Castelán costarriqueño
Castelán costarriqueño | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español costarriqueño | |
Falado en: | Costa Rica | |
Total de falantes: | 5 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán costarriqueño | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Costa Rica | |
Regulado por: | Academia Costarriqueña da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán costarriqueño é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Costa Rica. De maneira histórica, o país non foi unha colonia americana que espertase un profundo afán de poboamento, e mesmo durante o vicerreinado, foi a provincia máis setentrional de Nova España, polo que tivo unha influencia instrutiva case nula da coroa, o que incidiu directamente no particular desenvolvemento do seu xeolecto vernáculo.
Malia o seu pequeno tamaño territorial, cada provincia do país conta con trazos distintivos na maneira de falar, acento e fonética. A provincia de Guanacaste ten moita influencia do veciño Nicaragua, o Val Central mantén unha liña en común, mais aínda así os ditos, expresións e fonética varían de provincia en provincia e mudan segundo a educación e clase social do locutor. A provincia do Caribe costarriqueño, Limón, amosa trazos totalmente propios na súa fala e cultura, influenciadas polo inglés crioulo e a inmigración xamaicana que se deu en devandita provincia. En Puntarenas consérvanse trazos do Val Central e Guanacaste, sendo ademais onde máis se rexistra o emprego do tuteo no país, ao sur preto da fronteira con Panamá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7