Jean Calvin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán Calvino»)
Infotaula de personaJean Calvin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jehan Cauvin Editar o valor em Wikidata
10 de xullo de 1509 Editar o valor em Wikidata
Noyon (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de maio de 1564 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Xenebra (Republic of Geneva) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSepse Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis, G-707 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepublic of Geneva (en) Traducir (1559–)
Reino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo e Calvinismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège de la Marche (en) Traducir
Q23197733 Traducir
Universidade de Bourges (pt) Traducir
Collège Montaigu (pt) Traducir
University of Orléans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseMelchior Volmar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Xenebra
Estrasburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , pastor , avogado , reformador protestante (pt) Traducir , ministro , escritor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMelchior Volmar (pt) Traducir, Andrea Alciato (pt) Traducir e Maturin Cordier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosFranciscus Junius, o Velho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina, lingua francesa, francés medio e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFranciscus Junius, o Velho (pt) Traducir e Lambert Daneau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIdelette de Bure
PaiGérard Cauvin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
31 de outubro de 1517-1648Reforma Protestante Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5856184 WikiTree: Cauvin-1 Find a Grave: 9979 Editar o valor em Wikidata
Xoán Calvino.

Xoán Calvino[1], nado en Noyon (Picardía) o 10 de xullo de 1509 e finado en Xenebra o 27 de maio do 1564, foi un dos principais reformadores e teólogos da reforma protestante. O seu pensamento relixioso inaugurou unha das correntes máis importantes do protestantismo, o calvinismo, ademais de ser en menor ou maior grao unha influencia na teoloxía evanxélica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento Calvino realizou estudos eclesiásticos no College de la Marche e no College de Montaigne, e máis tarde seguindo os desexos do seu pai estudou Dereito e Humanidades na Universidade de París doutorándose en Orleáns no 1532 á idade de 23 anos. Na universidade Calvino entrou en contacto coas obras de Erasmo, Lutero e outros pensadores heterodoxos, ademais de participar no ambiente cada vez máis crítico e reformador que respiraron as universidades de comezos do século XVI, situación que o levou dende cedo a unha rotura coa Igrexa católica e un pensamento teolóxico protestante. Por mor da súa posición relixiosa evanxélica abandonará a Universidade (no 1535) e adicarase a viaxar por toda Francia participando en disertacións, estudando e escribindo, non sen atopar certa resistencia das autoridades eclesiásticas das que se ve obrigado a agocharse. No 1536 publicará o seu primeiro esbozo da "Institución da Relixión Cristiá[2]" no que compendia as bases da fe cristiá e polemiza contra o que consideraba falsas doutrinas e abusos da Igrexa Católica.

Primeira etapa na reforma suíza[editar | editar a fonte]

A fama de Calvino, especialmente pola súa erudición e labor teolóxica, motivou a invitación feita polo reformador Gillaume Farel á cidade de Xenebra para que o axudase no seu labor. Calvino e Farel pese a que comezan a seu traballo evanxelizador dentro e fóra da cidade con relativo éxito, acabarán por chocar nun punto decisivo coas autoridades xenebrinas ao intentar reforzar o dereito canónico da nova igrexa, en concreto a posibilidade de excomungar a aqueles fieis que non tiveran unha vida recta e ordenada. As autoridades viron nesta pretensión unha nova forma de autoridade moral represiva que non lles ofrecía ningunha diferenza coas prácticas católicas romanas. Calvino e Farel resistíronse ata que as autoridades os expulsaron no 1538.

Etapa en Estrasburgo[editar | editar a fonte]

Calvino e Farel exílianse en Basilea e sepáranse ó pouco tempo, Farel irá á cidade de Neuchatel e Calvino á de Estrasburgo onde atenderá unha igrexa e na que vivirá un período de estudo no que aumenta a súa obra principal, Institución da Relixión Cristiá, e escribe un himnario e comentarios bíblicos. Tamén será alí onde coñeza e case coa súa única muller Idelette de Bure, ambos terán un fillo que non os sobrevirá, a súa muller morrerá no 1549.

Etapa final na reforma suíza[editar | editar a fonte]

A cidade de Xenebra ante os graves problemas relixiosos os que se enfrontaba volveu invitar a Calvino no 1541, quen a desgusto accedeu e de volta retomou o seu labor evanxelizador con éxito. Tamén participou na política da cidade axudando na redacción da constitución e no goberno, aínda que sen ningún cargo (non obtivo a nacionalidade ata o 1559, cinco anos antes de morrer), axudou no establecemento dunha rede de escolas locais e unha academia en Xenebra da que Teodoro de Beza converterase no seu reitor (e en certo modo no seu continuador)

A cidade de Xenebra en pouco tempo converterase nun centro de recepción de estudantes e exiliados protestantes quen en numerosos casos volverán a súa patria ou a marcharán a outras partes do mundo predicando e formando igrexas que estenderán a doutrina protestante de Calvino, principalmente franceses, escoceses e holandeses (países nos cales o calvinismo foi dominante)

A reforma de Calvino tamén nesta segunda etapa atopará certa resistencia, principalmente por mor da estrita moral imposta tanto dende o púlpito como polas leis da cidade. A historiografía tradicional considera que a reforma relixiosa en Xenebra afectou tanto ás decisións do goberno que este rematou por converterse nunha especie de teocracia protestante. Aínda que Calvino non tivo un poder recoñecido no goberno o seu pensamento rigoroso en materia moral influíu decisivamente no poder político nunha época na que o relixioso e o civil atopábanse moi vinculados. Un caso práctico desta realidade será a execución de Miguel Servet polas autoridades xenebrinas acusado de herexía e de blasfemia.

O Calvinismo[editar | editar a fonte]

Institución da Relixión Cristiá, edición de 1559.

A principal obra que recolle o pensamento de Calvino, a Institución da Relixión Cristiá, será considerada pola meirande parte dos protestantes como a obra máis completa e sistemática da fe evanxélica dos primeiros reformadores. Calvino manexa no seu labor teolóxico un gran dominio e coñecemento tanto da Biblia como da Patrística que son as súas principais fontes. O seu estilo literario é considerado como culto, elegante a vez que mordaz e sagaz, o que sen dúbida achegou unha grande axuda na apoloxética protestante.

A soteroloxía calvinista[editar | editar a fonte]

O pensamento de Calvino xira contorno a idea da absoluta soberanía de Deus e a depravación total do ser humano. Dentro do pensamento protestante o calvinismo enfatiza a importancia da graza, como único modo de alcanzar a salvación ó estar o home privado (polo pecado orixinal) de calquera forma propia de salvarse, é dicir, o home polos seus esforzos ou obras non pode salvarse. Deste xeito a salvación queda só nas mans de Deus quen é o que decide quen se salva e quen non (aínda que non condena posto que o home é culpable por si mesmo do pecado), esta elección de Deus é anterior a historia (predestinación). Esta postura extrema chocará coa doutrina católica romana e doutras ramas protestantes que sen negar que só a graza de Deus salva cren que o home coopera dalgún modo na súa propia salvación, de modo que Deus non decide quen se condena apesares de que sen a graza de Deus ninguén se salva.

En xeral a doutrina calvinista neste punto é un extremo da doutrina luterana da salvación solo por fe (a fe é considerada no cristianismo solo como graza de Deus) e do pensamento agustino sobre a predestinación.

Os sacramentos no calvinismo[editar | editar a fonte]

Para Calvino só hai dous sacramentos que se poida demostrar que son bíblicos e instruídos por Cristo: O bautismo e a cea do Señor.

O bautismo é considerado como a admisión solemne na igrexa visible de Cristo; selo é sinal do pacto de graza, da comuñón en Cristo, da rexeneración do fiel e da remisión dos pecados. Admítense tanto nenos pequenos como maiores, impártese unha soa vez e co mesmo ritual que na igrexa católica romana. Aínda así diferenzas importantes son que o bautismo, en xeral no protestantismo, non se considera que remita ou perdoe a culpa do pecado orixinal.

A Cea do Señor é considerada como a participación da igrexa no corpo de Cristo, e nin como un simple memorial nin tampouco como a comuñón do corpo físico de Cristo. Rexeitan así a presenza física de Xesús e só admiten unha presenza espiritual. Tamén rexeitan que no sacramento se produza unha renovación do sacrificio de Cristo que só aconteceu no momento histórico da crucifixión.

A Igrexa[editar | editar a fonte]

No calvinismo suprímese o episcopado e a sucesión apostólica, así como tamén o papado romano. Se reformula o presbiterio que se converte no órgano de goberno da igrexa nun consistorio ou reunión de ministros de cada igrexa. Os anciáns ou presbíteros pódense casar e teñen ó seu cargo a dirección espiritual, impartir os sacramentos e a predicación da palabra de Deus. O modelo eclesiástico calvinista e local e aínda que se forman igrexas nacionais estas non están dirixidas por ningún bispo ou arcebispo senón por un órgano colexiado de presbíteros (un sínodo) que representa as igrexas locais.

A repercusión de Calvino na igrexa protestante[editar | editar a fonte]

O calvinismo constituirase no pensamento principal das igrexas reformadas de Suíza e Países Baixos, así como tamén nas presbiterianas de Escocia e Estados Unidos principalmente. A súa difusión por Francia nun primeiro momento exitosa (S.XVI) acabará por ser reprimida polo goberno e a igrexa católica romana e relegada a unhas poucas comunidades.

No que respecta a súa influencia no pensamento protestante doutras ramas do protestantismo esta será case total no puritanismo inglés e no congregacionalismo, así como de grande influencia no bautismo e outras igrexas de orixe anglosaxón. No anglicanismo tamén resultará decisiva na súa corrente máis reformadora, aínda que esta rama conservará unha igrexa episcopal, a sucesión apostólica e unha doutrina sacramental máis próxima ao catolicismo.

As obras de Calvino[editar | editar a fonte]

Institutio christianae religionis, 1597

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nado como Jean Cauvin e que de acordo ao costume de latinizar os nomes foi coñecido como Ioannes Calvinus
  2. Institución de la Religión Cristiana (Obra en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • JUAN CALVINO, Institución de la Religión Cristiana (2 vols.), Biblioteca Filológica Hispana, Visor Libros, Madrid 2003
  • CRISTINO GRACIANO, El Reformador Juan Calvino: Su vida y sus Obras.
  • JOAN GOMIS, Calvino, un vida por la Reforma. Ed Planeta 1993

Outros artigos[editar | editar a fonte]