Jukka Rasilainen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jukka Rasilainen
Nome completo Jukka Veikko Rasilainen
Nacemento 13 de maio 1956
Orixe Helsinqui, Finlandia Finlandia
Ocupación(s) Cantante
Xénero Ópera
Instrumento(s) Voz
Tipo de voz Baixo-barítono
Na rede
www.rasilainen.com
editar datos en Wikidata ]

Jukka Rasilainen, nado en Helsinqui, é un baixo-barítono finlandés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jukka Rasilainen naceu en Helsinqui e estudou en Roma (Italia) con Tina Scapini-Rella,[1] e na Sibelius-Akatemia na súa cidade natal. Sendo aínda estudante debutou en Don Giovanni encarnando a Leporello baixo a dirección de Gian Carlo del Monaco. Na tempada 1985-86, pasou a formar parte da Opernstudio Zürich.

Dende 1986 ata 1993 tivo un contrato fixo coa Städtische Bühnen Dortmund e a Vereinigte Städtische Bühnen Krefeld-Mönchengladbach como baixo-barítono heroico. Nestes teatros interpretou numerosas óperas, entre as que salientan: Wozzeck (papel principal), Lucia di Lammermoor (Raimondo), Falstaff (papel principal), Nabucco (papel principal), Salomé (Jochanaan), Tosca (Scarpia).

En 1991, Rasilainen debutou en Flensburgo coa ópera de Wagner Der Fliegende Holländer, o que lle valeu cantar en 12 producións máis en teatros como a Wiener Staatsoper de Viena, Staatsoper Unter den Linden e Deutsche Oper Berlin de Berlín, Semperoper de Dresde, así como en Tokio ou Savonlinna. Ao ano seguinte debutou na Semperoper, coa que mantivo un contrato como residente, participando en 10 novas producións e estreas como: Der Freischütz (Kaspar), Tosca (Scarpia), Příhody lišky bystroušky (Förster), Tristan und Isolde (Kurwenal), Le nozze di Figaro (Figaro), Aida (Amonasro), Il tabarro (Michele), Carmen (Escamillo), dúas veces, baixo a dirección de Harry Kupfer e na nova produción de Konstanze Lauterbach, The Rake’s Progress (Nick Shadow), Das Rheingold (Wotan), Die Walküre (Wotan), Siegfried (Wanderer) e en Die Frau ohne Schatten (Barak). O repertorio adicional que cantou en Dresde inclúe: Der Fliegende Holländer (papel principal), Fidelio (Pizarro), Don Giovanni (Leporello), Le nozze di Figaro (Conde), Lohengrin (Heerufer), Salomé (Jochanaan). En 1993 debutou co papel de Zaccharia na ópera de Verdi Nabucco no Bregenzer Festspiele, en Bregenz, Austria.

Dende 1994 é convidado frecuentemente pola Suomen Kansallisooppera en Helsinqui, interpretando óperas como: Otello (Jago), Tosca (Scarpia), Das Rheingold (Wotan), Die Walküre (Wotan), Siegfried (Wanderer), Carmen (Escamillo) e Die Frau ohne Schatten (Barak). Alí contou no ano 2000 o novo ciclo de Der Ring des Nibelungen de Wagner baixo a dirección de Götz Friedrich. En 1997 Osmo Vänskä levouno ao BBC Proms Festival de Londres como solista en Kullervo de Sibelius.

En 1995 debutou encarnando a Amfortas na ópera de Wagner Parsifal na Opéra national de Montpellier, repetindo o papel na Royal Opera House de Londres en 1998 acompañando a Plácido Domingo como Parsifal, así como no Teatro dell'Opera di Roma, a Opéra Bastille e na Semperoper.

Entre os anos 2000 e 2002 cantou na Opernhaus Zürich o ciclo do Anel (os papeis de Wotan e Wanderer) baixo a dirección artística Jukka Rasilainen cantó en la OPERA DE ZURICH el nuevo Anillo de los Nibelungos (Wotan, Wanderer) bajo la dirección artística de Robert Wilson e a dirección musical de Franz Welser-Möst. Outra estrea importante en 2003, tamén na cidade suíza de Zürich, foi Elektra de Richard Strauss, na que encarnou a Orest baixo a dirección artística de (Orest) de Martin Kušej e a dirección musical de Christoph von Dohnanyi. Ese mesmo ano cantou no Edinburgh International Festival o papel de Telramund na ópera de Wagner Lohengrin baixo a dirección de Donald Runnicles e a dirección artistica de Keith Warner, así como Siegfried (Wanderer) en Toquio, Tristan und Isolde (Kurwenal) en Taiwan e Falstaff (papel principal), e na Bayerische Staatsoper debutou en Arabella de Richard Strauss encarnando a Mandryka e en Fidelio como Pizarro.

En 2004 o Estado Libre de Saxonia outorgoulle o título de “Kammersänger” na Opera Semper, e ao ano seguinte debutou no Bayreuther Festspiele no papel principal de Der Fliegende Holländer.

Na tempada 2005-06 destacaron as producións de Tristan und Isolde, na que interpretou o papel de Kurwenal con Ben Heppner e Waltraut Meier baixo a dirección artística de Peter Sellars e a dirección musical de Esa-Pekka Salonen, así como a de Der Ring des Nibelungen no Théâtre du Châtelet de París (Francia) baixo a dirección artística de Robert Wilson e a dirección musical de Christoph Eschenbach.

Na tempada 2006-07 participou en varias producións na Semperoper de Dresde, e realizou unha xira de concertos de Wagner que o levaron a salas como o Kongresshaus Zürich, Salle Stravinski Montreux, o Casino Basel, o Casino Genève, ou a Tonhalle St. Gallen, así como Der Fliegende Holländer na Bayerische Staatsoper de Múnic.

Repertorio[editar | editar a fonte]

Repertorio operístico
Personaxe Título Compositor
Don Pizarro Fidelio Beethoven
Wozzeck Wozzeck Berg
Escamillo Carmen Bizet
Balstrode Peter Grimes Britten
Förster Příhody lišky bystroušky Janáček
Tonio Pagliacci Leoncavallo
Don Giovanni Don Giovanni Mozart
Conte d'Almaviva Le nozze di Figaro Mozart
Figaro Le nozze di Figaro Mozart
Lindorf,
Coppélius,
Miracle,
Dapertutto
Les contes d'Hoffmann Offenbach
Michele Il tabarro Puccini
Scarpia Tosca Puccini
Mandryka Arabella R. Strauss
Barak Die Frau ohne Schatten R. Strauss
Jochanaan Salomé R. Strauss
Nick Shadow The Rake's Progress Stravinski
Amonasro Aida Verdi
Sir John Falstaff Falstaff Verdi
Zaccharia Nabucco Verdi
Jago Otello Verdi
Holländer Der Fliegende Holländer Wagner
Der Heerrufer des Königs Lohengrin Wagner
Friedrich von Telramund Lohengrin Wagner
Amfortas Parsifal Wagner
Wotan Das Rheingold Wagner
Wotan Die Walküre Wagner
Der Wanderer Siegfried Wagner
Kurwenal Tristan und Isolde Wagner
Karpar Der Freischütz Weber

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]