Claude Rains

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claude Rains
Claude Rains in Now Voyager trailer.jpg
Rains en Now, Voyager (1942)
Nome completo William Claude Rains
Nacemento 10 de novembro de 1889
Lugar Londres
Falecemento 30 de maio de 1967
Lugar Laconia, Nova Hampshire
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Isabel Jeans (1913-1915)
Marie Hemingway (1920-1920)
Beatriz Thomas (1924-1935)
Frances Propper (1935-1956)
Agi Jambor (1959-1960)
Rosemary Clark Schrode (1960-1964)
Profesión Actor
editar datos en Wikidata ]

William Claude Rains, nado en Londres o 10 de novembro de 1889 e finado en Laconia (Nova Hampshire) o 30 de maio de 1967 foi un actor inglés nacionalizado estadounidense en 1939.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Londres, fillo do actor Frederick William Rains, debutando no teatro aos once anos, na obra Nell of Old Drury. Participou na primeira guerra mundial, onde se veu envolto nun ataque de gas, que o deixou case cego dun ollo para o resto da súa vida.

Logo de triunfar en Londres marchou a Broadway a finais da década de 1920. Chegou ao cinema relativamente tarde, conseguindo o seu primeiro éxito co protagonista de O home invisible, de James Whale. En 1945 converteuse no primeiro actor en recibir un salario dun millón de dólares polo seu papel de Xulio César no filme británico Caesar and Cleopatra, baseado nunha obra de George Bernard Shaw e que finalmente foi un fracaso.

Seguiu sendo un actor popular polos seus papeis secundarios nas décadas de 1950 e 1960. Os seus últimos anos pasounos en Nova Hampshire, onde finou en 1967.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1920 Build Thy House
1933 O home invisible
1934 The Clairvoyant
1934 Crime Without Passion
1934 The Man Who Reclaimed His Head
1935 The Last Outpost
1935 The Mystery of Edwin Drood
1936 Hearts Divided
1936 Anthony Adverse
1937 Stolen Holiday
1937 The Prince and the Pauper
1937 They Won't Forget
1938 White Banners
1938 Gold is Where You Find It
1938 As aventuras de Robin Hood
1938 Four Daughters
1939 Fixéronme un criminal
1939 Juarez
1939 Sons of Liberty
1939 Daughters Courageous
1939 Mr. Smith Goes to Washington
1939 Four Wives
1940 Saturday's Children
1940 The Sea Hawk
1940 Lady with Red Hair
1941 Four Mothers
1941 Here Comes Mr. Jordan
1941 The Wolf Man
1942 Kings Row
1942 Moontide
1942 Now, Voyager
1942 Casablanca
1943 Forever and a Day
1943 Phantom of the Opera
1944 Passage to Marseille
1944 Mr. Skeffington
1945 Strange Holiday
1945 This Love of Ours
1945 Caesar and Cleopatra
1946 Notorious
1946 Angel on My Shoulder
1946 Deception
1947 The Unsuspected
1949 The Passionate Friends
1949 Rope of Sand
1949 Song of Surrender
1950 The White Tower
1950 Where Danger Lives
1951 Sealed Cargo
1953 The Man Who Watched the Trains Go By
1956 Lisbon
1957 The Pied Piper of Hamelin
1959 This Earth Is Mine
1960 The Lost World
1961 Battle of the Worlds
1962 Lawrence de Arabia
1963 Twilight of Honor
1965 The Greatest Story Ever Told

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harmetz, Aljean (1992). Hyperion, ed. Round Up the Usual Suspects: The Making of "Casablanca. Nova York. .
  • Skal, David J.; Rains, Jessica (2008). University Press of Kentucky, ed. Claude Rains: An Actor's Voice. 
  • Rothwell-Smith, Paul (2011). Silent Films! the Performers. ISBN 9781907540325. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]