Amosa un mapa enteiro da illa de color cobre (metal que lle deu fama á illa durante toda a súa historia e do que deriva o seu nome), con dúas ramas de oliveira na parte de abaixo, sobre fondo branco (tanto a cor como as ramas de oliveira son símbolos da paz). É unha das dúas bandeiras oficiais do mundo que teñen un mapa do país que representa, sendo a outra a bandeira de Kosovo.
O azul e o vermello (as cores da bandeira de Grecia e da bandeira de Turquía) foron evitadas a propósito con obxecto de facer a bandeira neutral. Porén, hoxe a bandeira é vista como un símbolo dos greco-chipriotas.