Saltar ao contido

Búri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Búri é lambido pola vaca Audhumla nesta ilustración do século XVIII dun manuscrito islandés.

Búri ou Buri, ou Buro ou Buron, foi o primeiro deus da mitoloxía nórdica. Foi o pai de Bor e avó de Odín. Foi formado pola vaca Audumbla, que lambía o xeo salgado de Ginnungagap. A única fonte existente deste mito é a Edda prosaica de Snorri Sturluson.

Hon sleikti hrímsteinana er saltir váru. Ok hinn fyrsta <dag> er hon sleikti steina, kom ór steininum at kveldi manns hár, annan dag manns höfuð, þriðja dag var þar allr maðr. Sá er nefndr Búri. Hann var fagr álitum, mikill ok máttugr. Hann gat son þann er Borr hét.[1]

Ela lambeu os bloques de xeo, que eran salgados; e o primeiro día que ela lambeu os bloques, saíu dos bloques na noite un cabelo dun home; o segundo día, unha cabeza dun home; o terceiro día todo o home estaba alí. El chámase Búri: tiña faccións delicadas, grande e poderoso. Del saíu un fillo chamado Bor[.] — "Tradución" de Brodeur

Búri non é mencionado en ningún lado na Edda poética. Na Skáldskaparmál, Snorri Sturluson cita o seguinte verso do poeta Þórvaldr blönduskáld, pertencente ao século XII.

Nú hefk mart
í miði greipat
burar Bors,
Búra arfa.Edición de Finnur Jónsson  

Agora arrebatei
Moita hidromel [fixo moita poesía]
Do herdeiro de Buri
Fillo de Bor [Odín]. — "Tradución" de Faulkes

  • Ásgeir Blöndal Magnússon (1989). Íslensk orðsifjabók. Reykjavík: Orðabók Háskólans.
  • Brodeur, Arthur Gilchrist (traduc.) (1916). The Prose Edda by Snorri Sturluson..
  • Eysteinn Björnsson (ed.) (2005). Snorra-Edda: Formáli & Gylfaginning : Textar fjögurra meginhandrita. https://web.archive.org/web/20080611212105/http://www.hi.is/~eybjorn/gg/
  • Faulkes, Anthony (traduc.) (1987). Edda. Londres: J. M. Dent. ISBN 0-460-87616-3.
  • Finnur Jónsson (1931). Lexicon Poeticum. København: S. L. Møllers Bogtrykkeri.