William Wyler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

William Wyler, nado en Mulhouse (Alsacia) o 1 de xullo de 1902 e finado nos Ánxeles o 27 de xuño de 1981 foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de suízo e alemá, naceu en Alsacia, entón pertencente a Alemaña. Despois de ser expulsado de varias escolas por mal comportamento, a súa nai falou co seu curmán Carl Laemmle, fundador de Universal Pictures, para que lle buscara traballo no cine. En 1923 Wyler chegou aos Estados Unidos baixo nacionalidade suíza.

Comezou a traballar como axudante de dirección, pero xa en 1925 converteuse no director máis novo da Universal. Tres anos despois conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Tras abandonar a Universal comezou unha longa colaboración con Samuel Goldwyn, co que dirixiría moitos dos seus clásicos. Durante a Segunda Guerra Mundial tamén realizou documentais.

Premios[editar | editar a fonte]

Ás películas de Wyler foron moi recoñecidas nos Oscar. É o director máis nomeado da historia, con doce candidaturas ao mellor director, gañando tres veces, por Mrs. Miniver, The Best Years of Our Lives e Ben-Hur. Esta última ademais gañou once Oscars, o que non foi igualado ata case corenta anos despois por Titanic (e máis adiante por The Lord of the Rings: The Return of the King).

Ao longo da súa carreira trece das súas películas foron nomeadas ao oscar á mellor película, máis que ningún outro director. E tamén ten o récord de ter máis actores que gañaran o oscar baixo a súa dirección: trece (Walter Brennan en dúas ocasións, Bette Davis, Fay Bainter, Greer Garson, Teresa Wright, Fredric March, Harold Russell, Olivia de Havilland, Audrey Hepburn, Burl Ives, Charlton Heston, Hugh Griffith e Barbra Streisand).

Ademais, Wyler gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes con Friendly Persuasion.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]