Bandeira de Arabia Saudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Arabia Saudita
Bandeira de Arabia Saudita
Características
Uso
Proporción 2:3
Adopción 15 de marzo de 1973
Cores      Verde     Branco

A bandeira de Arabia Saudita foi adoptada, coa súa forma actual, o 15 de marzo de 1973, aínda que se usa dende 1932. É de cor verde e no centro móstrase unha espada en disposición horizontal subliñando o texto, que simboliza a vitoria de Ibn Saud, e unha inscrición en árabe (con escritura thuluth) da shahada ou profesión de fe (un dos cinco alicerces do islam), que di:

لا إله إلا الله محمد رسول ال
lā ’ilāha ’illa-llāh muḥammadun rasūlu-llāh
"Dou fe de que non hai máis divindade que Alá e Mahoma é o mensaxeiro de Alá"

Uso[editar | editar a fonte]

A bandeira saudita non ondea a media até en sinal de dó.

Como a frase é considerada sacra, a bandeira non debe usarse en camisetas e outros elementos. Arabia Saudita protestou pola inclusión da bandeira no balón de fútbol que a FIFA estaba a preparar coas bandeiras de tódolos participantes na Copa Mundial de Fútbol de 2006, posto que consideraron inaceptable golpear cos pés dita frase. De igual forma, ao conter a "Palabra de Deus", a bandeira saudita nunca ondea a media até en sinal de dó.

Bandeiras verdes con esta, ou outras inscricións, vense frecuentemente no mundo islámico, e non deben confundirse coa bandeira de Arabia Saudita. Normalmente estoutras bandeiras non levan a espada. Ademais, a bandeira saudita leva a inscrición e a espada polos dous lados, para que se lea correctamente a shahada en todo momento. A cor verde da bandeira é a cor tradicional do islam e crese que provén da cor da capa usada polo profeta Mahoma.[Cómpre referencia]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Os estados predecesores da actual Arabia Saudita foron Nejd e Hejaz. Foi na bandeira de Nejd na que se basearon, en gran medida, para crear a bandeira do reino saudita. A bandeira de Hejaz serviu de inspiración para as bandeiras de países como Xordania, Sudán ou Palestina. Dende 1902 até 1921 foron engadidas á bandeira diferentes lemas árabes. Un dos principais opoñentes á dinastía saudita foi a familia Al Rashid, fincada no norte da Península Arábiga, ata que foron derrotados en 1921.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]