Friburgo, Suíza
Coordenadas: 46°48′N 7°09′L / 46.800, -7.150
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Friburgo | ||
---|---|---|
Fribourg Freiburg Friburg | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Cantón | ![]() | |
Distrito | Sarine | |
Xeografía | ||
Altitude | 610 msnm | |
Superficie | 9,32 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 38.829 | |
Densidade | 4.166 | |
Outros datos | ||
Código postal | 1700 | |
Alcalde | Pierre Aláin Clément (SPS) |
Friburgo[1] é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2016 conta con 338.829 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.
Historia[editar | editar a fonte]
Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.
A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.
Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.
Cultura[editar | editar a fonte]
O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta a zona antiga. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.
No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.
Notas e referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Friburgo, Suíza ![]() |