Bandeira de Hungría
Bandeira de Hungría | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 21 de decembro de 1949 |
Cores | Vermello Branco Verde |
A bandeira de Hungría (en húngaro: Magyarország zászlaja) está dividida en tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella, branco e verde. Nalgúns casos na bandeira tamén aparece o Escudo de Hungría.
Historia
[editar | editar a fonte]A partir do rei Santo Estevo (1001-1038) aparecen representacións dos monarcas húngaros portando emblemas coa cruz patriarcal e as franxas vermellas e brancas que forman o escudo de Hungría. Documéntase por vez primeira o uso das actuais cores nacionais da bandeira nun cordón de selo durante o reinado de Matías, en 1618.
Durante a Revolución e Guerra de Independencia húngara de 1848-1849 en contra do Imperio dos Habsburgo, declarouse á bandeira vermella-branca-verde como símbolo nacional de Hungría. A bandeira tricolor da Revolución Francesa tivo unha grande influencia sobre o deseño da bandeira húngara.
Na bandeira figurou o Escudo de Hungría coa coroa de Santo Estevo ata 1949, ano no que foi substituído polo escudo da República Popular. O escudo tradicional foi recuperado en 1990, pero dende entón existe certa indefinición legal sobre a inclusión ou ausencia do mesmo na bandeira.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
R.P. de Hungría
(1949-1956).
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira Estatal
-
Bandeira de guerra
-
Bandeira naval
-
Pavillón presidencial
-
Bandeira vertical
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hungría en Flags of the World (en inglés)