Basilea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Basel")
Basilea
Basel
Bâle
Basilea
Flag of Canton of Basel.svg
Wappen Basel-Stadt matt.svg
11-11-24-basel-by-ralfr-039.jpg
Ponte sobre o río Rin.
Localización
Basilea en Suíza
Basilea
Basilea
País Suíza Suíza
Cantón Basilea-Cidade
Xeografía
Altitude 260 msnm
Superficie 22,75 km² km²
Demografía
Poboación 176 117 hab. (2017)
Densidade 7 400 hab./km²
Xentilicio Basiliano/a[1]
Outros datos
Código postal 4000
Alcalde Guy Morin (GPS/EPS)
Páxina oficial de Basilea

Basilea[1] (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zúric e Xenebra. No ano 2017 tiña 176 117 habitantes[2] e 537 100 habitantes[3] na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada ao Noroeste de Suíza, sobre o río Rin e fronteiriza con Alemaña e Francia, Basilea é un centro industrial de importancia pola súa industria química e farmacéutica. A rexión de Basilea, que culturalmente se estende ata Baden-Württemberg (Alemaña) e cara a Alsacia (Francia), reflicte a herdanza dos tres Estados, no nome moderno que ostenta en latín: Regio TriRhena. Dispón da universidade máis antiga da Confederación Helvética (1460).

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes de Basilea remontan ao asentamento romano de Augusta Raurica, aínda que se teñen descuberto asentamentos celtas máis antigos. A posición estratéxica da cidade, coa única ponte sobre o Rin entre o lago Constanza e o mar, afirmou a súa importancia. A partir de 999 a cidade foi gobernada por bispos-príncipes baixo o dominio nominal do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1225-1226 o bispo Heinrich von Thun construíu unha ponte sobre o Rin, fundándose o barrio de Kleinbasel (Pequena Basilea) como protección da nova ponte.

A cidade rexistrou unha importante actividade bibliográfica no século XVI, sendo nela onde se publicaron o libro de Xoán Calvino Christianae religionis institutio, no cal expón a súa doutrina relixiosa, e o primeiro libro de anatomía humana, De humani corporis fabrica, cuxo autor foi Andreas Vesalius.

En 1792 proclamouse a República de Rauracia en terreos do Macizo do Xura, abranguendo a cidade. A existencia desta brevísima república, de tan só tres meses de vida, cómpre enmarcala no proceso de creación de estados satélites de Francia, todos eles cativos e de curta duración, que se deu en territorios veciños ao país galo no transcurso da Revolución Francesa.

Cultura[editar | editar a fonte]

Messezentrum Basel

Deporte[editar | editar a fonte]

Basilea ten en Suíza unha reputación de cidade deportiva. O FC Basel é un dos mellores equipos do campionato suízo de fútbol nos últimos anos. No estadio do FC Basel, St. Jakob-Park, realizouse a cerimonia de apertura da Eurocopa 2008, así como tres partidos da primeira rolda, dous de cuartos de final e un de semifinal.

O equipo profesional de baloncesto de Basilea, os Starwings, é o único equipo da Suíza alemá que participa na Liga de primeira división suíza (LNBA), e en 2010 coroouse campión da Copa de Suíza.

O maior evento indoor de tenis do país celébrase en Basilea cada mes de outubro: o Davidoff Swiss Indoors reúne aos mellores tenistas do ATP.

A Asociación Internacional de Balonmán ten a súa sede en Basilea. A UEFA fundouse o 15 de xuño de 1954 en Basilea. O campionato europeo de Skateboard (European Skateboard Championships) ten lugar anualmente en Basilea.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A Basel Münster de noite.
  • Basel Münster. Orixinariamente unha catedral católica e hoxe en día unha igrexa protestante, foi erguida entre 1019 e 1500 en estilos románico e gótico. O vello edificio románico foi destruído en 1356 por un sismo e reconstruído posteriormente. No seu interior encontranse enterrados Erasmo de Róterdam e Jakob Bernoulli, entre outros.
  • Antikenmuseum Basel und Sammlung Ludwig, o Museo de Arte Antiga de Basilea e Colección Ludwig. Está adicado en exclusiva á arte de civilizacións antigas dende o cuarto milenio antes de Cristo ata o século VII d C. É o único deste tipo en Suíza e amosa pezas da rexión mediterránea.
  • Historisches Museum Basel, o Museo de Historia de Basilea. Aberto en 1894, acolle a colección de pezas máis completa que existe da historia das civilizacións do Alto Rin, proxectándose dende a Idade Media ata o Barroco, entre as que salientan as que conforman o legado de Erasmo de Rotterdam. Está situado na antiga igrexa Barfüsserkirche de Basilea.
  • Kunstmuseum Basel, museo de arte de Basilea, conta cunha exposición permanente con pezas dende a idade media ata a actualidade.
  • Fundación Beyeler, museo deseñado por Renzo Piano, contén a colección de arte de Hildy e Ernst Beyeler. Móstranse arredor de 200 obras de arte de pintores coma Degas, Monet, Cézanne, Van Gogh, Picasso, Warhol, Lichtenstein ou Bacon.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para basiliano.
  2. "Documento MS Excel – T01.0.01 - Bevölkerungsstand". Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  3. Federal Statistical Office (ed.). "Bevölkerung". Consultado o 9 de xullo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]