Bandeira de Osetia do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Osetia do Sur
Bandeira de Osetia do Sur
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción7 de marzo de 1984
Cores     Branco     Vermello     Amarelo

A bandeira de Osetia do Sur (en oseto: Цӕгат Ирыстон — Алани тырыса) aparece descrita na Constitución de 26 de novembro de 1990 e este deseño foi confirmado na Regulación sobre a Bandeira Nacional que se aprobou o 30 de marzo de 1992. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, branca a superior, vermella a central e amarela a inferior.

A cor vermella simboliza o valor marcial, o branco a pureza moral, e o amarelo a riqueza e a prosperidade. Esta bandeira é practicamente idéntica á de Osetia do Norte-Alania, a única diferenza está nas súas dimensións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]