Thun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°46′N 7°38′L / 46.767, -7.633

Thun
Thoune
CHE Thun COA.svg
4197 - Thun - Schloss Thun over Rathausplatz.JPG
Localización
Karte Gemeinde Thun 2010.png
PaísSuíza Suíza 
CantónFlag of Canton of Bern.svg Berna
DistritoThun
Xeografía
Altitude560 msnm
Superficie21,70 km²
Demografía
Poboación43 568
Densidade2 008
Outros datos
Código postal3600 - 3645
AlcaldeRaphael Lanz (UDC)

Thun é unha cidade suíza situada no cantón de Berna, a 30 km ao sur da capital do Estado. Cos seus 43.568 habitantes, segundo datos do 2016, é a undécima cidade do país por volume de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada á beira do lago de Thun. O centro histórico está erguido sobre unha illa do río Aar, que separa a cidade en dúas partes. A cidade limita ao norte coas comunas de Steffisburg, Schwendibach e Homberg, ao leste con Heiligenschwendi e Hilterfingen, ao sur con Spiez e Zwieselberg, e ao oeste con Amsoldingen, Thierachern e Uetendorf.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da cidade deriva do celta Dunum, que significa cidade fortificada. No 58 AC caeu baixo o dominio de Roma, converténdose nun dos principais centros administrativos da rexión. Arredor do ano 400 DC foi conquistada polos burgundios e no 1033 pasou a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.

En 1384 foi mercada polo cantón de Berna. Foi capital do cantón de Oberland durante a República Helvética.

Cultura[editar | editar a fonte]

O castelo de Thun foi erguido no século XII polo Duque Bertold V de Zähringen. Existe outro castelo, o Schadau, construído no século XIX nun estilo neogótico e que acolle o Museo Gastronómico Suízo. A Casa do Concello é do século XVI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]