Köniz é unha cidade suíza pertencente ao cantón de Berna, moi próxima á capital do país. Conta con 40.938 habitantes e é a duodécima cidade da confederación en canto a poboación.
A zona na que se sitúa a cidade leva habitada dende a Idade de Bronce. A igrexa de San Pedro e San Pablo foi erguida cara ao 1100, sen que haxa vestixios arqueolóxicos de que houbese outra construción relixiosa previa na súa actual localización. Existía un mosteiro agostiño á beira da igrexa que foi doado á Orde Teutónica polo emperador Henrique VII do Sacro Imperio Romano Xermánico, quen estableceu unha commendamm, perdurando, con algunhas excepcións, ata o século XVIII, cando foi vendida a Berna.
O concello de Köniz, na súa actual forma, botou a andar en 1846.