Kreuzlingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°38′45″N 9°10′42″L / 47.64583, -9.17833

Kreuzlingen
Escudo de Kreuzlingen
Escudo
Karte Kanton Thurgau Bezirke 2011.png
EstadoSuíza
Capitaln/d
 • Poboaciónn/d
Lingua oficialalemán
 • Total11.79 km²
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOn/d
Unha das rúas da localidade, cunha típica casa de armazón de madeiras e a igrexa evanxélica ao fondo.
Torre da igrexa católica de Santo Estevo.

Kreuzlingen é unha cidade e comuna suíza do cantón de Turgovia, capital do distrito de Kreuzlingen.

Situación[editar | editar a fonte]

Kreuzlingen atópase nas beiras do lago Constanza. Limita ao norte coa comuna de Constanza (DE-BW), ao leste con Bottighofen, ao sueste con Lengwil, ao suroeste con Kemmental e ao oeste con Tägerwilen.

Cidade transfronteiriza[editar | editar a fonte]

Realmente esta cidade e a veciña alemá de Constanza forman un único núcleo urbano, compartindo as súas rúas e conformando unha cidade real que supera os 100.000 habitantes, a maior concentración urbana deste gran lago.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da cidade está no antigo mosteiro agostiño de "Crucelin", fundado no ano 1125 polo bispo Ulrich I (Santo Ulrico). Unha das rutas do Camiño de Santiago comeza en Kreuzlingen-Constanza.[1]

Monumentos e turismo[editar | editar a fonte]

A cidade de Kreuzlingen conta con numerosos monumentos e lugares de lecer. Anexo ao seu porto atópase o Seeburgpark, un parque á beira do lago cunha importante zona de xogos infantís, amplos recintos de animais en perigo da zona e acceso directo ao Seemuseum, ou Museo do Lago, cuxo contido xira ao redor da historia do transporte fluvial e a pesca no mesmo.

Entre os edificios máis importantes da cidade están a basílica de Santo Ulrico (século XII) e o Palacio Girsberg (século XV), que alberga un Museo de Marionetas.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A cidade sitúase no extremo nordés de Suíza e nas beiras do lago, o cal a converte nun nó de comunicacións importante, con accesos directos por ferrocarril e barco a diferentes cidades das veciñas Alemaña e Austria. Ademais, o aeroporto de Zürich atópase a só unha hora de traxecto por tren.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Basílica católica de Santo Ulrico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]