Identidade de xénero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O concepto identidade de xénero refírese ao xénero co que se identifica unha persoa; utilízase para distinguir a asociación psicolóxica da fisiolóxica. Este concepto desenvolveuse a partir de 1970 nos Estados Unidos. Antes, o sexo dunha persoa viña determinado soamente pola aparencia dos órganos sexuais visibles, mais coa descuberta dos cromosomas e dos xenes, son estes os que se utilizan para determinar o xénero. Os transxéneros son aqueles nos que a identidade de xénero e os órganos reprodutores e os cromosomas difiren das definicións tradicionais.