Roy Lichtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roy Lichtenstein
Roy Lichtenstein.jpg
AlcumeLichtenstein, Roy
Nacemento27 de outubro de 1923
Lugar de nacementoManhattan e Nova York
Falecemento29 de setembro de 1997
Lugar de falecementoManhattan e Nova York
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máter, Art Students League of New York, Universidade de Ohio e Dwight School
Ocupaciónpintor, escultor, profesor universitario, escenógrafo, litógrafo, deseñador, jewelry designer, gravador, artista gráfico e architectural draftsperson
CónxuxeDorothy Lichtenstein e Isabel Sarisky
FillosMitchell Lichtenstein
Coñecido porGirl with Ball, Girl with Hair Ribbon, Takka Takka, Look Mickey, Blam, Engagement Ring, Ten Dollar Bill, Electric Cord e I Can See the Whole Room...and There's Nobody in It!
PremiosRome Prize, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, National Medal of Arts e Premios Kyoto
Na rede
Facebook: LichtensteinRoy Discogs: 2079136 Find a Grave: 8870256 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roy Lichtenstein, nado en Nova York o 27 de outubro de 1923 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1997, foi un pintor, artista gráfico e escultor estadounidense, unha das figuras máis reprentativas do Pop Art, e recoñecido especialmente polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic.

O nome de Roy Lichtenstein está moi cotizado nas poxas. O 15 de maio de 2013 unha das súas obras, Woman with flowered hat, foi adxudicada na casa Christie's de Nova York por máis de 43 millóns de euros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o doutorando en Belas Artes pola Universidade Estatal de Ohio no ano 1949. Os seus primeiros traballos eran de estilo expresionista abstracto, pero máis aló de 1957 comezou a experimentar con imaxes collidas dos cómics que atopaba nos papeis de envolve as gomas de mascar, libremente interpretadas e mesturadas con imaxes sacadas dos cadros do Vello Oeste doutro artista estadounidense, Frederick Remington. A partir de 1961 dedicouse por completo a producir arte mediante imaxes comerciais de produción masiva.

As súas historietas de cómics, como Good Morning, Darling (1964, Galería Leo Castelli, Nova York), son ampliacións dos personaxes dos debuxos animados, reproducidas á man, coa mesma técnica de puntos e as mesmas cores primarias e rechamantes que se utilizaban para imprimirlos.

As súas últimas obras, entre as que se atopan as reproducións de personaxes moi populares da novela rosa, paisaxes estilizadas e copias de postais de templos clásicos, amosan a súa influencia de Henri Matisse e Pablo Picasso.

Tamén as súas esculturas recrean os efectos dos cómics. Realizou, tamén, obras en cerámica.

No ano 1993 o Museo Guggenheim de Nova York expuxo unha retrospectiva da súa obra que viaxou por moitos outros países.

Lichtenstein faleceu de pneumonía en 1997 na Universidade de Nova York Medical Center, onde estivera hospitalizado durante varias semanas.

Abstraccións (Seleción, externa)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]