Basilea-Cidade
| Kanton Basel-Stadt (de) | |||||
| Epónimo | Basilea | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado federado | Suíza | ||||
| Capital | Basilea | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Escindido de | Basilea-Campo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 200.973 (2021) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 36,95 km² | ||||
| Altitude | 260 m | ||||
| Punto máis alto | St. Chrischona (en) | ||||
| Punto máis baixo | Río Rin (244,75 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1833 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Grand Council of Basel-Stadt (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | CH-BS | ||||
| Código NUTS | CH031 | ||||
| Sitio web | bs.ch | ||||
Basilea-Cidade (en alemán: Basel-Stadt, en francés: Bâle-Ville, en italiano: Basilea Città, en romanche: Basilea-Citad) é un semicantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña e Francia. Está composto polos concellos de Bettingen, Riehen e Basilea, sendo este último a súa capital. Dos 26 cantóns de Suíza, o de Basilea-Cidade é o máis pequeno en superficie.
Historia
[editar | editar a fonte]O cantón de Basilea-Cidade foi creado cando o histótico cantón de Basilea foi dividido en 1833 por mor de disputas políticas e un conflito armado relacionados cos dereitos da poboación sobre as terras de cultivo. Isto levou á separación do cantón Basilea-Campo da cidade de Basilea o 26 de agosto de 1833. Dende entón, existe un movemento a prol da reunificación que acadou forza especialmente a partir do ano 1900, cando moitas áreas de Basilea-Campo se industrializaron. Os dous semicantóns acordaron reunirse, mais nas votacións que se realizaron en 1969 e novamente en 2014, a xente de Basilea-Campo votou en contra.
Política
[editar | editar a fonte]Basilea-Cidade é un semicantón, o que supón que só pode enviar un representante ao Consello dos Estados. A constitución do cantón data de 1889 e o seu parlamento é o Gran Consello, que posúe 100 membros elixidos por un período de 4 anos. Hai oito partidos políticos diferentes representados no parlamento, dos que o Partido Socialista Suízo é o que posúe maior número de cadeiras, 32 (ano 2015).
O poder executivo do cantón (ou Regierungsrat) componse de sete membros. En 2006 había cinco partidos diferentes con representación no executivo.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación do cantón era de 198 290 habitantes o 31 de xaneiro de 2017.[1] En 2007, había 56 106 estranxeiros que facían o 30.29% da poboación total.[2] Segundo datos do ano 2000, o 25% dos habitantes eran católicos e o 27% protestantes. Arredor do 10% pertencía a outras relixións e o 36% non pertencía a ningunha relixión organizada.[3]
| Nacionalidades[4] | 1990 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|
| 77.52 % | 72.44 % | 67.36 % | |
| 2.60 % | 3.27 % | 7.58 % | |
| 6.42 % | 5.44 % | 4.18 % | |
| 3.27 % | 4.38 % | 3.56 % | |
| 2.79 % | 3.13 % | ||
| 2.46 % | |||
| 2.78 % | 2.16 % | 1.52 % | |
| 0.42 % | 0.79 % | 1.35 % | |
| 1.12 % | 1.17 % | ||
| 0.35 % | 0.48 % | 0.96 % | |
| 0.59 % | 0.54 % | 0.76 % | |
| 0.12 % | 0.17 % | 0.65 % | |
| 0.25 % | 0.31 % | 0.63 % | |
| 0.45 % | 0.45 % | 0.58 % | |
| 0.81 % | 0.54 % | ||
| 0.30 % | 0.63 % | 0.49 % | |
| 0.68 % | 0.41 % | ||
| 0.18 % | 0.21 % | 0.32 % | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Documento MS Excel – T01.0.01 - Bevölkerungsstand". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ Federal Department of Statistics, ed. (2008). "Ständige Wohnbevölkerung nach Staatsangehörigkeit, Geschlecht und Kantonen". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2008. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ Federal Department of Statistics, ed. (2004). "Wohnbevölkerung nach Religion". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ "Wohnbevölkerung des Kantons Basel-Stadt nach Staat seit 1990". Archived from the original on 17 de decembro de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basilea-Cidade |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
