Schaffhausen
Coordenadas: 47°42′N 8°38′L / 47.700, -8.633
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Schaffhausen | ||
---|---|---|
Schaffhausen Schaffhouse Sciaffusa Schaffusa | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Cantón | ![]() | |
Distrito | Ningún | |
Xeografía | ||
Altitude | 403 msnm | |
Superficie | 41,78 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 36.148 | |
Densidade | 865 | |
Outros datos | ||
Código postal | 8200 | |
Alcalde | Thomas Feurer (GPS) |
Schaffhausen é unha cidade suíza situada no cantón do mesmo nome, preto da fronteira con Alemaña. A súa poboación, segundo datos de 2016, é de 36.148 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A xeografía da cidade de Schaffhausen está marcada pola proximidade do río Rhin e a de Alemaña. Moi preto dela están as fervenzas do Rhin, en Neuhausen am Rheinfall, que cos seus 150 m de ancho e 23 de alto son das máis grandes de Europa e constitúen un dos principais atractivos turísticos de toda Suíza.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi cidade-estado na Idade Media, estando documentada a existencia de moedas propias cara ao ano 1045. Cinco anos máis tarde foi fundado o mosteiro bieito de Todos os Santos, que chegou a ser o centro da vila. Posteriormente conseguiu o status de cidade imperial libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, para logo ser sometida polos Habsburgo, mercando a súa liberdade ao Imperio Austríaco en 1418.
En 1501 ingresou na Antiga Confederación Suíza. A Reforma protestante callou na poboación en 1529. Foi destruída durante a Guerra dos Trinta Anos, ao ser escenario das hostilidades entre o exército do Imperio Sueco (católico) e as tropas bávaras (protestantes), interesadas na posición estratéxica da cidade, durante as cales foi incendiada unha ponte moi importante para a mesma.
A industrialización non chegou ata o século XIX co desenvolvemento de industrias de procesado do algodón. Malia a neutralidade suíza durante a segunda guerra mundial, Schaffhausen foi bombardeada pola aviación estadounidense o 1 de abril de 1944, falecendo un cento de civís. Os norteamericanos alegaron un erro no sistema de navegación dos aparellos.
O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.
Cultura[editar | editar a fonte]
A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo adicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Schaffhausen ![]() |