Bandeira de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Suecia
Bandeira de Suecia
Características
Uso
Proporción5:8 ou 10:16
Adopción22 de xuño de 1906
Cores     Azul     Ouro

A bandeira de Suecia (en sueco: Sveriges flagga) consiste nun pano azul cunha cruz de ouro (amarelo). A norma actualmente vixente que regula as cores e a composición da bandeira sueca é a Lei de Bandeiras de 1982.

Deseño[editar | editar a fonte]

A proporción da bandeira sueca é de 10:16 ou 5:8. As cores segundo o regulamento 1983:826 son:

Esquema Azul Ouro
Pantone 301C (aprox. #00529B) 116C (aprox. #FFCE00)
NCS 4055-R95B 0580-Y10R
CMYK 10, 50, 0, 0 10, 50, 100, 0

Historia[editar | editar a fonte]

A antigüidade da bandeira sueca non pode ser determinada con exactitude, está documentado o uso dunha tela azul cunha cruz marela como símbolo dende o século XVI. Segundo unha orde real de 1569, a cruz marela debía figurar sempre nas enseas suecas, dado que o escudo do monarca tiña unha cruz dourada entre campos azuis. O modelo da bandeira foi, en realidade, a bandeira danesa, procedendo tamén as cores probablemente do escudo do soberano. As primeiras probas do uso da ensea crucífera azul e marela en naves suecas son, porén, da terceira década do século XVII, é dicir, do reinado de Gustavo II Adolfo.

Segundo a Lei de Bandeiras máis antiga existente en Suecia, de 1663, había que usar unha ensea de tres puntas, agás nos barcos mercantes, cuxa bandeira era de contorno recto. Durante os anos comprendidos entre 1844 e 1905, os buques pertencentes á mariña mercante empregaron unha bandeira na que se combinaban as cores das bandeiras de Noruega e Suecia, entón unidas.

Desde 1916 vense celebrando o 6 de xuño como o Día da Bandeira Nacional que se converteu, en 1983, no día da Festa Nacional. Tense elixido esa data por dúas razóns: Gustavo Vasa foi elixido rei de Suecia o 6 de xuño de 1523, sentando así as bases do futuro Estado sueco. O mesmo día, do ano 1809, entrou en vigor en Suecia unha nova lei fundamental sobre a forma de goberno que, entre outras cousas, estableceu liberdades e dereitos para os cidadáns.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Uso[editar | editar a fonte]

Oficialmente a bandeira adoita seren izada ás 8 da mañá entre o 1 de marzo e o 31 de outubro, e, o resto do ano, ás 9 da mañá, sendo arriada á posta do sol. Se a bandeira está iluminada, pode permanecer izada durante a noite. Están establecidos os días festivos nos que é obrigatorio oficialmente izar bandeira.

Existen versións da bandeira nacional que terminan en tres puntas, son empregadas polas forzas armadas e a familia real. As bandeiras empregadas pola Casa Real Sueca van provistas tamén co Escudo de Suecia pequeno ou grande situado no centro da bandeira.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]