Bandeira de Abkhazia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Abkhazia
Bandeira de Abkhazia
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 1:2
Adopción 23 de xullo de 1992
Cores      Vermello     Verde     Branco

A bandeira de Abkhazia (en abkhazo: Аҧсуа абыраҟ) foi adoptada polo goberno separatista de dito territorio o 23 de xullo de 1992. Esta bandeira consta de catro franxas verdes e tres franxas brancas. No cantón atópase un rectángulo vermello que contén a palma dunha man rodeada parcialmente por sete estrelas de cinco puntas.

Características[editar | editar a fonte]

Suponse que o cantón vermello coa palma e as estrelas era empregado previamente como símbolo do Reino de Abkhazia durante os séculos XIII e XIV. As sete estrelas representarían ás sete provincias históricas do país: Sadzen (Dzhigetia), Bzyp, Gomaa, Abzhwa, Samurzaq'an, Dal-Ts'abal e Pshoy-Aybga. Algúns relatos de mercaderes xenoveses describirían o uso desta bandeira na actual cidade de Suxumi. Por outro lado, as sete franxas representan a tolerancia relixiosa entre o Islam e o Cristianismo e tamén lembran á antiga bandeira da República Montañosa do Cáucaso.

Previamente, como parte da Unión Soviética, a bandeira constaba simplemente dun campo vermello coa imaxe do sol de bordes marelos no cantón rodeado na parte superior polas letras CCP e na inferior por Аҧсны, que significan RSS (República Socialista Soviética) e Abkhazia en lingua abkhaza.

En 1978, unha nova bandeira foi adoptada oficialmente. Esta constaba dun campo vermello cun sol de cor celeste no cantón xunto ao símbolo da fouce e martelo e a estrela vermella. Ademais, unha franxa horizontal celeste situábase na metade superior da bandeira e baixo o cantón estaba escrita en letras douradas a sigla АҧACCP.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]