Longueirón (molusco)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
| Longueirón (molusco) | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ensis siliqua Carl von Linné 1758 | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||

O longueirón,[1] (Ensis siliqua) é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen siliqua.[2] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.
É comestíbel e moi apreciado gastronomicamente.
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha cuncha alongada, rectangular, de até 22 cm de lonxitude, coas valvas simétricas, de cor branca azulada, co perióstraco de cor parda nas marxes.[3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[3]
É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[4]
Tamén habita nas costas das illas da Macaronesia.[5]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Os sexos están separados, e é unha especie ovípara.
Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión.
Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.
En Galicia
[editar | editar a fonte]Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, sendo moi abundante.
Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ longueirón no dicionario da RAG,
- ↑ Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii).
- 1 2 3 Rolán e Otero (1996), p. 238.
- ↑ Ensis siliqua (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ Ardovini & Cossignani (2004).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Longueirón |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Longueirón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X.
- Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
- Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Ensis siliqua en Pesacadegalicia.com. Xunta de Galicia.