o tempo (WP:I).

Cantos usuarios hai que adiquen o seu tempo a esa labor? ... Un, Xas (se nos faltase ían ir moitas portadas en branco). E non asemella que iso vaia a mudar. Porqué será?. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2013 ás 09:49 (UTC)[responder]

RE: Formato wiki[editar a fonte]

Hai máis dun mes que me deixaches unha mensaxe e non recibiches contestación. Pido desculpas. Os meus compromisos na vida real quítanme o tempo que lle podo dedicar á Galipedia. Bótoa en falta, de veras.

Como resposta rápida, posiblemente a mellor solución ao que pides sexa modificar o teu JavaScript persoal, pero agora non teño tempo de mirar como facelo. Aínda así, non creo que sexa moi difícil. Quizais sexa boa idea pedir axuda a alguén doutro wiki (se non o fixeches aínda e se non hai ninguén aquí que saiba resolvelo). Non é por escurrir o vulto, faríao de boa gana, é simplemente porque non teño tempo para dedicarlle á tarefa.

Agardo regresar, aínda que sexa durante algunhas semanas, a finais de xaneiro.

Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 29 de novembro de 2013 ás 12:52 (UTC)[responder]

The Signpost: 04 December 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 5 de decembro de 2013 ás 06:30 (UTC)

Por favor, você poderia inserir pt:Ovo (alimento) no wikidata correspondente? Eu não tenho acesso aqui do meu trabalho. Obrigado. Onjacktallcuca (conversa) 10 de decembro de 2013 ás 13:22 (UTC)[responder]

Está Ok dessa forma. Obrigado pelo auxílio. Onjacktallcuca (conversa) 10 de decembro de 2013 ás 13:31 (UTC)[responder]

Coido que a presentación quedou moi ben. Alomenos, dende Firefox en linux, e o facelo colaborativa aumenta a bondade.--Agremon(contacto) 11 de decembro de 2013 ás 06:33 (UTC)[responder]

The Signpost: 11 December 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 12 de decembro de 2013 ás 04:15 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Elisardo! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:49 (UTC)[responder]

Imaxes da British library[editar a fonte]

Boas. Acabo de ler isto, que se cadra nos pode interesar para obter imaxes. Ti que sabes de dereitos, bótalle un ollo cando poidas ao asunto, a ver se nos vale. Saúdos. Servando2 (Dime) 15 de decembro de 2013 ás 15:54 (UTC)[responder]

Funciona, abofé; xa estou a dar boa conta del. Boa noite! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2013 ás 01:46 (UTC) Moitas grazas polas túas xestións! --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de decembro de 2013 ás 09:04 (UTC)[responder]

Informe final IEG wikiArS[editar a fonte]

En febrero diste tu apoyo a mi petición de un Grant a la Fundación Wikimedia para consolidar la iniciativa wikiArS. Recibí el Grant y durante medio año he estado trabajando ello. Creo que los objetivos de consolidación se han conseguido, la iniciativa ha crecido en experiencias y personas involucradas. La he estado promoviendo y dinamizando, también he desarrollado algunos recursos que la facilitan y la metodología y recomendaciones están mejor documentadas. Te quería dar las gracias e invitarte a leer el Informe final que he escrito además de los estudios de caso que explican algunas de las experiencias realizadas. Sugerencias y comentarios son bienvenidos. Gracias por tu apoyo, un abrazo. --Dvdgmz (conversa) 17 de decembro de 2013 ás 12:22 (UTC)[responder]

The Signpost: 18 December 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 19 de decembro de 2013 ás 06:52 (UTC)

Axudiña cunha táboa[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Ampliei un pouco o artigo Vancouver Canucks, mais nos datos de asistencia gustaríame que a táboa estivera en sentido horizontal en lugar de vertical como está agora, como podo facer para cambiar eso? Graciñas!! Piquito (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 11:54 (UTC)[responder]

Xa vin o resultado. Graciñas!! Piquito (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 12:19 (UTC)[responder]
En Mozilla vése ben, é un pouco roio, mais neste caso si ten solución, é máis complicado o caso de Liiga, porque facer dúas táboas cos equipos é complicado, habería que velo. Piquito (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 12:24 (UTC)[responder]

Perdoa, expliqueime mal! Ups! O dos equipos me refería ao artigo Liiga, onde na sección de equipos se saen tamén da páxina (era para mostrarche outro exemplo do caso), pero non pasa nada, o dos Canucks está perfecto e o outro tampouco é problema, non son artigos moi consultados. Piquito (conversa) 19 de decembro de 2013 ás 13:13 (UTC)[responder]

Traslado[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Podes trasladar Maarianhamina a Mariehamn? Deixei na Taberna (en Políticas) a explicación para efectuar o traslado. Graciñas! Piquito (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 08:21 (UTC)[responder]

A correcta é insular. Non illano nin illeiro (que unha vez vin nun texto). Illán pode pasar se o di o Xerais, pero a que non admite dúbida é a que che digo: insular. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 20 de decembro de 2013 ás 14:59 (UTC)[responder]

Agradecementos[editar a fonte]

Os nosos agradecementos. . Esperamos seguir traballando o vindeiro ano coa mesma ilusión que neste. --Alvaropv DGallaecia (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 18:49 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm.

Comunícoche que, debido a túa inactividade como bot, propúxose a revogación do teus status como tal.

Podes ver a votación en: gl:Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación.

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2013 ás 19:40 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 December 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de decembro de 2013 ás 05:05 (UTC)

RE:Escudo con dereitos[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Si ti crees que a imagen Ficheiro:MugardosClub.png (ainda que nin siquera recordo habela subido) ten dereitos de autor pois non sei que dicirche. Sinto non haber estado informado antes de borrala, agora xa é demasiado tarde. Un saúdo! Basilio (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 00:34 (UTC)[responder]

Pois agora que sei de onde baixei esa image, ben podo asegurarche que foi miña culpa e penso que sería unha das miñas primeiras experienzas na Galipedia nos anos 2006, si ben recordo. Pido excusas, e po la outra banda o ficheiro Ficheiro:Galicia Mugardos.gif rempraza perfectamente aquel outro. Mocitas grazas polo aviso e Feliz Ano Novo! Basilio (conversa) 29 de decembro de 2013 ás 13:55 (UTC)[responder]

Período de votacións[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Gústame o que fixeches para que se engadira a data de finalización das votacións, mais penso que hai un problema: ao figurar os 15 días mínimos nos artigos destacados, sobre Galiza e imaxes (nas propostas para calidade non aparece porque a única proposta é anterior a que engadiras a información), penso que a xente non se vai enterar moi ben. De feito eu penseu que non chegaba a tempo para votar, e mesmo pensei en non votar a proposta de Tampa, Florida ao ver o pouco tempo que había. Penso que o mellor sería poñer a data límite de 30 días para que non haxa confusión á hora de votar. Unha aperta e boas festas!! Piquito (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 23:57 (UTC)[responder]

Ah! Eu non sabía que non dicía nada do prazo máximo, entendía que eran 30 días como nos artigos de calidade. Se cadra habería que someter a votación o prazo máximo. Unha aperta! Piquito (conversa) 29 de decembro de 2013 ás 11:45 (UTC)[responder]

Toolserver[editar a fonte]

Ola, Elisardo! A ver se me podes axudar: sei que vai desaparecer o ToolServer, e estiven fedellando na procura de páxinas que o substitúan, pero non dei atopado. Sabes como facer agora para buscar os artigos feitos por unha persoa, ou as súas edicións?

Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2013 ás 23:58 (UTC)[responder]