Bandeira de Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Xordania
Bandeira de Xordania
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción2 de setembro de 1920
Cores     Negro     Branco     Verde     Vermello

A bandeira de Xordania está baseada no deseño da bandeira da rebelión árabe fronte ao Imperio Otomán que tivo lugar durante a primeira guerra mundial. A bandeira consiste en tres franxas horizontais do mesmo tamaño (negro, branco e verde), unidas cun triángulo rubio situado no bordo máis próximo ao mastro. As cores das franxas horizontais simbolizan o Califato abbasí, o Califato da Dinastía dos Omeias e o Califato fatimí. O triángulo rubio representa a dinastía Haxemí que reina no país e tamén figurou na bandeira da rebelión árabe. No interior do triángulo rubio está situada unha estrela branca de sete puntas que é a única diferenza que distingue a bandeira de Xordania da que foi usada durante a rebelión. A estrela ten un dobre significado: as sete puntas simbolizan os sete versos da primeira sura do Corán e tamén é un elemento que fai alusión á unidade dos pobos árabes.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]