Bandeira de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Finlandia
Bandeira de Finlandia
Uso
FIAV 100100.svgFIAV normal.png
Proporción 11:18
Adopción 29 de maio de 1918
Cores      Azul     Branco

A bandeira de Finlandia (en finés: Suomen lippu, en sueco: Finlands flagga) componse dunha cruz azul sobre un fondo branco. Foi declarada oficial por unha lei promulgada o 29 de maio de 1918, case seis meses logo da independencia do país nórdico. Unha nova lei que a regula entrou en vigor en 1978. Hai dous modelos, a bandeira nacional (civil) e a bandeira oficial do Estado.

A bandeira nacional[editar | editar a fonte]

Bandeira de Finlandia

A bandeira nacional ten forma rectangular e as súas dimensións son: 11 de alto por 18 de ancho. A cruz ten un ancho de 3 e cor PMS294C e está situada a unha altura de 4. O longo da área dende o pao ata a cruz é de 5, sendo o resto da superficie ata o final, de 10 unidades. Calquera cidadán finlandés goza do dereito de izar a bandeira nacional. Con certas excepcións, esta loce nos navíos finlandeses como a súa insignia nacional.

A bandeira oficial do estado[editar | editar a fonte]

A bandeira oficial do Estado pode ser rectangular ou ter tres puntas. O escudo de armas de Finlandia está inscrito no cadro que se forma na intersección de ambos os dous brazos da cruz. O cadrado ten un bordo amarelo, o ancho do cal é un corentavo do ancho da cruz. Os Ministerios e institucións oficiais ondean a bandeira oficial do estado con forma rectangular. As Forzas Armadas usan a que ten tres puntas, que é unha unidade máis grande cá bandeira nacional ou a oficial rectangular. O presidente da república emprega a de tres puntas en cuxa esquina superior esquerda aparece unha cruz da liberdade azul e amarela.

FIAV 010010.svg Bandeira do Estado. Ratio: 11:18
FIAV 001001.svg Bandeira da Armada. Ratio: 11:19
Estandarte presidencial

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]