Barba


A barba[1] é o conxunto de pelos faciais que medran no queixo, no beizo superior, nas fazulas e no pescozo dos seres humanos e tamén nalgúns animais. En humanos, normalmente só se presenta en homes trala puberdade, aínda que as mulleres con hirsutismo tamén poden desenvolver barba. Cando falamos do pelo superior e inferior da face, a barba exclúe especificamente o bigote.
Ó longo da historia, ós homes que deixaban medrar a barba fóiselles atribuíndo diversos atributos, tales como a sabedoría, a virilidade sexual, masculinidade ou unha posición social máis elevada. Con todo, a barba tamén pode ser asociada coa falta de limpeza xeral e unha perda de refinamento, especialmente na actualidade.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barba.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Barba |