Bonifaci Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBonifaci Calvo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1253 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1266 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (12/13 anos)
Actividade
Ocupacióntrobador , compositor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Bonifaci Calvo (Bonifaz de Xénova nos cancioneros) foi un trobador xenovés do século XIII, compositor de lírica provenzal e lírica galego-portuguesa.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Trobador de orixe xenovés que podería ter chegado a Sevilla co embaixador Nicolás Calvo, documentado no repartimiento de Sevilla e que logrou en 1251 que Fernando III permitise a continuidade dunha colonia xenovesa establecida en Sevilla na época de dominio musulmán.[2] Catro das súas composicións provenzais conteñen referencias a feitos ocorridos entre 1252 e 1255, xa durante o reinado de Afonso X. Estas composicións e a dedicatoria ao monarca de parte das súas cantigas de amor provenzais, son indicios de que puido pasar bastantes anos na corte castelá.[3] Cara ao 1266 aparece documentado de novo en Xénova, polo menos até 1273, onde se perde o rastro documental.[1]    

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse 18 composicións en occitano e dúas cantigas de amor en galego-portugués, ademais dunha composición plurilingüe coñecida como Un nou sirventes ses tardar, sirventés composto en: occitano[1], galego-portugués e francés.[4][1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20. 
  2. 2,0 2,1 "Bonifaci Calvo | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-06-20. 
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-06-20. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20.