Símbolo vexilolóxico
Un símbolo vexilolóxico é usado polos vexilólogos para indicar certas características das bandeiras, e facilitar a súa clasificación. Os símbolos elixidos son os símbolos internacionais de identificación de bandeiras, creados por Whitney Smith. A asemblea xeral da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques (FIAV) celebrada en Otava (Canadá) en 1981, recoñeceu este código de información, e recomendou o seu uso a todas as organizacións e individuos que a forman.[1]
Usos
[editar | editar a fonte]Esta reixa foi deseñada pola FIAV para indicar especificamente o uso das bandeiras nacionais. Un punto dentro de cada unha das seis celas
indica o uso da bandeira como bandeira civil, bandeira institucional, bandeira de guerra, pavillón civil, pavillón institucional e/ou pavillón de guerra, que son os seis tipos de usos que pode ter unha bandeira nacional.
| Civil | Institucional | Guerra | |
|---|---|---|---|
| Uso terrestre | bandeira civil. | bandeira institucional | bandeira de guerra |
| Uso marítimo | pavillón civil | pavillón institucional | pavillón de guerra (ou naval) |
Así, o símbolo
indica que a bandeira só pode usarse por unidades militares, xa sexan terrestres ou navais, mentres que o símbolo
indica que a bandeira é usada sempre, soamente, en terra.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Outros símbolos son utilizados para indicar outras características das bandeiras.
| Bandeira normal ou bandeira de iure | |
| Deseño proposto, nunca oficializado | |
| Deseño reconstruído con base en observacións anteriores | |
| Vista do reverso da bandeira | |
| Deseño é unha variante aceptada | |
| Versión alternativa da bandeira | |
| Bandeira de facto | |
| Deseños distintos no anverso e no reverso da bandeira | |
| Hasta debe estar á dereita do observador | |
| Bandeira histórica, non oficial na actualidade |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIAV - Código de información de bandeiras" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2009.