Víctor Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Corral
fillo predilecto Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Baamonde, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD)
Escola de Belas Artes de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Víctor Corral Castro, nado en Baamonde (Begonte) o 14 de setembro de 1937 e finado o 15 de decembro de 2021, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rapaza labrega.

Empezou a facer esculturas no monte, coas rochas, cando era neno e coidaba as vacas. Realizou estudos primarios e traballou no campo. Tras dous anos de estudos na Escola de Artes na Coruña e outros dous na Escola da Lonxa de Barcelona, montou o seu primeiro obradoiro en 1963. Tres anos máis tarde facía a súa primeira exposición na Cidade Condal. Despois dalgunhas exposicións en España e no estranxeiro, comezou a construír a súa Casa museo na súa parroquia natal de Baamonde, onde ten esculturas de pedra e bronce no xardín, e de madeira, marfil, bronce e miniaturas de luxo no interior. Na igrexa parroquial de Baamonde hai un castiñeiro centenario coa Virxe do Rosario tallada no interior (caben 4 persoas).

En 2015 foi nomeado fillo predilecto do concello de Begonte. No 2021 foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés.

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais dunha gran colección de esculturas que se atopan por todo o mundo e en man de particulares, realizou máis de 20 monumentos en granito e bronce que se encontran en espazos naturais en Galicia e Zamora.

Casa-Museo de Víctor Corral en Baamonde[editar | editar a fonte]

Casa museo.

Dentro da casa do artista, a exposición ocupa dous ambientes diferenciados: o xardín con obras en materiais non perecedoiros (granito e bronce) e o interior con esculturas, de arte abstracta e relixiosa, en madeira, bronce e marfil. O escultor tamén experimenta con outros tipos de material soporte: acuarela e óleo. O universo temático das súas composicións está marcado polo amor a Galicia e as súas profundas crenzas relixiosas. Símbolo desta conxunción é a capela anexa á casa, a virxe realizada no interior dun castiñeiro e un pombal con pedras e minerais de case todo o mundo, no xardín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]