Bandeira de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Albania
Bandeira da Albania
Uso
FIAV 111000.svgFIAV normal.png
Proporción 5:7
Adopción 7 de abril de 1992
Cores      Vermello     Negro

A bandeira de Albania (en albanés: Flamuri i Shqipërisë) é unha bandeira vermella cunha aguia bicéfala negra no centro. Ten a súa orixe nun selo similar de Gjergj Kastriot Skanderbeg, un albanés do século XV que conduciu a revolta contra o Imperio Otomán, e que acabou nunha breve independencia para Albania entre 1443 e 1478. Gjerg Kastriot adoptou o selo e a bandeira do Imperio Bizantino.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira de Albania foi historicamente de cor vermella escura ou sangue coa aguia bicéfala de cor negra localizada no centro. En 1912, o goberno autónomo de Albania utilizou estas cores, diferenciándose da actual no tamaño e no debuxo da aguia. Coa formación do reino, en 1920, adoptouse esta bandeira e en 1928 foi agregado o casco de Skanderbeg na parte superior. Entre 1940 e 1992, o casco foi substituído por unha estrela vermella con beira amarela como símbolo da República Popular de Albania. Logo da caída do réxime socialista, foi abolida a estrela deixando a bandeira actual como oficial, o 7 de abril de 1992.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]