Max Steiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Steiner
Nome completo Maximilian Raoul Walter Steiner
Data de nacemento 10 de maio de 1888
Lugar de nacemento Viena, Austria-Hungría
Data de falecemento 28 de decembro de 1971 (83 anos)
Lugar de falecemento Hollywood, California
Premios Oscar á mellor banda sonora
1935 - The Insider
1942 - A estraña pasaxeira
1944 - Since You Went Away
Globo de Ouro á mellor banda sonora
1947 - Life with Father
Parella/s Beatrice (1912-?);
Aubrey (1927–1933)
Louise Klos (1936–?)
Leonette "Lee" (1947-1971)

Maximilian Raoul Walter Steiner, nado en Viena (Austria) o 10 de maio de 1888 e finado en Hollywood (California) o 28 de decembro de 1971 foi un compositor cinematográfico austríaco nacionalizado estadounidense, coñecido como Max Steiner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Steiner naceu en Viena, onde se formou musicalmente, estudando na academia musical vienesa con persoeiros como Gustav Mahler. Axiña se ligou á opereta vienesa, creando grandes composicións e sendo recoñecido publicamente. Por mor da Primeira Guerra Mundial tivo que trasladarse aos Estados Unidos, onde comezou a traballar en Broadway, tamén cun rápido éxito. Trala orquestración de Rio Rita foi chamado por Hollywood, co fin de adaptar a súa obra. Comezou na RKO, mais o seu éxito coa banda sonora de King Kong (1933) xunto coa súa amizade con David O. Selznick fíxolle abandonar a produtora, pois necesitaba unha compañía máis potente que puidese soportar o volume e nivel de traballo que era capaz de desenvolver. Entrou na Warner Bros., na que chegou a ser directivo ata a súa morte.

Compuxo a banda sonora de máis de trescentos filmes, entre os que destaca Foise co vento (1939), filme que supuxo o fin do sinfonismo clásico. Nel chegan a crearse dezaseis leitmotivs, que soan cada vez que aparecen as personaxes ou mesmo cando se fala deles.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]